i encontro de centros escolares solidarios do plan proxecta

7
I ENCONTRO DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS DO PLAN PROXECTA Case unha trintena de alumnos/as e dúas profesoras participamos no I Encontro de Centros Galegos Solidarios do Plan Proxecta, que tivo lugar o pasado venres 4 de outubro de 2013 en Santiago de Compostela. Partimos ben cedo de Monfero para chegar a tempo á inauguración do Encontro, prevista para as 10:30 de mañá, e contando nin máis nin menos que coa presenza e discurso de Beatriz Mato Otero, Conselleira de Traballo e Benestar, quen enmarcou esta actividade dentro do Plan de Voluntariado da Xunta de Galicia. Acto seguido o noso ben coñecido Ramón Molina, alma mater do proxecto "Micromovies en Prol do Voluntariado", foi o encargado de presentar, guiar e dinamizar toda a xornada. Parabéns, Ramón, por ter toda esa enerxía e entusiasmo, e pola túa dedicación (comprendemos que foron moitísimas as horas empregadas para a montaxe das micromovies e para a preparación deste encontro). E ao fin... o máis esperado... poder ver o resultado das gravacións nos oito centros participantes e comprobar a cantidade e a calidade das iniciativas levadas a cabo en cada un deles. A nosa compañeira Antía (3º ESO) foi a encargada de saír ao escenario e presentar o CPI Virxe da Cela, describindo as nosas actividades e perfilando a nosa filosofía de traballo. O resultado da micromovie... xa está á vosa disposición. E para todos vós, os rapaces e rapazas que este ano xa non estades no noso centro e que tedes unha presenza tan notable na micromovie, lembrade que xa está pendurada no noso blogue. Vaia dotes interpretativas!!! Despois de permanecer sentados e atentos toda a sesión de mañá, na proxección das micromovies, gozamos dun xantar conxunto (o noso compañeiro Iago de 4º de ESO fixo unha completa reportaxe sobre o grado de satisfacción de todos os participantes en relación á comida). A planificación para a tarde estivo centrada en actividades máis dinámicas e participativas, nas que todos os asistentes mesturámonos na colectividade, tendo a oportunidade de coñecer a outros alumnos/as e profes, e entre todos levando a cabo xogos e dinámicas do máis divertido. Paralelamente podíanse visitar os "stands" dos diferentes centros, onde atopábamos documentos e obxectos que ilustraban as súas actividades solidarias, e incluso falar directamente cos alumnos/as destes coles, para o intercambio de impresións. O noso compañeiro Iago (4º ESO) exerceu a figura de xornalista, e con micrófono a man, foi achegándose aos alí presentes para recoller as súas impresións. Posteriormente o seu compañeiro Adrián (4º ESO) realizou unha entrevista do mais "formal" a Alberto Otero, Subdirector Xeral de Voluntariado, quen agradeceu a toda a mocidade polo seu compromiso. Como punto final da xornada realizouse un "mercado do troco", onde cada quen poido intercambiar un obxecto traído da casa e que posiblemente estaba en desuso, con un novo obxecto que captara a nosa atención, previo "regateo" entre os protagonistas do troco.

Upload: satelite1

Post on 03-Jul-2015

76 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: I encontro de centros escolares solidarios do plan proxecta

I ENCONTRO DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS DO PLAN PROXECTA

Case unha trintena de alumnos/as e dúas profesoras participamos no I Encontro

de Centros Galegos Solidarios do Plan Proxecta, que tivo lugar o pasado venres 4 de

outubro de 2013 en Santiago de Compostela. Partimos ben cedo de Monfero para

chegar a tempo á inauguración do Encontro, prevista para as 10:30 de mañá, e contando

nin máis nin menos que coa presenza e discurso de Beatriz Mato Otero, Conselleira de

Traballo e Benestar, quen enmarcou esta actividade dentro do Plan de Voluntariado da

Xunta de Galicia.

Acto seguido o noso ben coñecido Ramón Molina, alma mater do proxecto

"Micromovies en Prol do Voluntariado", foi o encargado de presentar, guiar e

dinamizar toda a xornada. Parabéns, Ramón, por ter toda esa enerxía e entusiasmo, e

pola túa dedicación (comprendemos que foron moitísimas as horas empregadas para a

montaxe das micromovies e para a preparación deste encontro). E ao fin... o máis

esperado... poder ver o resultado das gravacións nos oito centros participantes e

comprobar a cantidade e a calidade das iniciativas levadas a cabo en cada un deles.

A nosa compañeira Antía (3º ESO) foi a encargada de saír ao escenario e

presentar o CPI Virxe da Cela, describindo as nosas actividades e perfilando a nosa

filosofía de traballo. O resultado da micromovie... xa está á vosa disposición. E para

todos vós, os rapaces e rapazas que este ano xa non estades no noso centro e que tedes

unha presenza tan notable na micromovie, lembrade que xa está pendurada no noso

blogue. Vaia dotes interpretativas!!!

Despois de permanecer sentados e atentos toda a sesión de mañá, na proxección

das micromovies, gozamos dun xantar conxunto (o noso compañeiro Iago de 4º de ESO

fixo unha completa reportaxe sobre o grado de satisfacción de todos os participantes en

relación á comida). A planificación para a tarde estivo centrada en actividades máis

dinámicas e participativas, nas que todos os asistentes mesturámonos na colectividade,

tendo a oportunidade de coñecer a outros alumnos/as e profes, e entre todos levando a

cabo xogos e dinámicas do máis divertido. Paralelamente podíanse visitar os "stands"

dos diferentes centros, onde atopábamos documentos e obxectos que ilustraban as súas

actividades solidarias, e incluso falar directamente cos alumnos/as destes coles, para o

intercambio de impresións. O noso compañeiro Iago (4º ESO) exerceu a figura de

xornalista, e con micrófono a man, foi achegándose aos alí presentes para recoller as

súas impresións. Posteriormente o seu compañeiro Adrián (4º ESO) realizou unha

entrevista do mais "formal" a Alberto Otero, Subdirector Xeral de Voluntariado, quen

agradeceu a toda a mocidade polo seu compromiso.

Como punto final da xornada realizouse un "mercado do troco", onde cada quen

poido intercambiar un obxecto traído da casa e que posiblemente estaba en desuso, con

un novo obxecto que captara a nosa atención, previo "regateo" entre os protagonistas do

troco.

Page 2: I encontro de centros escolares solidarios do plan proxecta
Page 3: I encontro de centros escolares solidarios do plan proxecta
Page 4: I encontro de centros escolares solidarios do plan proxecta
Page 5: I encontro de centros escolares solidarios do plan proxecta
Page 6: I encontro de centros escolares solidarios do plan proxecta
Page 7: I encontro de centros escolares solidarios do plan proxecta