guía de uso e disfrute da biblioteca
DESCRIPTION
Como sacarlle o máximo partido ás nosas instalacións.TRANSCRIPT
Guía de uso e disfrute
A C.D.U.
Biblioteca do CPI da Ribeira
Teléfono: 986 333 484
Fax: 986 344 152
Correo: [email protected]
Web: osquelemos.blogspot.com
Polígono de Torneiros, III
36410 - O Porriño
Horario de apertura: Mañás, durante o recreo
Tardes de 16 a 17, de luns a venres, para lectura na
sala, uso de materiais e devolucións de préstamos.
A biblioteca está aberta a tódolos membros da comunidade
educativa (estudantes, persoal e familias).
“Todo o que necesitas para ter éxito e un futuro mellor xa
está escrito. E sabes que? O único que tes que facer é ir á
biblioteca”. H. F. Amiel (1821-1881)
En internet Podes consultar o noso catálogo, acceder a
noticias, artigos, novidades, concursos, dar a
túa opinión e moito máis no noso blog:
osquelemos.blogspot.com
“Unha biblioteca ben provista e ben atendida é coma un
xardineiro que sementa libros, coñecemento e soños, e
colleita lectores, aprendices e facedores”. Laura P. Salas
0. OBRAS XERAIS. ENCICLOPEDIAS. DICIONARIOS
031. Enciclopedias 038. Dicionarios
1. FILOSOFÍA
1.Filosofía 17. Ética
2. RELIXIÓN
26. Relixión católica 29. Outras relixións 292. Mitoloxía
3. CIENCIAS SOCIAIS
3. Política. Economía. Dereito.
37. Didáctica 37-R. Reforzo educativo 37-C Educación en
valores 39. Etnografía
5. CIENCIAS EXACTAS E NATURAIS
5. Medioambiente. Bioloxía. Botánica. Zooloxía.
51. Matemáticas 52. Astronomía 53. Física 54. Química
6. MEDICINA. TECNOLOXÍA. COCIÑA
61. Medicina 62. Tecnoloxía 64. Cociña
7. BELAS ARTES. XOGOS. DEPORTES.
70. Historia da arte 73. Artes plásticas. Manualidades
77. Fotografía 78. Música 79. Deportes. Xogos 791. Cine
8. LINGUA. LITERATURA.
81. Lingua 82. LIteratura
82N. Narrativa -G. Galego
82P. Poesía -C. Castelán
82T. Teatro -I. Inglés
82E. Ensaio -F. Francés
82C. Cómic -P. Portugués
9. XEOGRAFÍA. HISTORIA
Os libros están catalogados segundo o sistema universal de
clasificación, adaptado ó noso centro:
2013-14
Sementando palabras, recollendo soños
Cando estás na biblioteca... Plano das instalacións
As normas son poucas e sinxelas, e están baseadas no
respecto ós demais lectores:
1. Bebe e come fóra da biblioteca
2. Respecta o material e as instalacións
3. Garda silencio
4. Respecta os prazos de devolución (outras persoas
agardan polo teu libro)
Os ordenadores son exclusivamente para uso didác-
tico. Non poden empregarse para actividades alleas ó
ensino (tuenti, chat, xogos, etc.) nin para acceder a páxi-
nas relacionadas coa pornografía,
a violencia… Por respecto ós de-
mais usuari@s, non cambies o
fondo do escritorio ou as iconas.
Asimesmo, evita gravar os teus
ficheiros no disco duro, pois po-
den desaparecer sen previo aviso. Pídelle permiso ó pro-
fesorado para usalos e le as normas que hai na sala.
Consulta, respecta e obedece ó alumnado axudante:
están aí para botarche unha man.
Podes levar prestados ata 3 documentos diferentes
(libros, CD, DVD…) simultaneamente. O prazo de
empréstimo é de 15 días no caso dos libros
(ampliables en 7 días máis) e de 5 días para os mate-
riais audiovisuais. Nas vacacións de nadal, podes levar
ata 5 documentos, e devolvelos o primeiro día de clase.
Se incumpres os prazos de devolución, terás que
vir polas tardes a traballar na biblioteca.
As revistas, dicionarios, atlas e enciclope-
dias non se poden emprestar.
Para levar un documento, presenta na mesa do profe-
sorado o teu carné de biblioteca (ou, no seu defecto,
dilles o teu número de usuario) xunto co libro/CD/DVD.
Para devolvelo, déixao no carri-
ño de devolucións.
O profesorado debe realizar o
mesmo proceso cando leve material
da biblioteca, e respectar os mesmos prazos que o
alumnado.
O empréstimo
Devolve as cousas ó seu sitio para que os
demais tamén podamos atopalas cando
as busquemos!