expediente: 15/00384/17 -...

2
Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste no rural Asunto: Contestación ao escrito presentado por Miguel Angel Delgado Gonzalez Expediente: 15/00384/17 1. O 15 de abril de 2018, Miguel Angel Delgado Gonzalez presenta, ante a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña, solicitude de reintegro por alcance de subvencións contra Marcos Luis Ortega Quintana no expediente 15/00384/17, e denuncia por actividades ilegais, insalubres, ambientais e carentes de licenza municipal. 2. O 19 de abril de 2018 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural solicita informe en relación á devandita subvención. 3. O expediente de axuda 15/00384/17 rexese pola Orde do 29 de marzo do 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017. 4. Unha vez revisada a documentación presentada polo demandante, onde solicita que se acorde o inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida a Marcos Luis Ortega Quintana por alcance de subvencións, cabe sinalar que: Pola Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias tense concedido subvención a D Marcos Luis Ortega Quintana con fundamento na Orde do 29 de marzo do 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017, pola submedida 6.3 creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (procedemento MR405B). Mediante Resolución de 12 de decembro de 2017 pola que se da publicidade das axudas concedidas ao amparo da Orde de 29 de marzo de 2017, e que foi obxecto dunha corrección de erros, a subvención que se lle outorga é de 15.000 euros para a creación de empresas para desenvolver pequenas explotacións. A solicitude de subvención axústase ás bases reguladoras aprobadas por Orde de 29 de marzo de 2017. Conforme ás citadas bases o que se subvenciona é o desenvolvemento dunha actividade económica concretada nun plan empresarial que debe xustificar a viabilidade económica da explotación. 1 CVE: IAeXJZNFQ8 Verificación: https://sede.xunta.gal/cve

Upload: vanquynh

Post on 04-Nov-2018

215 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Expediente: 15/00384/17 - xornalgalicia.comxornalgalicia.com/attachments/article/6552/Resp_M.A_Delgado_Glez.pdf · Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste

Fondo Europeo Agrícola deDesenvolvemento Rural:Europa inviste no rural

Asunto: Contestación ao escrito presentado por Miguel Angel Delgado Gonzalez

Expediente: 15/00384/17

1. O 15 de abril de 2018, Miguel Angel Delgado Gonzalez presenta, ante a Xefatura Territorial daConsellería do Medio Rural da Coruña, solicitude de reintegro por alcance de subvencións contraMarcos Luis Ortega Quintana no expediente 15/00384/17, e denuncia por actividades ilegais,insalubres, ambientais e carentes de licenza municipal.

2. O 19 de abril de 2018 a Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural solicita informe enrelación á devandita subvención.

3. O expediente de axuda 15/00384/17 rexese pola Orde do 29 de marzo do 2017 pola que seestablecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotaciónsagrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresaspara o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola deDesenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia2014-2020, e se convocan para o ano 2017.

4. Unha vez revisada a documentación presentada polo demandante, onde solicita que se acorde oinicio do procedemento de reintegro da subvención concedida a Marcos Luis Ortega Quintanapor alcance de subvencións, cabe sinalar que:

Pola Dirección Xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias tense concedidosubvención a D Marcos Luis Ortega Quintana con fundamento na Orde do 29 de marzo do2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentosnas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para acreación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas coFondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa dedesenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017, polasubmedida 6.3 creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións(procedemento MR405B).

Mediante Resolución de 12 de decembro de 2017 pola que se da publicidade das axudasconcedidas ao amparo da Orde de 29 de marzo de 2017, e que foi obxecto dunha correcciónde erros, a subvención que se lle outorga é de 15.000 euros para a creación de empresas paradesenvolver pequenas explotacións.

A solicitude de subvención axústase ás bases reguladoras aprobadas por Orde de 29 demarzo de 2017. Conforme ás citadas bases o que se subvenciona é o desenvolvemento dunhaactividade económica concretada nun plan empresarial que debe xustificar a viabilidadeeconómica da explotación.

1CVE

: IAe

XJZN

FQ8

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve

Page 2: Expediente: 15/00384/17 - xornalgalicia.comxornalgalicia.com/attachments/article/6552/Resp_M.A_Delgado_Glez.pdf · Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste

Fondo Europeo Agrícola deDesenvolvemento Rural:Europa inviste no rural

A axuda consiste nunha prima de 15.000 euros para a execución do plan empresarial noprazo de 18 meses desde a aprobación da axuda. Razón pola que as bases da convocatoria soesixen a presentación do plan empresarial, ao marxe das actuacións materiais que debarealizar o peticionario da subvención para xustificar a posta en marcha dese plan. Hai quepuntualizar que esta non é unha axuda a investimentos, se non que é unha axuda vinculada ácorrecta execución dun plan empresarial, razón pola que no resulta necesario xuntar adocumentación relativa ás licenzas que, no seu caso, foran necesarias para dita execución.

Esta axuda abónase en dous tramos :o un 60 por cen cando se acredite que se iniciaron as actuacións indicadas no plan

empresarial no prazo máximo de 9 meses desde a concesión da axuda, xustificandoter iniciado o plan empresarial.Segundo a información á que accedeu este servizo, o beneficiario solicitou esteprimeiro pago en prazo, que actualmente atópase en fase de comprobación do iniciodo plan empresarial.

o o 40 por cen restante cando se comprobe a correcta execución do plan empresarial,no prazo máximo de 18 meses desde que se concede a axuda.

5. É por iso que será no momento no que transcorran os citados prazos no que se deberá acreditar acorrecta execución do plan empresarial presentado. E tamén será nese momento no que severificará o estrito cumprimento das bases da convocatoria e, se fora o caso, adoptaranse asdecisións correspondentes.

6. Con todo o exposto, ata que se produza un incumprimento segundo as bases reguladoras destesaxudas, non resulta posible acordar reintegro algún.

Santiago de Compostela,Asinado dixitalmente,

Xefe do Servizo de Explotacións Subdirector Xeral de Explotacións Agrariase Asociacionismo Agrario Nicasio Mejuto MartíPablo Gomez Casas

2CVE

: IAe

XJZN

FQ8

Verif

icac

ión:

http

s://s

ede.

xunt

a.ga

l/cve