fif abril 2015

8
Fif Boas a todos e todas, Nesta pequena publicación, trataremos de recoller distintas actividades e proxectos que se foron desenvolvendo nos últimos meses nos nosos cinco centros xuvenís que conforman a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galiza (C.X. Abeiro en A Coruña, A.X. Abertal en Vigo, A.X. Amencer en Ourense, C.X. Ateibo en Lugo e C.X. Don Bosco en Santiago de Compostela). E por suposto, non quería deixar pasar a oportunidade de agradecer a todas e todos os membros que fan posible que os nosos centros xuvenís continúen co seu traballo nestes momentos tan complicados e, dun xeito especial, aos voluntarios e voluntarias que adican o seu tempo, esforzo e ilusión ao traballo coa infancia e a mocidade na nosa Comunidade. Agardamos que esta revista teña unha boa acollida, e poidamos seguir a informar e facervos partícipes do noso traballo en videiras publicacións. Un saúdo, Diego Portos García Presidente da Federación Don Bosco Un saúdo a todos e todas os que pertencemos aos centros xuvenís Abeiro, Abertal, Amencer, Ateibo e don Bosco, que a súa suma é xustamente a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia. Graciñas por estar nun equipo de animación que oferta boas novas á xente moza! Contamos contigo, conta con nós! Xulio César Iglesias Blanco Xerente da Federación Don Bosco Folla informativa da Federación

Upload: federacion-de-centros-xuvenis-don-bosco-de-galicia

Post on 21-Jul-2016

238 views

Category:

Documents


5 download

DESCRIPTION

Folla informativa da Federación. Abril 2015

TRANSCRIPT

Page 1: Fif abril 2015

Fif Boas a todos e todas,

Nesta pequena publicación, trataremos de recoller distintas actividades e proxectos que se foron desenvolvendo nos últimos meses nos nosos cinco centros xuvenís que conforman a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galiza (C.X. Abeiro en A Coruña, A.X. Abertal en Vigo, A.X. Amencer en Ourense, C.X. Ateibo en Lugo e C.X. Don Bosco en Santiago de Compostela).

E por suposto, non quería deixar pasar a oportunidade de agradecer a todas e todos os membros que fan posible que os nosos centros xuvenís continúen co seu traballo nestes momentos tan complicados e, dun xeito especial, aos voluntarios e voluntarias que adican o seu tempo, esforzo e ilusión ao traballo coa infancia e a mocidade na nosa Comunidade.

Agardamos que esta revista teña unha boa acollida, e poidamos seguir a informar e facervos partícipes do noso traballo en videiras publicacións.

Un saúdo,

Diego Portos García

Presidente da Federación Don Bosco

Un saúdo a todos e todas os que pertencemos aos centros xuvenís Abeiro, Abertal, Amencer, Ateibo e don Bosco, que a súa suma é xustamente a Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.

Graciñas por estar nun equipo de animación que oferta boas novas á xente moza! Contamos contigo, conta con nós!

Xulio César Iglesias Blanco

Xerente da Federación Don Bosco

Folla informativa da Federación

Page 2: Fif abril 2015

O reto da Operación Quilo semellaba complicado este ano: proporcionar alimentos a mais familias que nos anos anteriores e con menos recursos, pois supermercados de grandes cadeas deixaron de colaborar connosco...

Aínda así, se algo aprendemos foi que grao a grao fanse montañas, neste caso de alimentos. Podería-mos falar de números (77 familias, 286 persoas, 3872 quilos, 113 nenos/as...) pero o que realmente nos gostaría facer é agradecer a todas as persoas que quilaboraron connosco a súa axuda, en especial á Asociación de veciños Atochas-Monte Alto, ó equipo de fútbol sala 5 Coruña, ó IES Ramón Menéndez Pidal, ós ultramarinos do noso barrio, ó equipo de fútbol gaélico Fillos de Breogán e á Cova Céltica.

Mais de 100 mozos/as voluntarios participaron na campaña de recollida de alimentos NADAL SOLIDARIO CONTIGO organizada pola Asociación Xuvenil Abertal, o Colexio Salesianos “María Auxiliadora” e a Parroquia

María Auxiliadora. Recolléronse alimentos non perecedoiros, clasificáronse para despois facer lotes e repartilos dende a Cáritas Parroquial entre familias mais necesitadas do entorno da nosa parroquia e así facerlles máis levadeiro o Nadal.

Centros xuvenís solidarios

Page 3: Fif abril 2015

Nos meses de Novembro e decembro dende Amencer organizamos a 28ª Operación Quilo. Este ano invitamos a toda a cidade a contar con eles para ofrecer un Nadal máis solidario, algo que logramos grazas a colaboración de todos os ourensáns e tal e como demostran os números: participaron 287

comercios, 42 supermercados, 18 empresas, 17 eventos solidarios con outras entidades da cidade, 61 puntos de recollida entre colexios e espazos públicos e máis de 300 voluntarios. Que resultado tivo todo esto? En total 26.920 quilos de comida recollidos, 803 quilos de xoguetes, 2.300 quilos de roupa e arredor de 4.000€ que axudaron a máis de 1573 familias cun total de 4.706 persoas.

Este ano no Bosco realizamos nos meses de novembro e decembro a nosa tradicional campaña “Un Quilo, un sorriso”, con diversas actividades para potenciar actitudes solidarias e comprometidas coa realidade que están a vivir algunas familias de Compostela e do Terceiro Mundo: Torneos 3x3 de baloncesto e de futbol sala onde se entregaban quilos de comida para participar, un encontro de sensibilización con Cáritas, ademáis da recollida de

alimentos polos barrios de San Pedro e Fontiñas por parte de rapaces, familias e animadores do centro. En total puidemos repartir 2.431 quilos entre familias que o necesitaban da cidade, xunto con 1.000€ para os proxectos solidarios apoiados pola Federación.

Page 4: Fif abril 2015

Festexando o Bicentenario

En Ateibo celebramos o día de don Bosco cos nenos e nenas nunha actividade conxunta moi especial: preparamos un festival, o BOSCOVISIÓN. Divididos por grupos representamos cunha canción e un baile os lugares máis importantes da vida de don Bosco: I Becchi, Turín, Chieri, Castelnuovo... tivemos ata xurado! Os ADS fixeron tamén un stop motion moi orixinal con plastilina.

Os animadores, por outra parte, participamos das celebracións que tiveron lugar na parroquia e na catedral, para despois terminar o finde cunha cea!

En Santiago a celebración do Bicentenario do nacemento de Don Bosco estivo presente durante todo o mes de xaneiro con diferentes actividades dirixidas aos distintos grupos de destinatarios presentes na obra dos salesianos de Santiago. No caso do Centro Don Bosco o día 31 de Xaneiro pola tarde comenzamos a festa cunha actuación que levaba o nome de "Non

te cortes coa ópera", para todos os públicos; ás 20,30h celebramos a Eucaristía que presidiu o Bispo Auxiliar de Santiago; despois dun aperitivo, fogos artificiais e moita alegría rematamos a xornada cunha tirolina para que os máis aventureiros viviran emocións fortes. Durante todo o mes tivemos concursos para rapaces e animadores, sobre Don Bosco; Boas Tardes sobre Don Bosco, lanzamento de globos o venres 30 e todo o mundo recibiu algún agasallo de Don Bosco (libros, tebeos, adhesivos, postais, …).

Page 5: Fif abril 2015

O sábado 31 de Xaneiro festexamos o día de Don Bosco cun grande xogo: unha xincana onde en cada proba ademais de xogar coñecíamos unha parte da vida de Don Bosco rematando todos xuntos nunha foto cun gran mural que ao longo da actividade fomos decorando cos símbolos das distintas agrupacións do Itinerario entorno á figura de Don Bosco, coa súa tarta de bicentenario e todo!

Pola tarde unha representación do centro xuvenil participou na eucaristía e posterior xantar co persoal de toda a obra e a comunidade.

Xoán Bosco non é só noso. Esta foi a filosofía coa que quixemos celebrar en abertal a festa de Don Bosco neste ano do bicentenario. Abertal converteu a festa de Don Bosco nunha singular xornada de

portas abertas desde o 30 á tardiña até a noite do 31. Unha vixilia xuvenil dando grazas pola vida e polo compromiso de Don Bosco, que chega ata nós. Unha festa italiana. comida típica, selección de música, tarta e foguetes de cores á media noite... Unha xornada especial en Alternativa Vaivén aberta ás familias. E toda unha tarde de inchables, obradoiros, música, tarta do bicentenario... aberta a todo o barrio e á cidade.

Como é habitual neste mes de Xaneiro as actividades comezan a coller unha cor especial, a cor que lle da a festividade de Xoán Bosco; pero moito máis especial se cabe neste 2015 co motivo do bicentenario do seu nacemento. O 31, coincidindo sábado tivemos as nosas celebracións: pola mañá a velada artística dos

rapaces do itinerario na que puidemos gozar coas actuacións preparadas durante as últimas actividades e pola tarde-noite unimonos a celebración na Catedral que tiña toda a obra de Ourense e continuamos a festa con deportes, rastrexos, actividades abertas, cea e rematamos cunha tirada de fogos, para festexar o bicentenario, que xa fixeramos pola mañá cos rapaces sacando a foto de rigor.

Page 7: Fif abril 2015
Page 8: Fif abril 2015

30 de marzo-6 de abril: Mañás de Semana Santa (TODOS os CCXX)

30 de marzo-6 de abril: Tempos de Diversión en Amencer

30 de marzo-6 de abril: A Tope na Ponte Semana Santa en Amencer

12 de abril: Consello Permanente en Compostela (TODOS os CCXX)

17-19 de abril: Asemblea Inspectorial de Centros Xuvenís en León (TODOS os CCXX)

20-26 de abril: III Semana Solidaria en Abeiro

10 de maio: Día da Federación en Compostela

Reserva as datas...

A Confederación de Centros Xuvenís Don Bosco, xunto con outras entidades de traballan con voluntariado, acaban de presentar o proxecto “Reconoce”, que promove o recoñecemento das competencias que adquirimos como voluntarios. Neste proxecto conformarase a Rede de organizacións Reconoce, composta por organizacións de tempo libre educativo que queiran acreditar a experiencia dos seus voluntarios. Acaban de presentar o estudo “La situación del voluntariado juvenil ante el empleo: competencias y empleabilidad”, onde se desvela que facer voluntariado mellora considerablemente las posibilidades de atopar un empleo. Neste estudo tamén se desvela que “Traballo en equipo, Optimismo e entusiasmo, Comunicación interpersonal e Analizar e resolver problemas”, son as competencias personais mellor valoradas por o voluntariado. Ao través deste proxecto desenrolarase un Sistema presencial e online de acreditación non formal da acción voluntaria, na que os voluntarios poderán realizar o proceso de acreditación de forma online e de forma presencial desde a rede de "Puntos de acreditación" que se formará a tal efecto. Dende a Federación estaremos atentos a este proxecto noso e avisaremos a todos os voluntarios para que poidamos acreditar a nosa acción voluntaria.

Folla informativa da Federación - abril 2015