el arte de amar de erich fromm... por alba Álvarez fernández

17
ALBA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ. 1º BACHARELATO. “Filosofía e Cidadanía” I.E.S. OTERO PEDRAYO (Ourense). PROF: Luís Martínez Costas.

Upload: dpto-filosofia-ies-otero-pedrayo-ourense

Post on 03-Jul-2015

1.516 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Page 1: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

ALBA ÁLVAREZ FERNÁNDEZ.1º BACHARELATO.“Filosofía e Cidadanía”I.E.S. OTERO PEDRAYO (Ourense).PROF: Luís Martínez Costas.

Page 2: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

1. Cales son os pasos necesarios para aprender calquera arte?

O proceso de aprendizaxe dunha arte pode dividirse en dúas partes:

-No dominio da teoría.

-No dominio da práctica.

O que significa é que en toda destreza artística debemos adquirir en primeiro lugar, unha serie de coñecementos teóricos que se chegarán a dominar a través da práctica.

Page 3: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

2. Cal é a fonte da culpa e da angustia? Explícao.

A fonte deste forte sentimento de angustia é a separatidade, o que

significa estar illado do mundo, que éste poida invadirnos sen que

teñamos a posibilidade de reaccionar ante el.

Estamos a falar dunha das situacións das que o home pretende

fuxir buscando diversas solucións, tales como o alcol ou as

drogas, alternativas que máis qe solucións supoñen un problema

máis, un GRAN PROBLEMA!

Page 4: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

Separatidade...

Page 5: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

3. Cales foron os distintos xeitos de tentar eliminar a separación entre individuo e sociedade?

Existen tres modos diferentes de crear un forte vínculo entre

individuo e sociedade. Nos sistemas dictatoriais utilizan ameazas

e terror para inducir esta conformidade, mentres que nos sistemas

democráticos, son a suxestión e a propaganda as responsables de

tal unión.

E unha terceira forma é a actividade creadora, do artista ou

cortesano, na que o home únese ao mundo no proceso de creación.

Pero este último punto, non se cumpre no mundo actual, posto

que o traballador convértese nunha sinxela peza dunha cadea

interminable. Así pois, a solución plena atópase no logro da unión

interpersoal, a fusión con outra persoa, estamos falando do amor.

Page 6: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

4. Cales son as diferencias entre o amor materno e o amor materno?

Cando nos referimos ao amor materno estamos a falar dun amor

incondicional. A nai ama ao recén nacido porque é o seu fillo, non

porque o neno satisfaga algunha condición específica nin porque

encha as súas aspiracións particulares.

Mentres que o amor paterno é condicional, posto que o seu

principio é “ámote porque enches as miñas aspiracións, porque

cumpres co teu deber, porque eres coma min”.

Así pois, a función da nai baséase en dar seguridade e vida,

mentres que a do pai consiste en ensinarlle e guialo na solución

dos problemas que lle plantexa a sociedade particular na que

naceu.

Page 7: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández
Page 8: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

5.   Cal é a clase máis fundamental do amor? Por que?

A clase de amor máis fundamental é o amor fraternal,

porque por el enténdese o sentido da responsabilidade,

coidado e coñecemento con respecto a calquera persoa.

Porque nel se realiza a experiencia de unión entre tódolos

homes, é dicir, que todos somos un.

Así que, trátase dun amor entre iguais, que se basea no

hoxe por ti, mañá por min, posto que todos precisamos

axuda.

Page 9: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

6.  É o amor erótico un sentimento? Explícao.

O amor erótico confúndese facilmente coa experiencia explosiva

de “enamorarse”, pero cando nos referimos a este tipo de amor

simplemente estamos falando dunha sinxela atracción física entre

individuos. Atracción da que poden chegar a florecer sentimentos

importantes, así pois non se trata dun sinxelo concepto.

Page 10: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

7.  Cales son os principios nos que se basea a sociedade capitalista?  Cal  é o resultado desta situación para o home moderno?

A sociedade capitalista baséase en varios principios: no principio

de liberdade política, por un lado, e no do mercado como regulador

de tódalas relacións económicas e polo tanto sociais, polo outro.

Como resultado, o home moderno perde o sentido de si mesmo, dos

seus semellantes e da natureza. Acaba por transformarse nun

sinxelo artículo, pois experimenta as súas forzas como un medio

para conseguir o máximo de beneficios posibles nas condicións

imperantes no mercado.

Posto que cada individuo busca a súa seguridade manténdose

preto do rabaño e sendo idéntico en canto a pensamentos,

sentimentos e accións. Sen embargo, non poden evitar esa forte

sensación de soidade da que están rodeados.

Page 11: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández
Page 12: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

8. Cal é a ideal típico do matrimonio deste tipo de sociedade capitalista? Cales son as súas deficiencias?

O matrimonio ideal descrito é o dun equipo que funciona sen

dificultades, así pois, o marido debe “comprender” a súa esposa

e axudala, mentres ela debe mostrarse comprensiva cando o seu

esposo regresa ao seu fogar fatigado e de mal humor, debe escoitar

os seus problemas no traballo e non enfadarse cando este se

esquece do seu aniversario.

As deficiencias deste tipo de matrimonios atópase en que a mutua

satisfacción sexual supón a base deste tipo de relación amorosas.

Page 13: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández
Page 14: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

9.  Cales son os distintos tipos do pseudoamor?

- Amor filial aos pais.

- Amor idolátrico: tendencia a “idolizar” á persoa amada.

- Amor sentimental: cuya esencia consiste en que o amor só se

experimenta na fantasía e non no aquí e agora da relación con

outra persoa real.

Outro aspecto do amor sentimental é a “abstractificación”, é dicir,

unha parella pode sentirse conmovida polos recordos do seu pasado

amoroso, aínda que non experimentaran amor algún cando ese pasado

era presente.

- Dentro do amor neurótico atoparíanse os mecanismos proxectivos,

que consisten en evadirse dos propios problemas e centrarse,

en cambio, nos defectos e fraquezas da persoa amada.

Page 15: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

10. De que trata o último capítulo?

En todo proceso de práctica de calquera arte requírese unha serie de

principios tales como a disciplina, a concentración, a paciencia

e a preocupación. Principios dos que carece a sociedade actual,

guiada polo desexo de conseguir os obxectivos no menor tempo

posible, da ausencia de momentos de soidade, nos que aprendemos a

vivir con nós mesmos, sen estar rodeados de cousas materiais...

Así pois, existe un sistema totalmente incompatible coa capacidade

de amar. Vivimos nun mundo no que todo se rexe polo comercio e no

que a máxima preocupación se atópa no propio individuo.

Page 16: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

“O único que queda é o amor”

Page 17: El arte de amar de Erich Fromm... por Alba Álvarez Fernández

“El arte de amar” trátase dun libro realmente interesante, no que se descobren numerosos aspectos sobre ese sentimento que, sen dúbida, todos experimentamos e do que apenas sabemos nada.

Por último, tan só dicir que debería ser obrigatoria a lectura de obras como a que aquí se mostra, pois nos axuda a comprender certas características sobre o amor, diversos tipos de amor e sobre todo a ser conscientes na influenza que exerce a sociedade na que vivimos sobre el mesmo.