josé maría barreiro

13
INVESTIGAMOS A JOSÉ MARÍA BARREIRO CEIP P. A PEDRA AULA DE 1ºB NOVEMBRO 2014 BUEU

Upload: narededapedra

Post on 30-Jul-2015

1.087 views

Category:

Education


8 download

TRANSCRIPT

INVESTIGAMOS A JOSÉ MARÍA BARREIRO

CEIP P. A PEDRA

AULA DE 1ºB

NOVEMBRO 2014

BUEU

JOSÉ MARÍA BARREIRO

Naceu en Forcarei (Pontevedra)

no ano 1940.

Vive en Santa Mariña de Cela

(Bueu)

É pintor e escultor autodidacta.

Comezou a gañar premios de pintura

aos 16 anos.

Dedicouse á decoración e ao

escaparatismo á vez que pintaba.

Aos 20 anos marchouse a París a

traballar e despois viaxou por moitos

países.

Traballou en cidades como

Buenos Aires, Chicago o Caracas.

Os seus principais mestres foron Picasso e Matisse.

Foi amigo de grandes pintores como:

Laxeiro, Colmeiro, Seoane e Lugrís.

Compartiu casa e estudo durante 4 anos con Urbano Lugrís en

Vigo. Fixeron xuntos algún pirogravado.

CURIOSIDADES

Barreiro debuxa liñas vigorosas e

coloridas.

Transmite espontaneidade e

movemento.

O seu estilo é o expresionismo.

A súa primeira exposición individual foi en Santa Cecilia de

Marín, invitado polo pintor Manuel Torres.

Soe pintar grupos de gaiteiros, bodegóns, paisaxes

mariñas, mulleres…

As súas técnicas son: acuarela, pirogravado,

tinta sobre papel e óleo sobre papel, tela,

cartón, cartolina, táboa…

No ano 2012 déronlle o

Premio da Provincia de Cultura.

Dende 2011 colabora coa

Fundación Inade co deseño

do emblema e o obsequio dos

Premios “Galicia Segura”: cos

cadros «O gaiteiro de Cela» e

«O gaiteiro».

Donou unha exposición permanente ao

Mosteiro de Aciveiro en Forcarei.

Expuxo as súas obras en museos e galerías de arte de todo o

mundo.

Actualmente a Barreiro gústalle levantarse moi cedo e ir ao

seu estudio. Alí debuxa, le e toca algún instrumento.

JOSÉ MARÍA BARREIRO

O PINTOR DE MÚSICOS