Download - Sandiás (Nº 22)

Transcript
Page 1: Sandiás (Nº 22)

◆ Servizos Sociais e Infraestruturas, capítulos clave no orzamento de 2014.

◆ O Concello desenvolve proxectos de mellora da eficiencia enerxética.

◆ Centos de persoas acudiron a honrar ó San Bieito da Uceira.

◆ A Carreira Popular da Torre, entre as citas sobranceiras da Limia.

A mellora das infraestruturascentrou varios proxectos pro-movidos polo Concello de San-diás nos últimos meses. Taménse reformaron a praza do Con-cello, as escolas de Couso ePiñeira, e se adquiríu un antigoedificio para uso municipal.

A mellora do medio ambiente éoutra das prioridades do Conce-llo de Sandiás. Realizáronse ac-tuacións para eliminar vertedoi-ros incontrolados e, en colabo-ración coa Xunta de Galicia,estivo operativa unha brigada deincendios e traballos forestais.

O Punto de Atención á Infanciaé a primeira escola dos máisnovos e un paso importantepara a súa socialización. Vintenenos e nenas comparten asinstalacións xestionadas poloConcello de Sandiás, en cola-boración coa Consellería deTraballo e Benestar.

Mellora da rede viaria

Brigada de incendios

Atención á infancia

www.sand ias . es

Número 22 Boletín de información municipal Outono/Inverno 2014

correo electrónico: [email protected]

Page 2: Sandiás (Nº 22)

Sandiás nº 22 Editorial

GASTOS 2014 INGRESOS 2014

Gastos de persoal 329.159,79 Impostos directos 188.500,00

Bens corr. e servizos 252.230,60 Impostos indirectos 10.000,00

Gastos financeiros 10.440,00 Taxas e outros ingresos 129.040,72

Transf. correntes 135.114,43 Transferen. correntes 450.355,20

Investimentos reais 107.135,31 Ingresos patrimoniais 300,00

Transferencias de capital 0,00 Alleamento de investim. 0,00

Activos financeiros 0,00 Transf. de capital 65.512,24

Pasivos financeiros 9.628,03 Act/pasivos financeiros 0,00

TOTAL GASTOS 843.708,16 TOTAL INGRESOS 843.708,16

O Partido Popular acadou o 50%dos votos emitidos o pasado 25de maio en Sandiás, nas elecciónsao Parlamento Europeo. A consi-derable distancia quedaron oPSdeG-PSOE (27%), AGE (6,5%),UPyD (3%) e BNG (2%). A partici-pación no noso concello foi do57,41 por cento, inferior a elec-cións anteriores, pero por riba damedia provincial.

O Concello afrontou oexercicio económico de2014 cun orzamento dealgo máis de 843 mileuros (o 5,2% máis queen 2013). Os capítulosde gastos máis im-portantes son os de in-vestimentos en obras deinfraestruturas, e debens correntes e servi-zos, onde figuran, entreoutros, as instalacións detitularidade municipal eos servizos sociais, queaquiren especial relevan-cia na actual coxuntura.

Visita dunha excursión de mulleres de Vigoá igrexa e á Casa da Lagoa de Antela

Poucos concellos da nosa terra atesourana riqueza arquitectónica e medioambientalde que pode presumir Sandiás. Centos devisitantes achéganse ata eiquí para coñe-celos de primeira man. A Casa da Lagoa éun referente para centros escolares e aso-ciacións culturais e de veciños de todaGalicia interesados en indagar na historia enas lendas da nosa lagoa, e a Torre doCastro é un dos emblemas históricos earquitectónicos de toda a comarca daLimia. Son elementos dos que nos debe-mos sentir orgullosos e que debemostransmitir ás novas xeracións no mellorestado posible, fomentando ao mesmotempo políticas de sustentabilidademedioambiental.

Páxina 2

Page 3: Sandiás (Nº 22)

Páxina 3

Mato salientou que os obradoirosde emprego ofrecen "múltiplesvantaxes". En primeiro lugar, e o"máis importante", é que permiteaos beneficiarios acceder a unposto de traballo. Ao mesmotempo, ofrécelles unha formaciónteórica e práctica de calidade.

Reunión da conselleira de Traballo e Benes-

tar, Beatriz Mato, cos alcaldes de Sarreaus,

Trasmiras, Vilar de Barrio e Sandiás.

A conselleira de Traballo e Benestar,Beatriz Mato, visitou a comarca da Limiapara impulsar novos proxectos de cola-boración no eido laboral entre a Xunta eos concellos. O máis recente é a crea-ción dun novo Obradoiro de Emprego“Alta Limia 2”, compartido por Sarreaus,Trasmiras, Vilar de Barrio e Sandiás, queofrece formación e emprego a 20 perso-as nas especialidades de xardinería ealbanelería.

A Xunta e os Concellosaúnan novos esforzos napromoción do emprego

O novo Obradoiro de Emprego “Alta Limia 2”, en vigor atafebreiro de 2015, conta con 20 alumnos e alumnas.Desenvolven a súa aprendizaxe en Sarreaus, Trasmiras,Sandiás e Vilar de Barrio, nas modalidades de xardinería

(na imaxe superior esquerda) e albanelería. Nesta espe-cialidade, a principal actuación foi a renovación e mellorada cuberta do centro social e veciñal de Cardeita (imaxeda dereita).

Seis persoas (5 operarios e unha capataz) realizarondurante tres meses tarefas de prevención de incen-dios. Centráronse en zonas nas que prolifera a male-za, áreas axardinadas, no entorno da Torre do Castro,etc. Foi unha nova actuación de fomento do empre-go e, ao mesmo tempo, de mellora medioambientalna que colaboraron a Consellería de Medio Rural e doMar e o propio Concello de Sandiás, que se alongoudurante tres meses (os contratos remataron a finaisde outubro).

Brigada forestal

e contra incendios

Page 4: Sandiás (Nº 22)

Páxina 4

O Obradoiro de Emprego “Alta Limia” axudou

a 20 persoas a mellorar a súa cualificación profesional

Mª Concepción Méndez Gándara partici-pou, xunto ao delegado territorial daXunta de Galicia en Ourense, Rogelio Mar-tínez, e os outros alcaldes, no acto declausura e de entrega de diplomas aosalumnos e alumnas que completaron osseis meses de formación no Obradoiro deEmprego "Alta Limia". A alcaldesa de San-diás felicitounos persoalmente e desexou-lles sorte de cara ao futuro no seu accesoao mercado laboral.

O Obradoiro de Emprego

"Alta Limia" facilitou formación

laboral e traballo a 20 parados

e paradas da nosa comarca.

Foi un proxecto compartido

pola Consellería de Traballo e

Benestar da Xunta de Galicia

e os concellos de Sarreaus,

Trasmiras e Sandiás, inte-

grantes do consorcio que xes-

tionou este Obradoiro e outros

servizos comúns.

O proxecto formativo de

seis meses contou cun orza-

mento superior aos 170.000

euros, aportados pola Xunta

de Galicia (a esta cantidade

hai que engadir os gastos de

materiais das obras, sufraga-

dos polos tres concellos).

Os alumnos e alumnas dis-

tribuíronse en dous módulos:

un de Xardinería, con 10

alumnos, e outro de Forestal,

con outros 10. Ademais dos

20 alumnos, tamén se benefi-

ciaron dun posto de traballo a

directora, dous monitores,

unha administrativa e unha

profesora de educación com-

pensatoria.

Os alumnos traballadores

realizaron en Sandiás diver-

sos traballos en zonas verdes,

no contorno de edificios,

áreas recreativas, etc. Tamén

asistiron a clases de informáti-

ca e de educación compensa-

toria, e a charlas sobre orien-

tación laboral.

A alcaldesa, Mª Concepción

Méndez, valorou como "positi-

vo, tanto o proceso de forma-

ción e aprendizaxe, como os

traballos que se levaron a

cabo en distintas zonas". ■

Para Mª Concepción Méndez, “estes Obra-doiros de Emprego son necesarios para oConcello, e moi importantes para tódalas per-soas que aspiran a mellorar a súa capacita-ción profesional e buscar emprego. A nosaintención é continuar colaborando nestas ini-ciativas de promoción laboral”.

Page 5: Sandiás (Nº 22)

Páxina 5

Os anteriores Obradoi-ros de Emprego realiza-ron tarefas de albanele-ría e medio ambiente. Oda “Alta Limia” cen-trouse nas áreas re-creativas, nos espazospúblicos, e no entornode edificios singulares.Merece a pena destacaras actuacións no con-torno da Casa do Con-cello, do albergue e docolexio.

O proceso formativo do Obradoiro “AltaLimia” completouse cos traballos realiza-dos no entorno da Casa da Cultura e doCentro Social de Sandiás, do conxuntoparroquial de Santo Estevo e nas árearecreativas do Souto de Sandiás e dePiñeira de Arcos.

O Obradoiro de Emprego "Alta Limia" esti-vo limitado a seis meses, tempo suficientepara acometer con eficacia os traballos depoda de árbores en estradas e avenidaspúblicas, e de mellora estética de espazos delecer de ámbito municipal. Os dous módulosrealizaron traballos complementarios envarias zonas de Sandiás, que serviron aosalumnos e alumnas a adquirir experiencia ecoñecementos nestas modalidades.C

once

pto

orna

men

tal

Sandiás

O Concello de Sandiás presta unha especial importancia ó labor de axuda áspersoas desvalidas, comprometida dende o departamento de ServizosSociais. Unha das liñas de actuación preferencia céntrase no Servizo deAxuda no Fogar (SAF). Nos últimos meses atendéronse unha media de 43persoas ou familias: 16 a través da Lei de Dependencia, e outras 27, de pres-tación básica ou de libre concurrencia. O Concello destina a este servizoimportantes recursos económicos, que se complementan coas aportaciónsque recibe da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de Ourense e dospropios usuarios (nalgúns casos realizan aportacións segundo o seu nivel derenda dispoñible).

Máis de 40 persoas benefícianse

do Servizo de Axuda no FogarVacinación antigripal

Esta campaña de saúde preventiva estáen vigor dende o 20 de outubro ata o 20de decembro. A vacinación realízase noCentro de Saúde de Sandiás e está espe-cialmente recomendada para todas aspersoas mairoes de 60 anos e as que per-tencen a grupos de risco (persoas concondicións crónicas de risco, embaraza-das, persoas ingresadas en instituciónspechadas, entre outras). Tamén se reco-menda para o persoal sanitario.

Page 6: Sandiás (Nº 22)

Páxina 6

Reforma das pistas da

concentración parcelaria,

a través do Plan MARCO

Esta actuación da Xunta deGalicia, con aportacións daUnión Europea, a través dosfondos FEADER e o Ministeriode Agricultura, Alimentacióne Medio Ambiente, supuxo oinvestimento de 35.551 eu-ros. Empregáronse no acondi-cionamento das pistas daconcentración parcelaria deSandiás a Vilariño, de Piñeiraá Lagoa, de Couso a Cerrede-lo e de Cardeita á Ponte da Y.Os traballos realizados con-sistiron tanto no bacheo daszonas máis deterioradas,como na dotación de doblerego asfáltico.

Outra das prioridades do Concello de Sandiás enmateria de infraetruturas públicas é a mellora e con-servación da extensa rede viaria do municipio. Parasubsanar as deficiencias ocasionadas polos tránsitode vehículos particulares e agrícolas, e as adversascondicións climatolóxicas, realizáronse traballos envarias zonas, financiados a través do Plan MARCO.

Sandiás-Vilariño

Piñeira-LagoaCouso-Cerredelo

Nas imaxes, varias das pistas acondicionadas e traballos de mellora do firme a cargo da empresa adxudi-cataria deste proxecto de rexeneración da rede viaria.

Page 7: Sandiás (Nº 22)

Páxina 7

P.- Do traballo e das iniciativas da Corporación, ¿qué destacaría

neste último ano?

Mª Concepción.- Vivimos nunha situación difícil e hai persoas e familias

que se ven afectadas pola crise, sobre todo as que non teñen traballo nin

recursos. Pero o Concello de Sandiás traballa para reducir eses efectos nega-

tivos. Pretendemos que todos os cidadáns sintan o noso apoio, xa que tenta-

mos dar unha resposta adecuada dende os Servizos Sociais. Queremos así

evitar a súa exclusión social e que teñan cubertas as necesidades básicas.

Tamén se levaron a cabo novos proxectos para mellorar os servizos e as vías

de comunicación, se rehabilitaron as antigas escolas de Couso e Piñeira para

acoller futuras vivendas de aluguer e se ampliou a gardería infantil, que

pasou de 15 a 20 prazas. Con esta mellora preténdese tamén aumentar o

número de alumnos no colexio e axudar a fixar poboación no concello.

P.- E os servizos municipais, ¿resíntense dos recurtes económicos?

Mª Concepción.- A situación económica do Concello de Sandiás é boa,

algo moi importante, xa que garante un bo nivel de servizos e que dispo-

ñamos de recursos para conservar e mellorar as infraestruturas básicas do

noso municipio. Esto tamén anima a seguir traballando para que tódolos

veciños e veciñas disfruten dun bo nivel de servizos.

P.- E, de cara ao futuro, ¿cales son as prioridades?

Mª Concepción.- Parécenos que é importante garantir un bo funciona-

mento dos Servizos Sociais, e tamén estamos traballando para facer rea-

lidade os proxectos que nos demandan os nosos veciños, como a mello-

ra do saneamento e a depuración dos pobos máis próximos á Lagoa ou

a rexeneración das pistas pendentes.

"É a nosa obriga traballar para queos servizos e as infraestruturas

municipais estean á altura do quedemandan os nosos veciños e bus-

car solucións aos problemas doscidadáns do concello de Sandiás.Por eso, reiteramos o compromisode seguir dando resposta, na medi-da das nosas posibilidades, a esas

lexítimas aspiracións".

Entrevista

“Hai que consolidalas bases do progreso que xa están ben definidas”

Para Mª Concepción Méndez Gándara, 2014 foi outro anoimportante para o concello de Sandiás: "Seguimos inmersos

en varios proxectos que serán clave nun futuro próximo, e que

axudarán a consolidar as bases de progreso e modernidade. A

día de hoxe, tódolos pobos dispoñen de bos servizos, pero

debemos seguir traballando para que favorezan unha boa cali-

dade de vida para tódolos habitantes do municipio de Sandiás.

Neste intre xa están en marcha as obras de reforma da viven-

da que está a carón da Casa da Cultura e do Centro Social,

obras que contribuirán a mellorar a estética da capitalidade, e

para que o Concello dispoña dun patrimonio útil e que as per-

soas disfruten de novos espazos comunitarios".Outros feitos destacados no último no foron as melloras rea-

lizadas en varias estradas e camiños da rede viaria local. "A

mellora de pistas en varias zonas -en palabras de Mª Concep-ción Méndez- é moi importante, xa que garantiza unha maior

seguridade vial, tanto para os peóns como para os conducto-

res de turismos, camións e vehículos agrícolas".Referente ao Obradoiro de Emprego, a alcaldesa de Sandiás

estima que "estes procesos formativos fanse necesarios para

moitos veciños, proporcionándolles unha boa cualificación pro-

fesional para acceder ao mercado laboral, e tamén teñen como

resultado obras en beneficio de toda a comunidade. Levamos xa

cinco Obradoiros de Emprego, que foron importantes pola for-

mación e as obras que se realizaron en beneficio de todos. Cre-

emos que son necesarios e a nosa intención é continuar no futu-

ro coas políticas activas de emprego que supoñan unha saída

propicia ás persoas que están padecendo a lacra do paro".

Mª Concepción Méndez, alcaldesa:

“Traballamos para resolver coneficacia e rapidez calquera

problema que poida xurdir”

Page 8: Sandiás (Nº 22)

Páxina 8

A cooperación entre a De-putación Provincial e oConcello de Sandiás permi-tíu nos últimos anos reali-zar importantes obras paraas infraestruturas munici-pais e a mellora dos servi-zos que se prestan aoscidadáns dende a institu-ción municipal. Unha colaboración quecontinúa no tempo, e da que temosexemplos recentes.

Un deles foi o empedrado da prazado Concello. Consistíu no acondiciona-mento do entorno da Casa Consisto-rial, cun orzamento de 41.300 euros,aportados pola Deputación e o propioConcello. O proxecto formou parte dosPlanos Provinciais de Obras.

O Concello de Sandiás sufragou os

materiais e a Deputación aportou amaquinaria e o personal para repararcamiños en varias zonas do municipio:núcleo de Sandiás, pista das Pegas-Espido, ponte das Pegas-Cardeita,pista Cardeita-Ponte, pista de Zada-gós, pista da Corga-Bustelo, pobo deSanta Ana, pista das Pegas-A Patome-la e pista do Novaíño-A Ladeira.

Outra actuación conxunta entre oConcello e a Deputación foi o pecheperimetral do polideportivo do recinto

escolar.

Mellora estética e daeficiencia enerxética Entre as obras máis impor-tantes dos últimos meseshai que subliñar o soterra-mento da infraestruturaeléctrica de baixa tensión,

dos cables do alumeado público e datelefonía en Sandiás. Tivo un custe de116.160 euros, dos que 92.228 co-rresponden ás aportacións do INEGA.

O Instituto Enerxético de Galiciatamén colaborou na mellora da eficien-cia enerxética en tódolos pobos doconcello, coa renovación de luminariaspor outras de menor consumo, a tra-vés dun proxecto compartido por Tras-miras, Sarreaus e Sandiás. ■

Soterramento do cableado en Sandiás

Realizáronse bache-

os en Sandiás, Santa

Ana e pistas das Pe-

gas, Cardeita, Zada-

gós, A Corga, A Pato-

mela, O Novaíño e A

Ladeira.

Nova fase da reforma

interior de Sandiás,

coa renovación do

firme no contorno da

Casa do Concello e o

soterramento do ca-

bleado aéreo.

Máis proxectos do Concello de Sandiás e da Deputación de Ourensepara acondicionar espazos públicos e vías de comunicación

Campo de San Nicolás (Praza do Concello)

Page 9: Sandiás (Nº 22)

Páxina 9

Outro proxecto de colaboración

entre a Deputación de Ourense e o

Concello de Sandiás permitíu o

acondicionamento de catro viven-

das: 2 na antiga escola de Piñeira,

e outras 2 na de Couso. Estes edi-

ficios funcionan tamén, despois das

sucesivas reformas realizadas polo

Concello, a través dun Obradoiro

Reforma das escolas de Couso e Piñeira de Arcos

de Emprego e brigadas munici-

pais, como velorios e centros

veciñais. O investimento na últi-

ma fase das obras de arranxo

das fachadas principal e poste-

rior foi de 14.683 €. Barállanse

varias posibilidades como des-

tino destas vivendas, sen des-

cartar que poidan usarse como

lugares de acollida para per-

soas ou familias en dificultades.

Na parte superior de cada edificio están habilitadas dúas vivendas, e na inferior, unha parte é para local social e outra paravelorio. O Concello ten previsto aprobar unha ordenanza coas condicións para poder optar ao aluguer destas vivendas.

Piñeira de Arcos

Couso

Novo edificio municipal en Sandiás

A Deputación Provincial de Ourense aprobou incluir nos PlanosProvinciais de 2014 o proxecto de restauración e acondiciona-mento do edificio municipal, adquirido polo Concello, a caróndo Centro Social e da Casa da Cultura. Esta iniciativa prevé oinvestimento de 59.895 euros.

A Deputación Provincial de Ourense instalou na depu-radora de Piñeira un pequeno aeroxenerador parareducir o seu custe de funcionamento e lograr quesexa máis eficiente. Forma parte do Proxecto RetalerII, que ten como obxectivo reforzar a cooperaciónentre as autoridades locais e provinciais no campodas enerxías renovables en zonas transfronteirizas.

O programa de infraestruturas para conce-

llos integrados na Rede Natura destinou a

Sandiás unha partida de 22.883 euros.

Vanse empregar (unha parte xa está execu-

tada) ao acondicionamento de pistas e

camiños de uso agrícola.

Aforro enerxético na depuradora de Piñeira

Page 10: Sandiás (Nº 22)

Páxina 10

Por vez primeira, o Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sandiás

acolle a 20 nenos e nenas, despois das obras de ampliación aco-

metidas polo Concello (ata entón, o cupo máximo era de 15).

Foron posibles grazas á colaboración da Consellería de Educa-

ción e Ordenación Universitaria, que permitíu utilizar unha peque-

na parte das instalacións do CEIP de Sandiás. En compensación,

o Concello destinou 14.705,13 euros á instalación da tarima na

sala de profesores e na aula de informática. Outra novidade foi a

dotación de melloras na zona de xogos infantil do PAI, para facer

máis confortable e segura a estadía dos nenos e nenas menores

de tres anos. No recinto educativo, a Deputación Provincial de

Ourense contribuíu ao peche perimetral do Polideportivo.

Punto de Atención á Infancia

O novo curso, con 20 nenos/as e mellores instalacións

P.- ¿Poden inscribirse nenos durante o curso?Cristina: Non, porque existe un prazo de reserva e, ademais, están todas as prazascubertas, que son 20. Este é o cupo establecido por lei para os concellos con menos de 5mil habitantes, como é o caso de Sandiás.P.- Para os interesados no próximo curso, ¿cándo deben facer a reserva?Cristina: Este ano foi entre o 15 de abril e o 15 de maio, e a matrícula, na segunda quin-cena de xullo. Xa se informará no seu momento.P.- ¿Cal é a colaboración do Concello de Sandiás?Cristina: O Punto de Atención á Infancia é un servizo que depende do Concello. É muni-cipal, aínda que teña unha subvención da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta.P.- ¿Está elaborado o programa do novo curso?Cristina: Temos un calendario de actividades moi completo, coas celebracións tradi-cionais dos magostos, Nadal, Reis, Entroido, que solemos facer cos alumnos e alumnas docolexio, etc.P.- ¿Percibe unha boa integración de pais/nais nesta fase educativa?Cristina: Por suposto, xa que somos como unha gran familia. En ocasións temos convi-vencias cos irmáns maiores e saídas a lugares de interese. O ano pasado fomos á biblioteca eao Centro Social de Sandiás, a visitar o Parque de Bombeiros de Xinzo, ó Rexo de Allariz,...

Cristina Pérez Quintas é a responsable do PAIde Sandiás dende a súa posta en funciona-mento, en novembro de 2005. Nun principiotiña capacidade para 15 nenos, pero as obrasde ampliación permitiron aumentar a súacapacidade ata os 20 alumnos/as.

Cristina Pérez Quintas: “Somos unha gran familia e os pais enais implícanse moito no bo funcionamento deste centro”Para os máis novos de Sandiás, o Punto de Atención á Infancia é a pri-meira experiencia educativa, que será clave no seu desenvolvementocomo persoas, xunto coa formación que reciben no fogar.

Cristina Pérez, compartindo xogos, que son importantesnesta idade de aprendizaxe, con varios nenos e nenas docurso 2013-2014 no PAI de Sandiás.

Pais/nais e nenos, nunha visita ó Parque

de Bombeiros da Limia en Xinzo (2013/14)

Page 11: Sandiás (Nº 22)

P/1

1

A torre do Castro e San Bieito da Uceira comprobaron o estadode forma dos participantes na categoría absoluta da “V CarreiraPopular” que organiza o Concello de Sandiás. Máis de 200 depor-tistas disfrutaron da beleza do noso municipio e dunha xornadadeportiva. Santiago López, de O Porriño, e Silvia Rodríguez, deOurense, foron os gañadores da categoría absoluta, na que taméndestacaron os atletas locais Ignacio e Pablo Feijóo, Álvaro García,Francisco José Dalama e Tania Morán. Houbo carreiras máis cur-tas para as categorías infantil, cadete, benxamín, alevín, preben-xamin e “pitufos”.

Sandiás é un concello con moita historia, como poideron com-

probar, o 14 de setembro, cando chegaron os participantes na

Segunda Andaina pola Vía Romana. O día anterior percorreron

a etapa Baños de Riocaldo-Portoquintela (18 quilómetros), e

na segunda etapa, completaron o tramo ata Sandiás (Gemi-

nas), de XVI millas romanas (28 qms). O profesor Antonio

Rodríguez Colmenero foi o encargado da guía por esta ruta

histórica, organizada, entre outros, pola Fundación Aquae

Querquennae-Via Nova, e os concellos de Lobios, Muíños,

Lobeira, Bande, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos e Sandiás.

Os veciños e veciñas de Sandiás que son amigos de preservar astradicións e de pasalo ben déronse cita o pasado 8 de novembronas instalacións do colexio público para participar no tradicionalmagosto que organiza o Concello. Degustáronse varios quilos decastañas, e non podían faltar os chourizos, a costela, a empana-da nin a bica. Para completar a festa, unha charanga animou obaile que servíu tamén para combater o frío.

Segunda Andaina pola Vía Romana. Riocaldo-Sandiás

Carreira absoluta, de 8 quilómetros Magosto

San Bieito da UceiraProba dos máis pequenos, sobre 150 metros

Page 12: Sandiás (Nº 22)

Edita: Concello de Sandiás - Imprime: RODI Artes Gráficas S.L. - Dep. Legal: OU-227/97

A protección do noso medio natural é unha cuestiónprioritaria para o Concello de Sandiás. A alcaldesa,Mª Concepción Méndez, promoveu a eliminaciónde vertedoiros incontrolados e participou en dousforos importantes: o programa LIFE Regenera Limia,destinado a mitigar os resíduos agrogandeiros nascanles fluviais, e Climatlántic (na imaxe) para iden-tificar medidas e solucións no ámbito da enerxía, asostibilidade e o transporte, dirixidos a fomentarmedidas de adaptación ao cambio climático e redu-ción de pegada de carbono a escala local.

As dependencias municipais da

Casa do Concello e da Casa da

Cultura acollen periódicamente

actividades de carácter divulgati-

vo sobre cuestións de interese

xeral para os nosos veciños. Entre

as máis importantes, unha expe-

riencia con técnicos da Dirección

Xeral de Tráfico para mellorar a

seguridade vial á hora de camiñar

por estradas, pistas e camiños.

Os participantes recibiron como

agasallo chalecos reflectantes,

para acadar unha mellor visibilida-

de aos ollos dos conductores. Na

Casa da Cultura celebrouse unha

innovadora sesión de coaching,

dirixida á xente nova.

O Concello segueimplicado en aca-

dar unha maiorconcienciación

medioambientalentre os veciños

e veciñas detódalas idades.

Nos últimosmeses celebrá-ronse sesións

informativassobre a reciclaxe

eficiente nofogar, e activida-

des escolarescos alumnos/asdo CEIP de San-

diás para queadquiran dende

idades temperásunha vocación e

un maior respetopolo entorno que

lles rodea.

Mª Concepción Méndez acompañou á conse-lleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quinta-na, na visita á base de avións contraincendiosde Antela. A conselleira volveu insistir en quenon son as condicións climatolóxicas as queprovocan os lumes, senón as persoas que seacercan ao monte coa intención de facer danoe, contra iso, engadiu, "é preciso a colabora-ción cidadá para intentar entre todos acabarcon esta lacra e illar aos incendiarios". RosaQuintana destacou que "non é xusto que cosimpostos de todos os cidadáns teñamos queestar soportando os gastos que se orixinan".


Top Related