Download - Orientación académica
ORIENTACIÓN ACADÉMICA
RAZÓNS PARA ESTUDAR BIOLOXÍA E XEOLOXÍA EN 4º ESO
• A Bioloxía e Xeoloxía que estudaches ata agora foi moi básica.
• Aínda non coñeces os avances científicos máis importantes do século XX e o que nos agarda no século XXI.
Pasteur e a Microbioloxía
Darwin e a Bioloxía evolutiva
Mendel e a Xenética Wegener e a Xeoloxía
O QUE VAS A APRENDER SE ELIXES ESTA MATERIA
• Aplicarás a Metodoloxía científica a distintas situacións.
• Observarás fósiles e reconstruirás a Historia da Terra.
• Comprenderás por que se producen os sísmos e outras catástrofes e cómo evitar as súas consecuencias.
• Saberás como se orixinan as cordilleiras, cómo crece o fondo do océano e cómo se desprazan os continentes ó longo do tempo.
• Estudarás os ecosistemas e os cambios que experimenta co tempo.
• Coñecerás os impactos ambientais das actividades humanas e valorarás as relacións entre Ciencia, Tecnoloxía, Sociedade e Ambiente.
• Manexarás o microscopio e observarás células animais, vexetais, bacterias e outros microorganismos.
• Comprenderás cómo funcionan as células.
• Saberás o que son os xenes e cómo se transmiten aos nosos descendentes.
• Entenderás as causas do cancro e de algunhas enfermidades hereditarias.
• Descubrirás a Enxeñería xenética, a manipulación de xenes e a súa aplicación na obtención de organismos e alimentos transxénicos, así como na Terapia Xénica.
• Coñecerás a orixe e a evolución dos seres vivos.
DEBES ELEXIR ESTA MATERIA SE VAS ESTUDAR…
• Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía e, posteriormente, carreiras como ATS, Medicina, Bioloxía, Química, Física, Ciencias Ambientais,…
DEBES ELEXIR ESTA MATERIA SE VAS ESTUDAR…
• Bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía, se despois pensas estudar Enxeñería Química, de Minas, Obras Públicas, Agrónomos, …
DEBES ELEXIR ESTA MATERIA SE VAS ESTUDAR…
• Ciencias da Actividade Física e Deportiva ou Psicoloxía, porque estas carreiras universitarias requiren coñecementos básicos de Bioloxía.
DEBES ELEXIR ESTA MATERIA SE VAS ESTUDAR…
• Ciclos Formativos de Grao Medio ou Superior relacionados coa Agricultura, Industria Agroalimentaria, Actividades na Natureza, Química, Sanidade,…
É MOI RECOMENDABLE…
• Se vas estudar Bacharelato de Artes ou Humanidades e Ciencias Sociais, xa que en 1º vas a ter unha materia denominada Ciencias para o Mundo Contemporáneo.
É MOI RECOMENDABLE…
• Se vas a estudar un grao de Xeografía, debido a que nesta carreira se imparten moitas materias relacionadas có medio natural.
• Ou Xornalismo, Xeografía e Historía, Filosofía, Psicopedagoxía, Maxisterio, Turismo, Arquitectura, Electrónica, Mecánica, …
• Xa que te aportará coñecementos sobre a vida, o ser humano e as súas relacións coa natureza, que enriquecerán a túa formación humanística e axudaran no teu traballo.
senCiencianon hai futuro