lecturas para lermos ao sol. os nosos libros, as nosas razóns
TRANSCRIPT
![Page 1: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/1.jpg)
Un libro, unha razón
CPI AS REVOLTAS
![Page 2: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/2.jpg)
A forma verbal LEO é presente con futuro.
Concha Blanco
![Page 3: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/3.jpg)
María CanosaEscritora, enxeñeira de Camiños, Canles e Portos
Bolboretas é para todos,
coma o amor, do que din
que tampouco ten idade.
![Page 4: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/4.jpg)
María CanosaBolboretas, de Xabier Docampo, ilustrado por Xosé Cobas.
Elixino por moitas razóns. Unha é polo texto en si, unha marabilla, coma todas esas historias que nos agasalla Xabier Docampo. Sempre semella estármolo escoitándoo, en lugar de pasar os ollos por letras impresas. Neste caso, o texto é ben especial, pois Bolboretas pode ser outro nome co que referirse ao Amor, dun xeito sutil e tremendamente elegante.
Por outra banda, as ilustracións. Por moito que as editoras clasifiquen os libros segundo as idades ás que dirixirse, este non debera levar referencia algunha. Bolboretas é para todos, coma o amor, do que din que tampouco ten idade. Xosé Cobas crea unhas imaxes tenras pero afiadas, coma as arestas e as curvas do verdadeiro amor. Tons tenues que convidan á reflexión.
Hai máis motivos. O traballo en equipo de autor e ilustrador, que crean un corpo común indivisible, é outro deles. Como tamén o é potenciar un xénero ao que ás veces non se lles presta a atención merecida: o álbum ilustrado. Poucas liñas condensando universos, ilustracións indispensables na creación do ambiente.
Por todo isto, lede Bolboretas. E se ao chegar a un punto do relato sentides unha facéndovos cóxegas no estómago, serei feliz.
![Page 5: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/5.jpg)
Lucía AldaoEscritora
A poesía non morde, máis
ben acariña e seduce…
![Page 6: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/6.jpg)
Lucía Aldao"A poesía non morde, máis ben acariña e seduce, apréixanos docemente e é quen de atraparnos na súa gaiola do tamaño do mundo. Xusto o que debería ser un bo amante ou unha boa amante. Por iso recomendo este libro de poemas de María Lado, Amantes, porque nel están todas esas cousas que se agradecen atopar no corpo alleo (e na poesía)."
![Page 7: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/7.jpg)
Miro VillarPoeta, narrador, tradutor, profesor e crítico literario
Poucos libros falan así de
ben da relación entre unha
nai e a súa crianza.
![Page 8: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/8.jpg)
Miro VillarRecoméndovos o libro de poesía oso, mamá, si? de María Lado, porque poucos libros falan así de ben da relación entre unha nai e a súa crianza e por ter versos fermosos coma estes:
para o oceáno
ti eras
só un neno de fanequeiras
vermellas que a area enterraba,
un brazo fortemente prendido da miña saia morada.
teño medo dos bichos, mami, dos bichilos do mar
e con forza collíaste da tea.
![Page 9: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/9.jpg)
Suso Lista NeiraActor e escritor
Despois de ler este libro
xa non vos aguanteredes sen
volver ler a Cunqueiro.
![Page 10: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/10.jpg)
Suso Lista NeiraNo universo Literario ó igual que nos outros é raro atopar tesouros entre tanto como hai escrito, pero cando isto acontece non hai maior pracer para un lector. Foi o que me pasou a min con Cunqueiro. Penso que é un xenio da Literatura mundial. Recoméndovos Os outros feirantes, un libro de pequenos relatos onde se retrata o mundo real e imaxinario desta Galiza nosa. Uns relatos que de seguro vos gustarán e farán gozar da lectura, algo que non todos os autores poden ofrecer. Estou seguro que despois de ler este libro xa non vos aguanteredes sen volver ler a Cunqueiro.
![Page 11: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/11.jpg)
Monti CastiñeirasActor
His t oria s máxi ca s d o
último dragón galego.
![Page 12: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/12.jpg)
Monti Castiñeiras
"Unha tetraloxía que che fará vivir historias máxicas do último dragón galego. Da man dos seus protagonistas vivirás aventuras fantásticas. Moi doada de ler e especialmente recomendable para xente nova."
![Page 13: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/13.jpg)
Antonio ReigosaEscritor
Vivimos nun lugar do mundo
que reborda fantasía.
![Page 14: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/14.jpg)
Antonio ReigosaEscollín este libro por un triple motivo. O primeiro porque é unha proposta pioneira na literatura galega. Un segundo porque é un libro que mestura a partes iguais a literatura de tradición oral (20 lendas), a literatura, neste caso de creación poética (20 poemas) e a ilustración (20 imaxes), que é outra maneira de "escribir" unha historia. E o terceiro dos motivos porque descubrín, xunto Antonio García Teijeiro e Xosé Cobas, no proceso de creación e ilustración deste libro, que vivimos nun lugar do mundo que reborda fantasía.
![Page 15: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/15.jpg)
José Muiños DominguezVeterinario e alcalde de Cabana de Bergantiños
En o c a s i ó n s s e n t i n m e
identificado con Balbino.
![Page 16: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/16.jpg)
José Muiños Dominguez
Chámome José Muiño. Son Veterinario de Profesión, e neste momento fun elixido polos veciños de Cabana de Bergantiños para exercer de Alcalde. O meu libro preferido, pola súa importancia na miña infancia, é Memorias dun neno labrego. Eu fun alumno do Colexio A Salle en Santiago, en réxime de interno, e eu era un neno dunha aldea moi pequena nunha cidade moi grande para o que eu coñecía. Por iso, en ocasións sentinme identificado con Balbino, inda que eu non era pobre, pero sentíame fóra do meu fogar e tamén "un ninguén".
![Page 17: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/17.jpg)
David Cora AbeleirasProfesor de Bioloxía e Xeoloxía CPI As Revoltas
Reinvindico a novela gráfica
coma un xeito lícito de ler
![Page 18: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/18.jpg)
David Cora AbeleirasAínda que pode que debera ter elixido un libro de temática biolóxica, non podo olvidarme da miña parte friki e reinvindicar a novela gráfica coma un xeito lícito de ler (para que aquelas persoas que poñan como excusa a ausencia de debuxos teñan que olvidala). Neste caso os dous tomos que vos ensino pertencen a unha das épocas máis brillantes de Batman, aquela na que Sale e Loeb se encargaron do guión, debuxo e tintado do heroe de Gotham. Os seus títulos: O longo Halloween e a súa continuación Victoria escura, ambos da Editorial ECC, responsable de DC comics en España.
![Page 19: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/19.jpg)
Tito Asorey, Actor e dramaturgo
Os pasos em voltaHerberto Helder
![Page 20: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/20.jpg)
Elena SeijoActriz
É importante saber que hai
detrás do muro prohibido.
![Page 21: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/21.jpg)
Elena Seijo
Lolo recoméndoo porque é un libro entrañable que un amigo lle regalou á miña filla cando era pequecha. Trata dun home aburrido que esquecera o xeito de se divertir.
As bolboretas douradas recoméndoo porque é importante saber que hai detrás do muro prohibido.
![Page 22: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/22.jpg)
Paco NogueirasMúsico e actor
Onde se ve reflectido un
ambiente moi propio do noso
país.
![Page 23: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/23.jpg)
Paco NogueirasA miña recomendación é a reedición feita por Kalandraka Editora do libro de poemas Cantarolas de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. A poesía é un xénero probablemente non moi próximo á xente máis nova, mais neste caso non é así. Poemas curtos e moi variados onde se ve reflectido un ambiente moi propio do noso país (a aldea, o campo, os animais, a terra, os nenos ...). Poemas que foron musicados ao longo dos últimos 25 anos por diferentes artistas como poden ser A Quenlla, Suso Vaamonde, Na Virada ou eu mesmo. Isto demostra a musicalidade escondida nas composicións que tanto Anisia como Xosé teñen integrado neste libro, facendo unha lectura rápida e variada moi aproveitada para o traballo nas aulas. A presenza de animais e da natureza fai moito máis agradable a lectura para o rapaz.Todo isto axudado polas marabillosas ilustracións de Leandro Lamas, que logrou reflectir o espírito das composicións perfectamente.Tiven a sorte de usar este libro na campaña de animación á lectura polos centros escolares que fai Kalandraka tódolos anos, e podo dicir que funciona moi ben entre a xente máis miúda. Recomendado para nen@s de 6-10 anos, mais todos poden gozar deste libro.
![Page 24: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/24.jpg)
Lino BraxeActor, escritor e director de teatro
Encontrarse con William é
como atopar unha illa do
tesouro da que un nunca
quere marchar.
![Page 25: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/25.jpg)
Lino Braxe
O TESOURO DE WILLIAM
Shakespeare sempre está aí. Agardando por nós. Esperando un pequeno aceno de interese pola nosa parte, para penetrar nas nosas vidas e non abandonarnos endexamais. O amor, a morte, a traizón, a calumnia, os celos, a honra, o sexo, a dor, a loita polo poder, a ambición, o racismo, a fidelidade, a amizade. Todo está en Shakespeare. E todo dotado dunha acción e dunha linguaxe únicas. Encontrarse con William é como atopar unha illa do tesouro da que un nunca quere marchar.
![Page 26: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/26.jpg)
Andrea Maceiras Escritora
É unha obra luminosa, de
cor azul e sabor salgado.
![Page 27: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/27.jpg)
Andrea Maceiras
"Escollín Nena e o mar porque é unha obra luminosa, de cor azul e sabor salgado, que fala de mares infinitos como a alma dos homes, salvaxes sereas, unha vila con forma de balea e unha Nena capaz de sucar as augas máis procelosas"
![Page 28: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/28.jpg)
Fran Pérez, Narf Músico
Unha pequena xoia da
literatura experimental.
![Page 29: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/29.jpg)
Fran Pérez, Narf
O libro das pontes invisíbles/ The Book of invisible Bridges Xelís de Toro é unha pequena xoia da literatura experimental editada no Reino Unido na que o escritor, performer e activista cultural Xelís de Toro, convidou a artistas das máis variadas disciplinas a realizar obras inspiradas nos poemas, textos e contos que compoñen o libro. Editado en galego e en inglés na edición orixinal vai acompañado dun dvd que recolle os traballos de performance, pintura, danza, música, teatro, video arte, etc, realizadas por un amplo elenco de artistas británicos e galegos que conforman unha especie de versión audiovisual do propio libro.
![Page 30: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/30.jpg)
Pedro Feijoo Escritor e músico
Por fin existía un novo xeito
de facer as cousas.
![Page 31: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/31.jpg)
Pedro Feijoo "Se eu tivese que quedar con nada máis un dos libros que lin naquel tempo “de entre guerras” (xa sabedes, no paso do instituto á facultade), sería este,
A sombra cazadora, de Suso de Toro. E seríao por moitas razóns…
Como xa teño dito en moitas ocasións, un dos grandísimos valores de Suso de Toro foi o de aprendernos a toda unha xeración de rapazada galega que por fin existía un novo xeito de facer as cousas. Suso demostrounos que a Literatura galega podía ser outra historia, outra película. Unha ben máis moderna, por fin afastada do tópico (do “topicazo”, diría eu...), onde os nenos xa non quedaban en labregos, e os homes dicían “Corre, hostia, corre!” mentres corrían, hostia, corrían polas rúas da cidade.
Xa algo nos cheiráramos a finais dos 80, logo de ler outras obras súas, como Caixón desastre, Ambulancia, ou a xenial Polaroid. Pero cando os anos 80 se converteron nos 90, Suso tamén mudou. Para cando nos quixemos dar conta, el xa se convertera noutra cousa...
![Page 32: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/32.jpg)
Pedro Feijoo Cando chegou A sombra cazadora, o noso libro, Suso xa se transformara nese outro personaxe estraño, misterioso, que cada vez máis e máis iamos vendo na tele ou no xornal: aquel escritor que, amais de dicir cousas tan interesantes e falar tan clariño, chamándolles ás cousas polo seu nome, xamais tiraba as gafas de sol. Hostia, neno, un escritor que sae na telegaita con gafas de sol! Pero isto que é, como se fose unha puta estrela do rock?! Mooolaaa...
Por se isto fose pouco, o libro non quedaba atrás. A historia dos dous irmáns pelexando contra aquela especie de Gran Hermano que xa todo o controlaba desde o televisor moito antes de que o coñazo da Mercedes Milá aparecese dando a tabarra en Tele 5. E outra vez aquelas fodidas gafas de sol... Que carallo pasaba de repente con tanta gafa de sol?
De propina, resulta que este libro que vos propoño foi o que inaugurou a colección “Fóra de xogo”, a grande serie que, desde o ano 1994, vén sendo bandeira e galería da mellor literatura xuvenil en Galiza. Aí é nada... Lume!"
![Page 33: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/33.jpg)
Concha Blanco Mestra e escritora
Non deixará impasibles aos
lectores e lectoras.
![Page 34: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/34.jpg)
Concha Blanco
Recomendo o título Rubicundo da autora María Canosa publicado por Edicións Xerais, por ser un libro no que a historia que nel se conta é moi orixinal, pracenteira e ben tratada. Non deixará impasibles aos lectores e lectoras.Toda a obra está envolta nun halo de tenrura emanada polos seus personaxes e axudado tamén polas logradas ilustracións de Dani Padrón. A nena Erea cada noite escoitaba o son da bicicleta do seu veciño, un señor un tanto especial non só coa vestimenta senón tamén coas actitudes, que a tiñan desconcertada, ata que decidiu seguilo e así conseguir saber o que realmente pasaba.
![Page 35: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/35.jpg)
Xurxo MariñoDoutor en Ciencias Biolóxicas, divulgador científico
Unha fiestra marabillosa
para penetrar na mente
sempre inqueda de Lupe.
![Page 36: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/36.jpg)
Xurxo MariñoNOVONEYRA:Ola Heidi. Tes as fazulas moi encarnadas. Estás namorada?
HEIDI:Estou embarazada de catro meses. Teño tantos poemas na barriga! Necesito outra barriga para poder gardar tanta poesía.
ROSALÍA: Querido Tom Waits. Que fas dentro desta maza? Estás perdido no bosque? Cantas tan ben como o gume desapaixonado dun coitelo con taquicardias e febre. Eu estaba paseando tranquilamente polo bosque das palabras e caín dentro desta mazá.
TOM WAITS:Querida Rosalía, deberías dedicarte ao mundo dos programas radiofónicos. A túa voz soa tan desconsolada, tan aritmética, tan fotográfica.
O de arriba son dous fragmentos dos Diálogos imposíbeis de Lupe Gómez, unha das miñas poetas galegas favoritas. Lupe é desvergonzada, orixinal, intensa e, por veces, moi divertida. Este libro, que é unha mestura de poesía e teatro, garda no seu interior un feixe de diálogos surrealistas entre todo tipo de personaxes; galegos e internacionais, vivos e mortos, reais e ficticios. Unha fiestra marabillosa para penetrar na mente sempre inqueda de Lupe.
![Page 37: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/37.jpg)
Avelino González Actor
Inigualable en emoción e
calidade
![Page 38: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/38.jpg)
Avelino González
Porca Terra de John Berger na tradución de Xoán Abeleira editada en Rinoceronte. Un libro inigualable en emoción e calidade á hora de falar da xente de aldea, unha tradución marabillosa feita en galego da montaña de Ourense. Un librazo!
![Page 39: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/39.jpg)
Xabier DocampoMestre, actor e director de teatro
Obra de brillante beleza,
cheo de humor e de graza e
dunha intelixencia suprema.
![Page 40: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/40.jpg)
Xabier DocampoLeo Merlín e familia de Álvaro Cunqueiro porque é unha obra mestra da nosa literatura. Como podedes ver pola foto é unha edición antiga, de 1968, que sempre me acompañou (a primeira era de 1955 e eu era moi pequeno para mercala). É un libro que me gusta moito e que releo de cando en vez, e sempre me parece novo e sempre me descobre cousas que en lecturas anteriores se me escaparan. É unha obra de brillante beleza, cheo de humor e de graza e dunha intelixencia suprema. Certo que é o meu libro favorito do autor, pero podería dicir o mesmo de calquera outro, tanto dos escritos en galego coma dos feitos en castelán, porque Cunqueiro é un escritor que todo fixo ben: as novelas, os relatos, a poesía, o teatro, os artigos de prensa…
Recoméndovos moito que leades con frecuencia este autor porque é un gozo que moi poucos outros vos poderá dar. Lédeo sen medo, porque canto máis o fagades máis vos ha gustar e mellor o comprenderedes, Ah, e sempre teredes garantido un sorriso de satisfacción durante a lectura, porque as súas obras son sempre moi divertidas.
Unha cousa máis. Por expreso desexo del, na tumba de Álvaro Cunqueiro lese este epitafio: «Eiqui xaz alguén, que coa súa obra, fixo que Galicia durase mil primaveras máis».
Apertas e que o voso corazón se vaia enchendo de fermosas historias.
![Page 41: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/41.jpg)
David BruzosDeputado mas Cortes Xerais, profesor de Física e Química
Unha fantástica creación
literaria feita na nosa
terra.
![Page 42: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/42.jpg)
David Bruzos
Gústame recomendar o Made in Galiza de Séchu Sende tanto pola obra como polo seu autor. Unha fantástica creación literaria feita na nosa terra, por un autor comprometido e compañeiro de profesión, pois é profesor de Lingua e Literatura en secundaria. Unha obra que amosa a calidade artística que temos no noso país, e que precisa poñerse en valor se ser recoñecida como tal. E, por se fose pouco, unha obra coa que desfrutar da lectura con 42 relatos cos que nos sentiremos plenamente identificadas. Agardo que a desfrutedes tanto coma min.
![Page 43: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/43.jpg)
Pilar NeiraMestra, presidenta Mudegá ex-selecionadora Galega fútbol.
…o soño de deixar soñar ás
nenas, mailos nenos
![Page 44: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/44.jpg)
Pilar Neira
Quizais Manuel María, cos Soños na gaiola, acade o soño de deixar soñar ás nenas, mailos nenos, coa liberdade precisa, imprescindíbel, para que sexan capaces de seren eles mesmos, facendo que nós sexamos con eles, neles, facendo realidade os nosos soños, ata o agora engaiolados.
![Page 45: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/45.jpg)
CaxadeMúsico e mestre
Leitura crítica, metafórica
e atual
![Page 46: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/46.jpg)
Caxade
O livro escolhido é Sopa Verde. Aínda que a autora, Ângela Madeira, semelha ter a intençom neste livro infantil de fazer-lhes ver às crianças que devem comer de todo, seja ou nom um alimento conhecido ou do seu agrando, gosto também de pensar numha leitura crítica, metafórica e atual, que é a oposta à mais amável que lhe dá inicialmente a autora do livro, e que vai da mão da poética do meu vídeo "Gente Pota". Ás vezes pensamos que comemos sopa verde, mas nom sabemos o que realmente nela nos botarom os que governan a nossa alimentaçom ou a nossa vida em geral.
![Page 47: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/47.jpg)
Federico Pérez ReyActor
Manancial Xavier Manteiga
Para min supuxo unha
entrada de aire fresco na
literatura galega.
![Page 48: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/48.jpg)
Ramón Vilar LandeiraEscritor e periodista
Laura no desertoAntón Riveiro Coello
Nalgunhas novelas aprendemos
que a vida hai que loitala e que
a única derrota é que outros a
vivan por ti.
![Page 49: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/49.jpg)
BocixaMúsico
Un clásico, un cómic,un
poemario e un libro-disco.
![Page 50: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/50.jpg)
Bocixa
Recomendo catro traballos. Estou rodeado, he,he!:un o clásico xa Made in Galiza de Séchu Sende, Castelao O Pobre Tolo, cómic con guión de Inacio Vilariño e Iván Suárez no debuxo (relata o desterro de Castelao a Badaxoz), Átonos da carballesa Rosalía Fernández Rial e un recente libro disco que se presentou en abril en directo en Compostela nun concerto. Poemas de Manuel María coa Banda Fran Amile a tribo incomprensíbel no que cantan Paula Romero (A Gramola Gominola, De Vacas...), Belén Tajes, O Leo, MJ Perez, Jasper e un tal Bocixa .
![Page 51: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/51.jpg)
Evaristo Calvo e Víctor MosqueiraActores
Os dous de sempreAlfonso R. Castelao
Hai libros que unen moito.
Pódense ler entre dous…
De sempre!
![Page 52: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/52.jpg)
Quico CadavalActor e director de teatro
O tío Miseria Enrique Labarta Pose
Cóntase en todas as culturas
do mundo, pero a no sa
versión é a mellor.
![Page 53: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/53.jpg)
Diego AmeixeirasEscritor e guionista
Imposible lela sen un sorriso
na boca.
![Page 54: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/54.jpg)
Diego Ameixeiras
Triste, solitario y final, do arxentino Osvaldo Soriano (1943-1977). Unha das miñas novelas preferidas. Está chea de humor e melancolía. Imposible lela sen un sorriso na boca. Imaxinades a Stan Laurel, o mítico humorista do Gordo e o Fraco, querendo contratar a un detective como Philip Marlowe? Xa me contaredes!
![Page 55: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/55.jpg)
Mª Carmen Méndez Mestra infantil CPI As Revoltas
O principiñoAntoine de Saint-Exupéry
Po r q u e n o s r e c o r d a q u e
independentemente da idade que
t e ñ a m o s n u n c a d e b e m o s
esquecernos do neno que un día
fomos.
![Page 56: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/56.jpg)
Rocio AlvarellosMestra infantil CPI As Revoltas
Ofrece unha forma distinta
de ver e entender a vida.
![Page 57: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/57.jpg)
Rocío Alvarellos
El mundo amarillo é o meu libro favorito porque chegou no momento ídóneo, ofrecéndome unha forma distinta de ver e entender a vida. Se cres nos soños eles crearanse, se algo queres hai que loitar por iso.
![Page 58: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/58.jpg)
Chus Couto CoteloMestra primaria CPI As Revoltas
Queixumes dos pinosEduardo Pondal
Escollín este libro porque “eu
nacín cabo do pinal espeso”
m o i p r e t o d a p e q u e n a
Ponteceso.
![Page 59: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/59.jpg)
Silvana Castro GarcíaProfesora de Lingua e Literatura Galega secundaria CPI As Revoltas
O esencial é invisible
aos ollos.
![Page 60: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/60.jpg)
Silvana Castro GarcíaHai anos, Bárbara, unha querida amiga miña e unha das persoas máis intelixentes que coñecín, díxome que lía O principiño, de Antoine de Saint-Exupéry, cando menos unha vez ao ano. Decidida a (re)descubrir aquel libro que coñecía desde a miña infancia e que mantiña semiesquecido nos andeis da casa, tornei a lelo e marabilloume a lectura diferente que tirei del.
Desde esa, agora que á miña amiga e a min nos separa un océano de distancia, O principiño converteuse nun dos meus libros imprescindibles, e cada vez que o leo (cando menos unha vez ao ano, para non faltar ao ritual) tiro algo novo del.
Velaí a grandeza desta obra, que baixo a aparencia dun libro infantil é todo un relato onde narrativa, poesía, ilustracións, crítica e filosofía se mesturan para nos deixar un baleiro na alma cada vez que temos que separarnos do pequeno príncipe que non entende o noso mundo e que sente morriña do seu reino de roseiras, baobabs e tres volcáns.
![Page 61: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/61.jpg)
Mónica Parente MoralesProfesora Física e Química CPI As Revoltas
Peq u e n a s c uri o s i d a des
científicas.
![Page 62: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/62.jpg)
Mónica Parente Morales
Recomendo este libro xa que se trata dunha obra con pequenas curiosidades científicas que espertan o interese dos rapaces e rapazas pola ciencia.
![Page 63: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/63.jpg)
Paula Figueira DomínguezMestra Educación Física de Primaria CPI As Revoltas
Unha nena espertou un día
e non sabía como se chamada
![Page 64: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/64.jpg)
Paula Figueira DomínguezEste é o meu libro favorito porque é un libro personalizado que lle fixemos á miña filla, no que unha nena espertou un día e non sabía como se chamada. Viviu varias aventuras ata que descubriu que o seu nome era ICÍA. Léollo á miña filla polas noites antes de durmir.
![Page 65: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/65.jpg)
Xohán Xabier Baldomir CabanasProfesor de Lingua e Literatura Galega CPI As Revoltas
Un príncipe que non quere
s e r r e i . . . p o r q u e é
republicano!
![Page 66: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/66.jpg)
Xohán Xabier Baldomir Cabanas
As Viaxes do Príncipe Azul, de Darío Xohán Cabana, é unha divertida historia sobre un príncipe que non quere ser rei... porque é republicano! Trátase dun libro interesante que mostra de forma irónica as presións que, ás veces, os pais e as nais exercen sobre os seus fillos e fillas para que sigan un camiño que, quizais, sexa "o mellor", mais non é o que os fai felices. Ao final, o príncipe Celurio encontrará a súa verdadeira vocación. Todas e todos nós debemos encontrar a nosa.
![Page 67: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/67.jpg)
Mila Diéguez TaboadaProfesora Matemáticas CPI As Revoltas
A literatura é unha ciencia
e as matemáticas tamén son
cultura.
![Page 68: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/68.jpg)
Mila Diéguez TaboadaPoderiavos recomendar feixes de libros, poderiavos transmitir a miña fonda admiración por eses xénios que fían palabras para tecer os soños que confeccionan as historias,historias que saben a mel cando son na nosa lingua.
Pero decidín que hoxe vos vou presentar un título, A estatística en caricaturas, que non destaca pola súa prosa,nin tan sequera ten ilustracións marabillosas, pero evitará que digades ou creades barbaridades tales como:
Pasei duns beneficios dun 30% a un 20%, e dicir disminuiron un 10%
Lede moito,lede sempre,lede de todo,porque a literatura é unha ciencia e as matemáticas tamén son cultura.
![Page 69: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/69.jpg)
ISABEL RISCO Actriz
A EsmorgaEduardo Blanco Amor
Con esta obra vivín unha
b o r ra c h e i ra m e n t a l d e
emocións.
![Page 70: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/70.jpg)
ISABEL RISCO
Con esta obra vivín unha borracheira mental de emocións. Para min é única, pasoume algo similar cando lin tempo despois Trainsppoting, do escritor escocés Irvine Welsh, e as dúas teñen moi boas versións cinematográficas, mais mergullarse na lectura da Esmorga é unha terapia e unha actividade altamente recomendábel, vivirás experiencias novas e ficarás bébeda sen ter que recorrer a ningunha substancia!
![Page 71: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/71.jpg)
SILVIA MUÍÑO Traballadora da administración local e blogueira de moda
Made in Galiza Sechu Sende
Sempre está de moda.
![Page 72: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/72.jpg)
SILVIA MUÍÑO
Made in Galiza sempre está de moda. É un libro con historias orixinais e únicas que nos transporta ao mundo das palabras. O humor acompaña a orixinalidade e a ironía coa que se fala da situación da lingua galega a través de diferentes relatos. Recoméndovos esta lectura porque é transformadora e rebelde e achega unha perspectiva crítica sobre situacións surrealistas que vivimos decotío moitas galegas e galegos. Que teñades feliz lectura!
![Page 73: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/73.jpg)
MARÍA LADO Poeta
Aí foi cando decidín que eu
quería ser poeta, pero poeta
así, botando unhas risas.
![Page 74: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/74.jpg)
MARÍA LADO
Eu sempre recomendo ler o libro de Ronseltz porque creo que é unha maneira intelixente e divertida de achegarse á poesía. Eu lino de adolescente, pouco despois de velos recitar no meu instituto e encantoume. Recordo que o recital me parecera unha pasada, con moita retranca e un montón de referencias literarias e non literarias das que daquela pillei só algunhas. E creo que me marcou moito. Aí foi cando decidín que eu quería ser poeta, pero poeta así, botando unhas risas. Ao final conseguín ser poeta mesturando as risas e os poemas serios. Pero todo comezou con Ronseltz, por iso o recomendo sempre.
![Page 75: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/75.jpg)
LIDIA SENRA Eurodeputada
Ler ou reler a Manuel
María vai contribuír de
forma moi importante a
ganar a austoestima.
![Page 76: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/76.jpg)
LIDIA SENRA
Neste momento, no que a nosa língua, a nosa cultura, a nosa terra, o noso mar e, mesmo a profesión labrega non deixan de recibir ataques por parte dos nosos gobernos, creo que ler ou reler a Manuel María vai contribuír de forma moi importante a ganar a austoestima que precisamos para valorar o que somos e para defendernos como pobo.
![Page 77: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/77.jpg)
INMA LÓPEZ SILVAProfesora na ESAD, escritora e crítica literaria
A peza é interesante porque
retrata un espazo urbano e
marxinal .
![Page 78: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/78.jpg)
INMA LÓPEZ SILVA
Recomendo Limpeza de sangue, de Ruben Ruibal. É un dos nosos premios nacionais, e a peza é interesante porque retrata un espazo urbano e marxinal que, malia existir na Galiza dos últimos trinta anos, poucas veces aparece tan ben retratado na nosa literatura. A ese retrato fiel contribúe moito o traballo coa variante urbana da lingua galega, pero tamén a sensibilidade coa que se trata os personaxes e mais unha historia que mantén de principio a fin intriga e sentido critico
![Page 79: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/79.jpg)
ROSALÍA FERNÁNDEZ RIALProfesora e escritora
Un libro para xente moza e
inconformista.
![Page 80: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/80.jpg)
ROSALÍA FERNÁNDEZ RIAL
“Poesía e rebelión!”, así, con exclamación! Berrando, cuspindo e con espírito irreverente prologan Alonso e Carlos Negro unha antoloxía de textos subversivos, atrevidos, rebuldeiros, eróticos, festivos, de denuncia, mal falados, sorprendentes…. Unhas composicións, que a pesar de todo, “non morden”, tal e como advirten ambos autores. Un libro, en definitiva, para xente moza e inconformista, para recitarlle á orella aos ligues do verán e soltar versos mentres nos tiramos na bici polas pistas de Bergantiños e as praias Costa da Morte… Atréveste?
![Page 81: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/81.jpg)
SECHU SENDEProfesor e escritor
É poesia mui potente!
![Page 82: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/82.jpg)
SECHU SENDE
Este livro é um dos meus favoritos porque tem umha propriedade especial: é revolucionário! E está cheinho de humor, amor, sexo, emoçons fortes e ideias para mudar o mundo. É poesia mui potente!
![Page 83: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/83.jpg)
Jorge MiraProfesor da USC
O meirande símbolo da
capacidade humana é o
reflexionar sobre a súa
propia existencia
![Page 84: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/84.jpg)
Jorge Mira
O meirande símbolo da capacidade humana é o reflexionar sobre a súa propia existencia: a materia, artellada en forma de vida, consegue facerse preguntas sobre si mesma. Esa reflexión inclúe descubrir cal é o tamaño do Universo no que vivimos ou, o que é o mesmo, saber a que altura está o ceo. Esa pregunta tardou milenios en poderse respostar. Só agora, no século XXI, puidemos gozar do privilexio de darlle resposta definitiva. Creo que todo o mundo desta época debería coñecer a resposta a unha pregunta que tardou tanto en resolverse.
![Page 85: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/85.jpg)
GORETTI SANMARTÍNVicepresidenta da Deputación da Coruña e profesora da UDC
Sempre hai algún momento
especial en que os segredos
non aturan máis e teñen que
se manifestar.
![Page 86: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/86.jpg)
GORETTI SANMARTÍNCabalos e lobos é unha novela que indaga nas historias familiares, nesas que se gardan nas gabetas e das que nunca se fala. Ou case nunca. Porque sempre hai algún momento especial en que os segredos non aturan máis e teñen que se manifestar, que romper os candeados que os encerran e deixar voar os sentimentos apreixados. Cabalos e lobos é unha novela sobre a dureza da verdade. E ese enfrontar a verdade remata por ser a única maneira de achar a felicidade. A sabedoría, o camiño e a aprendizaxe únense ás diferenzas xeracionais, ás diversas maneiras de vivir. O silencio e a represión fronte á naturalidade de Thomas, o fillo de Paula Beckmann, dos Beckmann da Gran Vía viguesa, Paula a alemá ou a "nazi", a representante dunha familia acomodada con vidas cheas de misterio.
A novela, para alén de arrecender a libros, de nos pór diante dos ollos a importancia da escrita, a forza da palabra, está redactada nun estilo fluído, posúe un magnífico galego e é obra dun autor que manexa moitos rexistros e ten o don da comunicación.
![Page 87: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/87.jpg)
GORETTI SANMARTÍNO seu autor, Fran P. Lorenzo, é un xornalista ben coñecido na cidade de Compostela, unha persoa que leva o oficio de escritor nos ollos, nos ouvidos e nas mans. Esta é a súa primeira novela publicada, unha obra que recibiu o Premio Blanco Amor de Novela Longa no ano 2014. Fran pertence a ese grupo de escritores poderosos, con anos de saber e de lecturas acumuladas e moitas ganas de achegar o seu relato a ese que, colectivamente, o pobo galego ten que cantar.
Porque só o diálógo con autoras e autores contemporáneas/ os fan posible soñarmos cun mundo mellor e porque as lecturas partilladas crean comunidade, quero parabenizar esta iniciativa e desexar con intensidade que esta lectura tire por outra, e a outra por máis unha e así sucesivamente.
![Page 88: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/88.jpg)
CÁNDIDO PAZÓActor e dramaturgo
Son his torias p roposta,
historias fermento, historias
porta, historias semente…
![Page 89: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/89.jpg)
CÁNDIDO PAZÓ
Romaría de historias, o último que escribiu Neira Vilas. A contraportada aínda fala del en presente, pero xa non puido estar para a súa presentación en público. Son historias proposta, historias fermento, historias porta, historias semente… como se Neira nos convidase a terminarmos un camiño de evocación e imaxinación que nos quixo deixar en herdanza. Un libro para ler pasiño a pasiño, como quen vai de romaría.
![Page 90: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/90.jpg)
MANUEL LOURENZO Actor e dramaturgo
Toda a vangarda teatral
europea está aquí.
![Page 91: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/91.jpg)
MANUEL LOURENZO
"Toda a vangarda teatral europea está aquí, nesta hucha dos tesouros, imprescindíbel para poder avanzar mesmo sobre o pedroallo".O libro recomendado é o Teatro de Máscaras de Otero Pedrayo.
![Page 92: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/92.jpg)
XABIER DÍAZ Músico
Viva a lírica popular e a
lectura.
![Page 93: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/93.jpg)
XABIER DÍAZ
Podería valer calquera dos cancioneiros de lírica popular do país (Dorothe, Casto Sampedro, Cabanillas etc) pero vai este porque a compilación atinxe ao período da segunda metade do XIX e tanto o vocabulario coma as construcións empregadas son especialmente requintadas e exquisitas dende o meu punto de vista, viva a lírica popular e a lectura en calquera das súas manifestacións ou xéneros.
Apertas e alalás!
![Page 94: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/94.jpg)
Carlos CallónProfesor e activista da lingua
Permite coñecermos mellor a
nosa nación
![Page 95: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/95.jpg)
Carlos Callón
Custoume moito traballo escoller un libro para recomendar. Mesmo me custou traballo decidirme por un en concreto dentro da obra de Miguel-Anxo Murado, un dos mellores autores actuais. Gusto da súa obra dramática, da súa narrativa e son apaixonado polos seus ensaios. Entre eles, recomendo desta volta Outra idea de Galicia, porque permite coñecermos mellor a nosa nación, a través de perspectivas e anécdotas que nos van sorprender.
![Page 96: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/96.jpg)
Anxos SumaiEscritora e documentalista
Son relatos crueis e tenros,
fermosos e tristes así como
somos nós.
![Page 97: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/97.jpg)
Anxos SumaiO primeiro poemario que lin de Olalla Cociña foi Aquí (intemperies): descubrímonos como dous peixes que se observan con curiosidade, cada unha no seu acuario. Despois foi o Libro de Alicia: mirei pola ventá da cociña e vinme a min dentro porque, alí dentro, tamén estaba o meu mundo, co perfume vivo das desaparicións, as presenzas e as lembranzas. En Ningún precipicio a poeta e mais eu atopámonos cara a cara. Asumín os versos, afectoume a infancia, o amor, os xogos, a lingua, o desexo. Os poemas por veces son relatos crueis e tenros, fermosos e tristes así como somos nós: ceo e inferno abrindo precipicios que superamos celebrando as contradiccións, a alegría , a casa que habitamos, o medo infantil que nos fascina, o confort ou o desconcerto do cotián...
![Page 98: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/98.jpg)
Anxos Sumai
Na éxtase da lectura, o libro turra de min e enraízo. Fun cada verso, sempre alerta porque nunca sabía cando me iluminaría a luz nin cando me asombraría a sombra.Sempre atenta ás palabras imprevistas porque “cómo te marean, voces previsoras están dicindo xa que o mellor que lles pode pasar a ese fato de palabras globo é que se solte. Perderse”. Olalla Cociña escribiume unha dedicatoria neste poemario: “... porque nas flores, para que as nosas escritas nos sigan contendo”. Sobre ningún precipicio, despois da contención, son as palabras quen nos converten en paxaros, en papaventos e en globos. E si, queremos ceibarnos.
![Page 99: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/99.jpg)
Manuel VicenteDoutor en Ciencias Químicas e divulgador científico
Conta as vidas paralelas e
Gauss e Humboldt
![Page 100: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/100.jpg)
Manuel Vicente
Son Manuel Vicente do programa de divulgación científica Efervesciencia que se emite na Radio Galega. A miña recomendación literaria é o libro "A medición do mundo" de Daniel Kejlmann. É unha novela que conta as vidas paralelas e Gauss e Humboldt. Que por certo este último pasou por Galicia antes de emprender a súa viaxe de descubrimentos por América. Agardo que vos guste"
![Page 101: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/101.jpg)
Elena Gallego Abad Escritora e periodista
Sete caveirasElena Gallego Abad
![Page 102: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/102.jpg)
Xosé Luis Rivas, MiniMestre, músico, concelleiro en Boimorto e candidato ao Senado polo BNG.
Tonecho de Rebordechao Breogán Riveiro
![Page 103: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/103.jpg)
Celso Fernández Sanmartín Filósofo, poeta, labrego e contador de historias
Valo r i n ca l c u lab l e d e
resumir a vida completa do
carro.
![Page 104: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/104.jpg)
Celso Fernández Sanmartín
O libro documental O carro e o home, de Xoaquín Lorenzo ten para min o valor incalculable de resumir a vida completa dun apeiro de uso na Galicia rural: o carro. Sei que para o alumnado lles pode parecer antigo de máis … pero a estrutura do documental é o que me interesa, e é aplicable a calquera ferramenta ou obxecto de uso actual. E tamén
porque etnograficamente é interesante e poético.
![Page 105: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/105.jpg)
JAVIER MANJARÍN Ex-xogador do Deportivo
D o n Q u i j o t e d e l a
ManchaMiguel de Cervantes Saavedra
Porque cada capítulo era
una aventura.
![Page 106: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/106.jpg)
Rosalia Fariña CoteloCociñeira no CPI As Revoltas
Receitas como as que fan as
nosas avoas.
![Page 107: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/107.jpg)
Rosalia Fariña Cotelo,
Elixín este libro de cociña e recomendo porque ten receitas de cociña tradicional galega con receitas como as que fan as nosas avoas. Álvaro Cunqueiro e Araceli Filgueira Iglesias.
![Page 108: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/108.jpg)
Pilar Orgeira ReyCociñeira no CPI As Revoltas
Experiencias persoais dos
nenos na infancia e na
adolescencia
![Page 109: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/109.jpg)
Pilar Orgeira Rey
Elixín este libro porque narra as experiencias persoais dos nenos na infancia e na adolescencia.
![Page 110: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/110.jpg)
Ana María Amado PastorizaCociñeira no CPI As Revoltas
Aínda non acabaches de ler
unha páxina cando xa queres
saber o que pasa na seguinte.
![Page 111: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/111.jpg)
Ana María Amado Pastoriza
"Este é o meu libro favorito porque ten moita intriga, aínda non acabaches de ler unha páxina cando xa queres saber o que pasa na seguinte, tamén me gustou porque fala de lugares galegos "
![Page 112: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/112.jpg)
José María BreguaProfesor de Educación Plástica e visual do CPI AS Revoltas
Dunha forma novelada e
moi amena, narrando as
vicisitudes de cinco familias
de distintas nacionalidades
![Page 113: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/113.jpg)
José María Bregua
O libro La Caída de los Gigantes do escritor Kent Follet é un dos meus libros favoritos dos últimos anos, xa que con el iniciou a triloxía The Century, e con ela dunha forma novelada e moi amena, narrando as vicisitudes de cinco familias de distintas nacionalidades, das que interveñen nos conflitos bélicos, fai un repaso sobre a sociedade, os costumes e os acontecementos ocorridos, neste primeiro na primeira guerra mundial; no segundo titulado El Invierno del Mundo na segunda guerra mundial; e no terceiro titulado El Umbral de la Tierra na guerra fría.
![Page 114: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/114.jpg)
Celia Bello LorenzoProfesora Tecnoloxía CPI As Revoltas
La ridícula idea
de no volver a verte.Rosa Montero
"Si uno no hace suficientes
concesiones, lo aplastan; si hace
d ema s iada s,es i nnob l e y s e
desprecia a sí mismo"
![Page 115: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/115.jpg)
Celia Bello Lorenzo
A historia dunha muller fascinante como Marie Curie mesturada co recordo persoal da autora, que espertou en min emoción e complicidade...
![Page 116: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/116.jpg)
Ana Fuentes GarcíaDirectora do CPI As Revoltas, profesora de Francés
Les Profs
Ler é rir, viaxar, pensar,
namorarse, compartir, e sobre
todo vivir.
![Page 117: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/117.jpg)
Francisco Luís Abella CruzProfesor de Lingua castelá CPI As Revoltas
Non teño un libro preferido,
todos me gustan...
![Page 118: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/118.jpg)
Francisco Luís Abella Cruz
Non teño un libro preferido, todos me gustan... Escollín este porque foi o primeiro libro que merquei con cartos de meu. É unha edición probiña, e as follas parece que se queren soltar, pero aínda o conservo.
![Page 119: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/119.jpg)
Xoán Gabeiras VérezProfesor de Xeografía e Historia CPI As Revoltas
Sempre en GalizaAlfonso R. Castelao
A Biblia dunha Nación
morta antes de nacer .
![Page 120: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/120.jpg)
José Ramón Varela ReyProfesor Bioloxía CPI As Revoltas
Soño qu e a l gún d ía a
lectura esperte a mesma
paixón que o fútbol no noso
país.
![Page 121: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/121.jpg)
José Ramón Varela Rey
Recomendo esta novela histórica e social, escrita polo amigo Pepe Neira Vilas, a tod@s @s alumn@s do CPI As Revoltas.Todos, nalgún momento da vida, fomos Balbino.
![Page 122: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/122.jpg)
Ana Isabel MartínezProfesora de Lingua e Literatura Galega CPI As Revoltas
Escribir un best seller
non é incompatíbel con
crear unha obra de grande
calidade literaria.
![Page 123: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/123.jpg)
Ana Isabel Martínez
A memoria da choiva é un thriller literario ambientado en Compostela mergullando na nosa tradición literaria, coa figura de Rosalía de Castro como pano de fondo. Demostra que escribir un best seller non é incompatíbel con crear unha obra de grande calidade literaria con altas doses de lirismo na súa prosa e cheo de sentido do humor, que atrae os lectores desde a primeira liña.
![Page 124: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/124.jpg)
Pablo Díaz Músico
Podemo s v e r di f e ren tes
maneiras de interpretar o
m u n d o e d e f a c e r n o s
reflexionar.
![Page 125: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/125.jpg)
Pablo Díaz
Usha é un libro que fala da historia dunha nena galega, Uxía, que marcha coa súa nai a Devastana, situada na India, no estado de Karnataka, para traballar nunha ONG. Ao marchar para alí, descobre unha vida ata o momento descoñecida e aprende a sobrevivir doutra forma máis humilde, pero máis feliz.
Ademais de aprender alí moitas cousas, nunca estivo soa grazas a Lakshmi e Deepak, os seus mellores amigos que a acompañaron durante todas as súas aventuras e que sen dúbida nunca olvidará.
Desde unha óptica adolescente, podemos ver diferentes maneiras de interpretar o mundo e de facernos reflexionar sobre aspectos como o benestar, o compañeirismo, a lingua ou a cultura, que moitas veces minusvaloramos.
![Page 126: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/126.jpg)
SERGIO ÁLVAREZ Porteiro do Celta de Vigo
Novela negra que turrará
pola vosa curiosidade páxina
a páxina.
![Page 127: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/127.jpg)
SERGIO ÁLVAREZ
Recoméndovos o libro de Rosa Aneiros por ser unha historia de amor e liberdade nos tempos duros da ditadura salazarista de Portugal; Os fillos do mar é unha magnífica novela negra que turrará pola vosa curiosidade páxina a páxina; e María Reimóndez ofrécenos unha novela na que reflexiona sobre a importancia do xornalismo para cuestionar os conflitos bélicos, como nestes tempos de guerra nos que sufren moitos pobos. Aproveitade coa lectura destas páxinas.
![Page 128: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/128.jpg)
David Casado BravoProfesor Bioloxía e Xeoloxía CPI As Revoltas
El arte de la cetreríaFelix Rodrígez de la Fuente
Le, comprende e apaixónate
da natureza.
![Page 129: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/129.jpg)
Mercedes QueixasEscritora e profesora de Lingua e Literatura Galega
Irrenunciábel lección de vida
dun onte e un antonte en que
foi preciso mover os marcos e
tronzar todos os valados.
![Page 130: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/130.jpg)
Mercedes QueixasGusto de botar a ollada atrás polo retrovisor da familia.
Gusto de confirmar a evolución da mulleres da miña estirpe, sempre inquedas, nunca estáticas nin indiferentes. Irrenunciábel lección de vida dun onte e un antonte en que foi preciso mover os marcos e tronzar todos os valados.
Desde o momento en que confirmei a emoción daquela miña primeira gravidez, souben que eu era unha man e un pé máis no que Ela debía achar o resorte preciso para marcar un novo chanzo.
Eu, lectora, faláballe a Ela, o soño que estaba por chegar desde o meu ventre cada vez máis rebuldeiro. Ela, narradora, faláballe a Xoana, a navegar nas augas amnióticas do seu ventre.
Ela falaba da tataravoa Pepa, da bisavoa Rosa, da avoa Carolina, da nai Carme.
Eu contaba o percorrido da evolución dos fotogramas de branco e negro e sepia, despois a toda cor, que o álbum familiar atesouraba. Relataba os días partillados con elas, coas mulleres de meu que me construíron, mesmo sen o saber. Eu reconstruía as pezas dun quebracabezas de superación que comezaba coas bisavoas Daniela, Carmela e Amparo, continuaba coas avoas Preciosa e Mercedes e chegaba á nai, Carmiña. As nosas mulleres, o noso presente, o futuro con Ela!
![Page 131: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/131.jpg)
Galicia Gutiérrez GantesPT CPI As Revoltas
O b r a d e t e a t r o
infantil moi divertida
e un libro cheo de
maxia.
![Page 132: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/132.jpg)
Galicia Gutiérrez Gantes
Pingueiras e tarteiras é unha obra de teatro infantil de Teresa Costa que é moi divertida. Trata dunha raíña que deixa no castelo para vivir nun circo. Unha das obras máis divertidas que teño feito.
Si o vello Sinbad volvese as illas é un libro cheo de maxia. É o libro que máis lembro dos que lin no instituto e moito me gustou.
Estas son as miñas recomendacións, moitas apertas.
![Page 133: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/133.jpg)
Angeles PitaProfesora Lingua e Literatura Castelá CPI As Revoltas
Siempre hay lugar para la
es p e ranza, aunqu e es t é
“rota”.
![Page 134: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/134.jpg)
Angeles Pita
Primavera con una esquina rota, Mario Benedetti.
Una dictadura rompe un país y crea dos modos de vivir: bajo el autoritarismo o en el exilio. A pesar de la represión y del dolor las personas siguen luchando y son ellas las que nos dan a conocer sus miedos, sus preocupaciones, sus sueños… Siempre hay lugar para la esperanza, aunque esté “rota”.
![Page 135: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/135.jpg)
Ricardo de BarreiroActor
Un fiel intelixente e real
r e t r a t o d a s r e l a c i ó n s
humanas.
![Page 136: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/136.jpg)
Ricardo de Barreiro
Recomendo A piragua,texto teatral de Cándido Pazó,pola súa realidade social,e por ser un fiel intelixente e real retrato das relación humanas.Un libro para ler e para enmarcar.
![Page 137: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/137.jpg)
GUILLERME FERNÁNDEZ Músico
A u t o r a e a c t i v is t a
imp res c i ndib l e da no sa
literatura actual.
![Page 138: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/138.jpg)
GUILLERME FERNÁNDEZ
Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño.
Apaixonante relectura do mundo homérico desde unha perspectiva feminina e feminista, dunha autora e activista imprescindible da nosa literatura actual.
![Page 139: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/139.jpg)
INÉS SALVADOMúsica
Coa virtude de ser das boas
novelas, que por ela non
pasan os anos.
![Page 140: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/140.jpg)
INÉS SALVADO
O capote/O abrigo unha pequena historia publicada no 1842, coa virtude de ser das boas novelas, que por ela non pasan os anos. Chea de realismo crítico, sentido do humor, sátira e un toque de elementos fantásticos. A narrativa é moi sinxela e dalgunha maneira máxica, atrapa e seduce. Poucos escritores conseguen con poucas palabras describir un personaxe e mergullarnos na súa peculiar visión do mundo.
![Page 141: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/141.jpg)
FAIA DÍAZMúsica
Poetas cercanas coas que
compartir moitas cousas.
![Page 142: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/142.jpg)
FAIA DÍAZ
Poetas galegas que escriben sobre o amor... sobre a vida. Poetas cercanas coas que compartir moitas cousas.
Ana Romaní, agardo que a disfrutedes!
![Page 143: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/143.jpg)
PAULA ROMEROMúsica
Como poderiamos facer do
mundo un lugar máis xusto e
máis honrado. Polo menos
hai que intentalo, non?
![Page 144: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/144.jpg)
PAULA ROMERO
A miña recomendación é Todos deberíamos ser feministas de Chimamanda Ngozi Adichie. Este libro fala de como poderiamos facer do mundo un lugar máis xusto e máis honrado. Polo menos hai que intentalo, non?
![Page 145: Lecturas para lermos ao sol. Os nosos libros, as nosas razóns](https://reader038.vdocuments.mx/reader038/viewer/2022102607/58712cbd1a28abe4448b7755/html5/thumbnails/145.jpg)
– Equipo da biblioteca do CPI As Revoltas
“Grazas a todos e a todas, coa vosa colaboración desinteresada axudástesnos a transmitir a paixón pola lectura ”