filla do ladrÓn de bicicletas

5

Click here to load reader

Upload: churci-churci

Post on 15-Mar-2016

309 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Traballo feito para falar coa autora do libro

TRANSCRIPT

Page 1: FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS
Page 2: FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

“A FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS”

DE TERESA GONZÁLEZ COSTA ILUSTRADA POR JACOBO FERNÁNDEZ SERRANO

Teresa González Costa (O Grove, 1975) Licenciada en Filoloxía Inglesa e Italiana, con estudos da Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Realiza en paralelo unha formación teatral, tanto en Galicia como en Italia e Francia. É actríz en diversas compañías, talleres de teatro, danza e voz; seminarios. Como docente, impartiu cursos de teatro en centros educativos, creando varias obras. Viviu en Ginebra varios anos realizando guiones para un programa radiofónico, na sección Teatro, e asistindo a cursos de dramaturxia baseados na obra de Jean-Luc Lagarce. Na mesma cidade participou nunha produción da Comédie de Genéve, despois dun taller anual. É autora de pezas de teatro publicadas en Fervenza e Laiovento. Foi mención especial no certame Barriga Verde 2004, e finalista no Rafael Dieste 2005. No ano 2008 consigue o XVII Premio Álvaro Cunqueiro e o 3º Premio Manuel María. En 2010 gaña o 25 Premio Merlín de Literatura Infantil (Premios Xerais 2010).

Nace en Vigo (Pontevedra) 1971. Jacobo Fernández Serrano Ilustrador, pintor e autor de banda deseñada. Vencedor do III Premio Castelao da Deputación da Coruña coa obra As Aventuras de Cacauequi (2007). Candidato aos premios do Saló de Barcelona de 2009 como autor revelación grazas a dúas obras de 2008, os álbumes de Archimboldo Roque e de Cacauequi. É licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid en 1994.

Page 3: FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

Para que coñezas todo o que fixemos...

Limos o teu libro, “A filla do ladrón de bicicletas” na aula e na biblioteca, sempre despacio.

• A profe quería que comentaramos cousas • Que aprenderamos a resumir • Que coñeceramos novas palabras.

Parámonos en frases que non coñecíamos, en palabras que nos parecían extranas. Dedicamos tamén tempo a observar os debuxos e a comentalos.

• Falamos dos sentimentos dos protagonistas • Fixámonos e comentamos as accións distintas dos diferentes

protagonistas...

Ao final, entre os dous quintos xuntos, fixemos un repaso pola obra e consensuamos as nosas lagoas, preguntas, dúbidas...

Adxectivos para o teu libro:

Bonito, bó, divertido, aventureiro, educativo, didáctico, precioso, excelente,

maravilloso, expresivo, fantástico, gracioso, tenro...

Tamén nos gustaron os debuxos:

Expresivos, divertidos, algúns maravillosos como o que reflexa os sonos de Serafina, ou o que nos fai notar o triste que estaba Serafina, a contraluz, na casa de Milo...

Page 4: FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

Recreamos algunhas lagoas que nos quedaron, esperamos que sexan do teu gusto

¿Verá Serafina ao seu pai? Nunha das postais que o pai de Serafina lle deixara a Ester, a taquilleira, decíalle que ía a visitar ao vello Elías de cando en vez, sempre en luns... Un dos días que Serafina visitaba ao vello Elías, encontrouse co seu pai, estaba sentado nunha cadeira manchada de graxa, foi correndo cara el e deulle unha gran aperta... ¿Perdoará Serafina a súa tía Perfecta? ¿Que foi da tía Perfecta? A tía Perfecta, despois da vergoña pasada polas súas mentiras, reflexionou e amigouse co seu antigo noivo, o vello Elías, quen estaba tan contento por ser membro da Royal Geographic Society de Londres e por poder recuperar a súa avioneta, que perdoou as súas debilidades. Pouco a pouco e a través das visitas que lle facía ao vello Elías, Serafina, foise dando conta de que a súa tía actuara levada pola amargura e acabou por perdoala, aínda que dudou ao principio, decidiu o mellor, tiña moi bo corazón e era demasiado boa para manterlle rencor, porque, á fin, déralle un teito no que permanecer... De cando en vez, a tía Perfecta viaxa coas súas amigas perfectas a comprar galletas holandesas e máis cousas perfectas, isa costume, non a perdeu. ¿Seguiron sendo amigos Sefafina e Milo? Serafina e Milo seguiron sendo moi amigos, unha amizade tan grande como a que tiveran non a podería romper a distancia ou o traballo do circo, de feito, Serafina, sempre que pasa co seu circo pertiño de onde vive Milo e a súa familia, mándalles entradas para que poidan vela... aínda se lles ve pasear aos dous en bici cando teñen ocasión...

Page 5: FILLA DO LADRÓN DE BICICLETAS

Algunhas preguntas que nos gustaría que responderas, porfa:

¿Es amiga de Jacobo, o ilustrador do teu libro, e ten algo que ver coa amizade que teñen Serafina e Milo? ¿Que lle pasou á nai de Serafina? ¿Era o pai de Serafina, verdadeiramente, un ladrón?, ¿foi esa a razón pola que marchou? ¿De onde ven o parentesco que teñen Serafina e a súa tía? Entre a primeira parte da historia, a nenez de Serafina, e o final da historia, cando debuta no circo, ¿que pasou con Serafina, con quen viviu, quen a coidou, seguiu na súa vila? ¿Escribirás unha segunda parte para este libro?