Download - Dedalo e Minos
O LABIRINTOO LABIRINTOO LABIRINTOO LABIRINTO
Dédalo e MinosDédalo e MinosDédalo e MinosDédalo e Minos
Dédalo e ÍcaroDédalo e ÍcaroDédalo e ÍcaroDédalo e Ícaro
Dédalo e o seu fillo, Ícaro, estaban encerrados no
labirinto de Creta e para escapar Dédalo fabricou unhas ás
con plumas e cera. Cando llas colocou ao seu fillo
advertiuno de que fora tras del, que evitara voar
demasiado alto, pois o sol derretería a cera, e demasiado
baixo, xa que a humidade do mar faría pesadas as súas ás
impedíndolle voar.
Primeiro Ícaro, seguindo os consellos do seu pai, seguiuno pero, cheo de
entusiasmo, foise afastando cada vez máis e achegouse perigosamente ao sol ata
que este derreteu a cera, e o pequeno caeu ao mar Exeo.
O labirintoO labirintoO labirintoO labirinto
Dédalo era ateniense e destacaba
polo seu talento e enxeño, no seu taller
inventaba e fabricaba os máis diversos
obxectos. Un dos seus aprendices era o
seu sobriño Talo, que un día inspirándose
na mandíbula dunha serpe ideou unha
serra. Dedálo, levado pola envexa
matouno, e tirouno desde a Acrópole polo que foi condenado ao desterro. Refuxiouse
na illa de Creta, na corte do rei Minos.
En Creta Dédalo construíu o labirinto para que Minos, o rei de Creta, puidese
ocultar o Minotauro.
Pasifae e o MinotauroPasifae e o MinotauroPasifae e o MinotauroPasifae e o Minotauro
O Minotauro era fillo de Pisífae, a esposa de
Minos, e dun fermoso touro branco. Esta unión
puido realizarse grazas á vaca de madeira que
fabricara Dédalo.
Pasífae concibira un insólito e irreprimible
desexo polo touro como consecuencia dunha
vinganza sobre Minos de Poseidón, o deus do mar.
Minos, un dos fillos do rei de Creta Asterión,
querendo demostrarlles aos seus concidadáns que era
o elixido polos deuses para suceder ao seu pai morto,
pediulle a Poseidón que fixera xurdir do mar un
fermoso touro branco, tras prometerlle que o
sacrificaría no seu honor, pero, fascinado pola
fermosura do animal, quixo conservalo e non o
sacrificou incumprindo a súa promesa. O deus, furioso, inspirou en Pasífae unha
desenfreada paixón polo touro.
Escultura de Pasifae e o touro de Óscar Estruga en Vilanova i la GeltrEscultura de Pasifae e o touro de Óscar Estruga en Vilanova i la GeltrEscultura de Pasifae e o touro de Óscar Estruga en Vilanova i la GeltrEscultura de Pasifae e o touro de Óscar Estruga en Vilanova i la Geltrú ú ú ú
(Barcelona)(Barcelona)(Barcelona)(Barcelona)
Logo o Minotauro foi morto por Teseo coa axuda dunha filla de Minos,
Ariadna.
Exeo e TeseoExeo e TeseoExeo e TeseoExeo e Teseo
Teseo era fillo de Exeo, rei de Atenas, este, que despois de dous matrimonios
non tivera descendentes, consultou o oráculo de Apolo en Delfos, pero non foi quen
de descifrar a resposta do deus.
De regreso á súa patria,
pasou por Trecén e alí o rei
Piteo, que inmediatamente
comprendeu o sentido do
oráculo que lle referira Exeo,
emborrachouno e fíxoo xacer
coa súa filla Etra coa intención
de que un neto seu se
convertese en rei de Atenas.
Cando naceu Teseo, o seu pai Exeo, por medo aos
seus sobriños os Palantides que aspiraban ao trono
de Atenas, encomendou o pequeno ao seu avó Piteo
e, tras esconder as súas sandalias e mais a espada
baixo dunha rocha, indicoulle a Etra que cando o
neno fose o suficientemente forte para levantala, lle
desvelase o lugar onde estaban escondidas. Unha
vez conseguidas debería dirixirse a Atenas para que
Exeo o puidese recoñecer como fillo lexítimo.
Teseo e a PitiaTeseo e a PitiaTeseo e a PitiaTeseo e a Pitia
(Kilix ático de figuras vermellas, s. V a. C(Kilix ático de figuras vermellas, s. V a. C(Kilix ático de figuras vermellas, s. V a. C(Kilix ático de figuras vermellas, s. V a. C.).).).)
Teseo no seu camiño a Atenas matou varios monstros.
Cando chegou a Atenas o seu pai estaba
vivindo coa feiticeira Medea coa que tivera un
fillo que non era o herdeiro lexítimo. Medea,
que axiña recoñeceu a Teseo, intentou
enganar a Exeo para envelenalo, pero grazas á
espada e ás sandalias Exeo recoñeceu o seu
fillo e expulsou da cidade a Medea.
Máis tarde Teseo ofreceuse para ir na expedición que cada un, tres ou nove anos
os ateniense emprendían cara a Creta para pagarlle un tributo a Minos. Este consistía
en entregar sete mozas e sete mozos para que fosen devorados polo Minotauro. Este
deshonroso tributo fora imposto por Minos aos atenienses tras vencelos nunha
guerra suscitada pola morte do seu fillo Andróxeo a mans dos atenienses.
Teseo e Aridna
Teseo partiu disposto a
matar o Minotauro e librar o
seu pobo de tan vergoñento e
doloroso tributo, pero antes de
marchar anuncioulle ao seu pai
que se lograba o seu propósito
regresaría coas velas brancas
MedeaMedeaMedeaMedea de Waterhouse
izadas nas naves mais, se fracasaba, as velas habían ser negras.
En Creta, Teseo conseguiu matar o Minotauro e
puido saír do labirinto grazas a un novelo de fío que lle
proporcionou Aridna, filla de Minos, que se namorara
do heroe e prometera axudalo se a levaba con el a
Atenas. Foi Dédalo o que lle indicou como podía axudalo
e por iso, cando se enterou Minos, o encerrou co seu
pequeno fillo no labirinto.
Aridna partiu con Teseo cara a Atenas, pero sen que se coñeza a verdadeira
razón, foi abandonada por este na illa de Naxos.
Máis tarde converteuse na esposa de Dioniso-Baco, o deu do viño, que lle
ofreceu un diadema de ouro que se converterá nunha constelación.
Regreso de TeseoRegreso de TeseoRegreso de TeseoRegreso de Teseo
cando Teseo se achegaba de regreso
a Atenas, ben por estar entristecido por
mor da perda de Ariadna, ben por outra
descoñecida razón, non se lembrou de
cambiar as velas negras polas brancas;
así Exeo, que cada día agardaba
impaciente o retorno do seu fillo, cando
contemplou desde a acrópole
as velas negras dos navíos, desesperado,
sospeitando a morte do seu fillo, botouse ao mar, que desde
entón no seu honor foi chamado mar Exeo.
ÍcaroÍcaroÍcaroÍcaro
minos, cando descubriu a traizón de Ariadna e que fora Dédalo o que a
axudara, encerrou a Dédalo e o seu pequeno fillo no labirinto. Dédalo ideou unhas ás
de plumas e cera coas que poder escapar; pero Ícaro, entusiasmado co voo e,
desoíndo as advertencias do seu pai, aproxímouse demasiado ao sol e, derretida a
cera das súas ás, acaba caendo ao mar Exeo preto dunha illa que na súa memoria se
chama Icaria.
Dédalo e MinosDédalo e MinosDédalo e MinosDédalo e Minos
dédalo prosegue o seu voo ata a illa de Sicilia onde é acollido hospitalariamente
por Cócalo, o rei de Camico, a actual
Agrixento.
Minos busca incansablemente a
Dédalo e para descubrir o seu
paradoiro idea unha curiosa
estrataxema. Ofrécelle unha
recompensa á persoa que sexa capaz de pasar un fío polo extremo dunha buguina.
Cando chega á corte do rei Cócalo proponlle a súa proba, este confiado en que o
enxeño do seu hóspede poderá superala, proponlla. Dédalo unta o extremo da
buguina con mel e átalle un fío a unha formiga que introduce na buguina, o pequeno
animal buscando o mel sae polo outro extremo. Obxectivo conseguido, pero proba
evidente para Minos de que a solución era obra do talento de Dédalo. Cócalo non
puido evitar entregarlle o seu hóspede a Minos porén, cumprindo cos deberes da
hospitalidade, pediulles ás súas fillas que o escaldasen no baño. Dese xeito morreu o
gran rei Minos. Despois da súa morte os deuses outórganlle o privilexio de ser, xunto
con Sarpedón e Ramadantis, xuíz supremo do mundo dos Infernos.
Minos, xuíz dos Infernos
Tras a morte de Exeo, Teseo chega a ser o gran rei de Atenas e, despois de vivir
moitas outras aventuras, converteuse no heroe por excelencia da cidade de Atenas.
LATÍN 4º ESO
IES DE ARZÚA