ed1 - usc.es · curso académico 2017/2018 grao en quÍmica: traballo fin de grao (tfg)...
TRANSCRIPT
Curso Académico 2017/2018 GRAO EN QUÍMICA: TRABALLO FIN DE GRAO (TFG)
DEPARTAMENTO: Edafoloxía e Química Agrícola
Título do proxecto: Estudo das propiedades espectroscópicas de cálculos dentais e tecido óseo en esqueletos humanos de contextos arqueolóxicos
Titor/a: Olalla López Costas DNI
Cotitor/a: DNI
Palabras clave TFG (keywords)
Bioapatita, colágeno, cálculos dentales, geoquímica, alimentación
CONTEXTO E OBXECTIVOS1
Traballarase con esqueletos de dúas poboacións galegas costeiras medievais (séculos XII-XV) que en estudos previos mostraron ter tido diferente alimentación (maior/menor cantidade de produtos do mar e millo miúdo na dieta). En cada individuo analizaránse mostras de óso e de cálculos dentais. A composición físico-química de ambos tecidos están moi influenciadas pola alimentación.
O obxetivo desde TFG é afondar no coñecemente composicional e estructural do óso (detectando as sinais de bioapatita e coláxeno) e dos cálculos dentais. Así mesmo, explorarase a relación dos resultados obtidos coa paleodieta..
LUGAR E GRUPO DE INVESTIGACIÓN/UNIDADE DE REALIZACIÓN
Facultade de Bioloxía, Laboratorio xeral e de osteoarqueoloxía do grupo Ciencias do Sistema Terra GI-1553 http://imaisd.usc.es/grupoficha.asp?idpersoatipogrupo=75438&i=es&s=-2-26-148
DESCRICIÓN PRECISA DO TRABALLO A REALIZAR POLO(A) ESTUDANTE
• Preparación de mostras (≈100) de óso humano (costela) e cálculos dentais de esqueletos medievais (séculos XII-XV)de necrópoles galegas (secado, moenda).
• Medición de FTIR-ATR
• Identificación e asignación de picos
• Reconstrución dos procesos usando estatística multivariante
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2017
O(s) abaixo asinante(s) declara(n) que dispón (dispoñen) dos medios materiais precisos para levar a cabo este proxecto.
Asdo.: Titor Asdo: Cotitor
1Tanto os obxectivos como o plan de traballo deben ser realistas, tendo en conta o nivel do alumnado ao que se oferta o proxecto
(alumnado do 4º curso do Grao en Química), como o tamaño da materia (15 ECTS que suporán un máximo de 225 horas de traballo e 150
de traballo non presencial). A Comisión do Traballo Fin de Grao valorará estes dous aspectos á hora de aceptar a proposta de proxecto
ofertada polo(s) profesor(es)/investigador(es).
ED3
Curso Académico 2017/2018 GRAO EN QUÍMICA: TRABALLO FIN DE GRAO (TFG)
DEPARTAMENTO: Edafoloxía e Química Agrícola
Título do proxecto: Fraccionamento químico do carbono orgánico de solos con características podzolicas de Portugal.
Titor/a: Xabier Pontevedra Pombal DNI
Cotitor/a: DNI
Palabras clave TFG (keywords)
Carbono, Solo, Cambio Climático, Resilencia
CONTEXTO E OBXECTIVOS1
A Península Ibérica está considerada como unha área hipersensible ao cambio climático considerándose, nos escenarios máis drásticos, que moito do carbono terrestre almacenado pode comezar a mineralizarse e transformarse en CO2, que se emitirá a atmosfera. De xeito que os solos, os principais almacéns deste carbono, transformaránse de sumidoiros en fontes atmosféricas. Sen embargo, neste contexto non hai un coñecemento exhaustivo sobre como os mecanismos de formación e evolución dos solos pode favorecer ou reducir esta emisión. Un dos tipos de solos que máis carbono acumula son os podzoles, pero a información sobre o tipo de fraccións químicas nas que se acumula non está ben definido, cuestión clave para avaliar o grado de resiliencia da materia orgánica do solo. O obxectivo xeral é coñecer as características das fraccións químicas da materia orgánica en solos podzólicos de Portugal, co fin de comprender mellor cal pode ser a súa capacidade de resiliencia ante un eventual quecemento climático.
Neste TFG, dentro do obxectivo xeral, os obxectivos concretos son: - Caracterizar a materia orgánica de solos podzólicos de Portugal.
- Identificar os mecanismos edáficos asociados ao fraccionamento da materia orgánica destes solos. - Identificar as implicacións ambientais derivadas do estudo.
LUGAR E GRUPO DE INVESTIGACIÓN/UNIDADE DE REALIZACIÓN
Dpto. Edafoloxía e Química Agrícola (Fac. Bioloxía), Grupo de Estudios Ambientais (GI-1243 GEMAP).
DESCRICIÓN PRECISA DO TRABALLO A REALIZAR POLO(A) ESTUDANTE
- Cuantificación das fraccións químicas de carbono orgánico do solo: total, non oxidable, oxidable, humificado, lábil; - Análise bibliográfica - Análise de resultados - Interpretación dos datos en relación aos principais procesos edáficos e no contexto do cambio climático
Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2017
O(s) abaixo asinante(s) declara(n) que dispón (dispoñen) dos medios materiais precisos para levar a cabo este proxecto.
Asdo.: Titor Xabier Pontevedra Pombal

ED5