informe anual 2015 - aedeza.gal · repunte considerable nos dous últimos exercicios, tras tocar...

66
informe anual 2015 www.aedeza.gal

Upload: nguyendang

Post on 10-Dec-2018

219 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

1

informe anual2015

www.aedeza.gal

informe anual 15

2

3

• Carta do presidente

• Xunta Directiva

• Informe de actividade

Áreas de traballoEmpregoFormaciónInformación e consultasInstalacións e equipamentos

Sector da hostalaría

Sector do comercio

• Contas

Conta de resultados 2015

Orzamentos 2016

• Directorio de asociados

• Contacto

sumario

informe anual 15

4

carta do presidente

Estimados asociados/as:

Os integrantes da xunta directiva en funcións presentamos este Informe de Actividade de 2015 para sometelo á consideración da asemblea xeral. Neste documento presentamos tanto a intensa actividade desenvolvida durante o último exercicio nas distintas áreas de traballo da AED, como un balance do estado de contas e unha proxección económica para este ano 2016.

Ademais, como ben sabedes, e tal e como se recolle explicitamente nos estatutos da asociación, coincidindo co remate deste ciclo de goberno bianual abriuse un proceso electoral para votar aos compoñentes da nova xunta directiva que rexerá a AED durante os vindeiros dous anos.

É por este motivo polo que quero aproveitar para dar as grazas tanto aos compañeiros/as da xunta directiva saínte pola adicación e as horas detraídas das súas obrigas profesionais para traballar a prol da AED, como tamén a todos os asociados/as que tedes sido partícipes da vida social e do funcionamento da propia asociación. Non esquezades que vós debedes seguir sendo o motor deste colectivo, que non debería perder ningún dos valores que inspiraron a súa fundación: unidade, autonomía, representatividade e independencia.

No eido persoal, simplemente dicirvos que síntome especialmente orgulloso de ter representado ao tecido económico da comarca como presidente da AED nestes dous últimos anos e que agardo que disculpedes os posibles erros cometidos e vos quededes cos acertos. Un cordial saúdo

5

Antonio Lamas CarralPresidente da AED

informe anual 15

6

xunta directiva

Reunión da xunta directiva co alcalde de Lalín en xuño de 2015

7

Presidente

• Antonio Lamas Carral

Secretaria

• María José Taboada Ramos

Tesoureiro

• David Campos Cortés

Vogais

• José Julio Hermida Diéguez (industria)

• Adolfo Meijide Gómez (industria)

• Abel Vila Souto (agroindustria)

• Secundino Jar Pereira (industria)

• Marcos Rielo Crespo (industria)

Secretaria técnica

• Chus García

informe anual 15

8

informe de actividade | emprego

O Departamento de Emprego da Asociación de Empresarios de Deza xestiona dende o ano 1993 unha Bolsa de Emprego na que, por unha banda, os demandantes de traballo poden entregar o seu currículo e, por outra, as empresas dispoñen dunha importante base de datos á que acudir no caso de precisar a incorporación de persoal.

A finalidade desta Bolsa de Emprego é facilitar a cobertura dos postos de traballo ofertados con profesionais axeitados aos perfís que demandan as empresas, cumprimentando o proceso de selección dunha forma rápida e eficaz. Este servizo é totalmente gratuíto, tanto para os demandantes de emprego como para as empresas asociadas.

Demandas de emprego

No exercicio de 2015 achegáronse á Asociación de Empresarios de Deza un total de 1.014 persoas na procura dun posto de traballo, das cales o 53% foron mulleres e o 47%, homes. Destaca o feito de que o 10,75% destes demandantes de emprego eran de nacionalidade estranxeira.

A maioría dos demandantes inscritos na Bolsa de Emprego procedían da Comarca de Deza, se ben a área de influencia da AED e das empresas asociadas provocou que tamén se rexistraran inscricións de zonas limítrofes ou próximas, como A Estrada, Chantada, Melide, O Carballiño, etc.

No que respecta á evolución mensual das inscricións na Bolsa de Emprego en 2015, percíbese un notable incremento no último trimestre do ano.

Pola súa parte, a evolución interanual da Bolsa de Emprego amosa certa continuidade respecto aos parámetros do ano anterior, tendo en conta que en 2014 atendéranse 1.031 demandantes de emprego.

Actualmente, a AED conta cunha media de 800 currículos vítae activos e no exercicio de 2015 acadáronse 188 insercións laborais (un 23,5 % dos CVs activos), o que supón unha media de máis de 15 contratacións ao mes.

9

EVOLUCIÓN MENSUAL DE DEMANDANTES DE EMPREGO EN 2015

Xaneiro 88Febreiro 87Marzo 77Abril 70Maio 74Xuño 66Xullo 66

Agosto 57Setembro 74Outubro 140

Novembro 118Decembro 97

TOTAL 1.014

Evolución do número de demandantes de emprego

informe anual 15

10

Ofertas de emprego

No que respecta á xestión das ofertas de emprego durante o exercicio de 2015, a Asociación de Empresarios de Deza detectou un notable incremento das ofertas lanzadas polas empresas da comarca. De feito, fronte ás 157 ofertas xestionadas no ano anterior, en 2015 lanzáronse un total de 180 ofertas (23 máis). Esta subida tamén significou un incremento dos postos de traballo ofertados, xa que alcanzáronse os 228 (59 máis ca en 2014).

Por sectores, as ofertas lanzadas en 2015 correspondéronse principalmente con empresas de hostalaría, servizos, metal e comercio. Os dez postos de traballo máis ofertados foron os seguintes: camareiro/a (25), comercial (21), administrativo/a (15), carpinteiro de aluminio (15), cociñeiro/a (14), operario/a (12), dependente (8), técnico de mantemento (6), electricista (6) e gandeiro (6).

EVOLUCIÓN MENSUAL DE OFERTAS DE EMPREGO EN 2015

MES OFERTAS/MES POSTOS/MESXaneiro 13 24Febreiro 13 13Marzo 14 14Abril 11 14Maio 13 15Xuño 14 14Xullo 16 16

Agosto 15 32Setembro 8 8Outubro 29 31

Novembro 24 36Decembro 10 11

TOTAL 180 228

11

En canto á evolución mensual, os meses de novembro, agosto e outubro foron, por este orde, os que rexistraron un maior volume de ofertas e postos de traballo, todos eles no segundo semestre de 2015.

En canto á evolución interanual das ofertas de emprego e dos postos de traballo ofertados polas empresas da bisbarra, as estatísticas amosan un repunte considerable nos dous últimos exercicios, tras tocar fondo no ano 2012.

Evolución das ofertas de emprego e dos postos de traballo ofertados

informe anual 15

12

Servizo de Axente de Emprego

O Servizo de Axente de Emprego da AED, que leva activo desde o ano 1999, é un servizo de asesoramento a emprendedores, tanto aos que xa teñen un proxecto de empresa concreto como aos que buscan no autoemprego unha saída profesional pero aínda non teñen claro que actividade van desenvolver.

Desde este servizo a AED está en permanente contacto con organismos públicos e outras entidades, ao fin de facilitarlle aos emprendedores os trámites e as xestións necesarias para a posta en marcha dos proxectos.

Tamén é destacable o apoio que se lles presta unha vez que inician a andaina da súa empresa, posto que facilítaselles un servizo técnico e de asesoramento con información actualizada de axudas e subvencións -en especial, as relacionadas co fomento do emprego-.

Tamén forma parte das funcións deste servizo a formación. Desde este departamento organízanse múltiples actividades formativas, que comprenden desde actuacións de sensibilización dirixidas aos emprendedores ata calquera outra formación tanto para persoas activas como desempregadas, relacionadas ou non coa actividade empresarial.

Os principais temas abordados nas sesións de asesoramento durante 2015 foron os seguintes:

• Información sobre axudas e subvencións.• Trámites de constitución da empresa.• Explicación das diferentes formas xurídicas.• Información tributaria.• Lexislación aplicable.• Explicación e cálculo de distintas alternativas financieiras.• Asesoramento: fiscal, laboral, económico, financieiro, comercial...• Información sobre cursos, seminarios, xornadas e outras actividades

relacionadas co funcionamento da empresa.• Elaboración do Plan de Empresa.

13

Evolución do número de empresas creadas

O número máis elevado de proxectos asesorados foron os dirixidos a actividades relacionadas co comercio.

Ao longo do ano 2015, foron 297 os usuarios atendidos ao abeiro do Servizo de Axente de Emprego, dos cales 16 eran emprendedores cun proxecto de empresa concreto. En canto aos seus perfís, o 31% son homes e o 69% mulleres, e todos eles son maiores de 25 anos: o 18,8% entre 25 e 30 anos; o 43,7% entre 30 e 45 anos; e o 37,5% maiores de 45 anos.

Respecto á súa situación laboral anterior, o 81% dos asesorados atopábanse en situación de desemprego e o 19% restante, estaban activos. É de destacar tamén que a maior parte (31%) eran parados de longa duración, mentres que un 23% levaba inscrito no Servizo Público de Emprego entre 12 e 24 meses; un 15%, entre 6 e 12 meses; e outro 23%, menos de 6 meses. Ademais, o 8% nin sequera estaba inscrito no paro.

Dos 16 emprendedores asesorados, finalmente foron 5 (31%) os que constituíron a empresa: unha carpintaría metálica, dous comercios, unha empresa de pladur e outra de mantemento de instalacións frigoríficas.

informe anual 15

14

A Asociación de Empresarios de Deza deseña cada ano o seu plan formativo co obxectivo de facilitarlle ás persoas traballadoras unha formación axustada ás necesidades do mercado laboral, de forma que atenda aos requerimentos de competitividade das empresas e que satisfaga as aspiracións de promoción profesional e desenvolvemento persoal das persoas traballadoras, capacitándoas para o desempeño cualificado das diferentes profesións.

Desde a creación da AED a formación é un dos piares da súa actividade e, aínda que o plan formativo vai dirixido fundamentalmente ás empresas asociadas, organízase todo tipo de formación, tanto para persoas activas como para desempregados -por exemplo, os cursos do Programa de accións formativas dirixidas prioritariamente ás persoas traballadoras desempregadas (AFD)-.

Homologacións

Ademais, a AED está homologada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para impartir os seguintes certificados de profesionalidade:

• COMT0411: Xestión comercial de vendas• COMV0108: Actividades de venda• ADGN0108: Financiación de empresas• SSCG0109: Inserción laboral para persoas con discapacidade• ADGD0108: Xestión contable e xestión administrativa para auditoría• COML0209: Organización do transporte e distribución• COML0210: Xestión e control do aprovisionamento• COMT0110: Atención ao cliente, consumidor ou usuario• ADGG0108: Asistencia á dirección• SEAG0110: Servizos para o control de pragas• COMT0210: Xestión administrativa e financieira do comercio internacional• COMM0110: Marketing e compravenda internacional• SSCB0109: Dinamización comunitaria• ADGG0408: Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais• ADGD0308: Actividades de xestión administrativa• COML0309: Organización e xestión de almacéns• ADGD0210: Creación e xestión de microempresas• SSCE0109: Información xuvenil

informe de actividade | formación

15

• COMT0311: Control e formación en consumo• COMT0211: Actividades auxiliares de comercio• SEAG0311: Xestión de servizos para o control de organismos nocivos• COMP0108: Implantación e animación de espazos comerciais• ADGG0208: Actividades administrativas na relación co cliente• SSCB0110: Dinamización, programación e desenvolvemento de accións

culturais

Ademais destes certificados de profesionalidade, a AED tamén está homologada para impartir os seguintes cursos:

• Cursos de certificado de aptitude profesional (CAP): tanto o inicial de mercadorías e viaxeiros, como o de formación continua

• Curso de aplicador-manipulador de produtos fitosanitarios• Cursos de capacitación agraria e transferencia tecnolóxica• Formación en materia de benestar animal• Cursos de biotecnoloxías e xestión reprodutiva en explotacións bovinas• Formación en hixiene alimentaria

No exercicio de 2015, a AED impartiu un total de 26 accións formativas, cunha duración global de 1.011 horas e coa participación de 426 asistentes.

Relación de cursos, charlas e xornadas organizadas en 2015:

Cursos

• Manipulador de alimentosDuración: 3 horasNº de alumnos: 31 persoas

• Inglés comunicativo empresarial. IniciaciónDuración: 10 horasNº de alumnos: 9 persoas

informe anual 15

16

• Xornada de alérxenosDuración: 4 horasNº de alumnos: 21 persoas

• Manipulador de alimentosDuración: 3horasNº de alumnos: 10 persoas

• Benestar animal para persoal de explotaciónsDuración: 20 horasNº de alumnos: 9 persoas

• Benestar animal para transportistasDuración: 20 horasNº de alumnos: 3 persoas

• Taller de primeiros auxiliosDuración: 4 horasNº de alumnos: 15 persoas

• Inglés comunicativo empresarial. PerfeccionamentoDuración: 10 horasNº de alumnos: 9 persoas

• CAP: Certificado de aptitude profesionalDuración: 35 horasNº de alumnos: 16 persoas

• Nivel básico de prevención de riscos laboraisDuración: 60 horasNº de alumnos: 9 persoas

• Xestión contableDuración: 45 horasNº de alumnos: 14 persoas

• Nivel básico de prevención de riscos laboraisDuración: 60 horasNº de alumnos: 6 persoas

17

• P.R.L. Operador de aparatos elevadoresDuración: 6 horasNº de alumnos: 6 persoas

• Manipulador de alimentosDuración: 3 horasNº de alumnos: 17 persoas

• Curso de biotecnoloxías e xestión reprodutiva en explotacións bovinasDuración: 40 horasNº de alumnos: 19 persoas

• C.A.P.: Certificado de aptitude profesionalDuración: 35 horasNº de alumnos: 6 persoas

• P.R.L. para traballos de albaneleríaDuración: 20 horasNº de alumnos: 14 persoas

• Curso de seguridade para traballos en alturaDuración: 8 horasNº de alumnos: 17 persoas

• Electricidade, montaxe e mantemento de instalacións de alta e baixa tensión

Duración: 6 horasNº de alumnos: 7 persoas

• Actividades de venda (AFD)Duración: 608 horasNº de alumnos: 15 persoas

En total, impartíronse 20 cursos, con 1.000 horas lectivas e 253 alumnos asistentes.

informe anual 15

18

Charlas e xornadas

• Liñas de apoio a investimentos, mellora da competitividade e internacionalización das pemes

Duración: 1,5 horasNº de alumnos: 38 persoas

• Almorzo de traballo: "equipos de alto rendemento"Duración: 3 horasNº de alumnos: 14 persoas

• Conferencia-coloquio con José María Casas de Ron (xefe de Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social)

Duración: 2 horasNº de alumnos: 41 persoas

• Instrumentos de apoio para as pemes galegas. Préstamos directos Jeremie - Igape

Duración: 1,5 horasNº de alumnos: 29 persoas

• Cambios estructurais nas normas ISO 9001 - 14001Duración: 1,5 horasNº de alumnos: 20 persoas

• Comunicación en públicoDuración: 1,5 horasNº de alumnos: 31 persoas

En total, organizáronse 6 charlas e/ou xornadas, con 11 horas de duración global e 173 persoas asistentes.

19

información e consultas

Desde os seus inicios, a Asociación de Empresarios de Deza dispón dun Servizo de Información Especializada pensado para que os asociados poidan solicitar asesoramento relativo a axudas, subvencións, cretos subvencionados e outro tipo de información de tipoloxía moi diversa.

A AED, coa finalidade de ofrecer o mellor servizo aos seus asociados, conta coa colaboración de asesores xurídicos nas seguintes áreas:

• Contable

• Mercantil

• Fiscal

• Societaria

Durante o exercicio de 2015, a AED comunicouse cos asociados máis de 175 veces por distintos medios para ofrecerlle información especializada correspondente ás súas áreas de interese.

informe anual 15

20

CONSULTAS DE AXUDAS, SUBVENCIÓNS, CRETOS SUBVENCIONADOSSECTOR CONSULTA

COMERCIO

Axudas para o fomento do relevo xeracionalAxudas para a reforma de establecemento comercialAxudas de aforro e eficiencia enerxética para o cambio de iluminación dun local comercialAxudas para melloras da xestión comercialAxudas para implantación do comercio electrónicoAxudas para a incorporación de tecnoloxías da información:- Redes sociais- Modernización dos medios de comercialización- Xestión do negocioCretos Re-Solve 2015 do Igape

SERVIZOS Axudas para implantar certificados de calidade

INDUSTRIA

Apoio financieiro para investimento industrialIncentivos económicos rexionaisAxudas para a compra de equipamento informáticoAxudas para a compra de nave industrial e equipamento

TRANSPORTE Axudas a transportistas autónomos por cese de actividadeVIVENDA Axudas para a renovación total/parcial de ascensores

PETICIÓNS DE NORMATIVAS E LEXISLACIÓN

21

INFORMACIÓN NA ÁREA LABORAL

Convenios colectivos, revisións salariais

e calendarios laborais

Ámbito provincialÁmbito autonómicoÁmbito estatalCalendario laboral (ámbitos estatal, autonómico, provincial e local)

Axudas / Subvencións á contratación

Contrato laboral de prácticasMozos incluídos no Sistema de Garantía Xuvenil. Vantaxes para as empresasAxudas ás empresas da Bolsa para prácticas non laborais en empresasAxudas pola contratación temporal de mozos desempregados menores de 30 anosInformación sobre as Bolsas Feuga. Beneficios para as empresas

Outro tipo de consultas

Contrato de formación e aprendizaxe. RequisitosNormativa dos autónomosContratos. TipoloxíaAutorización da Xunta de Galicia para a apertura os domingos e festivos do ano no comercioTécnicas de búsqueda de emprego

informe anual 15

22

OUTRO TIPO DE CONSULTAS / TRÁMITES

Automoción: Instalación de kits de transformación de gas GLP en vehículos. Requisitos do taller e do persoal laboral que os instaleComercio: Información e lexislación relativa á época de rebaixasComercio: Vales de compra. Dereitos do consumidor e deberes do comercianteComercio: Información e regulación das vendas con desconto e/ou promociónsComercio: Inicio de actividade de local comercialComercio: Información relativa a notificacións da SGAEComercio: Venda ambulante. RequisitosHostalaría: Información relativa aos concursos de tapas organizados pola AEDOrganización empresarial: Normativa sobre o depósito de estatutosProtección de datos: Envío de información comercial a clientesRural: Lexislación sobre a ordenación do territorioTelecomunicacións: ReclamaciónsTráfico e circulación: Ofertas para poder obter o permiso de conducir tipo "B"Transporte: Documentación necesaria para realizar transporte de mercadoría a PortugalTransporte: Reclamación do céntimo sanitarioVarios: Listaxe de Centros de Ensino de Formación ProfesionalVarios: Notas de prensa

23

SOLICITUDE DE ASESORAMENTO XURÍDICOAsesoramento por contrato de arrendamento de localAsesoramento na área laboralAsesoramento por vales de compraAsesoramento na área fiscalAsesoramento na área societariaAsesoramento para a reclamación de impagosAsesoramento por comunicados recibidos da SGAEAsesoramento para a rehabilitación de edificios por problemas de humidade

A Asociación de Empresarios de Deza tamén ofrece un Servizo de Asesoramento Xurídico desde o que presta o servizo xurídico de primeira aproximación ás empresas asociadas que o soliciten. Tal e como recolle a seguinte táboa, as consultas recibidas son de tipoloxía moi diversa:

informe anual 15

24

A Asociación de Empresarios de Deza pon a disposición dos seus asociados e asociadas, de forma totalmente gratuíta, as súas instalacións para a celebración dos seguintes tipos de actividades:

• Cursos de formación propios

• Reunións de empresa

• Convencións de empresa

• Utilización de internet

Ademais, a AED tamén cede aos seus asociados os seguintes equipamentos:

• Aulas

• Despachos

• Ordenadores portátiles

• Proxectores

• Pantalla de proxección

• Cadeiras, mesas...

instalacións e equipamentos

No ano 2015 foron 60 as empresas que utilizaron as instalacións da AED, que estiveron ocupadas 113 días (418 horas) para o desenvolvemento de diferentes actividades nas que participaron 989 persoas.

25

informe anual 15

26

XANEIRO DE 2015

Rasca e gaña coa nosa hostalaría

Durante o Mes do Cocido un total de 28 establecementos hostaleiros asociados á AED participaron nunha campaña de dinamización do sector, consistente na entrega dun rasca a cada cliente que realizase unha consumición no local. En total, a hostalaría repartiu 1.000 premios directos co obxectivo de agasallar e gañar a fidelidade dos seus clientes.

FEBREIRO DE 2015

Bocadiños do Cocido - V edición

Do venres 27 de febreiro ó 08 de marzo de 2015 celebrouse a V Edición do Concurso de Tapas Bocadiños do Cocido, no que participaron un total de 13 establecementos, que repartiron máis de 3.000 tapas durante os 10 días que durou o concurso. Os establecementos gañadores foron:

Premios do xurado popular:

1º Premio: O Garota, Pazo de Bendoiro e Pensión “Las Palmeras”.2º Premio: Bodegón A Cunca e Hotel Restaurante Villanueva.3º Premio: Restaurante Agarimo.Premio Especial do Xurado Profesional: Bodegón A Cunca.

A AED quero agradecer tanto a implicación das empresas que aportaron premios (Aceites Abril, Embutidos Lalinense, Pousa Licores de Galicia, Diranfa, D.O. Monterrei) como a colaboración do xurado profesional que de xeito totalmente altruista se prestou a valorar as tapas.

informe de actividade | hostalaría

27

MARZO DE 2015

Enquisas ao sector da hostalaría

Durante o mes de marzo, os técnicos da asociación achegáronse aos establecementos hostaleiros asociados para realizar unha enquisa que permitira coñecer de primeira man os seguintes puntos:

• Campañas anuais a levar a cabo e duración das mesmas.• Cursos de formación para organizar desde a AED para os asociados e horarios de impartición.• Días de feira que coincidan en domingo.• Outras consideracións.

Formación

No mes de marzo realizáronse dous cursos de Manipulador de alimentos e unha Xornada de alérxenos.

XUÑO DE 2015

Noite Branca

Un total de 27 establecementos da hostalaría asociada participaron na III edición da Noite Branca ofertando un amplo abano de promocións aos seus clientes.

informe anual 15

28

XULLO DE 2015

Camiños do Deza - Presentación do proxecto

Presentouse na sede da patronal o proxecto co nome Camiños do Deza, impulsado por un grupo de hostaleiros -algún deles asociados á AED- para aumentar o fluxo de visitantes e o retorno socioeconómico xerado polos peregrinos ao seu paso pola comarca a través da Ruta da Prata e do Camiño de Inverno. A iniciativa conta co apoio técnico da AED.

AGOSTO DE 2015

Formación

No mes de agosto realizouse un Curso de manipulador de alimentos.

SETEMBRO DE 2015

Reunión no Concello pola peonalización de rúas en Lalín

No mes de setembro o alcalde de Lalín e a edil de Comercio mantiveron unha reunión co presidente da AED e co presidente da Praza de Abastos para informar sobre a primeira fase de peonalización do centro da vila a partires do 22 de decembro.

VI Deztápate

Do 3 ao 13 de setembro levouse a cabo a VI edición do Concurso de Tapas Deztápate, no que participaron un total de 18 locais de hostalaría asociados. Os establecementos gañadores foron, segundo o criterio do xurado popular:

29

1º Premio: Cabanas Restaurante.2º Premio: Bodegón A Cunca.3º Premio: Pensión “Las Palmeras”.Premio do xurado profesional: premio compartido por Bodegón A Cunca e Taberna – Café.

Desde a AED agradecemos a colaboración prestada polas empresas colaboradoras que aportaron premios para sortear entre os clientes: Embutidos Lalinense, Ricardo Vázquez e Hijos, Aceites Abril e Disanfa. Ademais, agradecémoslle tamén ao xurado profesional a súa participación de forma desinteresada para a avaliación das tapas.

NOVEMBRO DE 2015

Reunión de hostaleiros de Lalín

A comezos do mes de novembro, diversos restaurantes do municipio de Lalín e que participan no Mes do Cocido celebraron unha reunión na sede da asociación para unha posta en común, previa a unha reunión que posteriormente tiveron co goberno local.

DECEMBRO DE 2015

Nadal

Do 18 de decembro de 2015 até o 6 de xaneiro de 2016 levouse a cabo unha campaña de dinamización do sector hostaleiro asociado, que consistiu no reparto de decoración (moqueta de cor vermella, abeto e recomendacións de adornar a árbore con abalorios de cor vermella); cartel e rifas para o sorteo -non presencial- de tres vales por importe de 300€, 200€ e 100€ para gastar

informe anual 15

30

entre a hostalaría asociada e participante na campaña.

Reunión no concello pola peonalización de rúas de Lalín

A mediados do mes de decembro o Concello de Lalín convocou unha reunión para informar aos hostaleiros, comerciantes e veciños afectados polo proxecto de humanización do centro urbano lalinense, á cal tamén asistiron representan-tes da AED.

31

informe de actividade | comercio

XANEIRO DE 2015

Rebaixas de inverno

Con motivo da tempada de rebaixas de inverno, o CCA de Lalín repartiu entre os comercios asociados cartelería e unha circular informativa. A cartelería distribuida incluía carteis de tamaño grande coa palabra “REBAIXAS”; carteis en tamaño DINA4 co mesmo deseño que o cartel grande coa palabra “REBAIXAS “, para pór no escaparate indicando o período de rebaixas do comercio; carteis en tamaño DINA5 co mesmo deseño que o cartel en tamaño DINA4 para pór na zona de caixa para informar aos clientes sobre a duración do período de rebaixas.

Pola súa parte, a circular informaba a cada comerciante dos seguintes aspectos:- O período de rebaixas.- Duración mínima e máxima da tempada de rebaixas.- Requisitos para que o comercio poida anunciar a venda en rebaixas.- Condicións dos produtos ofrecidos en rebaixas.- Aspectos sobre as devolucións en época de rebaixas.- Os vales de compra.- Os medios de pagamento.- Outros aspectos a ter en conta durante a tempada de rebaixas.

FEBREIRO DE 2015

Mesa Local do Comercio

Reunión da concelleira de Actividades Económica, técnicos do concello, a xerencia do CCA de Lalín, o presidente da Asociación de Praceiros de Lalín e un representante da delegación de Industria da Xunta de Galicia para a aprobación

informe anual 15

32

de proxectos de dinamización, unidade xerencial e formación.

Campaña de San Valentín

No mes de febreiro o CCA de Lalín puxo en marcha unha campaña de dinamización do comercio local co gallo do Día dos Namorados. A duración da campaña foi de 14 días, repartíronse 10.000 rifas para o sorteo de premios doados polo Pazo de Bendoiro, Hotel Spa Norat Torre do Deza e o Hotel & Spa A Quinta da Auga. Contouse coa participación de máis do 95% do comercio asociado e opropio Día de San Valentín realizáronse actividades pola vila (Festa de disfraces e xogos infantís e unha gran chocolatada). Aproveitando que nestas datas o comercio prepara especialmente os seus escaparates, fíxose un concurso de escaparates.

MARZO DE 2015

Premios Maruja Gutiérrez

Na IX edición dos premios Maruja Gutiérrez distiguiuse a Concepción González López, no apartado de Toda unha vida. Lembramos que Conchita González estivo asociada a esta entidade durante preto de 20 anos co negocio Lencería Lilas até o momento da súa prexubilación. Durante os últimos anos formou parte da Comisión de Comercio aportando moitas ideas e iniciativas para dinamizar este sector.

Enquisas ao sector do comercio

Durante o mes de marzo, técnicos da AED realizaron unha

33

enquisa entre o comercio asociado para tratar diferentes cuestións. Un total de 65 comercios foron consultados sobre temas como os seguintes:

- Apertura o Venres Santo coincidindo con día de feira.- Apertura do comercio os días de feira que caen en domingo.- Apertura do comercio o domingo da Feira do Cocido.- Apertura do comercio os domingos e festivos que por lei está permitido abrir.- Campañas de Dinamización. Valoración das existentes e novas propostas.- Formación. Propostas de cursos e horarios.- Outras observacións a ter en conta.

Mesa local do comercio

A edil de Comercio, técnicos municipais, o presidente da Asociación de Praceiros e a xerencia do CCA de Lalín reuníronse para abordar a apertura do comercio o Venres Santo coincidindo co día de feira.

MAIO DE 2015

Día da Nai

A campaña de dinamización do comercio levada a cabo con motivo do Día da Nai tentou fomentar o consumo nos pequenos comercios e negocios da zona destacando a atención cálida e personalizada que se ofrece. A campaña baseouse na publicidade do comercio asociado en tres canales de comunicación: radio, prensa e redes sociais.

informe anual 15

34

XUÑO DE 2015

Asemblea de socios do CCA de Lalín

A comezos do mes de xuño o CCA de Lalín realizou unha asemblea-reunión de socios, coa seguinte orde do día:

- Memoria das actividades realizadas no sector do comercio durante 2014.- Presentación da terceira edición da Noite Branca.- Novas propostas e estratexias para o sector do comercio: contouse coa presenza de José Manuel Bouzón, experto en CCAs, que presentou proxectos para a dinamización do comercio local.- Suxestións e aportacións polos asociados.

Reunión da directiva da AED co alcalde de Lalín

Directivos da Asociación de Empresarios de Deza reuníronse co alcalde de Lalín co gallo de solicitar o apoio do Concello para as campañas máis importantes para o comercio, como son a Noite Branca e a de Nadal. Ademais, solicitouse colaboración para realizar un proxecto de análise e dinamización do comercio da man do consultor especializado en Centros Comerciais Abertos José Manuel Bouzón, ao fin de estudar os efectos de peonalizar as rúas de Lalín.

Noite Branca

O 26 de xuño de 2015 o CCA de Lalín celebrou a III edición da Noite Branca, na que participaron 45 comercios asociados, ademais de sumarse a esta iniciativa comercios non asociados e a hostalaría local. Esta campaña tivo un notable éxito e contou cunha gran afluencia de clientes

35

ás rúas e aos comercios de Lalín. Tanto o comercio como a hostalaría aproveitaron para facer promocións e descontos especiais dende as 17.00 até as 00.00 horas. No marco da Noite Branca, organizáronse múltiples actividades de animación pensadas tanto para os máis pequenos como para a clientela de maior idade (inchables, DJs, Os Bolechas, actuación de zumba, magos...). Ademais, contouse cun posto de xeados e outro de chocolate con churros ou flocos de millo. Pola súa parte, para os locais das aforas de Lalín programouse animación con charangas. Ao remate do evento realizouse un sorteo en directo entre todos os clientes que efectuaron compras nos comercios asociados esa noite e o premio foi o abono das compras realizadas até un máximo de 200 €.

XULLO DE 2015

Formación para desempregados na área de comercio

Por segundo ano consecutivo, a Xunta de Galicia autorizou á Asociación de Empresarios de Deza a organizar un curso do Plan de Accións Formativas destinadas a persoas Desempregadas de Actividades de Vendas, cunha carga lectiva de máis de 600 horas de formación teórica e práctica en empresas asociadas. Ao remate do curso, os alumnos, ademais de posuír coñecementos sobre como xestionar un negocio, tamén obteñen un Certificado de Profesionalidade de Nivel 2.

SETEMBRO DE 2015

Volta ao Cole

Con motivo do inicio da actividade escolar, durante todo o mes de setembro o CCA de Lalín puxo en marcha unha

informe anual 15

36

campaña para dinamizar a compras entre o comercio asociado, repartindo rifas para entrar nun sorteo -non presencial- de vales de compra para canxear no comercio asociado participante na campaña.

Reunión no Concello pola peonalización de rúas de Lalín

No mes de setembro o alcalde de Lalín e a edil de Comercio mantiveron unha reunión co presidente da AED e co presidente da Praza de Abastos para informar sobre a primeira fase da peonalización do centro da vila a partires do 22 de decembro. Tamén se aproveitou para asinar un convenio de colaboración para proxectos de promoción e dinamización do comercio local.

NOVEMBRO DE 2015

II Desfile Solidario de Lalín

O sábado 7 de novembro organizouse a II edición do Desfile Solidario de Lalín co fin de recadar de xeito voluntario produtos infantís, como alimentos, roupa, xoguetes, etc. En total foron 28 comercios os que participaron de forma totalmente altruista prestando as prendas de vestir para que os nenos e nenas e 34 modelos adultos, tamén de xeito gratuíto, desfilasen no Lalín Arena.Contouse coa colaboración dun total 23 negocios (perrucarías, florarías, salóns de beleza...), empresas e organismos públicos para que todo funcionase correctamente.

Black Friday

O 2015 foi o ano en que por primeira vez se puxo en

37

marcha esta campaña de dinamización, acadando como resultado un éxito rotundo, polo que xa quedou incluida no calendario das campañas a organizar en sucesivos anos.Nesta primeira edición, aparte de repartir carteis e rifas para un sorteo non presencial dun vale de compra a canxear nos comercios asociados participantes na campaña, tamén se repartiron globos negros co lema “Black Friday” para adornar escaparates e o interior dos comercios, ademais de pedir a colaboración do persoal dos establecementos para que ese día, en concreto, se vestisen con prendas de cor negra.

DECEMBRO DE 2015

Nadal

Dende o 10 de decembro de 2015 até o 5 de xaneiro de 2016 o CCA de Lalín programou varias iniciativas coa finalidade de incentivar as compras no comercio local. Para dar unha imaxe homoxénea nos establecementos repartíronse abetos, moquetas de cor vermella e asesorouse para que os adornos nas árbores fosen tamén desta cor. Distribuiuse tanto o cartel da campaña, como 30.000 rifas para un sorteo de tres vales de compra, por importe de 1.000 €, 300 € e 200 €, para gastar nos comercios que participaron na campaña. Ademais, creouse unha animación infantil “Nadalín e os Bolíns”, que visitaron colexios e percorreron as rúas da vila amenizando aos comercios e transeúntes, animando a que sacasen fotos con eles e as subiran ás redes sociais e repartindo caramelos a todo o público. Realizáronse tamén varias actividades na rúa como foi a visita do Apalpador, de Papá Noel, os Paxes dos Reis Magos, actuacións para os máis pequenos da familia co espectáculo infantil “Cantos, contos, contas”, etc. Ademais, organizouse tamén un concurso de escaparates.

informe anual 15

38

Reunión no Concello pola peonalización das rúas de Lalín

A mediados do mes de decembro o Concello de Lalín convocou unha reunión para informar aos hostaleiros, comerciantes e veciños afectados polo proxecto de humanización do centro urbano lalinense, á cal tamén asistiron representantes do CCA de Lalín.

39

informe anual 15

40

contas

ACTIVO 2015

A) ACTIVO NON CORRENTE 388.213,24

I. Inmobilizado intanxible

II. Inmobilizado material 388.213,24

B) ACTIVO CORRENTE 106.781,69

III. Usuarios e outros debedores da actividade propia

IV. Subvencións pendentes de cobrar

V. H.P. retencións e pagos a conta

VI. Fianzas constituídas a curto prazo

VII. Efectivo e outros activos líquidos equivalentes

8.544,04

88.953,60

287,26

617,10

8.379,69

TOTAL ACTIVO (A + B) 494.994,93

41

PATRIMONIO NETO E PASIVO 2015

A) PATRIMONIO NETO 163.669,16

A1) Fondos propios

II. Reservas

III. Excedentes de exercicios anteriores

IV. Excedentes do exercicio

A2) Subvencións, doazóns e legados recibidos

146.526,30

27.401,32

124.179,20

(5.054,22)

17.142,86

B) PASIVO NON CORRENTE 230.979,33

III. Débedas a longo prazo 230.979,33

C) PASIVO CORRENTE 100.346,44

III. Débedas a curto prazo

1. Débedas con entidades de creto

V. Acredores comerciais e outras contas a pagar

1. Provedores2. Outros acredores3. Remuneracións pendentes de pago

4. Organismos da Seg. Social acredores

75.383,44

75.383,44

24.963,00

13.280,851.943,725.416,754.321,68

TOTAL PATRIMONIO NETO E PASIVO (A + B + C) 494.994,93

informe anual 15

42

CONTA DE RESULTADOS 2015

1. Ingresos da entidade pola actividade propiaa. Cotas de afiliadosb. Ingresos servizos diversos

87.533,9476.703,0010.830,94

2. Aprovisionamentos (9.550,29)

3. Subvencións imputadas a resultados do exercicio 83.167,83

4. Outros ingresos de explotación 17.156,00

5. Gastos de persoal e docentes (82.328,26)

6. Outros gastos de explotación (84.341,56)

7. Amortización do inmobilizado (12.148,87)

8. Imputación de subvencións do inmobilizado 2.694,98

A) RESULTADO EXPLOTACIÓN (1+2+3+4+5+6+7+8) 2.183,77

12. Ingresos financieiros 25,30

13. Gastos financieiros (7.263,29)

B) RESULTADO FINANCIEIRO (12+13) (7.237,99)C) RESULTADO ANTES DE IMPOSTOS (A+B) (5.054,22)17. Imposto sobre beneficiosD) EXCEDENTE DO EXERCICIO -5.054,22

43

ORZAMENTO 2016

INGRESOSCotas asociados

Prestación de servizos

Aportacións entidades públicas e privadas

80.000 €

15.000 €

75.000 €

TOTAL INGRESOS DO EXERCICIO 170.000 €

GASTOSGastos de persoal e cargas sociais

Retribucións e cargas sociais do persoal

Amortizacións

Cota hipotecaria

Formación

Outros gastos

Gastos local socialMaterial de oficinaCampañas promocionaisGastos xestión correnteCotas a outras asociaciónsAsesoríasRelacións públicas

65.000 €

15.000 €

10.000 €

50.000 €

27.000 €

TOTAL GASTOS DO EXERCICIO 167.000 €

RESUMO

IMPORTE TOTAL DE INGRESOS 170.000 €IMPORTE TOTAL DE GASTOS 167.000 €

DIFERENCIA (+) 3.000 €

informe anual 15

44

directorio de asociados

A Asociación de Empresarios de Deza contaba ao peche de 2015 cun total de 317 asociados pertencentes a 26 áreas de actividade. Esta cifra supón un pequeno repunte respecto ao exercicio anterior, que rematara con 309 asociados. Por sectores, o comercio, os servizos, a hostalaría e a construción son os que máis empresas achegan ao colectivo.

Evolución do número de asociados da AED

45

SECTORES DE ACTIVIDADE Nº ASOCIADOS

Academias e centros de formación 4Agricultura e gandaría 14Alimentación e agroalimentaria 18Artes gráficas 6Axencias de publicidade 2Cantarías, minas e perforacións 3Carpintaría de madeira e afíns (fabricación - colocación) 5Comercio 77Construción, cementos e derivados 25Enerxías renovables 1Forestal e obra pública 1Hostalaría 43Instalacións eléctricas, fontanaría, calefacción, frío, gas 10Metalúrxicas: carpintaría de aluminio-estruturas metálicas 15Outras industrias manufactureiras 1Produción multimedia 1Químicas 1Recreativos 2Servizos 43Suministros industriais 4Téxtil e confección 4Transporte 9Venda e reparación de maquinaria agrícola 8Venda e reparación de maquinaria industrial 1Venda e reparación de vehículos a motor e accesorios 16Vidro 3

TOTAL 317

informe anual 15

46

Academias e centros de formación

• Academia Paidos-2 S.L.

• Autes S.L.

• Autoescuela Lalín C.B.

• Bridge´s School

Agricultura e gandaría

• Agroxaqui S.L.

• Campodeza Sociedade Cooperativa Limitada

• Ganadería García Penerbosa S.C.

• Ganados del Deza S.L.

• Iman

• Jesús Meijomín González

• José López García

• Leyva y Lorenzo S.L.

• Mª Carmen Espigó Pérez

• Mª Luisa Pérez Blanco

• Paio S.C.

• SAT Ganadería Casagrande

• SAT Vila

47

• Sociedad Ganadera de Gresande S.C.

Alimentación e agroalimentaria

• Avícola Tratante S.L.

• Avipor Silleda S.L.

• Cárnicas Anzo (Cárnicas Anzo S.L.)

• Cárnicas do Deza S.L.

• Conejos Gallegos Cogal S.C.

• Cooperativa Hoxe S.C.G.

• Embutidos Lalinense S.A.T.

• Frigoríficos Bandeira S.L.

• Gadis Hipermercado (Pontevicus S.L.U.)

• Industrias Severino Fernández S.L.

• Lácteos Anzuxao S.L.

• Lácteos Farelo S.L.

• Nutrimientos del Campo S.A.

• Proporsi Soc. Coop. Ltda.

• Ricardo Vázquez e Hijos C.B.

• S.A.T. Achacan

• Siris Compans S.L.

• Xuncoga S.C.L.

informe anual 15

48

Artes Gráficas

• Deza Publicidade S.L.

• Galega de Publicidade S.C.

• Imprenta Librería Alvarellos S.L.

• Imprenta Marcaxe (Marcaxe Deza S.L.)

• RM Impresións Dixitais S.C.

• Técnicas & Gramaxe S.L.

Axencias de publicidade

• Cocktail de Ideas (Cocktail de Ideas Soc. Coop. Galega)

• Dreams Factory Advertising & Design Company S.L.

Cantarías, minas e perforacións

• Canteras del Arenal S.L.

• Sondeos Torrente S.L.

• Vilariño Movimiento de Tierras y Obras S.L.

Carpintaría de madeira e afíns (fabricación - colocación)

• Carpintería Jar Novoa S.L.

• Carpintería Manuel Fuentes Méndez S.L.

49

• Muebles Curroliño

• Muebles Moure S.L.

• Portadeza (Aliusporta S.L.)

Comercio

• Agrobotica Lalín S.L.

• Agrobotica S.L.

• Almacenes Canda S.L.

• Andanzas

• Apimac Soluciones (Apimac Soluciones S.L.)

• Armisport S.L.

• Bella Rey

• Boutique Enmanuel

• Brandido

• C&C Young Trend (Abril Trending S.L.)

• Cadena Cien

• Calzados Alca

• Calzados Senra

• Caprichos (Barreirón Mayor S.L.)

• Carlos Seixas S.L.

informe anual 15

50

• Carnicería Vicente

• Castaño (Lalín Shoes S.L.U.)

• Castro Senra S.L.

• Colchonería Soños do Deza

• Colorín Colorado

• Comercial Farelo S.L.

• Copy Graphics

• Cortilar S.L.

• Dandara

• El Baúl de Vane

• El Vestidor de Chloé

• Escalena

• Esprit (Triscos C.B.)

• Establecimientos Xanadú S.L.

• Esther Cortés Centro Óptico (Deza Ópticos S.L.)

• Federópticos Pereiro

• Florentino Colección S.L.

• Floristería Rossa

• Fotografía y Tiendas Bernabé S.L.

• Herbalife

51

• Ideate Decor

• Infordeza S.L.U.

• Joyería López Romero S.L.

• Joyería Parque

• Karen

• La Casita de Kitty Lalín

• Lencería Dial

• Lencería Lilas

• Librería-Xoguetería Álvarez

• Librería Carpi

• Librería La Marina

• Librería Raíces

• Marena Íntima

• Maybel S.L.

• Moca Complementos

• Modas Fidelina

• Modas Sabrina

• Muebles Sieiro

• Nereida Novias

• Ness Shop

informe anual 15

52

• Newtek Informática S.L.

• Ninfa

• Orcellón (Deza Orcellón S.L.)

• Ortodeza S.L.

• Panadería Manolo "da Morena" (María Soto García)

• Papelería Dalvi

• Perfumería Fegus S.L.

• Pontiñas C.C. y de Ocio Gadis

• Pousa Licores de Galicia

• Profecón, Fdez. y Montoto S.L.

• Queens (Queens Moda Joven S.L.)

• Serea

• Silicon Desarrollos Tecnológicos S.L.

• Sistemas Informáticos Andión y Mouriño S.L.

• Strass (Strass Textil S.L.)

• Tele-Seita S.L.

• Tesedeza S.L.

• Varell Sport S.L.

• Yellow Dolphins

• Zapatería Martínez (Gonzalo Martínez S.L.)

53

• Zona Negocios Pontevedra S.L.

Construción, cemento e derivados

• Alquileres Lalín S.L.

• Batán Arenal S.L.

• Construcciones Antonio Framiñán S.L.

• Construcciones Areán S.L.

• Construcciones Hnos. Millares Blanco S.L.

• Construcciones Pichel Hnos. S.L.

• Construcciones Rafer S.L.

• Construcciones Taboada y Ramos S.L.

• Construcciones Vence Vázquez S.L.

• Crespo Blanco S.L.

• Cubiertas Gamallo S.L.

• Decoraciones Decopín S.L.

• Excavaciones Napol S.L.

• Ferradás González S.L.

• Galicubiertas S.L.

• Innova Profesional Desarrollos S.L.

• José Ferradás García

informe anual 15

54

• José Guerra Viana

• Luis Iglesias Cagide Construcciones S.L.

• Marbe Hispania S.L.

• Marmolería Fondevila S.L.

• Más Espacio 2010 S.L.L.

• Prefabricados Faro S.L.

• Senandecor

• Vilatuxe Aislamientos S.L.

Enerxías renovables e eficiencia enerxética

• Hysogeo Clean Energies S.L.

Forestal e obra pública

• Vázquez Forestal S.L.

Hostalaría

• A Casa do Gato (García Méijome S.C.)

• A Mina (A Mina S.C.)

• Bar "O Pincho"

• Bar Degustación (Galipasa S.L.)

55

• Bar O Polo

• Bodegón A Cunca (Bodegón A Cunca S.C.)

• Bodegón Currás

• Cabanas Restaurante (Hnos. Cabanas Lalín S.L.)

• Café-Bar Taboada Parrillada

• Café Bar A Rotonda

• Cafetería Alfonselle

• Cafetería Rosaleda

• Dulces Encantados

• Fogar de Breogán

• Gasthof S.A.

• Hostal Camiño Santiago

• Hotel Rest. Parrillada Villanueva e Hijos S.L.

• Hotel Restaurante Pontiñas S.L.

• Hotel Spa Norat Torre do Deza (Torre do Deza S.L.)

• Hotel Vía Argentum (Inversiones Racati S.A.)

• Kubos Lalín Cóctel Bar

• Mesón O Cruce

• Mesón Os Cortizos

• Novo Bar Lago

informe anual 15

56

• O Garota

• O Picoteo

• Os Baños de Brea S.L.

• Parrillada A Roda

• Pazo de Bendoiro (Casa Grande de Bendoiro S.A.)

• Pazo Eidián (Pazo de Eidián S.L.)

• Pensión "Las Palmeras"

• Pizza Park (Pizza Park S.C.)

• Pulpería Alto da Pena C.B.

• Pulpería Roque

• Restaurante Agarimo (Carmen Varela C.B.)

• Restaurante Asturiano

• Restaurante La Diligencia (Serv. Hosteleros de Lalín S.L.)

• Restaurante La Molinera S.L.

• Restaurante Onde Antonio

• Restaurante Parrillada “La Robleda”

• Restaurante Parrillada Coteliño S.L.

• Restaurante Venezia

• Taberna Café

57

Instalacións eléctricas, fontanaría, calefacción, frío, gas

• Dezalux Electricidad S.L.N.E.

• Electricidad Femán S.L.

• Fontanería Ferga S.L.

• Formatesa Lalín S.L.

• Galitec Desarrollos Tecnológicos S.L.

• Megodeza S.L.U.

• Óscar Neira Docampo

• Servium Sistemas S.L.U.

• Solarel S.L.

• Tegasca S.L.

Metalúrxicas: carpintaría de aluminio-estruturas metálicas

• Carpintería Metálica Varela S.L.

• Caymo Cruces S.L.

• Cerrajería Cersa S.L.

• Cialma Laro S.L.

• Cofer Equipamiento Industrial S.L.

• Construcciones Metálicas Guerra Cruces S.L.

• Inasus S.L.

informe anual 15

58

• Incer Metal

• Industrias Lamego S.L.

• Metaldeza S.A.

• Montajes Metálicos Deza S.L.

• Profinox S.L.

• Talleres Blanco y Oro S.L.

• Talleres José Antonio

• Talleres Manuel Gil

Outras industrias manufactureiras

• Profeplás S.L.

Produción multimedia

• No Majors Films S.C.

Químicas

• Proquideza S.L.

Recreativos

• Recreativos Atly S.A.

59

• Recreativos Ruibal S.L.

Servizos

• Asesoría de Empresas V. Calviño

• Asesoría Teresa Portas

• Asoc. para la Protección de los Ancianos de Lalín y su Comarca (APALC)

• Aspadeza

• Athena (Athena Prevención de Riesgos Laborales S.L.)

• Centro Fernández

• Centro Médico Asistencial Lalín S.L.

• Cexnor Tecnic S.L.

• Clínica Deza (Clínica Vapeba S.L.)

• Codroga S.L.

• Cuoco Estilo S.L.

• Deza Asesores

• Deza Espectáculos (Deza Espectáculos S.L.)

• Estudio Deza Sete S.L.

• Expendedoras Gerlo S.L.

• F&F Asociados Lalín S.L.

• Faro de Vigo S.A.

informe anual 15

60

• Fervi S.L.

• Geslalín S.L.

• Gestoría Fuentes Fernández S.L.

• Halcón Viajes S.A.

• I.N.A.E. Asesores Empresariales S.L.

• J.F.R. Aseguradores Lalín S.L.

• Lavandería Arcoiris (Gonzaluaces S.L.L.)

• M. Cuiña Asesores S.L.

• Mª Teresa Fernández Rodríguez

• Oficina Mapfre Silleda (David Framiñán S.L.)

• Peluquería Laly

• Plantadeza S.L.

• Previsonor S.L.

• Profesionales Control de Plagas (PCP)

• Promove Xestión Técnica S.L.P.

• Prosem Consultoría Estratégica S.L.

• Proyectos y Sinergias Empresariales S.L.

• Proyekta Soluciones Galicia S.L.

• Rivas Torres Asesores S.L.

• Segurlamas S.L.

61

• Seguros Ramón García

• Sertego Servicios Medioambientales S.L.U.

• Solproga

• Teyma (Gesteyma Lalín S.L.)

• Viaxes Zafiro Tours (Pírate de Viaje S.L.)

• Xardín Deza S.L.

Suministros industriais

• Gallega de Suministros Industriales 2020 S.L. (G.S.I.)

• Improtec Stones 2003 S.L.

• Rodanor Lalín S.L.

• Sumiagua (Suministro Integral del Agua S.L.)

Téxtil e confección

• Confecciones Guerral S.A.

• Daymar Punto S.L.

• Texguesa S.L.

• Textiles Rosalía de Castro S.L.U.

Transporte

• Autocares Lázara S.A.

informe anual 15

62

• Autocares Meijide S.L.

• G.R. 24 S.L.

• Gagotráns Lalín S.L.

• Grúas Lalín Deza S.L.

• José Luis Coego Santos

• Matanzas y Taboada S.L.

• Mensadeza e Tabeirós S.L.

• Transportes José Diéguez Albor

Venda e reparación de maquinaria agrícola

• Agromaquinaria Silleda S.L.

• Hermanos Villar A.U. S.L.

• Hitraf S.A.

• Hnos. Toimil García S.L.

• Industrias Guerra S.A.

• Maxideza S.L.

• Taller Celso

• Tecnor Lalín Maquinaria S.L.

63

Venda e reparación de maquinaria industrial

• Javier Vázquez García

Venda e reparación de vehículos a motor e accesorios

• Auto Cemig S.L.

• Auto-Recambios Motor Lalín S.L.

• Carrocerías Silleda S.L.

• Celtamotor S.L.

• Duro e Hijos S.L.

• Electromecánica Iglesias S.L.

• Fidel Auto Camballón S.L.

• Hidramaq Deza S.L.

• Lalín Móvil S.L.

• Multimarca Manuel Recimil S.L.

• Neumáticos Deza S.L.

• Recambios Deza C.B.

• Taller O Castro

• Talleres Rial S.L.

• Talleres Volusiano S.L.

• Vealsi Deza S.L.

informe anual 15

64

Vidro

• Cristalería Bisel Deza S.L.

• La Veneciana S.A.

• Tecglass S.L.

65

contacto

• Asociación de Empresarios de Deza

Rúa Otero Pedrayo, nº 24 baixo36500 Lalín

Tlf: 986 78 70 91

E-mail: [email protected]

Secretaría Técnica: Chus García ([email protected])

Gabinete de comunicación: Alberto J. Rey Basteiro ([email protected] | 673 156 204) Daniel Fernández Maïssa (607 246 037)

informe anual 15

66