la ladrona de libros (película)

2
26 MAIO 2014 CINE CLUB CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN “LA LADRONA DE LIBROS” (película) BASEADA NA NOVELA de MARKUS ZUSAK ENLACES consultados para a elaboración desta guía: http://www.laladronadelibros.es/about.html http://educarentiemposinciertos.blogspot.com.es http://www.panmacmillan.com.au/resources/MZ-BookThiefFilm- DiscussionGuide.pdf FICHA TÉCNICA DE ”La ladrona de libros ” (2013) Club lectura IES POETA AÑÓN-OUTES- Título: La ladrona de libros Título orixinal: The Book Thief Direción: Brian Percival País: Estados Unidos Ano: 2013 Data de estreno: 10/01/2014 Duración: 131 min Xénero: Drama, Bélico Calificación: Non recomendada para menores de 7 anos Reparto: Geoffrey Rush, Emily Watson, Nico Liersch, Joachim Paul Assböck, Sandra Nedeleff, Kirsten Block, Matthias Matschke, Roger Allam, Sophie Nélisse, Oliver Stokowski Web: www.laladronadelibros.es BLOG: http://laretas.blogspot.com.es/

Upload: ies-poeta-anon

Post on 06-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Guía da película "La Ladrona de LIbros" do Club de Lectura LARETAS (IES Poeta Añón)

TRANSCRIPT

Page 1: La ladrona de libros (película)

26 MAIO 2014

CINE CLUB

CLUB DE LECTURA “Laretas” IES POETA AÑÓN

“LA LADRONA DE LIBROS” (película)

BASEADA NA NOVELA

de MARKUS ZUSAK

ENLACES consultados para a elaboración desta guía:

http://www.laladronadelibros.es/about.html

http://educarentiemposinciertos.blogspot.com.es

http://www.panmacmillan.com.au/resources/MZ-BookThiefFilm-

DiscussionGuide.pdf

FICHA TÉCNICA DE

”La ladrona de libros” (2013)

Club lectura

IES POETA AÑÓN-OUTES-

Título: La ladrona de libros

Título orixinal: The Book Thief

Direción: Brian Percival

País: Estados Unidos

Ano: 2013

Data de estreno: 10/01/2014

Duración: 131 min

Xénero: Drama, Bélico

Calificación: Non recomendada para menores de 7 anos

Reparto: Geoffrey Rush, Emily Watson, Nico Liersch,

Joachim Paul Assböck, Sandra Nedeleff, Kirsten Block,

Matthias Matschke, Roger Allam, Sophie Nélisse, Oliver

Stokowski

Web: www.laladronadelibros.es

BLOG: http://laretas.blogspot.com.es/

Page 2: La ladrona de libros (película)

Baseada no “bestseller” do mesmo título,

“La ladrona de Libros” conta a historia de

Liesel, unha rapaza que é enviada a vivir

cunha familia de acollida en Alemaña du-

rante a II Guerra Mundial. Ela aprenderá

a ler coa súa nova familia e con Max, un

refuxiado xudeu que esconden baixo as

escaleiras da casa. Para Liesel e Max, o

poder das palabras e a imaxinación serán

a única forma de escape dos horribles

acontecementos que se desenvolven ao

seu arredor. “La ladrona de libros” é

unha historia optimista de supervivencia

e resistencia do espírito humano.

CONTEXTO HISTÓRICO

A película amosa unha realidade pouco divulgada no

cine: a vida na retagarda, neste caso nun pobo alemán

onde a vida está condicionada polo nazismo e, xa du-

rante a guerra, pola lóxica bélica, unha lóxica terrible

de recrutamentos, delacións, procura de fuxitivos,

fame e, desde 1942, bombardeos nocturnos.

Na película ofrécese un retrato do nazismo moi ben

captado na escena da queima de libros, unha noite de

1938. A pequena Liesel, que acaba de aprender a ler,

non pode entender que se queimen os libros, que tan-

to a fascinan. A escena ten unha gran forza narrativa

e permite observar unha constante nos réximes auto-

ritarios: o control da opinión, a destrución física do

pensamento non afín.

A persecución dos xudeus tamén aparece con toda a

súa crudeza. Fronte ao silencio, mirar a outra parte

ou a indiferenza, que tanta poboación alemá practi-

cou, suscítase un dilema baseado na gratitude. A si-

tuación que se produce alterará a vida de Liesel e a

súa nova familia, mostrando o mellor de cada mem-

bro. En especial, o pai, que non quixo ingresar no

partido nazi, e que ha de soportar o desemprego, as

miradas recriminatorias e, cando manifesta o seu apo-

io a un veciño "sospeitoso" de ser xudeu, a brutalida-

de da policía política do réxime.

Os personaxes secundarios permiten ver as posturas

que convivían na sociedade alemá. Atopamos ao sim-

patizante nazi que se aproveita da súa posición, abu-

sando e ameazando. Está tamén o mozo nobre que

non se significa ata que a guerra lle toca de cerca. E

tanta xente que pensaba que a guerra sería un episo-

dio curto que devolvería a Alemaña ao seu esplendor

continental.

PARA PENSAR...

Que cres que leva á pequena Liesel a ter tanto afán por ler ?

Como lle anima o seu novo pai a facelo?

A súa nai adoptiva inicialmente é moi dura coa pequena. Pensas que esta muller evoluciona ó lon-go da película?

De que maneira cambia a Liesel a relación que mantén co seu veciño Rudy?

Por que pensas que se escolleu como narrador da historia á figura da Morte?

A Morte di non implicarse nas vidas das persoas que finalmente arrebata pero si sinte un interese especial por Liesel. Por que é a nena un caso espe-cial?

Liesel dáse de conta de que as palabras poden usarse para facer o ben e tamén para facer o mal. A que se refire?

O amor de Liesel polos libros transforma a súa vi-da e a dos que a rodean. Podes pensar nalgún li-bro/s que te inspirara ou te influíra dalgunha ma-neira?

Moitos alemáns arriscaron a súa vida durante a II Guerra mundial por axudar ós xudeus. Por que pensas que Hans e Rosa axudan a Max?

SINOPSE DA PELÍCULA