i libro de recetas de castañas do consurso cata produtos do magosto 2010-11

56

Upload: antonio-insua-bermudez

Post on 12-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Neste libro recollense algunhas recetas con castañas recollidas logo da segunda edición da Cata de produtos do Outono celebrado no CEIP A. Insua Bermúdez co gallo do Magosto 2010-11

TRANSCRIPT

Page 1: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11
Page 2: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

2

Edita: EQUIPO BIBLIOTECA do CEIP A. Insua Bermúdez

Enderezo: Rúa Quart de Poblet, s/n 27800 Vilalba (Lugo)

Telf./Fax: 982-510721

Correo Electrónico: [email protected]

Paxina web: http://www.edu.xunta.es/centros/ceipantonioinsua/

Page 3: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

3

A todos os que aman a cultura galega e a súa cociña.

Aos papás e mamás por iniciar aos rapaces nas tixolas e compartir tempo

e vivencias con eles.

Aos rapaces e rapazas por se achegaren sen prexuizos ás tixolas.

A todos os colaboradores por axudar a dinamizar a biblioteca.

Page 4: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

4

Page 5: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

5

ÍNDICE:

CONCEPTUALIZACIÓN PREVIA O MAGOSTO .................................. 07 Significado do Magosto ............................................................ 07 Cando e como se celebra o Magosto ....................................... 08 O froito do castiñeiro: a castaña ............................................... 10 Propiedades nutritivas das castañas ........................................ 12

RECETARIO DE POSTRES DE CASTAÑA.......................................... 15

Queique de castañas ............................................................... 16 Pastel de castaña .................................................................... 18 Confitura de castaña ............................................................... 20 Tarta de castaña ...................................................................... 22 Hoxaldre de castañas e cabelo de anxo ................................... 24 Pastel de castañas .................................................................. 26 Bocadiños de castaña e chocolate ........................................... 28 Torta de castañas e chocolate ................................................. 30 Biscoito de castañas ................................................................ 32 Brazo de xitano con crema de castañas e dous chocolates ...... 34 Doce de Castañas ................................................................... 36 Tarta de castañas .................................................................... 38 Biscoito de castañas ................................................................ 40 Boliñas doces de castaña ........................................................ 42

ALBUM DE IMAXES DO EVENTO ....................................................... 45

Album da Cata do Magosto e entrega de premios ....... 45

Page 6: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

6

Page 7: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

7

SIGNIFICADOS DO MAGOSTO

Existen varias teorías que intentan explicar a etimoloxía da

palabra.Fundamentalmente de dous orixes diferentes magnus ustus e

magnus.

Hai quen a fai vir do latín magnus ustus,

gran fogueira, dentro dos cultos ígneos ( ao

lume) que, como a noite de San Xoán,

marcaban o paso das estacións

Outros, sosteñen que magosto procede etimoloxicamente de magnus, que

significaría ou ben magno, grande, ou ben mago, maxia; e outros do celta

mag, campo. López Gómez ve alusión a ese

suposto "mago do lume" nun gran boneco

ou espantallo feito entramando ponlas e que

simbolicamente presidía a festa e finalmente

se chamuscaba, aureolado, adornado de

rosarios ensarillados de castañas. Ardía o

xigantón entre aturuxos e competitivos

brincos, como aínda se fai nalgunhas outras

fisterras atlánticas.

Murguía relacionaba esta festa cos defuntos (que se celebraban no día

seguinte), considerándoa un banquete funerario: as castañas simbolizarían

a morte e o viño novo a vida. Mariño Ferro tamén escribiu que a castaña é

símbolo de vida que combate á morte: de aí que a castaña apareza nos

ritos funerarios.

Outros autores tamén reflicten a relación entre os defuntos e este costume

de asar castañas. O historiador Bernardo Barreiro recolle esta descrición

das enchentes que se celebraban xa no século XVI para celebra-lo Día de

Defuntos:

Page 8: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

8

Os notables da parroquia, dentro da capela, xantaban e bebían a

fartar en altares convertidos en mesas para a ocasión. Os pobres,

entrementres, preparaban castañas no adro mentres agardaban a

xenerosidade dos principais

En calquera caso existe coincidencia en considerar os magostos como

unha festa de orixe pagá, relacionada coa fecundidade e o folclore do lume

que marca o paso dos ciclos agrícolas, a modo de simbolismo de peche do

ciclo solar. Como aconteceu con outras festividades pagás, terminou sendo

cristianizada asociándoa ós Santos e Defuntos ou a San Martiño de Tours.

Existe constancia dalgunhas prácticas supersticiosas relacionadas coa

crenza de que o lume ten vida propia e un certo carácter sagrado: nunca

se debía cuspir sobre o lume, nin botar nel restos de comida ou calquera

outra cousa. Non se debía matar o lume senón que cumpría deixar que as

brasas se apagasen soas, pouco e pouco: críase que as ánimas viñan

quentarse á noite no rescaldo. Outros din que cada castaña comida era

unha alma que se sacaba do purgatorio, e para que estas ánimas puidesen

comer algo, sempre se deixaba algunha castaña entre as brasas.

CANDO E COMO SE CELEBRABA O MAGOSTO

O magosto realizábase tradicionalmente o 1º de novembro, día

de Tódolos Santos, se ben en Ourense, por maduraren máis tarde as

castañas, retrasouse ata o día 11, san Martiño. Na actualidade celébrase

en calquera data comprendida entre a segunda quincena de outubro e a

primeira de novembro, converténdose na festa do outono por excelencia, e

incorpóranse diversos alimentos, coma chourizos e outros produtos

elaborados nas matanzas do porco coincidentes con estas datas.

Tampouco adoitan faltar as sardiñas asadas nas zonas de costa.

O magosto celebrábase tradicionalmente nun claro do mesmo souto,

comezando a primeira hora da tarde coa recollida de leña e castañas.

Facíase unha ou varias fogueiras con paus e frouma para conseguir brasas

dabondo para asar as castañas; outras veces era na eira ou nun rueiro

amplo, cos vellos na cociña da casa e os mozos na rúa. Era costume que

Page 9: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

9

as mozas trouxeran as castañas e os mozos o viño; noutros casos os

mozos achegaban todo e as mozas ían convidadas. Aínda que había que

picar (ou sinalar) as castañas antes de botalas nas brasas, non faltaba

quen botaba algunha enteira, para que estoupase na cara de quen as

andaba a remexer, cousa que os participantes celebraban lanzando

aturuxos. Por fin, no remate da festa, os máis rapaces xogaban a tisnarse

coas mans cheas de feluxe mentres que mozos e adultos cantaban e

bailaban, nalgúns casos saltando sobre os restos da fogueira.

No lugar de Insuela (de Loureiro, Cotobade) era costume facer o magosto

sobre unha pedra do Outeiro de Muimenta que tiña sona de propiciatoria

para que as parellas puidesen ter fillos se se deitaban nela.

Hoxe en día ásanse nuns tambores metálicos colocados sobre o lume ou

nuns tixolos especiais para este uso. Nas imaxes podemos ver diferentes

modelos.

Page 10: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

10

O FROITO DO CASTIÑEIRO: A CASTAÑA

A castaña (etimoloxicamente “castanea

Sativa”), é o froito do castiñeiro e un dos

alimentos máis antigos da Humanidade. Dende o

Paleolítico ata o descubrimento de América foi a

base da alimentación da poboación. Na cultura

popular galega, na etnografía e na literatura de

transmisión oral abundan gran cantidade de

nomes.

O castiñeiro recibe en Galicia os nomes de

castañeira, castañeiro, castiñeira, castiro e restre;

existen castiñeiros bravos, castiñeiro de Indias

(Aesculus hippocastanum), que se denominan

rebolos, bravádegos ou castiñeiróns. A

denominación abundancial máis común é a de

souto, pero tamén temos castañal, castañar,

castañeira, castañeiro, castiñeiral, soutelo e

tropezal.

A castaña ten tamén os nomes de cagoxa e

croca; cando caen de seu ó chan xa maduras,

denomínanse degaros, restelas ou restrelos

(tamén castañas degaradas, degraídas, de restelo

ou de restrelo). Algunhas castañas quedan

abortadas ou malogradas dentro do ourizo: son as

bolercas, castañas bolercas ou croucos; estas

destínanse á ceba do porco.

Recóllense vareando os castiñeiros cuns paus

longos ou lanzando contra as pólas uns paus

pequenos (rebolos), de forma que os ourizos caen

ó chan, de onde se recollen e se amorean ou se

poñen a secar nas ouriceiras. Cando os ourizos

Page 11: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

11

secan e abren, extráense as castañas (operación que se chama a bulla ou

petela).

As castañas cocidas con casca denomínanse mamotas ou zonchos.

Outra forma de come-las castañas é deixándoas

secar no caínzo ou fumeiro, ó fume da lareira. Son

as castañas maias, maiolas ou castañas do

canizo, que se comen logo, secas e peladas, en

forma de caldo de castañas

Na ringleira superior das imaxes vemos as follas e

os ourizos co froito do castaño e na ringleira

inferior vemos detalles das follas, ourizos e froito

do castiñeiro da indias.

Castaño de Indias ou Aesculus hippocastanum, a árbore, as follas e o ourizo están ben

diferenciados. As súas castañas non son tan apreciadas, nembargantes na cultura tradicional

galega dise que é moi beneficiosa para tratar as hemorroides, o reuma ou incluso o mal de

ollo.

Page 12: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

12

PROPIEDADES NUTRITIVAS DAS CASTAÑAS

As castañas, según Galeno, "danlle ó corpo máis nutrimento que

ningunha outra froita salvaxe; pero enxendran ventosidades, hinchan e fan

andar estreñido, provocan o apetito venéreo e, comendo en cantidade, dan

dor de cabeza.".

Na Antiga Grecia coñecíanse coma landras de Xúpiter, así Dioscórides

dinos que "as landras de Xúpiter causan os mesmos efectos que calquera

outra landra; o seu miolo é útil ós que beberon o veleno chamado

ephemero". Plinio, ás mellores chamáballes balanni, e as que comían os

porcos e as clases humildes do pobo populi. Convertíronse nunha especie

de sucedáneo do pan que as mulleres comían durante os ritos de Cibeles

ou de Ceres, actos rituais nos que non se lles permitía consumir ningún

cereal.

Séculos despois, no 1550 ,non quedou en Italia castaña, faba ou landra

coa que non se fixera pan, xa que ese ano non houbo colleita doutros

cereais. Os galegos alimentámonos con pan de castañas, o pan dos

pobres, ata que se fixo cotián en Galicia o consumo da pataca e do millo

logo dos séculos XVI e XVII, pero a castaña seguíu a ser parte esencial da

nosa dieta ata mediados do s. XX.

Page 13: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

13

Na súa composición atopamos: hidratos de carbono, poucas grasas,

amidón, calcio, fósforo, magnesio vitaminas do grupo B e outros minerais.

Aportan ó organismo, segundo a terra onde medren e a preparación

culinaria, de 196 a 345 calorías por cada 100 gr. Pertence á familia das

noces pero só é rica en almidón, non en graxas. Veñen pesando dende 15

gr, as bravas, ata os 40 gr das marrons, sendo máis normal atopalas sobre

os 25 gr de media.

Frescas non son moi dixestivas, hai que comelas ben maduras e

mastigalas moito. Cocidas son boas para unha dieta branda hipercalórica,

pero desaconséllanse para diabéticos e para quen sufra dunha úlcera. As

máis apreciadas, por calidade e tamaño, proceden dos montes galegos de

Lugo e Ourense, seguíndolle en calidade e producción as de Asturias e

León. Concretamente en Lugo as do Courel e en Ourense a zona de

Trives, Vilariño de Conxo e Viana dan as mellores castañas.

Page 14: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

14

As tendencias actuais, en canto ás preparacións culinarias en Galicia,

andan polo seu consumo asadas, cocidas ou en puré, en marron glace,

ou frescas, quizais por non ter unha cultura gastronómica da castaña. É de

salienta-lo consumo de fariña de castaña en preelaboracións para

alimentación infantil no norte de Europa e para pastelería especializada en

Francia. Galicia, potencia productora e exportadora do froito do castiñeiro,

estase a perder unha fonte de inspiración gastronómica por non xeraliza- lo

uso da castaña, e da fariña desta, en repostería, panadería e na cociña

tradicional. Un equipo de investigadores da Universidade de Vigo,

obtiveron augardente da castaña polo sistema de fermentación en estado

sólido engadindo dúas enzimas para obter cetanol, xa que por mor do

amidón que contén este froito facíase imposible elaboralo polo método

tradicional.

Diferentes formas culinarias de preparar a castaña, de esquerda á dereita: 1.- asadas, 2.- cocidas, 3.-

marrón glacé (postre castaña cocida, en almíbar e forneada), 4.- puré de castañas, 5.- pilongas, crudas e

secas.

Page 15: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

15

Page 16: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

16

QUEIQUE DE CASTAÑAS

Postre presentado por Ángel Álvarez Rey 5ºA

INGREDIENTES

200 gramos decastañas

3 ovos

1 iogur

4 medidas de fariña

3 medidas de azucre

1 sobre de levadura

1 vaso de aceite de xirasol

(para as medidas utilizarase un vaso de iogur)

PREPARACIÓN

Por un lado cocemos as castañas peladas, deixámolas un pouco

duras, despois sacámoslle a pel branda, e cortámolas en láminas.

Por outro lado misturamos os 3 ovos coas tres medidas de zucre e

logo o iogur; seguimos a incluir as 4 medidas de fariña e o sobre de

levadura, por último un vaso de aceite de xirasol.

Remexemos todo ata que non queden grumos. Temos o forno

preparado a 170º C, e cocerase en 30 ou 45 minutos.

Page 17: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

17

Page 18: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

18

PASTEL DE CASTAÑAS

Postre presentado por Laura Álvarez Rey

INGREDIENTES

600 gramos de castañas crúas peladas

1 limón

150 gramos de azucre

50 gramos manteiga

4 ovos

1 chupito de ron

1 culleirada do café de cacao en po

Un chisco de sal

Azucre glass para adorno

PREPARACIÓN

Cocer as castañas en auga salgada uns 25 minutos. Escórrense e

pásanse polo pasapuré aínda quentes.

Sepáranse as xemas das claras e trabállanse co azucre e a

manteiga amolecida ata obter unha crema fina. Engadímoslle o

ron, o puré de castañas, o cacao, e a pel raída do limón.

Montamos as claras a punto de neve cun chisco de sal e

engadímosllas despaciño á mestura anterior. Batemos coas

variñas de abaixo a arriba.

Temos o forno a 190º C, o molde untado de manteiga metémolo 1

hora no forno. Miramos cun palillo a ver se vai.

Como remate, adornamos con zucre glas. Para decoralo podemos

aplicar o zucre glas sobre unha plantilla coa forma que se desexe,

corazóns, cifras, mensaxes etc.

Page 19: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

19

Page 20: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

20

CONFITURA DE CASTAÑAS

Postre presentado por Brais Arias Apenela 5ºA

INGREDIENTES:

Azucre 800gr

Castañas

Vainilla

Auga

PREPARACIÓN:

Pelamos as castañas e cocémolas en auga fervendo durante 7 ou

8 minutos.

Logo de telas cocidas, quitámoslle a pel branda e volvemos

poñelas ao lume nun almíbar feito con 800 gr de azucre e ½ litro de

auga por cada kilo de castañas peladas, engadíndolle un anaco de

vainilla.

Cocemos a pouco lume, removemos suavemente de cando en vez

coa espumadeira para evitar que se peguen ao fondo, e cando as

castañas se volveron transparentes e o liquido adquire un ton

escuro brillante envásase a confitura, tapándoa deseguida en botes

de vidrio con tapa de rosca, para facer o vacio convén volver

quentar os envases ao baño María.

Page 21: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

21

Page 22: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

22

TARTA DE CASTAÑAS

Postre presentado polo cociñeiro Francisco Basanta Guerrero

INGREDIENTES PARA O BISCOITO

4 ovos

4 culleradas de fariña

4 culleradas de azucre

Manteiga para o molde

INGREDIENTES PARA A CREMA:

1/2 k de castañas

1 cullerada de azucre

Copa de ron

50 gr. De manteiga

1/2 vaso de nata

INGREDIENTES PARA DECORAR:

Frambuesas Follas de menta

PREPARACIÓN:

Bátense os ovos mesturados co zucre hasta que monten.

Engádese a fariña pouco a pouco e mestúrase.

Úntase o molde con manteiga, vértese a masa e lévase ao forno

20 minutos a 180 grados.

Para facer o recheo tritúranse as castañas cocidas con nata e

manteiga, engádese o brandi e o azucre.

Divídese o bizcoito en capas. Emborráchase con auga quente ,

azucre e unha gotiñas de limón. Despois úntase entre as capas a

crema de castañas. Tamén pola parte superior do bizcoito.

Adórnase con follas de menta e frambuesas

Page 23: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

23

Page 24: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

24

HOXALDRE DE CASTAÑAS CON CABELO DE ANXO

Postre presentado por Manuel Canto González 3ºA

INGREDIENTES

2 bases de masa de hojaldre

Castañas

Cabelo de anxo

Zucre

ELABORACIÓN:

Estirar unha base da masa , desmenuzar sobre ela as castañas xa

cocidas e peladas co cabelo. Tapar coa outra base e pinchar cun

tenedor.

Espolvorear con zucre e adornar con castañas formando unha

flor.

Meter no forno 20 minutos a 180 grados.

Page 25: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

25

Page 26: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

26

PASTEL DE CASTAÑAS

Postre presentado por Jesús Manuel Carballeira Gómez

INGREDIENTES

750 gramos de fariña fina

¼ litro de leite

50 gramos de manteiga

3 ovos

1 rama de anís

azucre

chocolate

sal

PREPARACIÓN

Para comezar coceremos as castañas con auga, sal e a rama de anís. Xa

cocidas, pélanse e machácanse. Mentras tanto, iremos mesturando a

manteiga, o leite, a fariña e os ovos. Unha vez esté nen mesturado,

pasaremos a incluír as castañas, formando con todo unha masa lisa.

A continuación verterémolo nun molde que previamente engraxaremos con

manteiga, e, ou ben, o metemos no forno, ou poñémolo ao baño María.

Unha vez sacado do molde, cubrímolo cunha capa de crema de chocolate

que espolvorearemos con galletas moídas.

Opcionalmente, podemos engadirlle á masa azucre en igual proporción á

crema de chocolate.

Page 27: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

27

Page 28: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

28

BOCADIÑOS DE CASTAÑA E CHOCOLATE

Postre presentado por Carlos Fole Lamas 5ºB

INGREDIENTES CREMA DE CASTAÑAS: 250 gramos de castañas. auga sal 50ml de leite 1 culleriña de manteiga sen sal INGREDIENTES DOS BOCADIÑOS: 100 gramos de chocolate de postre 50 gramos de azucre glass 1 galleta tipo “digestive” 25 gramos de manteiga sen sal INGREDIENTES DA DECORACIÓN: 25 gramos de chocolate blanco ELABORACIÓN:

Pelar as castañas e cocelas en auga con sal 20 minutos.

Unha vez cocida pelámolas e machacámolas co tenedor, logo engadiños

leite quente e manteiga derretida , pasamos polo pasapurés para que

quede unha crema de castañas fina.

Fundimos chocolate con un pouco de mantequilla e engadimos unha

galleta triturada.

Mesturamos ben a crema de castañas co chocolate e engadimos zucre

glass e metemos na nevera un par de horas.

Facemos unhas boliñas e dámoslle forma de castaña e facemos marcas

cos dentes do tenedor.

Derretemos chocolate branco e mollamos o cu das boliñas con forma de

castaña e volvemos a meter na neveira para servir.

Page 29: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

29

Page 30: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

30

TORTA DE CASTAÑAS E CHOCOLATE

Postre presentado por Bruno González Vázquez (Infantil 3 anos)

INGREDIENTES

6oo gramos de castañas crúas peladas

150 gramos de azucre

50 gramos de manteiga

4 ovos

1 cullerada de cacao en po

1 chisco de sal

1 limón

1 cullerada de azucre glas

PREPARACIÓN:

Coce as castañas en auga salgada uns 25 minutos, escúrreas e

pásaas polo pasapurés cando aínda estean quentes.

Separa as xemas das claras e trabállaas co azucre e a manteiga

reblandecida ata obter unha crema fina. Engade o puré de castañas, o

cacao e a pel rallada do limón.

Monta as claras a punto de neve cun chisco de sal, e agrégaas a

modo á mestura anterior.

Pon o forno a quentar a 190º e unta con manteiga o molde da torta.

Verte o composto no molde e introdúceo no forno durante unha hora.

Fai a proba do escarvadentes para comprobar que está ben feito.

Déixao arrefriar, desmóldao e adórnao con azucre glas, tamén se

queres pódelo acompañar de tona ou chocolate quente.

Page 31: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

31

Page 32: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

32

BISCOITO DE CASTAÑAS

Postre presentado por Aroa López Bello (Infantil 3 anos)

INGREDIENTES

Un iogur natural

Tres ovos

Un vaso de aceite

Dous vasos de azucre

Un sobre de levadura

Unhas 20 castañas cocidas en anacos.

PREPARACIÓN:

Bate e deposita nun molde recuberto con manteiga , despois

introduce no forno a 220º. Unha vez forneado retírase e deposítase

nunha bandexa. Adórnao cunhas castañas cocidas enteiras

untadas con mel na súa base para que se adhiran ó biscoito, e

todo elo o recubrimos cunha fina capa de azucre glas.

E despois solo queda saborealo.

Page 33: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

33

Page 34: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

34

BRAZO DE XITANO CON CREMA DE CASTAÑAS E DOUS CHOCOLATES

Postre presentado polos cociñeiros: Samuel E David Montero Coedo

INGREDIENTES:

5 ovos 4 culleradas de fariña 5 culleradas de azucre4 1 queixo mascarpone 500 gramos de castañas Vainilla líquida Froitos roxos

PREPARACIÓN: Primeiro temos que facer unha plancha de bizcoito, para o que separamos as claras das xemas e levámolas a punto de neve. cando estén a punto de neve, imos incorporando lentamente o

azucre, as xemas e a fariña. Mesturamos todo hasta conseguir unha

pasta homoxénea. botar na placa do forno, e fornear 8 minutos a

180 grados. Transcurridos 8 minutos sacamos do forno e diexamos

enfriar. Unha vez arrefriado empapamos o bizcoito co xarope de

azucre.

Para preparar o recheo cocemos as castañas xa peladas, facemos

puré. Deixamos arrefriar, e engadimos o queixo mascarpone, os

froitos roxos e unha cullerada de vainilla. Removemos a mestura

hasta conseguir que sexa homoxénea. Extendémola pola base do

bizcoito e imos enrolando amodiño.

Cando esté enrolado bañámolo en chocolate negro, ou leite ou

chocolate branco, e despois adornámolo con escamas de chocolate

branco e froitos vermellos.

Page 35: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

35

Page 36: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

36

DÓCE DE CASTAÑAS.

Postre presentado por Ariana Núñez Seoane 3ºB

INGREDIENTES:

Medio quilo de castañas.

150 gr. de zucre (sete culleradas aproximadamente).

50 gr. de manteiga ( unha cullerada grande completa)

Catro ovos.

Unha chisca de sal.

Unha culleriña de cacao.

Un vasiño pequeño de ron ou moscatel.

Raiadura de limón.

PREPARACIÓN:

Cocer as castañas peladas cunha chisca de sal e es esmagalas despois de

quitarlles a carabela.

Engadirlle ao puré o vasiño de ron ou moscatel, sen o moscatel ten tamén

moi bo sabor e así poderán comelo os nenos.

Bater as xemas dos ovos con azucre e mantenga.

Engadir ao puré de castañas o cacao e as raspaduras de limón.

Botar na mesturas as claras xa montadas.

Meter no forno a 175ºC uns coarenta minutos.

Decorar con algunhas castañas que queden enteiras despois da cocción.

Page 37: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

37

Page 38: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

38

TARTA DE CASTAÑAS

Postre presentado por Antón Paz 3º A

INGREDIENTESPARA O BIZCOITO:

4 ovos 4 culleradas de azucre 4 culleradas de fariña

INGREDIENTES PARA O RECHEO: 1/2 quilo de castañas 3 culleradas de azucre 50 gramos de mantequilla 1/2 vaso de nata

INGREDIENTES PARA DECORAR:

Cacao en po Castañas enteiras

PREPARACIÓN:

Batemos os 4 ovos e as 4 culleradas de zucre coa batidora hasta

que estén cremosos. A continuación imos engadindo as 4

culleradas de fariña paseniñamente.

Unha vez temos a anterior masa formada vertemola no molde con

papel de forno, e cocemola co forno a 180º C unha media hora

aproximadamente.

Page 39: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

39

Page 40: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

40

BISCOITO DE CASTAÑAS

Postre presentado por Alba Rio Freire 3ºB INGREDIENTES:

50 gr. De manteiga.

75 gr. De azucre.

Unha cullerada de anís.

100 gr. De fariña.

Tres ovos.

250 gr. de castañas (cocelas e bater con batedor eléctrico).

Un sobre de levadura.

ELABORACIÓN:

Bater a manteiga co azucre, engadir as xemas de unha en unha, engadir a fariña o anís e a levadura. Montar as claras a punto de neve, engadilas a mestura anterior e mesturar tamén coas castañas. Meter uns vinte ou vintecinco minutos no forno prequentado a 180ºC / 200ºC.

Page 41: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

41

Page 42: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

42

BOLIÑAS DÓCES DE CASTAÑAS

Postre presentado por Mariña Vilariño Vilariño 3ºB

INGREDIENTES:

¾ quilos de castañas.

Litro e cuarto de leite.

125 gramos de manteiga.

Fariña.

2 ramas de canela.

3 culleradas de azucre.

Zucre glass. Raiadura de limón.

Dous ovos batidos e pan raiado.

PREPARACIÓN:

Cócense as castañas en abundante auga con sal.Déixanse non

demasiado cocidas.Quítanselle a pel e déixanse arrefriar.

Cócese o leite coas ramiñas de canela e as raiaduras de limón.

Déixanse arrefriar e bótaselle o azucre remexendo ata que se

disolva.

Pónse un recipiente ao lume coa manteiga e alí vaise botando a

fariña e logo o leite pouco a pouco ata facer unha bechamel

dóce.Cando a bechamel está feita (hai que deixar cocer,

remexendo sempre sempre, polo menos 20 minutos) engádense as

castañas, desfeitas en anacos, mesturando todo ben. Esta

bechamel déixase repousar na neveira ata o día seguinte.

Logo, vánse formando boliñas coas mans e móllanse en ovo batido

e despois en pan raiado.

Frítense en aceite ata que estean douradas. Colócanse nunha

bandexa e espolvoréanse con azucre glass.

Page 43: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

43

Page 44: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

44

Page 45: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

45

Page 46: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

46

Page 47: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

47

Page 48: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

48

Page 49: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

49

Page 50: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

50

Page 51: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

51

Page 52: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

52

Page 53: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

53

Page 54: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

54

Page 55: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

55

Page 56: I Libro de Recetas de Castañas do Consurso Cata Produtos do Magosto 2010-11

56