manuel rivas e maría lado impóñense na i gala do libro galego. … · 2018. 3. 5. · fomento da...

2
Manuel Rivas e María Lado impóñense na I Gala do Libro Galego. Espazo Lectura foi a mellor iniciativa de fomento da lectura e Sermos Galiza a de xornalismo cultural O último día de Terranova, de Manuel Rivas foi a obra que se fixo co premio de Narrativa nos galardóns da I Gala do Libro Galego, que se celebrou este sábado no Teatro Principal de Compostela. O xurado destacou "a súa complexa arquitectura, esixente, que recoñece o labor de libreiras e libreiros a través dun percorrido emocionante". oso, mamá, si?, pola súa banda, valíalle a María Lado o recoñecemento na categoría de poesía, por méritos como "a unidade do poemario, vinculado á construción dun relato que une a tenrura ás condicións máis escuras do ser humano, transitando por un campo emocional moi diverso". Os premios, que convocan por vez primeira de xeito conxunto as asociacións de editores, escritores e libreiros, recoñeceron tamén o volume Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta e resposta nas aulas de varios autores como mellor traballo de narrativa, O meu pesadelo favorito de María Solar como obra máis destacada de literatura infantil e xuvenil e Xogando con gatos, de Antón Cortizas no ámbito do teatro. O mellor libro ilustrado foi Cadros dunha exposición. Modest

Upload: others

Post on 01-Oct-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Manuel Rivas e María Lado impóñense na I Gala do Libro Galego. … · 2018. 3. 5. · fomento da lectura e Sermos Galiza a de xornalismo cultural O último día de Terranova, de

Manuel Rivas e María Lado impóñense na I Gala doLibro Galego. Espazo Lectura foi a mellor iniciativa defomento da lectura e Sermos Galiza a dexornalismo cultural

O último día de Terranova, de Manuel Rivas foi a obra que se fixo co premio de Narrativa nosgalardóns da I Gala do Libro Galego, que se celebrou este sábado no Teatro Principal deCompostela. O xurado destacou "a súa complexa arquitectura, esixente, que recoñece olabor de libreiras e libreiros a través dun percorrido emocionante". oso, mamá, si?, pola súabanda, valíalle a María Lado o recoñecemento na categoría de poesía, por méritos como "aunidade do poemario, vinculado á construción dun relato que une a tenrura ás condiciónsmáis escuras do ser humano, transitando por un campo emocional moi diverso".Os premios, que convocan por vez primeira de xeito conxunto as asociacións de editores, escritorese libreiros, recoñeceron tamén o volume Poesía Hexágono. Ollada e experiencia. Proposta eresposta nas aulas de varios autores como mellor traballo de narrativa, O meu pesadelo favorito deMaría Solar como obra máis destacada de literatura infantil e xuvenil e Xogando con gatos, deAntón Cortizas no ámbito do teatro. O mellor libro ilustrado foi Cadros dunha exposición. Modest

Page 2: Manuel Rivas e María Lado impóñense na I Gala do Libro Galego. … · 2018. 3. 5. · fomento da lectura e Sermos Galiza a de xornalismo cultural O último día de Terranova, de

Mussorgsky, de Xosé Cobas e o premio á tradución levouno Mocidade de Joseph Conrad, naversión de Alejandro Tobar. 

No campo das propostas literarias en Internet impúxose o proxecto Poétic@, de Fran Alonso,mentres a iniciativa bibliográfica máis destacada foi Lendo lendas, digo versos, de Antonio G.Teijeiro e Antonio Reigosa. Espazo Lectura foi considerada a mellor iniciativa de fomento da lecturae Sermos Galiza impúxose no campo do xornalismo cultural. 

No acto as entidades convocantes outorgaron tamén os seus premios honoríficos. Deste xeito, aFederación de Librarías de Galicia entregou o seu galardón á Libraría Pedreira, os editoresrecoñeceron o traballo da Editorial Laiovento e a Asociación de Escritoras e Escritores en LinguaGalega concedeu o galardón Escritor Galego Universal ao catalán Pere Gimferrer.