guÍa de lectura poesÍa 2ª trimestre

4
PRE- LECTORES ( ata os 5 anos): libros con ilustracións, con diferentes texturas, diversos materiais,transparencias, con cuñaxe...atraen a atención e promoven o xogo. Ola a todos/as!!. Xa temos a segunda guía de lectura. Esta vez cunha recompilación de libros de poesía. GUÍA DE LECTURA INFANTIL 2º TRIMESTRE

Upload: loli-couselo

Post on 14-Mar-2016

230 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Para os máis pequenos

TRANSCRIPT

Page 1: GUÍA DE LECTURA POESÍA 2ª TRIMESTRE

PRE- LECTORES ( ata os 5 anos):libros con ilustracións, con diferentes texturas, diversos materiais,transparencias, con cuñaxe...atraen a atención e promoven o xogo.

Ola a todos/as!!.Xa temos a segunda guía de lectura. Esta vez cunha recompilación de libros de poesía.

GUÍA DE LECTURAINFANTIL2º TRIMESTRE  

Page 2: GUÍA DE LECTURA POESÍA 2ª TRIMESTRE

EL MEJOR LIBRO DE POESÍA PARA NIÑOS.V.V.A.AEd: Susaeta

LIBRO DE NANASAutor: selección de Herrín Hidalgo.Ed.: Media Vaca Eiquí tedes unha estupenda recompilación de poemas para ler en compañía nenos e adultos.

RIMAS CON LETRAAutora: Gloria Sánchez.Ilustradora: Mª Fe QuesadaCol. Merlín. Ed Xerais. As letras do abecedario xogan en verso no mundo das cousas familiares, desde os animais (o caracol, a galiña, a vaca, o loro, etc.) aos elementos da natureza (a neve, a nube, o mar...).

ADIVIÑAS DE PAPELAutora: Sabela Álvarez NúñezIlustracións de Ana Isabel Rei LamasCol O Parrulo. Ed.: Ir Indo Textos rimados sinxelos que conteñen once adiviñas do mundo cotiá como as agullas do reloxo, a goma de borrar, a cadeira, a tixola, as tesoiras...

Unha estupenda recompilación de poesía para nenos/as de diversos poetas españois: Rafael Alberti, Amado Nervo, F. García Lorca, Antonio Machado...

Page 3: GUÍA DE LECTURA POESÍA 2ª TRIMESTRE

A princesa está triste...Que terá a princesa?...Carmela Mayor ofrécenos unha visión moi persoal do popular poema de Rubén Darío.Sonatina é un álbum ilustrado a través dun único poema convertido en conto.

SONATINA. Rubén Dario. KALANDRAKA

O libro inclúe unha biografía do poeta nicaragüense e un glosario visual coas palabras máis complicadas.

LA LÁMPARA DE ALADINO.Autor: Antonio A. Gómez Yebra.Ed: Brosquil. Neste libro podedes ler poemas de corte clásico e outros cunha métrica e uns temas moi actuales.

EU CONTO TI CANTAS.Autora: Mª Victoria Moreno.Ilustración: Manolo Uhía.Col. Merlín. Ed. Xerais Recolle esta edición tres contos en verso nos que a infancia e os animais conforman o eixo temático. Dous deles, ¡Xa non teño medo! e mais¿Un cachiño de bica? publicados xa con anterioridade.

ALOUMIÑOSAutor: Antonio García Teijeiro.Ilustracións de RuAn.Col. Tartaruga Ed: Galaxia Conxunto de vintetrés poemas, na súa maior parte cuartetas afables, como caricias líricas.Desde o neno que dorme ledo e soña ser cabalo, ser roseira, ser pallaso, ser outono...

ata o vello que lle canta á lúa para que lle fale de amores e ela marcha silandeira

Page 4: GUÍA DE LECTURA POESÍA 2ª TRIMESTRE

http://abibliodopintorlaxeiro.blospot.com Equipo de Biblioteca