francisco de goya: un novo xeito de entender a pintura no s. xix
DESCRIPTION
Tradución ao galego dunha presentación do prof. Tomás Pérez onde fai unha achega as principais características e obras da evolución pictórica de GoyaTRANSCRIPT
FRANCISCO DE GOYA Y LUCIENTES
1746-1828
Autorretrato1771-75
óleo sobre lenzo 58 x 44 cm
O estudo do barroco italiano constitúe a súa primeira aprendizaxe co seu mestre en Zaragoza, José Luxán, discípulo de Lucas Jordán, e a súa viaxe a ItaliaCasa coa irmá de Francisco Bayeu, importante pintor na corte madrileña, o que lle permitirá instalarse na Corte, onde traballará nos cartóns para tapices baixo a dirección de MengsEn 1785 convértese en pintor do rei Carlos III, e en 1799 pintor de cámara de Carlos IV. Goya vaise converter rapidamente no retratista de moda, pousando toda a aristocracia para el
GOYA: CONTEXTO HISTÓRICO, BIOGRAFÍA E EVOLUCIÓN ESTILÍSTICA
1746 18281785 1799 1808 1814
Antigo Réxime:Despotismo Ilustrado
Revolución Francesa
Imperio Napoleónico Restauración
Guerra daIndependencia
Restauración doabsolutismo con
Fernando VII
TrienioLiberal
(1820-23)
EXILIOa Burdeos
(1824)
Barroco / Rococó Neoclasicismo Romanticismo
Pintor doRei
Carlos III
Pintor decámara deCarlos IV
O CONTEXTO HISTÓRICO E CULTURAL
A vida de Goya abrangue dende o reinado de Carlos III até o de Fernando VII. Sitúase entre dúas épocas históricas: o Antigo Réxime e o Réxime Liberal, dende o Despotismo Ilustrado do rei-alcalde Carlos III, ao absolutismo do rei Fernando VII o Desexado
A Ilustración, o impacto da Revolución Francesa (1789-1799), as guerras con Francia e a invasión napoleónica, a Guerra de Independencia (1808-1814) e a restauración no trono do rei Fernando VII, ademais do Trienio Liberal, a súa adhesión ás teses liberais e o exilio final en Burdeos co que coroa a súa traxectoria vital, marcan a súa intensa vida
A vida de Goya é o reflexo da historia convulsa de España dende o Antigo Réxime ata o tránsito cara ao Estado liberal. Goya será testemuña destes cambios que marcarán profundamente a súa vida persoal e artística
Goya como persoa destaca polo seu talante liberal e patriota, o seu amor ao pobo e certo desprezo crítico cara á aristocracia e a Coroa. A crítica social supón para el unha reflexión e punto de partida para construír unha sociedade mellor, máis xusta e racional
A EVOLUCIÓN ESTILÍSTICA DE GOYA:
Da paleta colorista (visión optimista da vida) dos seus cartóns para tapices, ás manchas que disolven as formas, o predominio dos ocres e o do negro (visión pesimista da vida)
A RUPTURA COA TRADICIÓN
“A estampa representa un dos máis alucinantes dos seus sonos: a figura dun xigante sentado no bordo do mundo. Podemos calcular as súas proporcións colosais pola miúda paisaxe do primeiro termo, e ver como reduce casas e castelo a simples moutas. Podemos facer xirar a nosa imaxinación en torno a esta aparición horrible, que está conseguida con tanta claridade nos seus perfís coma se tivese sido estudada do natural. O monstro está sentado como unha carga apisoante sobre unha paisaxe á luz da lúa. Pensaba Goya na sorte do seu país, oprimido polas guerras e a insensatez humana? Ou creou simplemente unha imaxe, coma se fose un poema? Pois foi este o efecto máis destacado da ruptura da tradición: o de que os artistas se sentiron en liberdade de plasmar as súas visións sobre o papel como só os poetas fixeran ata entón.”GOMBRICH
A RUPTURA COA TRADICIÓN
EVOLUCIÓN ESTILÍSTICA
A súa aprendizaxe é lenta, permanece constantemente insatisfeito, á busca de novas fórmulas expresivasÉ un pintor cheo de contrastes: amable e horrible ao mesmo tempo; realista e febrilmente imaxinativo Podemos distinguir dúas etapas na súa vida artística: Na primeira:
- O triunfo persoal e profesional determinan unha visión optimista da vida; predominan as cores puras, vermellas e grises; a factura acabada, o debuxo preciso e continuo, e os temas amables Na segunda:
- A enfermidade e a xordeira (1790) provocan un cambio profundo na súa vida persoal, o sufrimento e unha visión patética da vida instálanse na súa obra. Crecente presenza da cor negra, a factura a base de manchas, o debuxo roto, os temas dramáticos ou dunha fantasía sombría
TEMAS COSTUMISTAS (1775-1792)
Nestas obras Goya amósanos a súa perfecta asimilación do estilo tardobarroco de Tiépolo e o academicismo de inspiración clasicista de Mengs. Sobresaen os cartóns para a Real Fábrica de tapices, reflexo da vida madrileña: feiras, romaxes, xogos, etc. Destaca nas súas composicións a graza e o encanto rococó e a influencia de Velázquez no tratamento da luz e da paisaxe. Son obras da súa primeira etapa onde nos ofrece unha visión optimista da vida. Predominan as cores puras, sen mestura, como vermellos e grises. O debuxo de trazos precisos e continuos, polos condicionantes da fábrica de tapices, e os temas amables que satisfán o gusto aristocrático polo popular.
O Parasol1776-78
óleo sobre lenzo 104 x 152 cmMuseo do Prado, Madrid
A pradeira de San Isidro
A Vendima ou O Outono
Danza de majos onda oManzanares
1777óleo sobre lenzo
272 x 295 cmMuseo do Prado,
Madrid
A cucaña1786-87
óleo sobre lenzo 169 x 88 cm
colección privada
O vendedor de louza1779
óleo sobre lenzo 259 x 220 cm
Museo do Prado, Madrid
A tormenta de neve
1786-87Óleo sobre lenzo
275 x 293 cmMuseo del Prado,
Madrid
O albanel ferido1786-87
óleo sobre lenzo 268 x 110 cm
Museo do Prado, Madrid
RETRATOS
Constitúen unha actividade constante ao longo de toda a súa vida. Destacan pola súa penetración psicolóxica, traspasa a aparencia para explorar a alma e mostrar simpatía ou antipatía pola personaxe representada (subxectivismo) e o que representa socialmente
•En 1785 converteuse en pintor do rei Carlos III, e en 1799, pintor de cámara de Carlos IV
•Os seus retratos cortesáns son exquisitos e están tratados con gran beleza e fina captación do modelo
Autorretrato de 1790
Autorretrato de 1771
Autorretrato de 1815
A marquesa de Pontejos A duquesa de Alba
A condesa de Chinchón
A Tirana Dona Isabel de Porcel
Carlos III con traxe de caza
Gaspar Melchor de Jovellanos
Francisco BayeuO conde Fernán Núñez
Fernando VII con manto real
Fernando VII
“Os seus retratos, que lle aseguraron un posto na corte española, parecen ao pronto retratos oficiais ao xeito de Van Dyck ou de Reynolds. A habilidade con que recrea o brillo das sedas e ouros recórdanos a Tiziano e a Velázquez. Pero tamén mira aos que pousan de xeito diferente. Non é que estes mestres afagasen aos poderosos, pero Goya parece non ter coñecido compaixón ningunha. Fai que as súas faccións poñan ao descuberto toda a súa vaidade e fealdade, a súa presunción e a súa cobiza. Ningún pintor cortesán antes ou despois del, deixou un rexistro semellante dos seus protectores.”Gombrich, a propósito deste retrato de Fernando VII
A familia do duque de Osuna
Carlos IV a cabalo
(La Maja Desnuda)1799-1800
óleo sobre lenzo, 97 x 190 cmMuseo do Prado, Madrid
(La Maja Vestida)1800-03
óleo sobre lenzo, 97 x 190 cmMuseo do Prado, Madrid
RELIXIOSOS
Goya non é un pintor relixioso. Os temas concíbeos coma escenas populares e cortesás
Pinturas ao fresco do interior daCúpula da Igrexa de Santo Antonio
Da Florida (Madrid)
A última comuñón deSan Xosé de
Calasanz1819
óleo sobre lenzo 250 x 180 cm
Escuelas Pías de San Antón, Madrid
Cristo crucificado1780
óleo sobre lenzo (255 x 153 cm)
Museo do Prado, Madrid
Procesión de flaxelantes, 1812-1814
PATRIÓTICOS-PINTURA HISTÓRICA
Son a vertente máis importante da súa obra. Son auténticas epopeas de movemento e dor, de logros expresivos e misteriosos efectos de luces e sombras, adquirindo, polo seu contido, unha profunda dimensión moral e simbólicaSon obras que reflicten o seu xuízo persoal ante os acontecementos que a guerra provoca;
Denuncia a crueldade, o horror e a barbarie da guerra, lonxe do tratamento heroico e grandilocuente da pintura de historia doutras épocas; é como a reportaxe dun reporteiro fotográfico que utiliza o seu obxectivo para denunciar as atrocidades da guerra
A técnica caracterízase pola liberdade de trazo e intensidade cromática. A intensidade expresiva destas obras convérteno nun precursor do Romanticismo
AS PINTURAS NEGRAS
Estas pinturas murais foron realizadas entre 1819 e 1823 para si mesmo na súa Quinta do xordo. Describen un mundo desolado e terrible, alucinante
Dende a enfermidade e a vellez Goya rodéase de seres monstruosos, deixando en liberdade os fantasmas do seu mundo interior e a súa fantasía plasma representacións patéticas, penetrando nun mundo visionario e alucinante. Son obras de difícil significado que permiten múltiples interpretacións. Predomina a cor negra, a non cor, matizada só por ocres terrosos
Saturno devorando a seus fillos
Representan a crónica negra de España e a escuridade do subconsciente colectivo e persoal
Con estas pinturas inventa unha nova linguaxe plástica que rompe coa tradición. É romántico ao amosar paixón, desorde febril, culto ao tremebundo e fúnebre. Precede ao expresionismo polo seu tratamento do debuxo e as masas, distorsionando as formas para unha comunicación máis intensa. Abre as portas ao surrealismo pola súa plasmación do mundo onírico
Leyendo
Duelo a mocazos
O Aquelarre
A romaxe de San Isidro
O can
Dúas mulleres comendo sopa
A leiteira de Burdeos1825—27
óleo sobre lenzo 74 x 68 cm
Museo do Prado, Madrid
O EXILIO EN BURDEOS
GRAVADOS E AUGAFORTES
A partir de 1792 (xordo xa) envórcase no gravado, que lle ofrece a ocasión de contactar co público ao poder multiplicar indefinidamente as copias dunha estampa ou lámina
A súa plástica trasládanos a un mundo inverosímil, oculto no máis recóndito da mente humana. Son creacións totalmente libres, onde rompe formalmente cos ideais neoclásicos de beleza. Como ilustrado furga nas chagas máis purulentas da sociedade da súa época, á que critica ferozmenteSon catro as series de gravados e augafortes por el realizadas ao longo da súa vida: os caprichos, os desastres da guerra, a tauromaquia e os disparates
Os Caprichos (1797-1799)
Os desastres da guerra (1810-1815)
GOYA, GRAVADOR. A OPINIÓN DE GOMBRICH
“Non só coma pintor de retratos se mantivo Goya independente dos convencionalismos do pasado. Como Rembrandt, produciu un gran número de augafortes, a maioría deles por medio dunha técnica nova denominada augatinta, a cal permite non só gravar as liñas, senón tamén formar manchas. O máis sorprendente das estampas de Goya é que non constitúen ilustracións de ningún tema coñecido, sexa bíblico,histórico ou de xénero. Moitas delas son visións fantásticas de bruxas e aparicións espantosas. Algunhas son consideradas coma acusacións contra os poderes da estupidez e a reacción, da opresión e a crueldade humana que observou Goya na Península; outras parecen só dar forma aos pesadelos do artista.”
OS CAPRICHOSO soño da Razón produce
monstrosAugaforte e augatinta.
218 x 152 mm
A fantasía, abandonada da razón, produce monstros imposibles; unida con ela é nai das artes e orixe das marabillas Portada para esta obra: cando os homes non oen o berrido da razón, todo se volven visións “O autor, soñando. O seu intento só é desterrar vulgaridades prexudiciais e perpetuar con esta obra de caprichos o testemuño sólido da verdade”, escribiu Goya dous anos antes (1797). Pensou pór a estampa á fronte da edición
Até o seu avó
Augatinta, 154 x 218 mm
A este pobre animal volvérono tolo os xenealoxistas e reis de armans, non el só
Os burros preciados de nobres descenden
doutros tales até o último avó
Primeiro debuxou Goya un libro normal e titulou a estampa “O Asno Literato”. Logo, ilustrouna con pollinos e trazou, na mesa, un escudo asnal: mofa da obsesión por
atopar avós ilustrísimos. Vaia mérito: todos serían burros
VolaveruntAugaforte, augainta e punta seca.
219 x 152 mm O grupo de buxas que serve de
peana á petrimetra, máis que necesidade é adorno. Hai cabezas tan cheas de gas inflamable que non necesitan para voar nin globo nin bruxas
Tres toureiros levantan de cascos á duquesa de Alba, que perde finalmente a chaveta pola súa veleidade
A bela, con cabeza de muller
bolboreta, foise, coma nun vó, do mesmo xeito cás bruxas. Primeiramente escribiu: “Fana voar”. A Mala Fortuna priva ao Home do Amor, arrebátallo. Perdeu Goya á Duquesa?
Ti que non podes Augaforte e augatinta bruñida
218 x 252 mm
Quen non dirá que estes cabaleiros son cabalerías?
Os pobres e clases útiles da sociedade que levan a costas os burros, cárganos con todo o peso das contribucións do
Estado
“Como soben os borricoss” foi o seu primeiro título: moitos encumbrados
son asnos, aínda que manden e gobernen. Por se non abondase, encarámanse sobre a suor dos
humildes. “Ti que non podes, lévame nas costas”. Que tesos van. E con
espuelas
Os desastres da guerra (1810-1815)
Isto é peor
Que coraxe!
Tampouco
Entretemento español, da serie sobre “Tauromaquia”
O Mourisco Gazul é o primeiro que laceou touros en regra 1815-16
A lixeireza e o atrevemento de Juanito Apiñani no couso de Madrid
O coloso1810-18
Na actualidade xa non é considerada unha obra da súa autoría
OS DIASPARATES
Disparate feminino, da serie “Disparates”
SOBRE OS CAPRICHOS DE GOYA
Para a cultura occidental os Caprichos de Goya exemplifican un mundo en crise, entendida esta idea no sentido do cambio. Conceptualmente revelan as fisuras dunha estrutura sociopolítica baseada nunha anquilosada estratificación e dun sistema de valores fundamentado no inmobilismo dos costumes e a tiránica opresión relixiosa das concienciasEsteticamente anticipan a sensibilidade moderna e o desprazamento cara a unha arte dominada pola subxectividade e a liberdade creativa Biograficamente, los Caprichos aparecen nunha das décadas máis decisivas na traxectoria vital e na produción artística de Goya. É por isto que as sucesivas xeracións de escritores, artistas e intelectuais dos últimos dous séculos non puideron substraerse á condición de símbolo dos Caprichos: símbolo da fin do Antigo Réxime, do cambio de gusto entre as estéticas clasicista e romántica, e da crise producida na biografía e na arte dun creador universal
A neglixencia, a tolerancia e o mimo
fan aos nenos antoxadizos, obstinados, soberbios, golosos,
petitosos, e insufribles, chegan a grandes e son cativos aínda. Tal como
o da rollona.
Os fillos dos grandes críanse sempre niñotes, chupándose o dedo,
atiborrándose de comida, arrastrados polos lacaios, cheos de dixes
supersticiosos, aínda cando xa son barbados
Mofa da artificiosa prolongación da infancia que sofren os fillos de casa
rica, caprichosos e inútiles a base de vivir como bebés. “O da Rollona, dez
anos e aínda mamaba”: frase feita contra a nai que impide a vida adulta
do filloO da rolllona Augaforte e augatinta bruñida
209 x 157 mm.
O si pronuncian e a man alongan ao primeiro que chega
Augaforte e augatinta bruñida215 x 150 mm.
Facilidade con que moitas mulleres se prestan a celebrar matrimonio agardando
vivir nel con máis liberdade
Os matrimonios fanse regularmente a cegas: as noivas adestradas polos seus
pais enmascáranse e atavíanse lindamente para enganar ao primeiro que
chega. Esta é unha princesa con máscara, que logo vai ser cun cadela cos seus vasalos, como o indica o reverso da
súa cara imitando un peiteado: o pobo necio aplaude estes enlaces; e detrás vén orando un embusteiro en traxe sacerdotal
pola felicidade da Nación (Vodas das Camaristas).
Crítica acerba dos casamentos por
interese ou razón política, en que Goya censura o que non sexa verdadeiro amor da parella e denuncia a dobrez da noiva, fermosa enmascarada, pero contenta co
seu sino. O tempo dirá como é
Que vén o CocoAugaforte e augatinta bruñida
219 X 154 mm
Abuso funesto da primeira educación. Hai que facer que un
cativo teña máis medo ao coco cá seu pai e obrigalo a termer o que
non existe
As nais parvas fan medrosos a seus fillos figurano o Coco; e outras peores válense destee artificio para estar cos seus
amantes a soas cando non poden apartar de si a seus fillos
Insensatez das nais que
aterrorizan a seus fillos con horrores imaxinarios, ás veces para lograr desentenderse das
criaturas ou afastalas cando non lles convén que sexan
testemuñas dunha falcatruada
Tal para cal
Augaforte, augatinta e punta seca
Moitas veces discutiuse sobre se os homes son peores cás mulleres ou o contrario. Os vicios duns e doutras
veñen da mala educación: onde quixer que os homes sexan perversos, as
mulleres serano tamén. Tan boa cabez ten a señora que se representa nesta estampa coma o “pisaverde” que lle
está a dar conversación; e en canto ás dúas vellas, tan infame é unha coma a
outra A Raíña e Godoy cando era garda e os burlaban as lavandeiras. Representa
uunha cita que lles proporcionaron dúas alcahuetas, que se está a rir mentres
fan que rezan o rosario.Dura estampa contra o atildamento,
feminino e masculino: o pisaverde pasa as súas horas en acicalamentos, como a coqueta, pendente non de ser, senón
de aparentar e apegada ás modas e non ao bo temple
Ninguén se coñece
Augaforte e augatinta219 x 153 mm.
O mundo é unha máscara: o rostro, o traxe e a voz, todo é finxido: todos queren
aparentar o que non son, todos engánanse e ninguén se coñece
Un Xeneral afeminado ou disfrazado de
Muller nunha festa, estallo pedindo a unha boa moza; el déixase coñecer polos
bordados da manga; os maridos están detrás, e en vez de sombreiros, aparecen con tremendos cornos coma un unicornio. A quen se tapa ben sáelle dereiito; a quen
non torto
A máscara de Carnaval non tapa, aínda que todos finxan que non saben quen son
e, así, obren ao seu antollo e podan complacerse. Pero o engano non existe
no carnaval da vida: nin os “cornos” poden, finalmente, disimularse
Non houbo remedio
Augaforte e augatinta bruñida 219 x 152 mm
A esta santa señora persíguena de morte. Despois de escribila a vida
sacan en triunfo. Todo o merece e se o fan por afrontala é tempo perdido.
Ninguén pode avergoñar a quen non ten vergonza
O baixo pobo é quen se divirte coas encorozadas, que só se castigan se
son pobres e feas, entón non hai remedio
Pobre muller, entre espectadores rudos ou pasivos e alguacís con cara de can que lle darán vergallazos. A Inquisición pon coroza ou cucurucho de infamia a unha infeliz espida e a Xustiza exhíbea diante do Pobo. Unha ignorancia sobre
outra
Si sabrá mas el discípulo?Aguafuerte, aguatinta y buril.
218 x 153 mm
No se sabe si sabrás más o menos, lo cierto es que el maestro es el
personaje más grave que se ha podido encontrar.
Un maestro burro no puede enseñar
más que rebuznar.
¿Acabará sabiendo más el alumno que su profesor? No. Todos acabarán
como lo que son: jumentos. Por mucho empeño que se ponga -viene a decir Goya-, de donde no hay, no se
puede sacar.
Mucho hay que chupar
Aguafuerte y aguatinta bruñida. 208 x 152 mm
Las que llegan a (los) 80 chupan
chiquillos; las que no pasan de los 18 chupan a los grandes. Parece que el
hombre nace y vive para ser chupado.
Los rufianes y alcahuetas desgracian centadas de chiquillos, dando drogas
para abortar cuando el secreto lo exige.
La superstición y la brujería hacían creer que las viejas podían vigorizarse con la sustancia vital de los niños. Chupar esa sustancia y “chupar” el dinero de quien
encarga el negro negocio. Mucho chupar.
Soplones
Aguafuerte y aguatinta bruñida. 208 x 153 mm
Los brujos soplones son los más
fastidiosos de toda la brujería y los menos inteligentes en aquel arte. Si
supieran algo no se meterían a soplones.
La confesión auricular no sirve más
que para llenar los oídos de los frailes de suciedades, obscenidades y
porquerías.
Quien denuncia desde el anonimato es un demonio que satisface al
depravado y crea un ambiente fétido (obsérvense abajo las fuentes de la
delación). Sólo maldad y alevosía hay en el alma hedionda del soplón.
Hasta la muerte
Aguafuerte y aguatinta bruñida 220 x 154 mm
Hace muy bien en ponerse guapa. Son sus días, cumple setenta y cinco años y
vendrán las amigas a verla.
Las mujeres locas lo serán hasta la muerte. Esta es cierta duquesa (la de
Osuna) que se llena la cabeza de moños y carambas, y por mal que le caigan no faltan quitones de los que
vienen a atrapar criadas, que aseguran a Su Excelencia que está divina.
Goya era amigo de los Osuna y es
difícil que su acerba crítica se refiera a la Duquesa. Reprocha a las mujeres de edad que se acicalen como jovencitas y crean a los pícaros parásitos (guitones)
que las requiebran por interés.