mans e luvas
TRANSCRIPT
Acto penitencial
Pase de diapositivas manual
Luvas de plástico……son as Luvas da SUPERFICIALIDADE
Pedimos perdón polas veces que vivimos no mundo das aparencias, polas nosas superficialidades,
por descoidar a nosa profundidade con Deus
Luvas de mecánico… …son as Luvas da RUTINA
Pedimos perdón polas veces que non saboreamos o fermoso que é vivir cada presente, polas veces que non facemos con amor o que nos toca facer.
Luvas
de boxeo…
…son as Luvas da SUPERIORIDADE
Pedimos perdón polas veces que fixemos dano ao
outro, polos nosos orgullos e
prepotencias
Luvas metálicas… …son as Luvas da FRIALDADE
Pedimos perdón polas nosas frialdades cos demais.
Luvas
de xogador
de golf…
…son as Luvas para SENTIRME BEN a custa do outro
Pedimos perdón polas veces que as nosas relacións son interesadas,
polos nosos egoísmos.
Luvas de motorista… …son as Luvas da RAPIDEZ, das PRÉSAS
Pedimos perdón por non saber parar o ritmo trepidante das nosas vidas para buscar
momentos de silencio.
Luvas de cociña… …son as Luvas da FALTA de TACTO
Pedimos perdón polas veces que non soubemos poñernos
no lugar do outro.
Luvas de porteiro… …son as Luvas para LUCIRSE
Pedimos perdón polas veces que vivimos máis de cara
á “galería” que de cara a Deus.
Luvas de vestir… …son as Luvas dos PREXUÍZOS
Pedimos perdón polas veces que nos deixamos levar
polos nosos prexuízos.
As Luvas brancas… …son as Luvas da COMODIDADE
Pedimos perdón polas nosas faltas de compromiso solidario
cos máis desfavorecidos..
Se queremos ser contaxiadores de MÁIS CARIDADE, poñámonos mans á obra… sen Luvas…
Coas mans núas, para contaxiar a calor da nosa humanidade,
da nosa proximidade, do noso apoio, da PRESENZA do Deus que nos habita e move.
Non temos nas nosas mansas solucións para os problemas do mundo.
Pero fronte aos problemas do mundo,temos as nosas mans.
Cando o Deus da historia veña…
MIRARANOS AS MIRARANOS AS MANS...MANS...