guía paz 2015

2
BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN- OUTES- 30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA Guía de PELÍCULAS Curso 2014-15 Nesta guía ofrecemos unha serie de títulos nos que a principal mensaxe é a paz; uns títulos nos que a vio- lencia ten unhas consecuencias negativas e causa dor e sufrimento; uns títulos, onde o discurso audiovisual está articulado en función dunha mensaxe pacifista e antibelicista. O cine é capaz de cambiar puntos de vista e facernos reflexionar sobre o mundo que vivimos, permitíndo- nos entender cales son as consecuencias da violencia e por que hai que defender unha Educación para a Paz.. Cada unha das películas aquí recollidas persigue este obxectivo: abrir o debate, aumentar a capacidade reflexiva e crear unha conciencia crítica en todos nós en relación a esta cultura da violencia na que vivi- mos inmersos. CINE por unha CULTURA de PAZ OUTROS TÍTULOS de INTERESE La paz es mucho más que una toma de postura: es una auténtica revolución, un modo de vivir, un modo de habitar el planeta, un modo de ser persona. María Zambrano BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN-OUTES- Fonte das sinopses: www.filmaffinity.com

Upload: ies-poeta-anon

Post on 07-Apr-2016

222 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Proposta de películas que abordan o tema da paz e non violencia.

TRANSCRIPT

Page 1: Guía paz 2015

BIBLIOTECA

IES POETA AÑÓN-

OUTES-

30 DE XANEIRO DÍA ESCOLAR POLA PAZ E

A NON VIOLENCIA

Guía de PELÍCULAS Curso 2014-15

Nesta guía ofrecemos unha serie de títulos nos que a

principal mensaxe é a paz; uns títulos nos que a vio-

lencia ten unhas consecuencias negativas e causa dor

e sufrimento; uns títulos, onde o discurso audiovisual

está articulado en función dunha mensaxe pacifista e

antibelicista.

O cine é capaz de cambiar puntos de vista e facernos

reflexionar sobre o mundo que vivimos, permitíndo-

nos entender cales son as consecuencias da violencia e

por que hai que defender unha Educación para a

Paz..

Cada unha das películas aquí recollidas persigue este

obxectivo: abrir o debate, aumentar a capacidade

reflexiva e crear unha conciencia crítica en todos nós

en relación a esta cultura da violencia na que vivi-

mos inmersos.

CINE por unha CULTURA de PAZ

OUTROS TÍTULOS de INTERESE

La paz es mucho más que una toma de postura:

es una auténtica revolución, un modo de vivir,

un modo de habitar el planeta, un modo de ser persona.

María Zambrano

BIBLIOTECA IES POETA AÑÓN-OUTES-

Fonte das sinopses: www.filmaffinity.com

Page 2: Guía paz 2015

JOHNNY COGIÓ SU FUSIL - 1971- Un mozo combatente da Primeira Guerra Mundial esperta totalmente confuso nun hospital, confinado para sempre, cego, xordo e mudo e coas pernas e os brazos amputados por mor dunha explosión sucedida durante un bombardeo. Ao principio non é consciente do que lle sucedeu e en que con-dicións está, pero aos poucos comeza a darse conta...

EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS -2008- Berlín, 1942. Bruno ten oito anos e descoñece o signifi-cado da “Solución Final”e do Holocausto. Non é cons-ciente das crueldades que o seu país, en plena guerra mundial, está causando aos pobos de Europa.

LA LISTA DE SCHINDLER -1993- 2ª Guerra Mundial. Oskar Schindler un home de enorme astucia e talento para as relacións públicas, organiza un am-bicioso plan para gañar a simpatía dos nazis. Logo da inva-sión de Polonia polos alemáns, consegue a propiedade dunha fábrica de Cracovia. Alí emprega por centos de operarios

TIEMPOS MODERNOS –1936- Cansado polo ritmo da cadea de montaxe, un obreiro me-talúrxico acaba perdendo a razón. Logo de recuperarse nun hospital, sae e é encarcelado por participar nunha manifestación na que se atopaba por casualidade. No cárcere, sen pretendelo, axuda a controlar un motín, grazas ao cal queda en liberdade. Xa fóra, reemprende a loita pola supervivencia en compañía dunha orfa á que coñece na rúa.

LAS TORTUGAS TAMBIÉN VUELAN –2004- Os habitantes dun campo de refuxiados do Kurdistán iraquí buscan unha antena parabólica para poder estar informados do inminente ataque americano contra Irak. Os nenos do campamento, liderados por un mozo ao que chaman "Satélite", dedícanse á recoller e vender minas antipersona.

EL GRAN DICTADOR –1940- Un humilde barbeiro xudeu ten un parecido asombroso co dictador de Tomania, un tirano que culpa aos xudeus da crítica situación que atravesa o país. Un día, os seus propios gardas confúndeno co barbeiro e lévano a un campo de concentración. Ao mesmo tempo, ao pobre barbeiro confúndeno co tirano.

EL DIARIO DE ANA FRANK-1959- Amsterdam, xullo de 1942. Para poder escapar da Ges-tapo, a familia Frank escóndese na bufarda do señor Krater. Alí convivirán con outro grupo de xudeus: a familia Van Daan. Todo quedará reflectido no diario da pequena filla dos Frank.

LA VIDA ES BELLA –1997- En 1939, a piques de estalar a Segunda Guerra Mundial o extravagante Guido chega a Arezzo coa intención de abrir unha librería. Alí coñece a Dora e, malia que é a prometida do fascista Ferruccio, cásase con ela e ten un fillo. Ao estalar a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio, onde Guido fará o imposible para facer crer ao seu fillo que a terrible situación que están padecendo é tan só un xogo.

EN TIERRA DE NADIE –2001- Guerra de Bosnia, 1993. Dous soldados de bandos distintos, un bosníaco e un serbio, atópanse atrapados entre as liñas inimigas, en terra de ninguén. Un sarxento dos cascos azuis das Nacións Unidas disponse a axudalos, desobedecendo as ordes dos seus superiores. Os medios de comunicación non tardan en converter o asunto nun show mediático.

SALVAD AL SOLDADO RYAN –1998- Tralo desembarco dos Aliados en Normandía, a un grupo de soldados americanos encoméndaselle unha perigosa misión: poñer a salvo ao soldado James Ryan. Os homes da patrulla do capitán John Miller deben arriscar as súas vidas para ato-par a este soldado, cuxos tres irmáns morreron na guerra. O único que se sabe do soldado Ryan é que se lanzou co seu escuadrón de paracaidistas detrás das liñas inimigas.

LA LADRONA DE LIBROS –2013- Historia dunha valerosa rapaza chamada Liesel, que transforma as vidas de todas as persoas da súa contorna cando a envían a vivir cunha familia de acollida na Ale-mania da II Guerra Mundial. Para Liesel, o poder das palabras e da imaxinación convértese nunha forma de escapar dos tumultuosos eventos que a rodean.

OSAMA –2003- Baixo o réxime talibán, a nai dunha rapaza de 12 anos, médico de profesión, perde o seu emprego nun hospital e as dúas mulleres, así como a avoa, convértense en prisioneiras na súa propia casa, xa que non poden abandonala sen un «acompañante legal» e teñen prohibido traballar fóra. Así urden un plan: cortarlle o pelo á moza e cambiar a súa indu-mentaria, para que pareza un rapaz.

GANDHI –1982- Logo de defender os dereitos dos cidadáns negros en Sudáfrica, Gandhi, considerando que tamén os hindús son cidadáns de segunda clase na súa propia terra, incítaos a sublevarse contra o Imperio Británico mediante a doutri-na da non-violencia.

CUANDO EL VIENTO SOPLA -1986- Jim e Hilda Bloggs son unha parella de xubilados que viven nunha remota zona rural de Gran Bretaña pouco antes do inicio dunha guerra nuclear. Profundamente patriotas, teñen absoluta confianza no seu goberno e infórmanse sobre todo de que é necesario facer no caso de que o inimigo ataque o seu país

EN TIERRA HOSTIL –2008- En Irak, unha unidade de élite de artificieiros norteame-ricanos actúa nunha caótica cidade onde calquera persoa pode ser un inimigo e calquera obxecto, unha bomba. O xefe do grupo, o sarxento Thompson, morre no trans-curso dunha misión e é substituído polo impredicible e temerario sarxento William James

EL PIANISTA –2002- Wladyslaw Szpilman, un brillante pianista polaco de orixe xudía, vive coa súa familia no ghetto de Varsovia. Cando, en 1939, os alemáns invaden Polonia, consegue evitar a deportación grazas á axuda dalgúns amigos. Pero terá que vivir escondido e completamente illado durante moito tempo afrontando constantes perigos.

COMETAS EN EL CIELO -2007- Amir regresa a Afganistán, o seu país natal, que se atopa aínda baixo o dominio talibán, coa intención de rescatar ao fillo do seu mellor amigo das garras do réxime. Proponse tamén liquidar todos os problemas que deixou atrás cando abandonou o país. HOTEL RWANDA –2004-

1994, guerra civil de Ruanda. Os odios entre os hutu (etnia dominante) e os tutsi provocan o asasinato do pre-sidente do país, disturbios nas rúas e, finalmente, unha terrible matanza dos tutsi. Paul, que é hutu, traballa co-mo xerente dun hotel de luxo de Kigali e, cando empe-zan os disturbios, decide que o mellor refuxio é precisa-mente o hotel. Así organiza unha fuxida acompañado pola súa familia e os seus veciños tutsi.