manuel curros enríquez

14
MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Upload: rosa-maria-ligero-valladares

Post on 19-Jul-2015

146 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Manuel Curros Enríquez

MANUEL CURROS ENRÍQUEZ

Page 2: Manuel Curros Enríquez

VIDA

Trasládase con 15 anos a Madrid.

O ambiente alí é de grande efervescencia política.

Traballa como xornalista.

Completa a súa formación estudando Dereito.

A raíz dun concurso gaña unha praza de funcionario

en Ourense e comeza a colaborar na prensa.

En 1894 (43 anos) emigra a Cuba, alí defende a

independencia dos cubanos e colabora na prensa ata

a súa morte.

Page 3: Manuel Curros Enríquez

CURROS: POETA

OBRAS POÉTICAS

Composicións

Libros de poemas

Unha voda en Einibó.O gueiteiro.A Virxe do Cristal.

premiadas en 1877 nun certame literario en Ourense

Aires da miña terra (1880)

O divino sainete (1888)

Templo da Virxe do Cristal en Vilanova dos Infantes, vila natal da súa nai

Page 4: Manuel Curros Enríquez

AIRES DA MIÑA TERRA

Este libro de poemas acadaría decontado un enorme éxito. Tamén lle traería problemas ao autor, ao ser denunciado polo Bispo de Ourense.

A obra consta de 21 poemas + os tres cos que gañara o certame poético de Ourense.

Recolle as tres liñas temáticas fundamentais que trata o autor: cívica, costumista e lírica.

Page 5: Manuel Curros Enríquez

AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA CÍVICA

Curros cre na función social da poesía.

Reflicte nestes poemas a súa ideoloxía progresista.

Cre que a ignorancia e o atraso son consecuencia do fanatismo e a opresión.

Denuncia a situación de Galicia e a pasividade dos galegos.

Escandaliza os seus contemporáneos co seu anticlericalismo.

Page 6: Manuel Curros Enríquez

AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA CÍVICA

O MAIO

Aquí ven o maiode frores cuberto...Puxéronse á portacantándome os nenos;i-os puchos furadospra min estendendo,pedíronme crocasd'os meus castiñeiros. Pasai, rapaciños,calados e quedos;q' o qu' é poi-o d'oxeque darvos non teño.eu són vol-o probed'o povo gallego:pra min non hai maio,¡pra min sempr' é inverno!....

Cand' eu m'atoparede donos libertoi-o pan non me quitentrabucos e préstemos,e com' os d'o abadefrorezan meus éidos,chegado habrá estonceso maio q'ueu quero..

Querédes castañasd'os meus castiñeiros?...Cantádeme un maiosin bruxas nin demos:un maio sin segas,usuras nin preitos.sin quintas, nin portas,nin foros, nin cregos.

O maio-Alberto Cunha.wma

Page 7: Manuel Curros Enríquez

AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA COSTUMISTA

Con estes poemas continúa a liña de Rosalía de Castro e da poesía popular.

Mestura costumismo con reivindicación.

Representan esta liña os tres poemas que gañaron o certame literario de Ourense.

Page 8: Manuel Curros Enríquez

AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA COSTUMISTA

O GUEITEIRO

«Sempre pol-a vila entrabaCon aquel de señorío.» (Rosalía Castro)

Déndesd' o Lerez lixeiroAs veigas qu' o Miño esmaltaNon houbo n'o mund' enteiroMáis arrogante gueiteiroQu'o gueiteiro de Penalta.

Sempre retorcend' o bozo,Erguida sempr' a cabeza,Daba de miral-o gozo.Era un mociño... ¡que mozo!Era unha peza... ¡que peza!

Despois d'o tempo pasadoPasado pra non volver,Com' on profeta ispirado,Inda m'o parece verN'a festa d'o San Trocado.

Calzon curto, alta monteira,Verde faixa, albo chalequeI-o pano n'a faltriqueira,Sempre n 'a gaita parleiraLevaba dourado fleque.

Non houb' home máis cumpridoN'o mundo, de banda á banda;Nin rapaz máis espilido,Con máis riqueza vestido,Nin de condición máis branda.

Pr'as festas e romaríasChamado, todolos diasTopábase donde queira,Anque por certas porfíasSolo tocaba a muiñeira.

(...)

Gaiteiro Farruco de Montrove (S. XIX, por José Moscoso

Page 9: Manuel Curros Enríquez

AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA LÍRICA

En poucos poemas expresa

Curros a súa situación

anímica.

Estes poemas reflicten

acontecementos familiares:

morte dun ser querido…

Son poemas pesimistas

impregnados de saudade.

Casa familiar de Curros en Celanova

Page 10: Manuel Curros Enríquez

AIRES DA MIÑA TERRA: POESÍA LÍRICA

¡Ai!...

Como foi?...? Eu topábame fóracand' as negras vixigas lle deron;polo arámio sua nai avisóume i-eu vinme correndo.

Coitadiño! Sintindo os meus pasosrevolveu car' a min os seus ollos.Non me viu... e chorou... ¡ai! xa os tiña ceguiños de todo.

Nom m' acordo que tempo m' estivensobr' o berce de dôr debruzado;solo sei que m' erguín c'o meu neno sin vida n'os brazos...?

Bolboreta d' aliñas douradasque te pousas no berce baleiro,pois por el me perguntas, xa sabes que foi d'o meu neno.

Page 11: Manuel Curros Enríquez

O DIVINO SAINETE (1888)

Forma: Poema narrativo longo. Temática: Sátira anticlerical,

social e literaria. Fonte: Divina comedia de

Dante. Argumento: Relata unha viaxe

imaxinaria a Roma en compaña do poeta Francisco Añón para asistir ao xubileo do Papa León XIII.

Page 12: Manuel Curros Enríquez

O DIVINO SAINETE

Co divino sainete, a Igrexa volve ser branco das súas críticas. As persecucións políticas deberon xogar un importante papel na decisión de Curros de seguir o camiño da emigración.

Casa na que viviu Curros na Habana

Page 13: Manuel Curros Enríquez

Curros volve para Galicia xa morto

Page 14: Manuel Curros Enríquez

CANTIGA foi o primeiro poema en galego de Curros Enríquez, escrito cando aínda era estudiante. Tempo despois “Cántiga” foi musicada e converteuse nun dos temas máis coñecidos e tradicionais en Galicia.

No xardín unha noite sentada ó refrexo do branco luar, unha nena choraba sen trégolas os desdés dun ingrato galán. I a coitada entre queixas decía: "Xa no mundo ninguén; vou morrer e non ven os meus ollos os olliños do meu doce ben".

Os seus ecos de malenconia camiñaban nas alas do vento, i o lamento repetía: "¡Vou morrer e non ven ven o meu ben"!.

Lonxe dela, de pe sobre a popa dun aleve negreiro vapor, emigrado, camiño de América, vai o probe, infelís amador.

I ó mirar as xentís anduriñas cara a terra que deixa cruzar: "¡Quén pudera dar volta -pensaba-, quén pudera con vosco voar! ..."

Mais as aves e o buque fuxían sin ouir seus amargos lamentos; solo os ventos repetían: "¡Quén pudera con vosco voar! ..."

Noites craras, de aromas e lúa, desde entón ¡qué tristeza en vos hai prós que viron chorar unha nena, prós que viron un barco marchar! ...

Dun amor celestial, verdadeiro, quedou soio, de bágoas a proba, unha cova nun outeiro i on cadávre no fondo do mar.

(5 xuño 1869) Unha noite na eira do trigo - Los Tamara.wma