idade media

52
HISTORIA DE ESPAÑA: IDADE MEDIA

Upload: camposseijo

Post on 15-May-2015

1.474 views

Category:

Documents


9 download

TRANSCRIPT

Page 1: Idade Media

HISTORIA DE ESPAÑA:IDADE MEDIA

Page 2: Idade Media

1. O DOMINIO VISIGODO DA PENÍNSULAa) Fases:

1ª Etapa: 416-507: Asentados en Tolosa. Cumplen co acordo que tiñan con Roma , acabando cos alanos e expulsando aos vándalos hacia o norte de África. Gradualmente foron asentándose na península. Os suevos quedan recluidos no NO entre o Texo e o cantábrico. Os pobos montañeses do N (astures, vascóns) quedan prácticamente independentes. Derrota frente aos Francos en Vouille (Poitiers) despraza definitivamente hacia Hispania.

Page 3: Idade Media
Page 4: Idade Media

2ª Etapa 507-569: Sitúan a capital en Toledo (centricidade) e toman tierras ocupadas polos bizantinos (costa andaluza) e Baleares (vándalos).

3ª Etapa 569-711: Consolidación do dominio na península. Conquista do reino suevo (Leovilxildo, 585) e sometemento de enclaves bizantinos. Con Suintila (625) toda a península en mans visigodas. Continuas campañas contra os pobos

montañeses.Mapa da segunda etapa.Reino de Toledo (507-569)

Fuente: Cartoteca del CNICE

Page 5: Idade Media

Hispania no reinado de Leovixildo (c. 586)

Hispania goda en 700, en vísperas da invasión musulmana.

Page 6: Idade Media

b) Características

-Número habitantes: varios millóns de hispano-romanos e entre 100.000 e 200.000 godos Esa diferencia explica que os godos prefiran asimilar a cultura hispano-romana (lingua, dereito, relixión...) que impoñer a súa.

-En un principio existiu a separación de etnias, cada un coa súa propia * relixión: Arrianismo (visigodos) católicos romanos (hispanos)

* dereito: Código de Ervigio (visigodos) Lex Romanorum Visigothorum (hispano romanos)* goberno: Comes civitatis (visigodos), goberno propiomunicipal e provincial (romanos)

-A monarquía era electiva (salvo excepcións), o que contribuíu a sucesións conflitivas (rebelións, golpes de estado…)

Page 7: Idade Media

c) Organización política

- Intentos de conseguir unha monarquía forte:

-Intentos de transformación en monarquía hereditaria (Leovixildo, Chindasvinto, Égica), pero fracasou.

-Estado basado no dereito romano, con algunas aportacións visigodas, aceptable por godos e hispano romanos.

-Unificación lexislativa (Liber Iudicum)

-Control da Igresia Católica (fundamental para controlar o territorio) finalmente conversión ao catolicismo de Recaredo e los visigodos (III Concilio de Toledo 589) Unificación Religiosa.

-Os concilios mudaron en asambleas magnas do Estado, no sólamente relixiosas.

Page 8: Idade Media
Page 9: Idade Media

R E I

ADMINISTRACIÓNCENTRAL

OFFICIUM PALATINOConsello real (Condes)

AULA REXIANobres, fideles regis

CONCILIOS DA IGREXAAsambleas lexislativas

de bispos e nobles

ADMINISTRACIÓN TERRITORIAL

DUXGobernador de provincia

COMITÉGobernador da cidade

Page 10: Idade Media

5. PROCESO DE FEUDALIZACIÓN

Feudalización 3 procesos:

•Continuación do proceso de colonato (colonos = campesiños que cedían sus tierras a los señores) ou feudalización social iniciado no Baixo Imperio e a conseguinte ruralización da sociedade.

•Fusión dos grupos sociais escravos e os colonos = Resultado un so grupo: SERVOS (campesiños dependentes).

•Continuo debilitamento da monarquía frente á nobleza, en algúns casos os reis son manexados polos nobres, mentras que estos en moitas ocasións negábanse a aportar tropas para o exército.

Page 11: Idade Media

d) Fin da monarquía visigoda

- Ambiente de loita nobiliaria nas últimas décadas do s. VII Monarquía muy debilitada Crisis sucesoria á morte de Vitiza (710). Rodrigo proclámase rei frente aos fillos de Vitiza división entre a nobleza visigoda.

-Expansión árabe en pleno apoxeo no N de África. Aproveitan as circunstancias para dar o salto á península en 711. En poucos anos ocupana.

-Escasa resistencia da poboación campesiña e dos propios propietarios visigodos (pactos de rendición moi ventaxosos). A minoría xudía tamén puido apoiar aos musulmáns debido á persecución exercida sobre eles polos visigodos.

Page 12: Idade Media
Page 13: Idade Media
Page 14: Idade Media

2. ESPLENDOR DE AL-ANDALUS E ORIXE REINOS CRISTIÁNS.a) Fases esplendor al-Andalus.

Invasión musulmana Hispania visigoda = Al-Andalus (711-1031).

Fases:

a) Emirato dependente de Damasco (711-756): al-Andalus pasou a formar parte do califato omeia con capital en Damasco.

b) Emirato independente (756-929): en Oriente próximo os abasís fanse co poder aniquilando aos omeias (Califato abasí capital = Bagdad). Un supervivinte da familia real (Abd al-Rahman I) chegou fuxindo a al-Andalus. Co apoio da nobreza local proclámase emir (soberano) Emirato independente de Córdoba.

Page 15: Idade Media

c) Califato de Córdoba (929-1031): Abd al-Rahman III animado polos seus éxitos militares no Norte de África proclámase califa (xefe político e relixioso) de Al-Andalus

Page 16: Idade Media

b) Características al-Andalus.

Monarquía absoluta: o soberano (emir e logo califa) concentra a totalidade do poder político (o califa tamén o poder relixioso. Sucesión hereditaria na familia do monarca disputas familiares frecuentes.

Administración xerarquizada: por debaixo do monarca hachib (1º ministro) = xefe da administración, por debaixo del os valís = gobernadores de cada provincia (cora). Nas zonas fronterizas (marcas) o valí ten mando sobre as tropas.

Exército poderoso: formado por mercenarios e escravos de orixe bérber ou eslava conquista e razzias (expedicións de saqueo e castigo) contra os núcleos de resistencia cristiáns.

Page 17: Idade Media

Sociedade complexa: numerosos grupos étnicos e relixiosos falta de cohesión social revoltas sociais frecuentes. Grupos:

a) árabes: minoría dirixente, rica e poderosa.

b) bérberes: procedente do N de África, grupo maioritario no exército.

c) muladís: hispanos islamizados, maior parte da poboación.

d) eslavóns: antigos escravos liberados porcedentes de Europa central. Gran importancia na administración.

e) xudeus: minoría adicada ao comercio e artesanía.

f) mozárabes: cristiáns que residían en al-Andalus. Economía comercial: reactivación das actividades artesanais

e mellora da agricultura novas técnicas (canles, sistemas de regadío…) e produtos (arroz, cana de azúcar, cítricos…).

Renacemento das cidades: grazas a instalación nas cidades dos grupos invasores (ex: Córdoba, 100.000 hab.).

Gran desenvolvemento cultural, científico e artístico.

Page 18: Idade Media

c) Orixe dos reinos cristiáns

Invasión musulmana conquista da maior parte da península, agás as zonas do norte, montañosas e de escaso interés para os invasores núcleos de resistencia cristiáns. 2 zonas: Zona occidental: resistencia cristiáns na zona montañosa cantábrica orixe na mítica batalla de Covadonga (722?) formación do Reino de Asturias.

Zona oriental: núcleos de resistencia na zona dos Pireneos, impulsados polos reis francos para impedir as razzias musulmáns intervención de Carlomagno (emperador franco) e o seu fillo Luís o Piadoso Marca Hispánica (fronteira franca co Emirato de Córdoba) formada por condados navarros, aragoneses e catalanesEstes condados foron co tempo gañando autonomía fronte aos reis francos independencia do reino de Pamplona e do condado de Aragón no século IX e dos condados catalanes no S.X.

Page 19: Idade Media
Page 20: Idade Media

- Despois da súa constitución os reinos cristiáns inician a súa expansión a costa das terras musulmanas. Para lexitimar esa pretensión desenvolveron a idea da Reconquista = idea de recuperar as terras que pertencían á monarquía visigoda.

Zona occ: - Despois de Covadonga consolidación do Reino de Asturias (capital en Oviedo), separado de al-Andalus por unha grande porción de terra de ninguén (pouco habitada): o Val do Douro = fronteira de Asturias con al-Andalus.

- No século IX, no reinado de Alfonso II tivo lugar en Compostela o descubremento da tumba do Apóstolo Santiago resaltamento dos aspectos relixiosos da loita contra os musulmáns.

d) Expansión dos reinos cristiáns (a Reconquista).

Page 21: Idade Media

Durante o s. IX repoboamento do val inferior do Miño e val do Douro traslado da capital de Oviedo a León por Afonso III Reino astur-leonés. Os andalusíes continuaron coas súas razzias (expedicións de saqueo) polo leste, isto obrigou aos monarcas leoneses a fortificar a zona oriental do reino (Palencia, Burgos, Logroño…) = Condado de Castela.

Desde mediados do s. X a debilidade da monarquía leonesa independencia do Condado de Castela.

Page 22: Idade Media

Zona oriental: avances cristiáns débiles ata o século X o reino de Pamplona incorpora o condado de Aragón e mantemento condados cataláns.

Page 23: Idade Media

e) A fin do Califato de Córdoba (S.XI).

A finais do S. X al- Mansur (1º ministro do califa Hisham II) fíxose co control absoluto do goberno, para aumentar o seu prestixio levou a cabo múltiples razzias contra os cristiáns (Bercelona, Santiago, León…). Á súa morte inicio dunha longa guerra civil fragmentación e desaparición do Califato de Córdoba en multitude de reinos independentes = reinos de taifas.

Page 24: Idade Media

Reinos de taifas en 1031

Taifas en 1080.

Page 25: Idade Media

3. A EXPANSIÓN CRISTIÁ E A FIN DE AL-ANDALUS

a) Taifas, parias e reinos cristiáns

- Fragmentación califato de Córdoba (1031) formación das primeiras taifas (reinos musulmáns de reducido tamaño). 3 tipos:

Taifas árabes: dominantes no val Guadalquivir e Ebro.

Taifas bérberes: Sur e centro.

Taifas eslavas: costa levantina.

- Enfrontadas entre sí, as taifas foron incapaces de presentar un fronte común contra os reinos cristiáns necesidade de pagar tributos a éstes para manter a súa independencia e conseguir apoio militar fronte a outras taifas (parias).

Page 26: Idade Media

- Ao mesmo tempo nos reinos cristiáns, Sancho III, rei de Navarra, conseguiu ampliar os seus territorios a costa dos seus veciños cristiáns conquista de Aragón, Sobrarde, Ribagorza e Castela. Á súa morte (1035) reparto entre os seus fillos nacemento dos reinos Castela e Aragón.

- Posteriores repartos e herencias configuración de 4 grandes unidades cristianas a finais do S. IX:a) Condado de Barcelona: que inclúe o norte de Cataluña e condados do Sur de Francia (Provenza, Rosellón…).b) Reino de Aragón.c) Reino de Pamplona.d) Reinos de Castela e León: incluindo tamén Galicia, unidos na persoa de Afonso VI.

Page 27: Idade Media
Page 28: Idade Media
Page 29: Idade Media

b) Os Almorávides

En 1085 Afonso VI de Castela e León conquista Toledo (conquista simbólica por ser a antiga capital visigoda) atemorizados ante os cristiáns, as taifas pediron axuda aos almorávides (tribu bereber que dominaba o norte de África) desembarco dos almorávides na Península en 1086 derrotando aos cristiáns, pero non foron capaces de recuperar Toledo.

Superioridade militar almorávide conquista das taifas peninsulares unificación de al-Andalus no Imperio Almorávide (1086- 1145)

Page 30: Idade Media

Os reinos cristiáns resisten o ataque almorávide:

Reino de Pamplona: que pasa a denominarse Reino de Navarra.

Reino de Aragón: en principio con capital en Xaca, expándese hacia o sur e en 1118 conquista Zaragoza, ocupando o val medio do Ebro. En 1137 unénse mediante alianza matrimonial o Condado de Barcelona e o Reino de Aragón Coroa de Aragón (rei = Afonso II). Cada unha das partes mantiña as súas propias institucións e leis, pero ambas unidas na persoa do monarca.

Reino de Castela e León: a mediados do S. XII volven a separarse Castela e León debido a repartos hereditarios. Ao mesmo tempo o Condao de Portugal na zona occidental do reino consegue a súa independencia Reino de Portugal.

Page 31: Idade Media

En al-Andalus o rigorismo relixioso almorávide, o impostos para as guerras e a pérdida de Zaragoza (1118) descontento da poboación rebelións (1145) que terminan

co dominio almorávide Segundas taifas, divididas e inestables ofensivas cristiáns: ocupación do Val do Ebro (Lleida) pola Coroa de Aragón, do Texo (Lisboa polo reino de Portugal) e parte do de Guadiana polo reino de Castela e León.

Page 32: Idade Media

c) Os Almohades

Ante as conquistas cristiás, as taifas chaman na súa axuda aos almohades desembarco en 1146 conquista das segundas taifas imperio almohade (Norte de África e P.I), con capital en Sevilla.Para facer fronte aos almohades, os reinos cristiáns recorren ás Ordes Militares = corpos militares con vínculos relixiosos (monxes-cabaleiros) Ex: Templarios, Hospitalarios, e ordes peninsulares (Santiago, Calatrava, Alcántara…).O perigo almohade unión dos reinos cristiáns (Cas, Nav, Ara e Port…) batalla das Navas de Tolosa (1212) derrota almohade debilitamento e expulsión dos almohades Terceiros reinos de taifas.

Page 33: Idade Media
Page 34: Idade Media

d) A Conquista de Andalucía e Levante

Derrota almohade e debilidade taifas amplas conquistas dos reinos peninsulares a med do S. XIII:

Portugal: ocupou o Algarve fin da súa expasión.

Coroa Aragón: Baleares, Valencia e Alacante (Xaime I o Conquistador).

Coroa de Castela e León: unidos definitivamente baixo Fernando III conquista do Val do Guadalquivir e Murcia.

Page 35: Idade Media

A finais S. XIII só permanece baixo o dominio musulmán o reino de Granada.

A expansión cristiá detense polas loitas internas nos reinos cristiáns e a necesidade de repoboación dos enormes territorios adquiridos.

3 modalidades de repoboamento:

Cartas de poboamento e forais: foros = privilexios da coroa a xentes que se establecen en vilas e cidades musulmáns. Foros terras, e liberación de impostos e obrigacións feudais a cambio de fidelidade, pagar tributos reais e defensa das terras (Val do Douro e Ebro).

Doazóns a Ordes Militares: concesión ás O.M de grandes dominios arrebatados a almorávides e almohades (entre o Texo e Serra Morena).

Repartimentos: concesións de lotes de terra aos repoboadores, en función da súa categoría social, os maiores para nobres e eclesiásticos formación de grandes latifundios na zona sur peninsular (Estremadura e Val Guadalquivir).

Page 36: Idade Media

e) Expansión catalano-aragonesa.

Coroa de Aragón a partir d S. XI e XII Expansión fóra da península. 2 direccións:

Norte: condados situados ao norte Pireneos (Midi), co obxectivo de constituir un gran reino pirenaico, abortado polas tropas francesas (Muret, 1213).

Leste: entre S.XIII e XV. Ocupación de posesións mediterráneas Inicio coas Baleares (inicios S.XIII), seguidas por Sicilia, Malta (S.XIII), Sardeña, Nápoles (S.XIV- XV), e chegando o seu límite coa ocupación de territorios gregos aos turcos (Ducados de Atenas e Neopatria, S.XIV) por mercenarios catalano-aragoneses = os almogávares.

Page 37: Idade Media

f) O reino nazarí de Granada.

Último reduto musulmán na península. Logrou manter a súa independencia entre S.XIII e finais S.XV (1492, conquista de Granada polos reis católicos), grazas a factores:

a) Orografía montañosa muralla natural.

b) Cohesión da poboación musulmá.

c) Dificultades na Coroa de Castela León, tanto pol (loitas nobiliarias e dinásticas), ec e sociais (Peste Negra, med. S.XIV).

d) Apoio dos benimeríns, pobo do Magreb, derrotados posteriormente pos casteláns e portugueses (Batalla do Estreito, 1340) os cristiáns dominan o Estreito Gibraltar.

e) Derrota benimerín os nazarís firman acordos con Castela e con Aragón.

Page 38: Idade Media
Page 39: Idade Media
Page 40: Idade Media

4. FEUDALISMO (SOCIEDADE E POLÍTICA)a) Sociedade feudal.

Sociedade medieval = feudal e estamental (ordeada en estamentos) Estamentos = grupos onde os individuos incluíanse segundo a función que desempeñaran. Estes grupos eran pechados e desiguais grupos privilexiados e grupos non privilexiados.

Grupos privilexiados: nobreza e clero privilexios:Primacía social. Títulos e honores. Exención impostos. Propiedade das terras (poder ec) Poderes xurisdiccionais (exercían a xustiza sobre o resto).

Page 41: Idade Media

- A nobreza e o clero dividíanse en alta nobreza e clero (duques, condes, cardenais, bispos, abades…) e baixa (cabaleiros, fidalgos, monxes/as e cregos).

Grupos non privilexiados: resto da poboación (campesiños, artesáns, burgueses…) sen privilexios estamento dos pecheiros (futuro 3º estado), xq pagaban impostos. Grupos:

- Campesiñado: grupo máis numerosos (campesiños libres e servos), normalmente dependentes dun señor (nobre ou eclesiástico) encomenda. Condicións duras de vida e pagaban a maioría de impostos, rendas e servicios (á coroa, señores, clero).

- Burguesía: habitantes das cidades (burgos). A partir do seu renacemento (S. X-XI) artesáns, comerciantes, empregados,… (non agricultura).

- Grupos marxinais: por razóns relixiosas xudeus (adicados sobre todo a actividades artesanais, mercantís e financeiras) e mudéxares (musulmáns que vivían en reinos cristiáns).

Page 42: Idade Media
Page 43: Idade Media

- Características:

Cáracter hereditario e patrimonial: reino = propiedade persoal do rei, transmitido por herdanza aos herdeiros posibilidade de división (ata o S. XIII). Sucesión hereditaria con primacía do varón. Para asegurar a sucesión creación Principado de Asturias (Castela-León), Ducado de Xirona (Coroa de Aragón), Principado de Viana (Navarra).

Soberanía real: rei = soberano totalidade de poderes, concedidos por Deus e consagrada pola Igrexa (coroación).

Poder do Rei consiste no vasalaxe = sumisión de nobres e pobo ao rei (nobres aportan obediencia, fidelidade e apoio militar e o rei a cambio dereitos e terras)

Pero rei ten limitacións = leis forais e institucións que debe respetar (Cortes = asambleas representativas dos estamentos do reino). Sobre todo na Coroa de Aragón respeto do soberano ás institucións de cada reino (Deputación aragonesa, Generalitat…)

b) Monarquía feudal.

Page 44: Idade Media
Page 45: Idade Media

5. ECONOMÍA FEUDAL.2 ETAPAS:$ Alta idade media (ata S.XI):

- Terra = base ec principal. A meirande parte en mans de señores feudais (nobres e eclesiásticos) feudos ou señoríos.

- Artesanía e comercio reducido feudos autosuficientes con pequenos mercados locais.

Page 46: Idade Media

$ Plena idade media (S.XI-XIII): crecemento actividades ec:- Aumento da productividade agraria e espazo cultivado:

grazas avances técnicos (arado de vertedeira, muíño de auga, útiles de ferro…).

- Desenvolvemento gandería: en Castela predominio gandería trashumante (ovellas) en mans da Mesta (poderosa organización de propietarios gandeiros).

- Creación gremios = asociacións de artesáns que comparten prezos, salarios, formas de ascenso… competencia entre eles.

- Crecemento urbán e comercial renacemento das cidades e dos intercambios comerciais entre elas aumento acuñación de moeda desenvolvemento prácticas financeiras (crédito) e feiras con protección real.

Page 47: Idade Media

6. CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA.a) Crise demográfica: Peste negra.

Plena Idade Media = época expansiva melloras agrarias e gandeiras crecemento dos recursos alimenticios demográfico.

No S. XIV iniciase a crise. A pob creceu por riba dos recursos disponibles mortalidade terras abandonadas produción agrícola e gandeira malas colleitas mortalidade.

A mediados do S.XIV sobre esa pob. desgastada esténdese a Peste Negra (1348) procedente de oriente catástrofe demográfica gran mortalidade urbana, pobos e feudos deshabitados (sobre todo na Coroa de Aragón) descenso produción e actividades ec.

Page 48: Idade Media
Page 49: Idade Media

b) Crise política: revoltas nobiliarias

Crise demográfica campos despoboados e descenso actividade ec ingresos da nobreza endurecemento das obrigacións feudais (Malos usos, sobre todo en Cataluña) e presión aos reis para conseguir + recursos (rentas e terras…) enfrontamentos nobreza e monarquía:

Guerra civil castelá (mediados S.XIV): entre Pedro I e Henrique de Trastámara (apoio da alta nobreza) asesinato de Pedro e coroación de Henrique II.

Guerra civil en Navarra (mediados S.XV): Inicio na morte da raiña Branca enfrontamento entre o fillo, príncipe de Viana e o seu marido Xoán II (rei de Aragón) polo seu novo matrimonio detención e asesinato Príncipe de Viana triunfo rei de Aragón.

Page 50: Idade Media

Guerra civil catalá (3º ¼ S.XV): orixe na guerra civil navarra. A detención do Príncipe Viana = excusa para iniciar 1 revolta da oligarquía catalana contra o rei de Aragón (Xoán II), que pretendía impoñer unha monarquía autoritaria na Coroa de Aragón que recortaba os seus dereitos. A guerra terminou co triunfo de Xoán II, que se viu obrigado a respetar as institucións catalanas tradicionais.

2ª Guerra civil castelá: enfrontamento entre a nobreza e Henrique IV (3º ¼ S. XV), que intentou fortalecer o seu poder a costa dela Apoio da alta nobreza ao seu irmán Afonso. A morte deste apoio a Sabela (irmá do monarca) para que a recoñeza como herdeira en lugar da súa filla Xoana (Beltranexa) considerada ilexítima.

Page 51: Idade Media

b) Crise social: revoltas populares.

Crise demográfica e ec dos S.XIV e XV empeoramento das condicións de vida populares revoltas.

Enfrontamento social en Barcelona (med. S.XV): Busca (artesáns e peq comerciantes) vs. Biga (oligarquía local) agravamento da crise.

Remensa no campo catalán (1462-1486): Malos usos dos señores (abusos sobre os seus campesiños) revolta popular ata 1486 (eliminación de malos usos por Fernando II o Católico).

Persecucións xudeus: crise xeral acusación de seren culpables de todos os males persecucións e matanzas (progroms).

Revolta irmandiña (med. S.XV) en Galicia: crise ec da presión fiscal e abusos de nobres e abades sobre campesiños formación de irmandades para opoñerse a estes malos usos guerras irmandiñas derrota dos irmandiños victoria nobiliaria dura represión e axustizamento dos líderes irmandiños.

Page 52: Idade Media