guÍa de lecturas que meten medo

2
Teléfono e fax: 981-850637 CATÁLOGO ON LINE: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org IES Poeta Añón Rúa Poeta Añón s/n Serra de Outes-15230 A BIBLIOTECA METE MEDO DPTO. DE INGLÉS IES POETA AÑÓN-OUTES 31 DE OUTUBRO O SAMAÍN Guía de lectura: MEDO e TERROR Curso 09-10 Outubro 2009 Samaín (Samhain en gaélico)é unha festividade de orixe celta que se foi popularizando tamén en América Latina e que ten orixes moi antigas. Fai 3000 anos nos pobos celtas de Euro- pa, entre eles en Galicia, Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña os habitantes deses lugares esperaban o Novo Ano que para eles se iniciaba co tempo do cambio de estación, da colleita e os misterios entre a vida e a morte. Os celtas crían que nesa noite a fiestra que separaba o mundo dos vivos e o dos mortos desaparecía e que a véspera de Samain as almas dos mortos regresaban a visitar fogares terreais. Para manter a estes espíritos contentos e afastar os malos dos seus fogares os celtas deixaban comida ou doces fóra dos seus fogares, unha tradición que se converteu no que hoxe fan os nenos indo de casa en casa pedindo doces. Despois de que os romanos conquistasen aos celtas, estes influenciaron o mundo céltico cos seus festivais á deusa romana da colleita, Pamona; e máis adiante coa chegada do cristianismo. Os cristiáns consideraban que os celtas adoraban ao diaño, aínda que o diaño nunca existiu na relixión céltica. Naquela época determinouse que oxeito de converter aos celtas ao cristianismo era adoptandoo festival dos celtas e convertelo nun cristián. Así oprimeiro de Samain converteuse no día de Todos os Santos de onde deriva o nome de Halloween en inglés. (Texto : Biblioteca IES Río Cabe -Monforte de Lemos-) BIBLIOTECA HORARIO DE APERTURA MAÑÁS De luns a venres : 10.05 - 10-25 e 12.05 - 12.25 TARDES Mércores : 18.00 - 18.45 Xoves: 20.15- 21.00

Upload: ies-poeta-anon

Post on 12-Mar-2016

226 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Algúns dos mellores libros de terror da nosa bibliotecda

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DE LECTURAS QUE METEN MEDO

Teléfono e fax: 981-850637 CATÁLOGO ON LINE:

http://www.opacmeiga.rbgalicia.org

IES Poeta Añón Rúa Poeta Añón s/n

Serra de Outes-15230

A BIBLIOTECA METE MEDO

DPTO. DE INGLÉS IES POETA AÑÓN-OUTES

31 DE OUTUBRO O SAMAÍN

Guía de lectura: MEDO e TERROR

Curso 09-10 Outubro 2009

Samaín (Samhain en gaélico)é unha festividade de orixe celta que se foi popularizando tamén en América Latina e que ten orixes moi antigas. Fai 3000 anos nos pobos celtas de Euro-

pa, entre eles en Galicia, Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña os habitantes deses lugares esperaban o Novo Ano que para eles se iniciaba co tempo do cambio de estación, da colleita e os misterios entre a vida e a morte.

Os celtas crían que nesa noite a fiestra que separaba o mundo dos vivos e o dos mortos desaparecía e que a véspera de Samain as almas dos mortos regresaban a visitar fogares terreais. Para manter a estes espíritos contentos e afastar os malos dos seus fogares os celtas deixaban comida ou doces fóra dos seus fogares, unha tradición que se converteu no que hoxe fan os nenos indo de casa en casa pedindo doces.

Despois de que os romanos conquistasen aos celtas, estes influenciaron o mundo céltico cos seus festivais á deusa romana da colleita, Pamona; e máis adiante coa chegada do cristianismo. Os cristiáns consideraban que os celtas adoraban ao diaño, aínda que o diaño nunca existiu na relixión céltica.

Naquela época determinouse que oxeito de converter aos celtas ao cristianismo era adoptandoo festival dos celtas e convertelo nun cristián. Así oprimeiro de Samain converteuse no día de Todos os Santos de onde deriva o nome de Halloween en inglés.

(Texto : Biblioteca IES Río Cabe -Monforte de Lemos-)

BIBLIOTECA

HORARIO DE APERTURA

MAÑÁS

De luns a venres : 10.05 - 10-25

e 12.05 - 12.25

TARDES

Mércores : 18.00 - 18.45

Xoves: 20.15- 21.00

Page 2: GUÍA DE LECTURAS QUE METEN MEDO

O SAMAÍN: LITERATURA DE TERROR

SOCORRO! (Elsa Bornemann)

Unha malvada avoa que odia aos seus netos; unhas misteriosas mans que che agarran na noite; unha xigantesca tea de araña; nenos que desaparecen; un cadro que cobra vidad para denunciar un crime.... Doce sobrecolledoras historias de medo que poñen os pelos de punta. ¡Coidado, non as leas antes de ir á cama!. Non poderás durmir...

EL GRAN LIBRO DEL MIEDO

Os 21 relatos que inclúe o libro son unha invita-ción a viaxar por carreiros tenebrosos para coñe-cer aos protagonistas dos peores pesadelos (vampiros, pantasmas, diaños e demais criaturas do mal) e escoitar os sucesos máis inverosímiis e

CUENTOS DE MIEDO (solo para jóvenes intrépidos) Estrañas voces na noite, homes mortos camiñando, promesas inquebrantables, e maldicións invencibles. Vampiros, espíritos, e animais sinistros. Os sobresal-tos están asegurados

RELATOS DE FANTASMAS Un viaxeiro comparte o camarote dun barco cun morto vivente... Un pequeno orfo recibe a visita de dúas nenas pantasmas que non preten-den senón salvarlle a vida... Atréveche a entrar no mundo misterioso e fantástico dos oito contos deste libro.

A partir de 12 anos

A PARTIR DE 14 ANOS

OTRA VUELTA DE TUERCA (Henry Ja-mes) Protagonizada por unha nova institutriz ao coidado de dous nenos nunha mansión victoriana, ao longo da narra-ción interveñen presenzas e personaxes talvez sobrenatu-rais. A anterior institutriz e o servente morreron en estra-ñas circunstancias. Cal é o segredo que se oculta entre os muros da mansión? Para descubrilo, o autor conduciranos maxistralmente polos carreiros da historia nun sostido e inquietante crescendo.

SI QUIERES PASAR MIEDO (Lester Vaugan) Hai algo peor que estar enfermo na cama e aburrirse? Para evita-lo, Florián pide aos seus pais e á súa avoa que lle conten historias de medo. A Florián fascínalle e atráelle o misterioso e o inexpli-cable e, ademais, os seus pais ao contalas como sucesos vividos por eles mesmos incorporan o misterio á realidade cotiá.

DEDOS EN LA NUCA (Margaret Mahy) Once apaixonantes relatos de misterio que invitan á lectura sen tregua. Asasinatos, pesadelos que se cumpren, pantasmas que volven á vida, libros mortais, seres que se perden na nada sen atopar xamais o compás que lles permitirá regresar

DRÁCULA (Bram Stoker) Unha das grandes obras da literatura fantástica, artífice da transición entre a novela gótica e a de terror. Todo un mito.

FRANKENSTEIN (Mary Shelley)

A paixón do Dr. Frankenstein polo oculto e a súa obsesión por dar vida a un ser conflúen na crea-ción dun procreo. Feito de carne humana pero sen alma, inxenuo á vez que dotado dunha forza asombrosa trátase dun monstro aterrador, pero digno de compaixón.

LOS MEJORES RELATOS DE TERROR (Mauricio Molina) Una selección de autores que che atraparán" e manterán en albas ... Os mestres do xénero: Poe, Gautier, Bierce, Jacobs, H. G. Wells, Ma-chen, Quiroga ou Lovecraft

La pata de mono y otros cuentos maca-bros (WW Jacobs) Os contos de Jacobs van máis aló do terror para ser, sinxelamente, sobrecolledores. O terror adopta nestes relatos unha forma cotiá, e xorde na vida dos seus personaxes converti-do en obsesión, remordimiento ou en escura premonición dun destino tráxico, o cal faios máis verosímiles e próximos.

Dr. JEKYLL Y MISTER HYDE (R.L Stevenson)

É unha alegoría moral en forma de historia de misterio.Os dous extremos, o ben e o mal, están convivindo nunha soa persoa, o médico Henry Jekyll, que inventa unha poción química capaz de transformalo, ao comezo, pola súa propia decisión e despois incontroladamente, no monstro temible: Míster Hyde.