Download - Os medos dos nenos

Transcript
Page 1: Os medos dos nenos

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

Os medos dos nenosBIBLIOGRAFIA:

diccionario dos seres míticos galegos;

Pequena Mitoloxia de galicia;

Miguel Angel díez

?Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Edición Xerais, Vigo 1999.

?Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Edición Xerais, Vigo 2001.

?

Ilustrador:

En Oleiros o Zampón ameazou con comer á mestra e as nenas dunha escola. Todas choraban agás unha. Era de lonxe e para ir e vir do colexio pasaba por un camiño no que había un formigueiro. Coas sobras da merenda fixera amizade cunha formiguiña e aquel día, por non chorar, contoulle do zampón. A formiga tranquilizouna:

-Non te preocupes, Mañá cando veñas para a escola, métesme na blusa e cando veña o zampón xa verá.

Así foi. a nena chegou á escola e a mestra ao vela recomendoulle que se volvese á casa, que o zampón estaba por chegar.

- Non señora, non vou; que non me zampa non!Oironse os berros do zampón:

-Eu son o zampón que vos veño zampar!Daquela a formiguiña saíu da blusa:

-E eu son a formiguiña, que en pecándoche o cu, fu, fu, fu!Seica daba risa ver correr ao zampón a grandes berros coa fomiguiña adentándolle o cu.

Lendas

Page 2: Os medos dos nenos

CHUPASANGUESÉ un home que agarda

nas noites de inverno aos nenos que saen do colexio e que volven andando á casa e se entreteñen polo camiño. Cae a noite e o chupasangues espéraos nunha esquina, nun lugar pouco iluminado ou nun canellón. Mátaos e chúpalles o sangue todo. O chupasangues é un coco para asustar aos nenos.

COCÓNSer indefinido, que pode ter

moitas formas, e no que non cren os adultos, que o usan para asustar aos

“Aí ven a Mariamantacoa tripa na garganta”

E todo sería nada se non fose o vicio que ten de roubar nenos. A onde os leva? E para que?. Só se sabe que os envurrulla na manta e que non volven endexamais.

PAPÓN É un xigante (algo mexericas) que engole aos nenos que

non dormen ou que se portan mal. Todo nel é grande, especialmente a boca, bota lume polos ollos, e o bandullo, que tamén é moi grande, semella un forno ben roxado a punto para cocer: nenos!

“E tumpurruntiñu,e tumpurruntón;e durme, neniño,

que aí vén o papón.”

SACAÚNTOSPode ser un boticario ou un vello

cun saco ao lombo para meter nel aos nenos malos coa intención de matalos e logo vender o unto. É un coco para asustar aos nenos e que non se arreden.

O HOME DO SACOFalouse moito del durante a

Primeira Guerra Mundial, e despois, coincidindo con outras guerras, que sempre traen cousas malas.

Ten figura de home alto, forte, fosco, esfarrapado, que leva ao lombo un saco disposto para meter nel aos nenos que consegue atrapar.

Crese que en tempos pasados os boticarios secuestraban rapazas virxes con cabelo louro e pel branca para sacarlles o unto que despois lles servía para elaborar menciñas.

nenos, con intención de que durman ou non enreden.Debe ser malo, feo, nocturno, pouco amigo dos nenos, e só actúa segundo a comenencia dos pais e das mais.“E durme, meniño,que vén o cocónvai levar ao nenoque non durme non.”

MARIAMANTAMuller vella que vive da esmola e que anda de aquí para

acolá envurullada nunha manta. Só se lle ve que é moi fea e que ten o papo tan grande que se di:


Top Related