fora bolas 2014

2
Setembro 2014 Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada O colexio de Sada y sus Contornos está en obras, motivo polo que a Consellería de Educación desprazou aos nenos para o Albergue As Mariñas. Os pais víronse obrigados a ter que levar aos seus fillos a un centro que está no Concello de Bergondo e nin a Xunta do PP nin o Alcalde do PP de Sada daban ningunha solución a este problema. No ano 2009 tamén houbera que facer un traslado idéntico, pero daquela, co BNG na alcaldía, a solución foi rápida e eficaz: o Concello conseguiu que se puxera transporte para todos os nenos mentres duraron aquelas obras. O Alcalde de Sada non tiña agora que discorrer moito, só tiña que copiar o que fixo o BNG no seu día, cortar e pegar, como lle dixo o noso portavoz Xosé Lois Suárez Becerra. Pero parece que este Alcalde prefire non importunar os seus xefes do PP. A Xunta non quere gastar un euro en Sada e o Alcalde en vez de defender os intereses dos seus veciños, prefire preocuparse da súa carreira política e facerlle a pelota aos seus amigos da Coruña. Mentres tanto, pais, nais, nenos e nenas, teñen que acceder como puideron e polos seus propios medios ata Bergondo. Tivo que ser o BNG quen buscara solución, propoñendo esixir á Xunta os medios necesarios e de non facelo, contratar de inmediato desde o concello un servizo de transporte para todos os nenos mentres duren as obras. Como dixo o noso portavoz Xosé Lois Suárez Becerra no pleno, “o BNG actúa con responsabilidade, sentido común e eficacia para resolver os problemas dos veciños de Sada”. A moción do BNG foi aprobada por todos os concelleiros da corporación. E como recalcou o noso portavoz á saída do pleno, “O BNG está moi satisfeito por ter dado solución ao problema, pero máis aínda, por ser capaz de UNIR vontades para defender o futuro”. O PROBLEMA DO TRANSPORTE ESCOLAR: O BNG CONSEGUE UNIR VONTADES PARA DEFENDER O FUTURO O BNG está moi satisfeito por ter dado solución ao problema, pero máis aínda, por ser capaz de conseguir UNIR vontades para defender o futuro A Xunta non quere gastar un euro en Sada e o Alcalde en vez de defender os intereses dos seus veciños, prefire preocuparse da súa carreira política O BNG actúa con responsabilidade, sentido común e eficacia para resolver os problemas dos veciños de Sada www.blogoteca.com/bngsada [email protected] https://www.facebook.com/bng.sada @bngsada

Upload: manuel-perez-lorenzo

Post on 17-Jul-2015

282 views

Category:

News & Politics


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Fora Bolas 2014

Setembro 2014 Voceiro do Bloque Nacionalista Galego de Sada

O colexio de Sada y sus Contornos está en obras, motivo polo que a Consellería  de  Educación  despra‐zou aos nenos para o Albergue As Mariñas. Os  pais  víronse  obriga‐dos a ter que levar aos seus fillos a un centro que está no Concello de Bergondo e nin a Xunta do PP nin o Alcalde do PP de  Sada da‐ban  ningunha  solución  a  este problema. 

No ano 2009 tamén houbera que facer  un  traslado  idéntico,  pero daquela,  co  BNG  na  alcaldía,  a solución foi rápida e eficaz: o Con‐cello  conseguiu  que  se  puxera transporte  para  todos  os  nenos mentres duraron aquelas obras. 

O Alcalde de Sada non tiña agora que discorrer moito,  só  tiña que copiar  o  que  fixo  o BNG  no  seu día, cortar e pegar, como  lle dixo o noso portavoz Xosé Lois Suárez 

Becerra.  Pero  parece  que  este Alcalde prefire non importunar os seus  xefes  do  PP.    A  Xunta  non quere gastar un euro en Sada e o Alcalde  en  vez  de  defender  os intereses dos seus veciños, prefire preocuparse da súa carreira políti‐ca  e  facerlle  a  pelota  aos  seus amigos da Coruña. Mentres tanto, pais,  nais,  nenos  e  nenas,  teñen que  acceder  como  puideron  e 

polos  seus  propios  medios  ata Bergondo. 

Tivo que ser o BNG quen buscara solución,  propoñendo  esixir  á Xunta os medios necesarios e de non facelo, contratar de inmedia‐to desde o concello un servizo de transporte  para  todos  os  nenos mentres duren as obras. 

Como dixo o noso portavoz Xosé Lois  Suárez  Becerra  no  pleno,  “o BNG  actúa  con  responsabilidade, sentido  común  e  eficacia  para resolver  os  problemas  dos   veci‐ños de  Sada”. A moción do BNG foi aprobada por todos os conce‐lleiros  da  corporación.  E  como recalcou o noso portavoz á  saída do pleno, “O BNG está moi  satis‐feito  por  ter  dado  solución  ao problema,  pero  máis  aínda,  por ser capaz de UNIR  vontades para defender o futuro”. 

O PROBLEMA DO TRANSPORTE ESCOLAR:

O BNG CONSEGUE UNIR VONTADES PARA DEFENDER O FUTURO

O BNG está moi  satisfeito por ter  dado solución ao  

problema, pero máis aínda, por ser capaz de conseguir UNIR 

vontades para defen‐der o futuro  

A Xunta non quere  gastar un euro en Sada  e o Alcalde en vez de  defender os intereses  dos seus veciños,  prefire preocuparse da  súa carreira política 

O BNG actúa con responsabilidade, sentido común e  eficacia para resolver os problemas dos   veciños de Sada 

www.blogoteca.com/bngsada [email protected] 

https://www.facebook.com/bng.sada @bngsada  

Page 2: Fora Bolas 2014

AGORA TAMPOUCO DEIXAN PESCAR SARDIÑA O PP LEVA AO SECTOR PESQUEIRO Á RUÍNA

O  pasado  día  19  de  setembro  o Goberno  español  comunicaba outra decisión máis que  sitúa ao sector do  cerco  galego ao borde da desaparición: o peche, acorda‐do co Portugal, da pesca de sardi‐ña na costa cantábrica e atlántica. 

A actividade pesqueira, nomeada‐mente o sector do cerco, constitu‐íu historicamente e constitúe aín‐da hoxe un  sinal  identitario e un dos  elementos  fundamentais  da economía local de Sada. A día de hoxe aínda  son 81 as  familias as que viven directamente da pesca, ás  que  hai  que  sumar  todos  os postos de traballo que dependen directamente deste sector. 

Ao  longo  deste  ano,  os  traballa‐dores  do  mar  padeceron  deci‐sións tremendas da UE e do Esta‐do  español e só atoparon  incom‐petencia nos gobernantes estatais e submisión e dependencia abso‐luta  do  Goberno  da  Xunta.  No reparto do TAC da xarda, a Galiza correspondeulle  unha  cantidade insignificante ao  tomar como cri‐terio  o  histórico  de  capturas  dos anos 2002 a 2011, cando o repar‐to  global  facía  que,  ao  chegar  a xarda ás nosas costas, a cota esti‐vera xa esgotada e polo tanto, as posibilidades de pesca  tamén de‐saparecían  ao  rematarse  o  cupo asignado. Con 154 barcos de cer‐

co, á flota galega correspóndelle o 24,5%  das  cotas  de  xarda, men‐tres que a vasca, con 53 embarca‐cións, consegue un 50%.  

As cotas de xurelo  tamén  se vi‐ron  reducidas  nun  26% con res‐pecto  ao  ano  anterior,  redución que afectou á  costa  galega pero non á doutras comunidades. 

Agora, o peche da pesca de sar‐diña,  anunciado  por  sorpresa, confirma  a  decisión  dos  gober‐nos do Partido Popular, na Xun‐ta  e no Estado, de  conducir ao sector pesqueiro, unha das prin‐cipais  fortalezas económicas de Galiza, ao  seu desmantelamen‐to definitivo. 

O peche da pesca  de sardiña confirma  

a decisión do  Partido Popular de conducir ao sector pesqueiro ao seu  

desmantelamento definitivo