literatura galega (1900-1936)

21
Historia da literatura galega (1900-1936): Ramón Cabanillas, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08) Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio – Cuntis)

Upload: roman-landin

Post on 23-Jun-2015

14.703 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Literatura galega (1900-1936)

Historia da literatura galega (1900-1936):

Ramón Cabanillas, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós

Materia de Lingua galega 4º ESO (07-08) Román Cerqueiro Landín (CPI don Aurelio – Cuntis)

Page 2: Literatura galega (1900-1936)

Contexto sociopolítico dos

primeiros anos do século XX

O AGRARISMO• Loita pola abolición dos foros e a rexeneración

democrática (caciquismo) e a modernización do agro galego.

• A lingua é aínda unha cuestión secundaria.

• Destacan as organizacións “Solidaridad Gallega” (1907) e “Liga Agraria de Acción Gallega” (1912) e o líder Basilio Álvarez, o “Abade de Beiro”.

• O Rexionalismo acada unha maior proxección social ao se sumar ás reinvindicacións agraristas.

O líder agrarista Basilio Álvarez

Mobilización agrarista: Portada do disco “Érguete!!” do grupo estradense Xenreira

Page 3: Literatura galega (1900-1936)

– Hai unha primeira etapa anterior á creación das Irmandades da Fala caracterizada polo continuismo dos modelos literarios rexurdimentistas (Curros Enríquez, Eduardo Pondal e Rosalía de Castro) no período de entre-séculos.

– O xénero máis cultivado segue a ser o poético e predomina a temática intimista, costumista, social-patriótica…

– Destacan Manuel Leiras Pulpeiro e Antonio Noriega Varela, autor de Montañesas (1904) e Do ermo (1920).

A Academia da Lingua Galega fúndase en 1905

–Ramón Cabanillas encarna a transición cara a un novo período que se abre coa creación das Irmandades da Fala en 1916.

Page 4: Literatura galega (1900-1936)

Ramón Cabanillas, o “Poeta da Raza” (Cambados 1876-1959)• Autor decididamente monolingüe, de grande proxección pública e

determinante na superación dos moldes poéticos do Rexurdimento.

• Tras publicar os seus dous primeiros libros en Cuba, a onde emigrara en 1910, volta á terra e participa de maneira activa no movemento nacionalista: Irmandades, Grupo Nós, Seminario de Estudos Galegos.

• Escribiu poesía de ton cívico, tamén intimista e costumista, ademais dunha poesía narrativa de corte épico na que reelabora os mitos do ciclo artúrico.

• Os seus poemas de ton anticaciquil e redencionista convertérono no poeta do movemento agrarista, co que entra en contacto a través da “Acción Gallega” de Basilio Álvarez.

• Xunto con Antón Vilar Ponte escribe a peza teatral “O Mariscal”, unha reconstrución do pasado na que o Mariscal Pardo de Cela se erixe en símbolo de resistencia fronte aos Reis Católicos.

Page 5: Literatura galega (1900-1936)

Obra de Ramón CabanillasPoesía Teatro Prosa

No desterro (1913)

Vento mareiro (1915)

Da terra asoballada (1917)

O bendito San Amaro (1926)

Na noite estrelecida (1926)

A rosa de cen follas (1927)

Camiños no tempo (1949)

Versos de alleas terras e tempos idos (1955)

Da miña zanfona (1954)

Samos (1958)

A man de Santiña (1921)

O Mariscal (1926)

Antífona da cantiga (1951)

Page 6: Literatura galega (1900-1936)

AS IRMANDADES DA FALA

• Na Asemblea de Lugo de 1918 convértense nun partido político e formulan as teses do nacionalismo galego: GZ posúe todas as características que a definen como nación. Na última asemblea (1931) fúndase o Partido Galeguista.

• Reclaman autonomía política e modernización socioeconómica para Galiza.

• O seu voceiro é o xornal A Nosa Terra.

• Fúndanse na Coruña o 18 de maio de 1916 da man de Antón Vilar Ponte.

• En pouco tempo nacen outras Irmandades en vilas e cidades do País.

• Abren unha etapa de concienciación galeguista. Como o seu nome indica, a dignificación e promoción do idioma era o seu principio fundamental

Page 7: Literatura galega (1900-1936)

As Irmandades: axente normalizador No plano cultural desenvolven un labor inxente:

– Promoven o uso oral do idioma en todo tipo de ámbitos: ensino, xustiza, prensa, actos públicos…

– Crean editoriais: Nós (Santiago de Compostela), Lar, Céltiga, Alborada…– Publican revistas e xornais: Alfar, Nós, Ronsel…– Impulsan o teatro pola súa importancia normalizadora e social:

Conservatorio Nacional de Arte Galega (1918).– Diversifican os xéneros literarios: coleccións de narrativa como “Lar” e

“Céltiga” cobren o período 1920-1936…

Page 8: Literatura galega (1900-1936)

Iª Asemblea Nacionalista de Lugo (1918): cobra corpo o

ideario das Irmandades.

Elaboran un completo programa político:• Obxectivos prioritarios: autonomía integral

para Galiza, autonomía municipal, ingreso de Galicia na Liga das Nacións, busca dunhas bases para facer posíbel un federalismo con Portugal.

• Obxectivos para Galiza: o poder lexislativo encomendábase a un Parlamento galego, elixido directamente polo pobo; o poder xudicial estaría sempre desenvolvido por cidadáns galegos; o réxime tributario propio, sen intervención do poder central; cooficialidade do galego e supresión das Deputacións Provinciais.

• Igualdade de dereitos da muller. • Soberanía estética de Galiza.

Este programa é recollido polo Partido Galeguista durante a IIª República.

Page 9: Literatura galega (1900-1936)

No seo das Irmandades nacen o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos (1923). O SEG era unha institución centrada no estudo das manifestacións culturais do país: etnografía, literatura, arte, prehistoria e arqueoloxía, ensino, filoloxía…

Page 10: Literatura galega (1900-1936)

PROCLAMACIÓN DA SEGUNDA REPÚBLICA (14-05-1931)

O espírito das Irmandades e a Iª Asemblea de Lugo son recollidos polo Partido Galeguista (1931), no que militan Castelao, Otero Pedrayo, Risco ou Alexandre Bóveda. O grande obxectivo político do partido será a aprobación do Estatuto de Autonomía, elaborado en 1932 e ao redor do cal van sumando apoios sociais e políticos até 1936.

A SEGUNDA REPÚBLICA (1931-1936)O ESTATUTO DE AUTONOMÍA DE GALIZA

(28 de xuño de 1936)

Page 11: Literatura galega (1900-1936)

CARTELARÍA DA FRONTE POPULAR, BLOCO DE

ESQUERDAS NO QUE SE INTEGRA O PARTIDO

GALEGUISTA

Nas zonas escuras do mapa pódense ver as zonas nas

que gaña a Fronte Popular. O PG intégrase na Fronte.

Page 12: Literatura galega (1900-1936)

MITIN PRO-ESTATUTO

PRAZA DE TOUROS DE PONTEVEDRA

INTERVÉN ALEXANDRE BÓVEDA, SINÁLASE A ALFONSO

D. CASTELAO.

- O maior éxito do PG é a consecución do primeiro Estatuto de Galiza, aprobado maioritariamente polo pobo galego en plebiscito (28 xuño de 1936).

- Nunca entrou en vigor por mor do Golpe de Estado fascista do 18 de xullo de 1936.

- As Cortes republicanas aprobárono o 1 de febreiro de 1938.

Page 13: Literatura galega (1900-1936)

CARTEIS PRO-

ESTATUTO

Autoría de Camilo Díaz Baliño e

Castelao

Page 14: Literatura galega (1900-1936)

CARTEIS PRO-ESTATUTO de diferentes organizacións.

Page 15: Literatura galega (1900-1936)

O Grupo Nós• Está formado polo chamado “Cenáculo Ourensán”, composto por Otero Pedrayo, Losada Diéguez,

López Cuevillas e Vicente Risco, ao que logo se suma Castelao.

• Todos eles nacen arredor de 1885, comparten o proxecto das Irmandades, colaboran no Seminario de Estudos Galegos e conflúen no Partido Galeguista.

• Dálles nome a revista ourensá Nós (1920-1936), na que Risco é director literario e Castelao director artístico.

• Nós é a publicación máis destacada deste período e nela, ao igual que no SEG, estúdase a cultura galega en todas as súas manifestacións dándolle cabida tanto a intelectuais galegos como europeos.

Ramón Otero Pedrayo, Antón Losada Diéguez e Vicente Risco xunto a Florentino López Cuevillas.

Page 16: Literatura galega (1900-1936)

• O seu obxectivo é pór a cultura galega ao mesmo nivel das culturas europeas ponteando a cultura española e modernizando o discurso literario en todos os xéneros. Compártese a máxima do Partido Galeguista: “Galiza, célula de universalidade”.

• A revista, vencellada ao pensamento nacionalista, pretendía normalizar o uso do idioma e elevalo dos usos orais á alta cultura. Mesmo a publicidade era maioritariamente en galego. Pretendeuse tamén que o seu deseño gráfico axudase a conseguir esa dignificación e a crear unha estética xenuinamente galega.

Destacan dúas liñas de traballo fundamental: o descubrimento da identidade galega, introducindo liñas de investigación novas e contribuindo á modernización metodolóxica e á introdución en GZ das novas ideas que aparecían en Europa.

Page 17: Literatura galega (1900-1936)

Frecuencia de aparición das culturas europeas de entre os artigos da revista Nós:H: HispanoaméricaPB: BrasilC: cultura celta en xeralL: cultura latina clásica

• Tamén están presentes Bretaña, Catalunya, Valencia e Inglaterra.

• Entre as novidades que a revista Nós achegou á cultura galega están as tradución s de autores contemporáneos, como a tradución de anacos do Ulysses de James Joyce, que fixo Otero Pedrayo.

Houbo unha enorme presenza doutras culturas, sobre todo centroeuropeas en consonancia cos gustos de Risco e cos epicentros culturais predominantes daquela. Na gráfica pode verse un mapa onde se representan as frecuencias nos artigos de temáticas relacionadas con cada rexión europea (daquela época). As zonas con máis presenza son Galiza e Portugal seguidas de Latinoamérica (representada cun "H"), Franza e Alemaña

Page 18: Literatura galega (1900-1936)

• Figura central desta época, exerceu o seu maxisterio intelectual e ideolóxico no movemento galeguista.

• Ao igual que os seus compañeiros, na súa traxectoria pódense ver varias etapas:– Coincidindo coa publicación da revista La Centuria (1917),

xunto con Pedrayo e Cuevillas, fai gala dunha actitude cosmopolita e individualista, afastada da realidade próxima. Manifesta o seu interese polo orientalismo e o ocultismo.

– Nunha segunda fase, sofre unha conversión ao galeguismo, únese ás Irmandades e convértese no primeiro teórico do nacionalismo co ensaio Teoría do nacionalismo galego. Descobre GZ dende unha óptica galeguista e europeísta.

• Funda Nós en 1920, asume a súa dirección literaria e dirixe a Sección de Etnografía e Folclore do SEG, materias que o guían nunha viaxe de estudos por Alemaña.

• Co Partido Nacionalista Republicano ingresa no Partido Galeguista, que abandona nas vésperas da Guerra Civil.

• Durante a Ditadura mantivo posicións próximas ao franquismo, feito este que o converteu nunha figura controvertida para as xeracións seguintes.

Page 19: Literatura galega (1900-1936)

Obra de Vicente RiscoNarrativa Ensaio Teatro

Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (1919)

O lobo da xente (1925)

A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (1925)

A coutada (1926)

Os europeos en Abrantes (1927)

O porco de pé (1927)

Teoría do nacionalismo galego (1920)

“Nós, os inadaptados” (1933)

Mitteleuropa (1934)

Leria (1961)

O bufón de El-Rei (1928)

Page 20: Literatura galega (1900-1936)

Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976)

• Destaca nomeadamente a súa obra narrativa con títulos como Os camiños da vida e Arredor de si.

• De familia fidalga, culta e liberal, comeza a súa andaina no mundo cultural de Ourense, onde colabora con Risco e Cuevillas en La Centuria.

• Ao igual que os seus compañeiros do Grupo Nós toma consciencia da problemática do país e ingresaba nas fileiras do galeguismo.

• Conduciu a Sección de Historia do SEG, participa nas Irmandades e sae deputado polo Partido nacionalista Republicano en 1931.

• Na Ditadura é apartado da súa cátedra en Ourense. Nos anos 50 acada a Cátedra de Xeografía e Historia na Universidade de Santiago e participa na fundación da Editorial Galaxia e é todo un referente para as novas xeracións galeguistas.

• No momento do seu falecemento, en 1976, era considerado unanimemente o patriarca das letras galegas, creador dunha vasta e plural obra literaria e ensaística, e un grande exemplo da resistencia galeguista na longa etapa da Ditadura.

É un dos autores máis prolíficos da literatura galega: cultivou todos os xéneros con brillantez e destacou polo seu saber enciclopédico e a oratoria privilexiada.

Page 21: Literatura galega (1900-1936)

Obra literaria de Otero PedrayoNARRATIVAPantelas, home libre (relatos breves) (1925) O purgatorio de don Ramiro (relatos breves) (1926) Escrito na néboa (relatos breves) (1927) Os caminos da vida (novela en tres libros) (1928) A lagarada (teatro) (1928) Arredor de si (novela) (1930) Contos do camiño e da rúa (relatos breves) (1932) Fra Vernero (novela) (1934) Devalar (novela) (1935) O mesón dos ermos (relatos breves) (1936) Entre a vendima e a castañeira (relatos breves)(1957) O señorito da Reboraina (novela) (1960)

POESÍA Bocarribeira. Poemas pra ler e queimar (1958)

TEATROTEATROTeatro de máscaras (1934) O desengano do prioiro (1952) Rosalía (1959) O fidalgo e a noite (1970) Noite compostelá (1973)