inform linguas

35

Upload: lingualiza

Post on 22-Jan-2018

51 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Inform linguas
Page 2: Inform linguas

NEERLANDÉSou flamengo

O neerlandés é un idioma de orixe xermánica que é lingua oficial nos Países Baixos e en Bélxica, onde se fala na parte setentrional. Tamén se fala no NO de Francia (Flandres francés) e nunha pequena parte do oeste de Alemaña.

Page 3: Inform linguas

PORTUGUÉSIdioma oficial de Portugal; do Brasil co nome de brasileiro; e das antigas colonias africanas de Angola, Cabo Verde, San Tomé- Príncipe, Giné Bissau e Moçambique. O portugués e o galego naceron sendo a mesma lingua ata que as fronteiras políticas os dividiron: o galego entrou no séculos escuros mentres o portugués se espallou polo mundo. Ten 270 millóns de falantes.

Page 4: Inform linguas

ALEMÁN Idioma oficial de Alemaña, Austria, Liechtenstein. En Suíza é cooficial xunto co francés e o italiano, aínda que é a única lingua oficial dos cantóns alemáns, ao norte e centro de Suíza (63’7%). Tamén é cooficial en Bélxica xunto co neerlandés e o francés; e en Luxemburgo, xunto ao alemán e ao francés. Ten uns 180 millóns de falantes.

Page 5: Inform linguas

ITALIANOIdioma oficial de Italia, San Marino, Cidade do Vaticano e unha das catro linguas oficiais en Suíza xunto co alemán o francés e o romanche, sendo a lingua oficial dos cantóns situados ao sur (6’5%). Tamén se fala en zonas do litoral de Eslovenia e Croacia . Ten uns 55 millóns de falantes.

Page 6: Inform linguas

FRANCÉS Único idioma oficial de Francia (aínda que existen outras linguas faladas en diferentes zonas). Tamén é a lingua oficial de Mónaco, cooficial en Bélxica (co flamengo e o alemán), en Luxemburgo (co luxemburgués e o alemán), en Suíza (co alemán e o italiano, sendo oficial nos cantóns situados ao oeste (20’4%); en Canadá (xunto co inglés) sendo a única lingua oficial nas rexións do Quebec; e en África, nas antigas colonias, especialmente en Costa de Marfil . Calcúlanse 274 millóns de falantes.

Page 7: Inform linguas

DANÉS ou DINAMARQUÉSÚnico idioma oficial de Dinamarca e cooficial nas Illas Feroe xunto ao feroés. Tamén se fala en Groenlandia aínda que non é idioma oficial. Ten uns 5 millóns de falantes.

Page 8: Inform linguas

CATALÁNIdioma cooficial xunto co castelán en Cataluña e tamén en Valencia co nome de valenciano e nas illas Baleares co nome de balear. É o único idioma oficial de Andorra. Fálase tamén nalgunhas zonas da fronteira francesa onde non ten recoñecemento oficial e na cidade italiana de Alguer . Ten 10’02 millóns de falantes.

Page 9: Inform linguas

GALEGO Idioma cooficial en Galicia, xunto co castelán. Ten unha orixe común co portugués e, aínda que se consideren linguas independentes, pertencen á mesma familia lingüística. Tamén se fala e se permite o seu ensino regrado no occidente da comarca do Bierzo (provincia de León) e nunha zona da provincia de Zamora, chamada As Portelas. En 19 concellos limítrofes de Asturias fálase o eonaviego ou galego-asturiano.

En tres concellos estremeños, na fronteira con Portugal, no Val de Xálima (San Martín de Trebello, As Ellas e Valverdedo Fresno), na provincia de Cáceres, fálase a fala. Non hai unanimidade acerca de se pode considerarse unha variedade de galego, procedente dos galegos participantes na Reconquista que se asentaron nesa zona, ou unha lingua diferenciada da familia do Galego-portugués.

Page 10: Inform linguas

POLACOIdioma oficial de Polonia. Ten 38 millóns de falantes.

Page 11: Inform linguas

RUSOÉ lingua oficial en Rusia e cooficial en Bielorrusia, Casaquistán, Quirguisia, na República Autónoma de Crimea, na Ucraína e nas non recoñecidas internacionalmente Transnistria, Osetia do Sur e Abkhazia. Segue falándoses em países que formaron parte da Unión Soviética como Letonia ou Estonia. O número total de falantes podería estar ó redor dos 300 millóns de persoas.

Page 12: Inform linguas

CASTELÁN ou ESPAÑOLIdioma oficial en España e cooficial nas comunidades autónomas de Galicia (xunto co galego), Euscadi (xunto co éuscaro), Cataluña, Valencia e Baleares (xunto co catalán,valenciano e mallorquín); e en México, Centroamérica e Sudamérica menos Brasil. Ten máis de 300 millóns de falantes.

Page 13: Inform linguas

INGLÉSIdioma oficial de Reino Unido, dos EEUU e de Australia e cooficial en Irlanda, xunto ao irlandés, en Canadá xunto co francés e en Nova Zelandia xunto co maorí. Non é a lingua máis falada, pero é tamén oficial en: Botsuana, Camerún, os Estados Federados de Micronesia, Fiyi, Gambia, Ghana, Hong Kong, India, Kenia, Kiribati, Lesotho, Liberia, Malta, Islas Marshall, Mauricio, Namibia, Nigeria, Pakistán, Palaos, Papúa Nueva Guinea, Filipinas (Philippine Inglés), Ruanda, Samoa, Seychelles, Sierra Leona, Islas Salomón, Sri Lanka, Sudán, Sudán do Sur, Suazilandia, Tanzania, Uganda, Zambia e Zimbabue. Ten uns 500 millóns de falantes.

Page 14: Inform linguas

GAÉLICO-IRLANDÉSO irlandés era a lingua principal da illa antes de que se producise a conquista inglesa de Irlanda durante a Idade Media. Desde 1922, coa independencia da República de Irlanda, converteuse en idioma oficial xunto ao inglés. Ten 2’7 millóns de falantes.

Page 15: Inform linguas

GREGOIdioma orixinario e oficial de Grecia e cooficial en Chipre xunto o turco. Tamén se fala en comunidades illadas de Albania, Turquía e Italia. É a lingua viva con historia documentada máis longa, con 34 séculos de fontes escritas . Ten uns 11 millóns de falantes.

Page 16: Inform linguas

CHECO Idioma oficial da República Checa. O checo é unha das linguas

eslavas do oeste de Europa, xunto co polaco, eslovaco e o sorabo. Falado por uns 12 millóns de persoas.

Page 17: Inform linguas

GAÉLICO-ESCOCÉSLingua falada hoxe en día nalgunhas illas de Escocia e tamén no norte do país por unhas 70.000 persoas aínda que en tempos tivo unha extensión moito maior polo territorio da actual Escocia. Recentemente fixéronse intentos por recuperala e mesmo se declarou a súa cooficialidade co inglés nalgunhas administracións .É unha lingua celta da mesma rama que o gaélico irlandés e o manx xa que as tres proveñen do irlandés antigo.

Page 18: Inform linguas

ARMENIOIdioma falada polo pobo armenio, lingua oficial das repúblicas caucásicas de Armenia e de Nagorno-Karabakh. O armenio é a única lingua dunha póla independente das lingua indoeuropeas polo que é de moito interese para os lingüistas. Existe documentación nesta lingua desde o século V d.C. Ten un alfabeto propio, creado no ano 405 por Mesrop Mashtots.

Page 19: Inform linguas

GALÉSÉ a lingua do pobo galés. Idioma oficial no País de Gales, no Reino Unido, xunto co inglés. Pertence a póla britónica das linguas célticas.Debido ao crecente uso do inglés, o número de falantes de galés ten ido descendendo desde hai décadas. Con todo, de resultas dun número de medidas, entre elas a introdución da Acta da lingua galesa de 1993, o galés vén gozando dun forte rexurdimento nos últimos anose ten un status de igualdade coinglés no sector público en Gales. É a lingua céltica máis falada.

Page 20: Inform linguas

ASTURIANOLingua propia do Principado de Asturias que non ten aíndarecoñecemento de lingua oficial. O asturiano (asturianu) é unha lingua románica pertencente ao subgrupo asturleonés que deriva directamente do latín (ao que tamén pertence as falas tradicionais de León e Zamora e o mirandés, lingua propia de Miranda do Douro en Portugal).

Page 21: Inform linguas

ÉUSCARO Idioma moi antigo, lingua tradicional dos vascos, no territorio que rodea o Golfo de Biscaia, chamado Euskalerría. Fálase no País Vasco e norte de Navarra en España e no Departamento de Pireneos Atlánticos en Francia. É considerada como unha lingua illada, e o único dos idiomas falados en Europa Occidental que non descende do tronco indoeuropeo, xunto a linguas como finés, húngaro, estonio, xeorxiano, turco e maltés.

Page 22: Inform linguas

OCCITANOO occitano é a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia, época na que tivo un gran desenvolvemento literario. Tamén se coñeceu como provenzal en diversas épocas todo o dominio lingüístico pero a partir de1960 o provenzal designa a variante de occitano falada na Provenza; outra das variantes de occitano, falada na Aquitania, chámase gascón. A ela pertence o aranés, lingua falada e recoñecida como oficial na rexión do Val de Arán no Estatuto de Autonomía de Cataluña.

Page 23: Inform linguas

BRETÓNIdioma falado na Bretaña, unha pequena península situada no noroeste de Francia. Fálase sobre todo nos territorios máis occidentais, aínda que se está a recuperar noutras partes da rexión. Non ten recoñecemento oficial. Conta cuns 200.000 falantes. É unha lingua celta insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico e co galés. Houbo tamén asentamentos de bretóns ata o século XV en Galicia, no norte de Lugo, que chegaron fuxindo das Illas Británicas polas guerras anglosaxoas.

Bretón

córnico

galés

Page 24: Inform linguas

RAPANUIA lingua rapanui (vananga Rapa Nui), tamén chamado pascuense, é o idioma falado polo pobo rapanui na Illa de Pascua, e forma parte do grupo de linguas de Polinesia oriental xunto co maorí, o rarotongano, o tahitiano, o tuamotu, o marquesano, o hawaiano e o mangarevano.

O ano 1888 marcará a anexión da illa por parte de Chile e como consecuencia a influencia do español chileno medrará, sendo hoxe a lingua oficial. O rapanui está amparado polas leis desde a aprobación en Chile nos anos 1990 da 'Lei Indíxena'.

Page 25: Inform linguas

GUARANÍÉ unha lingua da familia tupí-guaraní cuns 12 millóns de falantes no Cono Sur de América. É, co español, idioma oficial en Paraguai a partir da Constitución de 1992. Tamén é unha das linguas indíxenas oficiais en Bolivia. Fálase tamén no norleste de Arxentina, sendo lingua oficial na provincia de Corrientes xunto co español, e no suroeste do Brasil.É a lingua nativa dos guaranís, pobo orixinario desa zona, pero na súa variante moderna, cuxo estándar é representado polo guaraní paraguaio, posúe un amplo uso. É unha das linguas máis faladas entre as linguas amerindias e a única cuxo uso se foi estendendo a non indíxenas.

Page 26: Inform linguas

QUECHUAO quechua tamén coñecido como runa simi ("lingua da xente"), é unha familia de linguas que teñen unha orixe común, o protoquechua, que se falou nun territorio dos Andes próximo da costa do Perú. Ten rango de lingua oficial en Perú, Ecuador e Bolivia; conta tamén cuns centos de falantes en Colombia e na Arxentina. En total calcúlanse uns dez millóns de falantes.

Page 27: Inform linguas

WOLOFÓ idioma wolof é unha lingua da familia das linguas níxer-congo. É o idioma máis falado no Senegal e no grupo étnico dos wolof.No Senegal, un 40% da poboación ten a lingua wolof como lingua materna e o outro 40% como segunda lingua. En Gambia, aproximadamente un 15% da poboación (unhas 200.000 persoas) tena como lingua materna, pero na capital, Banjul, un 50% emprégaa como primeira lingua. En Mauritania, aproximadamente un 7% (185.000 persoas) da poboación fala wolof, sobre todo nas zonas costeiras do leste.

Page 28: Inform linguas

IORUBAÉ unha lingua falada en África Occidental, principalmente en Nixeria. O número de falantes de ioruba estimábase en arredor de 20 millóns na década de 1990. É a lingua nativa do pobo ioruba, que vive en Nixeria e Benin, con comunidades en Europa, América e outras partes de África.

Unha variedade da lingua, o lucumi, é a lingua litúrxica da relixión da Santería, no Caribe. O ioruba está moi relacionado coa lingua itsekiri(falada no delta do río Níxer) e co igala (falada en Nixeria central).

Page 29: Inform linguas

SWAHILIÉ unha lingua africana que pertence ao grupo das linguas bantús, sendo a que conta con máis falantes dentro deste grupo, que forma parte á súa vez da familia de linguas níxer-congo. Fálase sobre todo en Tanzania e Kenia, e en zonas limítrofes de Uganda, Mozambique, Congo (Rep. Dem.), Ruanda, Burundi, Somalia e Zimbabue.

Page 30: Inform linguas

HINDIÉ un idioma falado en moitos estados do Norte e do Centro da India, sendo un dos seus idiomas oficiais xunto co inglés e outros 22 idiomas cooficiais en diferentes estados. É unha lingua indoeuropea, da familia indoirania.

O hindi é o cuarto idioma máis falado no mundo, despois do inglés. Preto de 500 millóns de persoas falan hindi e máis de 800 poden entendelo.

Page 31: Inform linguas

XAPONÉSÉ un idioma da familia de linguas xapónicas falado por máis de 130 millóns de persoas, principalmente nas illas do arquipélago de Xapón.

Page 32: Inform linguas

ÁRABEÉ a lingua máis falada dentro da rama semítica das linguas afroasiáticas e está intimamente relacionada co hebreo e o arameo. Fálase ó longo do mundo árabe sendo a única lingua oficial en vinte países e cooficial noutros seis. É a lingua litúrxica do islam. A situación sociolingüística actual do árabe é un claro exemplo de diglosia. Todo árabe culto adoita falar tanto o seu dialecto local como o árabe estándar, que aprendeu na escola. Este último adoita ser utilizado en situacións de comunicación con falantes doutros dialectos arábigos (por exemplo, un marroquí a falar cun sirio).

Page 33: Inform linguas

CHINÉSÉ a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo sino-tibetano. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual, o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden entre si. A principal e oficial na República da China é o mandarín estánda (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da China é o cantonés (Yue).Arredor dun quinto da poboación mundial, por riba de 1.000 millóns, falan algunha forma de chinés como lingua materna. 700 millóns poden comunicarse eficazmente en mandarín, superando a calquera outra lingua do mundo.

Page 34: Inform linguas

HEBREOÉ unha lingua semítica da familia lingüística afroasiática. Historicamente, é a lingua dos israelís e dos seus antergos. Deixou de ser unha lingua falada nalgún momento entre os séculos I e IV e sobrevivíu no período medieval só como lingua litúrxica e da literatura dos rabinos. Porén, no século XIX, foi revivida como lingua falada e da literatura. Hoxe é a lingua de 9 millóns de persoas en todo o mundo, dos cales 7 millóns son de Israel. Nos Estados Unidos está a segunda maior poboación hebreo falante, con 221.593 falantes,

a maioría procedentes de Israel.O hebreo moderno é unha das dúaslinguas oficiais de Israel (a outra é o árabe), mentres que o hebreo bíblico é usado para a oración e estudo polas comunidades xudías de todo o mundo.

.

Page 35: Inform linguas

ESPERANTOÉ unha lingua auxiliar artificial elaborada para servir como lingua internacional para toda a poboación mundial sen substituír as linguas naturais. O esperanto é, actualmente, a lingua artificial máis falada.

A maior parte do seu vocabulario está formado por raíces de linguas modernas de orixe indoeuropea e tamén do latín e o grego clásicos. Pola súa estrutura simplificada e case sen excepcións o esperanto resulta sinxelo de aprender. Polo demais, esta lingua funciona como calquera outra. A intención era crear unha lingua moi fácil para que calquera persoa se puidese entender cun falante doutra lingua.