manual slideshare
DESCRIPTION
Manual para realizar unha presentación como a que estás a ver.TRANSCRIPT
Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.
Slideshare é unha aplicación web que nos permite almacenar arquivos en formatos pdf, ppt e
moitos máis.
Para poder facelo é necesario rexistrarnos.
ENDEREZO: http://www.slideshare.net/login?from_logout=1
1) Rexistrarnos na web.
Para facelo, pulsaremos en “Signup”. (E en posteriores accesos entraremos a través de
“Login” cos datos de usuario e contrasinal que creemos neste primeiro paso).
O rexistro non é demasiado complicado; só temos que indicar unha direción de correo
(recomendable non usar a da xunta porque nos enviarán bastantes emails de propaganda), o
noso nome e a contrasinal. Aceptar términos de uso. E LISTO!!!
Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.
O meu nome de usuario
A miña contrasinal
2) Cómo subir un arquivo a Slideshare
�Sabremos que estamos dentro da aplicación porque nos saluda có noso nome .
Se pulsamos en “My Slideshare”, veremos os nosos arquivos almacenados.
Para subir novos arquivos, pinchamos en “Upload”. Chegamos á pantalla superior.
Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.
Pulsamos en “Browse and select files” para buscar e selecionar arquivos dende o noso PC ou
ben outro dispositivo extraíble (cd, usb) .
Aparece a xanela que na que se amosa o contido do noso PC (igual que cando dende o correo
da Xunta adxuntamos un arquivo). Selecionamos o arquivo. Ollo; só nos aparecerán os
arquivos cuxo formato sexa aceptado por Slideshare: arquivos .ppt, .doc, pdf, etc.
Una vez elixido pulsamos en “Abrir”. Observaremos o avance da carga. (Tarda bastante en
subir pero merece a pena esperar).
Rematada a carga, na ventá que aparece escollemos cómo queremos que sexa o arquivo.
Facemos unha pequena descrición e poñemos etiquetas se o cremos conveniente (sería como
palabras clave de búsqueda)
Indicamos se queremos que poida ser descargado por terceiros e, finalmente pulsamos o
botón “Publish”.
Nesta xanela infórmanno se a carga foi efectuada correctamente pois, cando apareza o rótulo
“Work in progress”, significa que o proceso rematou correctamente.
Aparecerán las etiquetas que temos postas e si se trata dun arquivo público ou ben privado (só
o verían as persoas que convidamos).
Co tempo, e no caso de que sexa visitado, aparecerá tamén o número de visitas.
3)Insertar as miñas publicacións nun sitio web: blogger ou web por exemplo.
Para conseguir o código a insertar a presentación no noso sitio, facemos clic no nombre do
arquivo.
Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.
Na parte esquerda, apareceranos unha miniatura do arquivo e, na parte dereita (entre outras
cousas) veremos o código html para insertar na web ou blog. Normalmente aparece marcado
cunha frecha vermella.
Se facemos clic sobre éste, quedará marcado (cor azul). Una vez marcado o código, copiámolo
“Control+C” ou co botón dereito do rato.
Grupo de Traballo: O CEIP Coutada Beade dando pasos cara a Escola 2.0. Coordinación: Susana Esmorís Fernández.
Co código copiado, imos ao blog ou web.
Pegámolo en modo HTML con “Control+V” ou co botón dereito do rato e, PUBLICAMOS.
*AO REMATAR PREMEMOS SEMPRE EN “LOGOUT” NA PARTE SUPERIOR DEREITA DA PÁXINA.
** Cómo pegar en código html verémolo na próxima sesión de formación o vindeiro
23Febreiro.