historia do ies fÉlix muriel

10
HISTORIA DO IES FÉLIX MURIEL O ano 1987 marca o inicio da existencia de ensino secundario na vila de Rianxo. O que no futuro coñeceremos como o noso IES comeza a súa andaina como Colexio Homologado, dependendo administrativamente do Instituto Praia Xardín de Boiro. Daquela, o primeiro Director foi Rafael A. Rodríguez Gil e Francisco Pena Calvar era o vicesecretario, encargado de levar para Boiro a documentación que entón xestionaba o Secretario do IESP de Rianxo, Manuel Díaz Pérez. INICIOS

Upload: jmaronob

Post on 11-Aug-2015

694 views

Category:

Travel


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Historia do IES FÉLIX MURIEL

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIEL

O ano 1987 marca o inicio da existencia de ensino secundario na vila de Rianxo. O que no futuro coñeceremos como o noso IES comeza a súa andaina como Colexio Homologado, dependendo administrativamente do Instituto Praia Xardín de Boiro. Daquela, o primeiro Director foi Rafael A. Rodríguez Gil e Francisco Pena Calvar era o vicesecretario, encargado de levar para Boiro a documentación que entón xestionaba o Secretario do IESP de Rianxo, Manuel Díaz Pérez.

INICIOS

Page 2: Historia do IES FÉLIX MURIEL

Nos comezos non existía un edificio propio que se axustara ás necesidades específicas dun IES. Precisábase, xa que logo, tempo para a súa construción. Como Colexio Homologado o noso actual Instituto repartía os cursos entre o Cuartel Vello (1º e 2º do antigo BUP –dous cursos- ), 3º BUP –un ano- e a Casa do Coxo (o que antes da entrada en vigor da LOGSE chamabamos COU). No 1988 1º de BUP pasou á Biblioteca Municipal. Imaxinade aos profesores iren correndo dun lugar para o outro a impartiren as clases!! Que tempos!!

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIELOS PRIMEIROS ANOS

Page 3: Historia do IES FÉLIX MURIEL

Como Colexio Homologado o noso IES permaneceu deica 1990, pois o 15 de Outubro dese ano inaugurouse o actual edificio en Rianxiño, hoxe Rúa María Ana Mogas 1. Impartíanse ensinanzas de BUP, 1º, 2º e 3º; COU e Estudos de Formación Profesional da Rama Administrativa, polo que a denominación exacta do noso centro era IESP de Rianxo (Instituto de Ensino Secundario e Profesional). Posteriormente, extinguíronse estes estudos de Formación Profesional e o centro pasou a se denominar IES de Rianxo.

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIEL1990. INAUGURACIÓN DO ACTUAL EDIFICIO

Page 4: Historia do IES FÉLIX MURIEL

O noso instituto conservou a denominación IES de Rianxo ata o ano 1997. No Consello Escolar do 29 de xaneiro dese ano, sendo director Adelino Pose Reino, a representante da ANPA no Consello Escolar pregunta por que razón o Instituto non posúe un nome específico. Francisco Pena Calvar contesta que no primeiro Consello Escolar celebrado no novo Instituto, xa se tentara buscar unha denominación individualizadora, pero o Concello de Rianxo, ao amparo da normativa que lle outorgaba poder de veto naquel momento, impediuno.

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIELA ELECCIÓN DO NOME PARA O INSTITUTO

Page 5: Historia do IES FÉLIX MURIEL

Meses máis tarde, no Consello Escolar do 29 de abril de 1997, abórdase na orde do día a elección dunha denominación específica para o Instituto. Os representantes dos profesores non presentan propostas nin tampouco o fai a representante dos Pais. É o representante do Concello quen suxire o nome de Manoel Antonio e a Xefatura de Estudos mais Don Paco propoñen a denominación Virxe de Guadalupe, de vella raizame na sociedade rianxeira.A profesora Margarita Santiago lembra que anos atrás algunhas alumnas fixeran unha proposta para que o noso IES se denominase IES Arcos Moldes.

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIELA ELECCIÓN DO NOME PARA O INSTITUTO

Page 6: Historia do IES FÉLIX MURIEL

Perante a indecisión de moitos membros do Consello Escolar, decídese adiar a decisión para unha próxima reunión.Foi o xoves 26 de xuño de 1997 a data que figurará como o día da elección do nome Félix Muriel para o noso IES. No Consello Escolar celebrado nesa data preséntanse a votación varias denominacións:• O Concello avoga por Manoel Antonio, poeta nado en

Asados, pero xa existe un IES con este nome na cidade de Vigo.• Os representantes dos alumnos propoñen Sempre en

Galiza, resultado dunha consulta previa en urna.

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIELA ELECCIÓN DO NOME PARA O INSTITUTO

Page 7: Historia do IES FÉLIX MURIEL

A profesora Margarita Santiago informa entón da existencia dunha reunión previa ao Consello por parte do profesorado na que se tratou a cuestión do nome do IES e aporta as tres denominacións máis votadas entre o profesorado:1. Félix Muriel, con 7 votos.2. Virxe de Guadalupe, con 6 votos.3. Paio Gómez Charinho, con 4 votos.Sucédense diferentes intervencións das propostas. A profesora Margarita Santiago defende a denominación Félix Muriel por ser tradicional á vez que actual, pois Rafael Dieste é un persoeiro de Rianxo e expresou as súas vivencias a través do pseudónimo e personaxe literaria Félix Muriel.

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIELA ELECCIÓN DO NOME PARA O INSTITUTO

Page 8: Historia do IES FÉLIX MURIEL

Nese mesmo Consello Escolar rexorde a proposta IES Arcos Moldes, en honra de Xosé Arcos Moldes, persoeiro impulsor das sociedades culturais, agrarias e mariñeiras de Rianxo, de grande memoria e recoñecemento popular. Tras o correspondente debate sobre a validez das diferentes propostas, acórdase unánimemente celebrar unha votación a man alzada que decida por fin o nome do noso instituto.

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIELA ELECCIÓN DO NOME PARA O INSTITUTO

Page 9: Historia do IES FÉLIX MURIEL

Os resultados son os que seguen:IES Félix Muriel: 10 votosIES Virxe de Guadalupe: 1 votoIES Arcos Moldes: 0 votos.IES Manuel Antonio: 0 votos.IES Sempre en Galiza: 0 votos.IES Paio Gómez Charinho: 0 votos.Abstencións: 1 voto.Decídese, por maioría absoluta, que a nova denominación do centro será Instituto de Educación Secundaria Félix Muriel de Rianxo.

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIELA ELECCIÓN DO NOME PARA O INSTITUTO

Page 10: Historia do IES FÉLIX MURIEL

Durante estes 20 anos de historia foron varios os directores e directoras que estiveron á fronte do IES Félix Muriel. Por orde cronolóxica, responsabilizáronse desta tarefa: Manuel Domingo Díaz Pérez (1991-1992) Adelino Pose Reino (1992-1998) Manuel Canabal Carreño (1998-2002) Luis Diz Mirón (2002-2007) Mónica Iglesias Maneiro (2007-2008) Victoria Bonino Iglesias (2008-2009) Rafael Saco Fernández (2009-)Cómpre agradecer esta información a Francisco Pena Calvar, o noso querido Don Paco. Sen a súa aportación e interese non sería posíbel reconstruír esta pequena historia da orixe do nome do noso Instituto.

HISTORIA DO IES FÉLIX MURIELO INSTITUTO