galicia sindical · 2019-10-22 · galicia sindical n.º 11 - xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata...

8
Galicia está a experimentar xa o que se podería denominar ‘clima de folga xeral’. Aínda fresca a manifestación do pasado 30 de xuño, que xuntou en Santiago de Compostela máis de 10.000 persoas que protestaron contra os recortes sociais e salariais do Go- berno español, Ignacio Fernández Toxo viaxou ao noso país para explicar as claves da folga xeral do vindeiro 29 de setembro. O secretario xeral confederal de CCOO asegurou que «a Europa do benestar está en perigo» pola de- fensa de posicións «ultraconservado- ras». Segundo Toxo, «quérennos apáticos, resignados, débiles, para que o mercado nos impoña as súas condicións sen pensar no ben da ci- dadanía». Por este motivo, «agora é o momento da mobilización. Preci- samos un éxito colectivo para seguir avanzando cara a un mundo solidario e de xustiza»./ Páx. 3 Galicia Sindical NÚMERO 11 - XULLO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO .. .. Toxo: «Agora é o momento da mobilización» n Acompañado polo seu homólogo de UGT, Cándido Méndez, o secretario xeral confederal de CCOO participou en dúas asembleas en Galicia para informar da folga xeral do 29 de setembro DIXITAL www.galicia.ccoo.es Ignacio Fernández Toxo chamou a salvar a Europa do benestar Nunha década, Galicia perdeu 256.000 persoas asalariadas como consecuencia dos despedimentos. Así o revela o es- tudo O despedimento en Galicia: unha análise da serie histórica 2000/2009, presentado recentemente por Maica Bouza, secretaria de Emprego de CCOO, e a economista Silvia Parga / Páx. 2 GALICIA PERDEU 256.000 PERSOAS ASALARIADAS

Upload: others

Post on 30-Mar-2020

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Galicia Sindical · 2019-10-22 · GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata completar un total de 256.694 du-rante todo o período estudado. Para Maica Bouza trátase

Galicia está a experimentar xa o que

se podería denominar ‘clima de folga

xeral’. Aínda fresca a manifestación do

pasado 30 de xuño, que xuntou en

Santiago de Compostela máis de

10.000 persoas que protestaron contra

os recortes sociais e salariais do Go-

berno español, Ignacio Fernández

Toxo viaxou ao noso país para explicar

as claves da folga xeral do vindeiro 29

de setembro.

O secretario xeral confederal de

CCOO asegurou que «a Europa do

benestar está en perigo» pola de-

fensa de posicións «ultraconservado-

ras». Segundo Toxo, «quérennos

apáticos, resignados, débiles, para

que o mercado nos impoña as súas

condicións sen pensar no ben da ci-

dadanía». Por este motivo, «agora é

o momento da mobilización. Preci-

samos un éxito colectivo para seguir

avanzando cara a un mundo solidario

e de xustiza»./ Páx. 3

Galicia SindicalNÚMERO 11 - XULLO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

. . . .

Toxo: «Agora é o momentoda mobilización»n Acompañado polo seu homólogo de UGT, Cándido Méndez, o secretario xeral confederal de CCOOparticipou en dúas asembleas en Galicia para informar da folga xeral do 29 de setembro

D I X I T A L

www.galicia.ccoo.es

Ignacio Fernández Toxo chamou a salvar a Europa do benestar

Nunha década, Galicia perdeu 256.000

persoas asalariadas como consecuencia

dos despedimentos. Así o revela o es-

tudo O despedimento en Galicia: unha

análise da serie histórica 2000/2009,

presentado recentemente por Maica

Bouza, secretaria de Emprego de CCOO,

e a economista Silvia Parga / Páx. 2

GALICIA PERDEU 256.000 PERSOAS ASALARIADAS

Page 2: Galicia Sindical · 2019-10-22 · GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata completar un total de 256.694 du-rante todo o período estudado. Para Maica Bouza trátase

GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)

2

www.galicia.ccoo.es

ata completar un total de 256.694 du-

rante todo o período estudado. Para

Maica Bouza trátase dunha cifra «es-

pectacular» que, ao seu ver, non fai

aconsellable abaratar o despedimento,

especialmente cando se veñen produ-

cindo unha media de algo máis de

25.600 por ano.

En bonanza e en crise

Na evolución dos despedimentos,

destacaron dúas cuestións moi rele-

vantes. A primeira, que as empresas

despiden persoal fixo tanto en anos

de crise como de bonanza.

A segunda característica describe a

relación entre a crise e o despedi-

mento. O número de despedimentos

empeza a medrar en 2008, ano en que

comezou a destrución de emprego,

pero alcanza a máxima gravidade en

2009, cando se acada unha marca his-

O Sindicato Nacional de Comisións

Obreiras (CCOO) presentou o pasado

día 5 de xullo o documento O despedi-

mento en Galicia: unha análise da serie

histórica 2000/2009. Unha das con-

clusións máis «preocupantes» do es-

tudo é a constatación de que na última

década, máis de 256.000 galegas e ga-

legos foron despedidos.

Na presentación interviñeron Maica

Bouza, secretaria de Emprego de

CCOO, e a economista Silvia Parga, que

explicaron que un dos argumentos

principais das organizacións patronais

é que a rixidez do mercado de traballo

español limita a competitividade da

economía. Dentro desta suposta «rixi-

dez» do mercado de traballo, o despe-

dimento, a súa flexibilidade e mais o

seu custo centran «a ofensiva patro-

nal».

Contra o criterio patronal de que é

preciso flexibilizar aínda máis o mer-

cado de traballo, Maica Bouza lembrou

que hoxe en día, á vista das cifras,

«despídese moito e por pouco di-

ñeiro», o que nega a versión do em-

presariado de que sexan necesarias re-

formas para abaratar o despedimento.

No caso particular do despedimento

institucional, regulado pola Lei

45/2002, a empresa recoñece o carác-

ter improcedente na propia carta de

despedimento e deposita a indemni-

zación correspondente, que na maioría

dos casos é de corenta e cinco días

por ano traballado. Esta modalidade

aumentou case un 14% na última dé-

cada, pasando de 13.236 casos en Ga-

licia no ano 2000 aos 48.768 de 2009,

256.000 persoas foron despedidasen Galicia na última décadan Así o indica un exhaustivo estudo elaborado por Comisións Obreiras

A importancia cuantitativa dos des-

pedimentos queda determinada pola

súa comparación co volume de em-

prego asalariado da economía ga-

lega: a poboación asalariada media

dos últimos dez anos é de 830.000

persoas, polo que os 256.694 des-

pedimentos realizados nese período

equivalen ao 31% de todo o emprego

asalariado, tanto fixo como tempo-

ral. Xa que logo, pódese estimar que

tres de cada dez persoas que traba-

llaron como asalariadas foron des-

pedidas na última década.

TRES DE CADA DEZ

tórica de despedimentos, ao ser des-

pedidas case 50.000 persoas, unha ci-

fra nunca antes coñecida no noso país.

Maica Bouza (esquerda) e Silvia Parga (dereita), na presentación do documento

Page 3: Galicia Sindical · 2019-10-22 · GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata completar un total de 256.694 du-rante todo o período estudado. Para Maica Bouza trátase

GALICIA SINDICALN.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)

3

www.galicia.ccoo.es

provocada pola política especulativa,

desregulada, egoísta e insolidaria da

gran banca e os partidarios de medi-

das neoliberais.

O secretario xeral da Confedera-

ción Sindical de CCOO afondou na

cuestión e afirmou que «sabemos ca-

les son as causas da crise, sabemos

Ignacio Fernández Toxo e Cándido

Méndez, secretarios xerais confede-

rais de CCOO e de UGT, defenderon

o pasado 12 de xullo en Galicia a

folga xeral do vindeiro 29 de setem-

bro.

A presenza en Galicia dos máximos

responsables estatais de CCOO e

UGT inaugurou o plan de visitas a

todas as comunidades autónomas

para se dirixiren directamente aos

traballadores e traballadoras, dele-

gados/as e cadros de ambos os sin-

dicatos para lles dar información de

primeira man sobre a gran mobiliza-

ción de despois do verán.

Os dirixentes sindicais participaron

pola mañá nun acto en Vigo e noutro

pola tarde na Coruña para exporen

as razóns que levaron a CCOO e UGT

a convocar a folga xeral. En ambas

as cidades estiveron acompañados

polos máximos responsables de

CCOO e de UGT en Galicia, Xosé Ma-

nuel Sánchez Aguión e José Antonio

Gómez, así como polos secretarios

xerais de Vigo, Xosé Cameselle

(CCOO) e Antonio Juste (UGT), e os

da Coruña, Xosé Lado (CCOO) e José

Carrillo (UGT).

Ignacio Fernández Toxo e Cándido

Méndez denunciaron nestas asem-

bleas as «duras» medidas económi-

cas que o Goberno español está a to-

mar para reducir o déficit público,

seguindo as directrices dos grupos

de presión financeiros que, «sen re-

paro nin vergoña», fan recaer na

clase traballadora e as capas máis

desprotexidas o peso dunha crise

O camiño cara á folga xeralestatal comeza en Galician Os máximos responsables de CCOO e UGT iniciaron no noso país unha serie de visitasa todas as comunidades autónomas para preparar a gran mobilización de setembro

quen foron os causantes, sabemos

quen son as vítimas e, porén, a al-

ternativa que dan os gobernos da

Unión Europea como panacea para

saírmos dela é a redución do déficit».

Unha medida, apuntou Toxo, que vai

provocar unha diminución dos recur-

sos para os traballadores e as traba-

lladoras, máis paro, menor cobertura

para as persoas sen emprego e máis

pobreza.

O líder de CCOO expresou que se

o obxectivo da loita contra a crise

non é o dereito ao traballo, estamos

ante algo «inxusto, insolidario e eco-

nomicamente regresivo». Na súa opi-

nión, hai unha «obsesión desme-

dida» por conter o gasto, pero non

por aumentar os ingresos mediante

a persecución da fraude fiscal ou da

economía mergullada, como tam-

pouco se aumenta a recadación im-

positiva sobre o patrimonio nin se

controla debidamente o diñeiro eva-

dido a paraísos fiscais.

O auditorio continuaba practicamente cheo ao remate da asemblea da Coruña

Para Toxo, «a Europa do benestar

está en perigo» pola defensa de po-

sicións «ultraconservadoras». Se-

gundo o responsable de CCOO,

«quérennos apáticos, resignados, dé-

biles, para que o mercado nos im-

poña as súas condicións sen pensar

no ben da cidadanía». Por este mo-

tivo, «agora é o momento da mobili-

zación. Precisamos un éxito colectivo

para seguir avanzando cara a un

mundo solidario e de xustiza».

DEFENSA DA EUROPADO BENESTAR

Page 4: Galicia Sindical · 2019-10-22 · GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata completar un total de 256.694 du-rante todo o período estudado. Para Maica Bouza trátase

GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)

4

www.galicia.ccoo.es

O día 6 de xullo tivo lugar unha

protesta de diversas organizacións

contra as políticas privatizadoras da

sanidade pública. O acto reivindica-

tivo articulouse aproveitando a pre-

sentación en Santiago de Compostela

da «Estratexia SERGAS 2014: a sani-

dade pública ao servizo do paciente»,

presidida polo presidente da Xunta

de Galicia e que contou coa presenza

da conselleira de Sanidade.

Representantes das Plataformas

para a Defensa da Sanidade Pública

de Ferrol, da Mariña, de Pontevedra,

do Barco de Valdeorras, de Monforte

e de Vigo, así como dos sindicatos

Comisións Obreiras, CIG e da Confe-

deración de Asociacións de Veciños

de Galicia (COGAVE) concentráronse

ás portas do Palacio de Congresos,

no barrio compostelán de San Lá-

zaro.

As e os membros das diferentes

organizacións despregaron pancar-

tas de rexeitamento á política de «de-

terioración e privatización» que o PP

está a promover na sanidade, e be-

rraron consignas como «o público é

servizo, o privado beneficio».

Empurróns da policía

Tanto a xerente do SERGAS, Rocío

Mosquera, como a conselleira de Sa-

nidade, Pilar Farjas, e o presidente

da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, tive-

ron que acceder ao recinto coa ‘re-

cepción’ das pancartas de protesta

das plataformas, malia que momen-

tos antes a policía recibira ordes de

retiralas da entrada do Palacio de

Nova protesta contra aprivatización da sanidaden As organizacións convocadores criticaron o trato recibido da policía

Na imaxe superior, manifestantes ás portas do Palacio de Congresos de Santiago deCompostela. Na imaxe inferior, unha manifestante cae ao chan logo de que os axentes

de policía lle intentaran arrebatar pola forza a pancarta

Congresos, polo que o grupo de ma-

nifestantes tivo que se colocar nun

segundo plano. Isto non impediu, po-

rén, que houbese «algún forcexo e

empurróns por parte dos policías»,

sinalan as organizacións, «malia o

carácter pacífico do acto de pro-

testa».

Page 5: Galicia Sindical · 2019-10-22 · GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata completar un total de 256.694 du-rante todo o período estudado. Para Maica Bouza trátase

GALICIA SINDICALN.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)

www.galicia.ccoo.es

Concentración dianteda patronal ourensádo comercio

Concentración o pasado 7 de xullo diante da patronal ourensá do comercioen protesta polo asinamento do convenio colectivo. Participaron máis dun

cento de delegados e delegadas de CCOO e UGT

CCOO reclama do empresariado uncompromiso coa estabilidade dos prezos

Os prezos aumentaron en xuño un

0,2%, en total unha taxa do 1,6% con

respecto ao mesmo mes do ano pa-

sado —unha décima máis que a media

estatal—, segundo os últimos datos

coñecidos do IPC.

A variación interanual da inflación

subxacente (índice xeral sen alimentos

non elaborados nin produtos enerxé-

ticos) foi dun 0,4%, catro décimas su-

perior ao crecemento rexistrado en

maio e a mesma que a rexistrada no

ámbito estatal.

Os bens e servizos que máis subiron

de prezo no último ano foron o trans-

porte (5,5%), a vivenda (4,8%), as bebi-

das alcohólicas e o tabaco (11,6%) e a

hostalaría (1,9%). En canto aos descen-

sos, os grupos que maior diminución

experimentaron foron os alimentos e

bebidas non alcohólicas (-1,1%) e o

ocio e a cultura (-2,2%).

Para CCOO, a necesidade de que

os nosos bens e servizos gañen cota

de mercado, para así cumprir o ob-

xectivo central de crear emprego, fai

imprescindible reforzar o compro-

miso do empresariado coa estabili-

dade dos prezos, ata o punto de ab-

sorber a recente suba do IVE como

medida «imprescindible» para non

empeorar a «delicada situación do

desemprego no noso país».

Manifestación enBraga contra aspolíticas do Gobernoportugués

O pasado 8 de xullo tivo lugar en Braga unha multitudinaria manifestacióncontra as políticas do Goberno portugués. Convocouna a CGTP-IN e partici-

pou unha delegación do Sindicato Nacional de CCOO

5

Page 6: Galicia Sindical · 2019-10-22 · GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata completar un total de 256.694 du-rante todo o período estudado. Para Maica Bouza trátase

Neste 2010, o PLADIGA publicouse

só quince días antes da data de inicio

da época de alto risco, fixada no 1 de

xullo. En consecuencia, entre o 1 de

xullo e o 30 de setembro, Galicia es-

tará en situación de máximo risco de

incendios forestais.

Segundo CCOO, o plan debería

acompañarse da contratación, por

parte da Consellería do Medio Rural,

de todo o continxente de persoas e

medios necesarios para facer fronte a

este período de máximo risco.

Externalización

Para o sindicato, o fondo do problema

da improvisación e da desorganización

de Medio Rural radica en que desde

2007, co bipartito, o departamento au-

GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)

6

www.galicia.ccoo.es

Comisións Obreiras denuncia «des-

organización e improvisación» por

parte da Consellaría do Medio Rural na

loita contra os incendios forestais.

O sindicato lembra que o departa-

mento dirixido por Samuel Juárez é a

administración competente e respon-

sable de elaborar, dirixir e coordinar

todas as tarefas de prevención e de-

fensa contra incendios forestais en Ga-

licia.

Porén, Medio Rural anunciou recen-

temente a posta en marcha do Plan de

Defensa contra Incendios Forestais de

Galicia (PLADIGA) para o ano 2010, dis-

positivo que ten por finalidade refor-

zar, coordinar e dirixir a defensa con-

tra os incendios forestais na época de

máximo risco.

«Desorganización e improvisación»na loita contra os incendiosn CCOO considera que Medio Rural está a desmantelar o servizo público

tonómico renunciou a realizar as contra-

tacións do PLADIGA con medios propios.

A situación repítese agora co PP, que in-

cumpre neste caso os compromisos de

Núñez Feijóo, chegando mesmo a exter-

nalizar contratacións de persoal da loita

contra incendios forestais a través de SE-

AGA S.A., polo que CCOO considera que

se está a desmantelar o servizo público.

Outra das eivas detectadas é que as

probas físicas anuais de 2010 tiveron lu-

gar «excesivamente tarde», a mediados

de abril, co que os chamamentos para

as contratacións se fixeron tamén máis

tarde, a finais de xuño. Ademais, en ca-

tegorías importantes para a loita contra

os incendios, como condutor/a de mo-

tobomba, Medio Rural non conseguiu cu-

brir o 100% das prazas.

CCOO pide a destitucióndo director xeral de Montes

Comisións Obreiras reclama a dimi-

sión ou a destitución do director xeral

de Montes, Tomás Fernández-Couto,

por premiar cun ascenso un funciona-

rio que cometeu unha «infracción

grave de caza» e que supostamente

ameazou cun rifle os axentes forestais

que o identificaron.

CCOO lembra que os axentes fores-

tais, no exercicio das súas funcións,

teñen a condición de axentes da auto-

ridade, polo que a actitude dese fun-

cionario —actualmente xefe do Distrito

XII (Miño-Arnoia)—, xunto coa doutras

dúas persoas que o acompañaban e

que tamén manteñen relación laboral

coas Administracións públicas, adquire

para o sindicato «carácter de suma gra-

vidade».

O sindicato rexeita que este tipo de

actitudes e persoas poidan atopar «am-

paro dentro das Administracións pú-

blicas» e rexeita que, precisamente, al-

guén acusado de «feitos tan graves»

sexa agora o máximo responsable

dunha unidade «onde ten baixo as

súas ordes axentes forestais e me-

dioambientais».

Segundo a información que posúe

CCOO, o director xeral de Montes tiña

coñecemento dos feitos polo menos

desde setembro do ano pasado.

Alejandro Rodríguez Pazos, voceirode CCOO no colectivo de axentes

forestais e medioambientais

Page 7: Galicia Sindical · 2019-10-22 · GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata completar un total de 256.694 du-rante todo o período estudado. Para Maica Bouza trátase

GALICIA SINDICALN.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena)

7

www.galicia.ccoo.es

credibilidade pois non cumpre o asi-

nado.

Alén de abandonar a Comisión de

Seguimento, a Federación do Ensino

de CCOO está estudando a posibili-

A Federación do Ensino de Comi-

sións Obreiras de Galicia denuncia que

a Consellaría de Educación incumpre

de xeito unilateral do Acordo de Agru-

pamentos que se asinou hai agora un

ano. Nunha reunión o pasado 9 de xu-

llo, o departamento educativo presen-

touse «sen datos» e limitouse a comu-

nicar que, ao contrario do que estaba

previsto, «non se producirá» a creación

de oitenta novas unidades —grupos de

alumnado— para o curso 2010-2011

nin o incremento de cen prazas de pro-

fesorado.

Para a Federación do Ensino de

CCOO, esta actitude de Educación é

unha «imposición ditatorial». Conside-

ran «inadmisible» que a Consellaría se

negue a abordar unha negociación a

pesar de que o sindicato e outras or-

ganizacións propuxeron solucións al-

ternativas, razón pola cal Comisións

decidiu abandonar a Comisión de Se-

guimento do Acordo de Agrupamen-

tos.

En consonancia coa situación de

crise económica e cos recortes orza-

mentarios, CCOO-Ensino propuxo apli-

car o acordo dun xeito máis dilatado

no tempo. De feito, o propio acordo

establecía un calendario polo que o

50% das novas unidades se creou no

curso que agora rematou, e o resto

—os oitenta grupos xa mencionados—

no vindeiro curso.

En cifras, o cumprimento do acordo

representou ata agora a creación de

120 novas prazas de profesorado. Po-

rén, o resto de prazas previstas non

se van crear para o 2010-2011 pola

actuación dunha consellaría carente de

A Consellaría de Educación incumpreo Acordo de Agrupamentosn Como consecuencia, CCOO-Ensino abandonará a comisión de seguimento do pacto

dade de retirar a súa sinatura do

Acordo de Agrupamentos e, a través

dos seus servizos xurídicos, recorrer

o incumprimento do citado acordo por

parte da Xunta.

Machús Fernández, secretaria xeral da Federación do Ensino de CCOO

O comité intercentros da Consella-

ría de Educación, do que forma parte

CCOO, reuniuse o pasado 14 de xu-

llo co secretario xeral do departa-

mento autonómico. Na xuntanza,

Comisións denunciou a política eco-

nomicista que, ao seu ver, está a

practicar a Xunta no que atinxe á or-

ganización dos servizos públicos, es-

pecialmente no caso dos comedores

escolares. CCOO-Ensino reiteroulle

ao secretario xeral a oposición do

sindicato ao peche de comedores es-

colares no rural, á redución de per-

soal neste servizo e pediu tamén

unha aclaración sobre as instrucións

para o curso 2010-2011 no referente

aos comedores.

A Federación do Ensino de CCOO

denuncia, ademais, que a resposta

do voceiro da Consellaría se limitou

a xustificar a actuación do departa-

mento autonómico na ausencia dun

maior orzamento. Para o sindicato,

estas declaracións resultan «inadmi-

sibles».

CCOO DENUNCIA OS CRITERIOS ECONOMICISTAS COS QUEA XUNTA PRETENTE SUPRIMIR COMEDORES NO RURAL

Page 8: Galicia Sindical · 2019-10-22 · GALICIA SINDICAL N.º 11 - Xullo 2010 (2.ª quincena) 2 ata completar un total de 256.694 du-rante todo o período estudado. Para Maica Bouza trátase

NÚMERO 11 - XULLO 2010 (2.ª quincena) Órgano de comunicación do S. N. de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Se queres coñecernos, consulta cal é o local de CCOOmáis próximo... ou visita www.galicia.ccoo.es

O 15 de xullo desenvolveuse a se-

gunda xornada divulgativa do pro-

xecto «Imos Traballar», organizada

pola Unión Comarcal de CCOO de

Vigo. Trátase dunha iniciativa de em-

prego local desenvolvida conxunta-

mente coa Concellaría de Promoción

Económica, Emprego e Participación

Cidadá do Concello vigués.

«Imos Traballar» son accións gratui-

tas dirixidas a persoas desemprega-

das en xeral e inscritas como deman-

dantes de emprego do Concello de

Vigo. As ditas accións están cofinan-

ciadas polo Fondo Social Europeo e

polo Ministerio de Administracións Pú-

blicas.

Intervencións

A xornada inaugurouna Santos Héc-

tor Rodríguez Díaz, concelleiro de Pro-

moción Económica, Emprego e Partici-

pación Cidadá. Após el interviñeron Es-

peranza Casado Andrés, orientadora

laboral de FOREM-Galicia, Ángeles Cor-

tés, directora do Centro Integrado de

Formación Ocupacional de Coia (Vigo),

Jorge Jubells D'Alesio, director do cen-

tro xerontolóxico EUXA-Vigo, Manuel

García Cendón, director do CAMP de

Redondela, e José Ignacio Barbudo Gar-

cía, titor do proxecto «Imos Traballar»

por parte de CCOO. Clausurou a xor-

nada Xosé Cameselle, secretario xeral

da Unión Comarcal de Vigo de CCOO.

Segunda edición da xornada divulgativado proxecto «Imos Traballar»

CCOO sácalle tarxetavermella ao maltratador

As federacións de rama FECOMA e FITEQA de Galicia sumáronse á campaña estatal«Sácalle tarxeta vermella ao maltratador», como xa fixera a Executiva do sindicato

Completáronse

xa seis meses do

GALICIA SINDICAL

en formato dixital.

Durante o primeiro

semestre desta

nova xeira saíron

trece números, con-

tando o que agora

estás a ler.

Desde o equipo que fai posible a

publicación querémosche transmitir

o noso agradecemento, porque sen

ti non sería posible. Continuamos!

SEIS MESES DO GALICIASINDICAL DIXITAL