Download - Comarca: Meira

Transcript
Page 1: Comarca: Meira

MEIRAA NATUREZA

Page 2: Comarca: Meira

Meira pódese considerar unha comarca de transición entre a Terra Cha e as Serras Orientais e presenta características das dúas, xa que en Meira e Pol atopamos unha zona occidental cha, logo unha sucesión de serras separadas polo val do río Eo e os seus afluentes.É unha comarca onde os valores naturais se articulan arredor dos ríos (Eo e Miño) e das fragas que se conservan nos espazos máis inaccesibles das serras.Na comarca de Meira podemos gozar de rotas de sendeirismo polos ríos e as serras, visitar algunhas fervenzas agochadas no fondo dos cavorcos e contemplar amplas paisaxes de chaira, de montaña e de val.

Page 3: Comarca: Meira

SUPERFICIE: 311,7 km2

POBOACIÓN: 5.431 habitantes

CONCELLOS: Meira, Pol, Ribeira de Piquín e Riotorto

ESPAZOS PROTEXIDOS:

LICs “Carballido”, “Río Eo”

Unha parte está integrada nas Reserva da Biosfera “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e Terras do Miño.

Page 4: Comarca: Meira

CLIMAOceánico de montaña. Ao atoparse lonxe da costa e ter en moitos puntos unha altitude importante, non é extrana a presenza da neve en algúns días do inverno.

Page 5: Comarca: Meira

ACTIVIDADESA principal actividade económica da comarca é a agrogandeira seguida dos servizos, a industria e a construcción.

Page 6: Comarca: Meira

A comarca conserva restos históricos (castros, castelos, igrexas, mosteiros...) e etnográficos (hórreos, muíños, ferrerías...)

PATRIMONIO

Igrexa de Santa María de Meira

Page 7: Comarca: Meira

CONCELLOS

SUPERFICIE: 46,5 km2

POBOACIÓN: 1.749 habitantes (2015)PARROQUIAS: Meira e Seixosmil

MEIRAO concello de Meira está situado no centro da comarca. No relevo distínguense dous sectores separados polos cumes da serra de Meira: o sector occidental, con características propias da penichaira no que predominan os cultivos, e o sector oriental de fortes pendentes ata o río Eo no que se asentan as principais masas forestais.Os ríos, adaptándose as características do relevo, presentan tamén aspectos diferentes, cursos lentos e sinuosos na parte chan e rápidos e directos no val do Eo. O río máis importante, non polo seu caudal senon pola circunstancia de ter as súas fontes en terreos de Meira, é o Miño e os regatos que enchen a súa cabeceira, no oeste; e o Eo, no leste, facendo linde co concello de Ribeira de Piquín, ao que vai o rego dos Areais.

Meira desde os cumes da Serra. Ao fondo vese parte da Terra Cha.

Page 8: Comarca: Meira

A maioría da poboación concéntrase na capital municipal e os seus arredores, que desenvolven a súa actividade principalmente no sector dos servizos aínda que o concello ten un importante sector agrogandeiro e forestal.Dentro do concello de Meira está protexida, dentro do LIC Río Eo, a parte do río e a ribeira correspondente. Todo o concello forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”

Igrexa do antigo Mosteiro de Santa María de Meira, de estilo románico Borgoñón, construída a finais do século XII.

Page 9: Comarca: Meira

SUPERFICIE: 126 km2 POBOACIÓN: 1.738 habitantes (2014)PARROQUIAS: Arcos de Frades (Santiago), Caraño (San Martiño), Carazo (San Pedro), Cirio (Santa María), Ferreiros (Santo André), Fraialde (Santa Mariña), Gondel (San Cosme), Hermunde (San Pedro), Lea (San Bartolomeu), Luaces (Santa María), Milleirós (Santiago), Mosteiro (San Salvador), Pol (Santo Estevo), San Martiño de Lúa, San Martiño de Ferreiros, Silva (Santiago), Suegos (Santa Eulalia), Torneiros (San Lourenzo) e Valonga (Santa María).

Casa do avogado. Lea.

POLEstá situado ao sur da comarca. O relevo é o máis chan da comarca, aínda que se eleva polo sur ata os 861 m no cume do Monciro e polo leste, sen pasar apenas dos 800 m, aséntase nas estribacións das serras do Miradoiro e de Meira.Os ríos, que van ao Miño atravesando o territorio de leste a oeste, son de curso lento e caudal escaso, o principal é o Azúmara, o seu afluente o río de Pol que ten todo o seu curso dentro do territorio do concello, e o Lea. A actividade principal a agrogandaría. Hai algunha explotación de lousas. Todo o concello forma parte da Reserva da Biosfera “Terras do Miño”.

Page 10: Comarca: Meira

Carballeira convetida en parque na praza de Mosteiro (Pol).

Bloco de lousa verde que se explota nas canteiras de Pol.

Page 11: Comarca: Meira

SUPERFICIE: 73 km2 POBOACIÓN: 580 habitantes (2015)PARROQUIAS: Acevo, Navallos, Piquín, Santalla e Os Vaos

Vista do Chao do Pousadoiro, capital municipal de Ribeira de Piquín.

RIBEIRA DE PIQUÍNSituado ao oeste da comarca. O relevo de Ribeira de Piquín é moi accidentado, aséntase no val do Eo entre a serra de Meira, ao oeste, as estribacións da serra do Muradal, ao sur, e Pena Ouviaña e os montes de Vilar de Calvos, ao leste, que superan en todos os casos os 800 m de altitude; e o propio río, donde a altitude apenas acada os 200 m.Os río principal, o Eo, atravesa o concello de sur a norte e, obligado polo relevo, ten un curso rápido, bastante rectilíneo no seu conxunto, pero con numerosas curvas e revoltas; recibe as augas do Rodil, o Lúa e outros regatos que baixan da serra de Meira. O clima ten características de montaña con influencias mariñas que penetran polo val do río Eo.

Page 12: Comarca: Meira

Os Vaos. No val do Rodil, no linde coa Fonsagrada e o espazo protexido Fragas de Carballido.

As principais actividades son a agrogandaría e a explotación forestal.Dentro do territorio do concello están protexidos o curso e ribeiras dos ríos Eo e o Rodil no LIC “Río Eo” e unhas pequenas partes das fragas das Reigadas e Carballido no “LIC Carballido”.

Page 13: Comarca: Meira

SUPERFICIE: 66,3 km2 POBOACIÓN: 1.364 habitantes (2015)PARROQUIAS: Aldurfe, Espasande de Abaixo, Ferreiravella, Galegos, Meilán, A Muxueira, Órrea, e Riotorto

Vista parcial das Rodrigas, capital municipal e principal centro de servizos de Riotorto.

RIOTORTOOcupa o norte da comarca. O relevo é irregular, montañoso en todo o perímetro coa serras de Carracedo e a Cadeira, ao norte, a serras do Pousadoiro e Meira ocupando o sur e o leste, e polo oeste as pequenas alturas que o separan da Pastoriza, na Terra Cha; uns vales interiores polos que corren o Riotorto e os seus afluentes e unha pequena parte do val do Eo.

Page 14: Comarca: Meira

A principal ocupación dos habitantes do concello é a agrogandaría, o traballo nas canteiras e os servizos. Desde o século XVI foi moi importante a actividade de manufactura do ferro, do que dan testemuña os restos de mazos e ferrerías e a tradición do bo facer dos ferreiros de Riotorto.Dentro do concello de Riotorto atópase protexido, polo LIC “Río Eo”, o curso do río Eo e a súa beira

Galegos, na parte leste, de fortes pendentes, da

Serra de Meira.

Page 15: Comarca: Meira

RELEVO

Vista desde o alto da Serra de Meira cara á Fonsagrada onde se aprecian os cumes que limitan a comarca.

A comarca de Meira ten tres unidades de relevo moi diferenciadas, a chaira, continuación da Terra Cha, as Serras e os vales encaixados do Eo e os seus afluentes.En Meira e Pol atopamos unha zona occidental cha, logo unha sucesión de serras coas da Cadeira e Carracedo ao norte a continuación, e baixando cara ao sur, a do Pousadoiro, a serra de Meira, con formas e relevo suave polo oeste e grandes pendentes polo leste, a serra do Mirador e, xa no sur, a serra do Monciro e, por último, o val do Eo entre as serras de Meira, as estribacións do Muradal, o monte Ouviaña e os montes de Vilar de Calvos, que baixa, nun curto tramo, dos case 900 m de altitude dos cumes a menos de 200 m no leito do río.

Page 16: Comarca: Meira

A parte chan da comarca desde o cume da Serra de Meira

Page 17: Comarca: Meira

Os cumes das montañas máis altas están cubertos dun mato de breixos e toxos. Nas abas máis húmidas e escarpadas consérvanse fragas con carballos, castiñeiros, bidueiros e numerosas especies de sotobosque. Nas partes baixas de relevo menos accidentado os montes están ocupados por bosques de repoboación de piñeiros e eucaliptos.

Na imaxe pódese apreciar a variedade florística das serras; a vexetación imposta pola man do home (pasteiros e repoboación) e vexetación autóctona (mato e fragas).

Page 18: Comarca: Meira

Liques.Detalle dun piñeiro de Monterrei (Pinus radiata) o máis usado para repoboar os montes da comarca.

As landras dos carballos alimentan no outono a moitos animais do bosque.

Breixos. Cobren os terreos nos que non se pode asentar ou desapareceu a vexetación arbórea.

Page 19: Comarca: Meira

A fauna é moi variada: raposo, xabarín, pombo, perdiz, paspallás, miñatos, papuxas, lagartos, cóbregas e numerosos insectos.

Gurgullos nun cardo. Laverca (Alauda arvensis).

Page 20: Comarca: Meira

Vertente oeste da serra de Meira, co monte Meira no centro. Na imaxe apréciase a suave transición entre a chaira e os cumes.

SERRA DE MEIRA Atravesa en 12 km o concello de Meira en dirección N-S. O sector occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas estreitas de cuarcitas. No seu relevo suave sobresaen as duras cristas cuarcíticas. Ten unha altitude media de 800 m e o punto máis alto é o Meira, con 896 m. Na vertente oriental nacen afluentes do Eo e na oriental as cabeceiras do Miño. Ten unha gran área repoboada con eucaliptos e na vertente sur conserva algunhas carballeiras.Accedese pola estrada de Meira a Ribeira de Piquín. Desde os cumes hai unhas vistas amplas sobre a chaira e o val do Eo coas serras que o rodean. No Porto da Pena hai unha área recreativa. Unha ruta que sae do Pedregal de Irimia cruza a serra e segue ata chegar ao río Eo (Ruta Miño-Eo).

Page 21: Comarca: Meira

Abas leste da Serra de Meira onde se aprecian as fortes pendentes que caen cara ao río Eo.

As cuarcitas, rochas metamórficas, de seixo, de

gran dureza e resistencia coroan as serras da comarca.

Page 22: Comarca: Meira

PEDREGAL DE IRIMIAEstá situado na Serra de Meira a uns 800 m de altitude. Está formado por coadas de bloques e derrubes estratificados de cuarcita de orixe periglaciar que se formaron durante os ciclos de xeo-desxeo da última glaciación do Cuaternario (hai 18.000 a 13.000 anos).É unha das fontes do Miño.

Vista da serra de Meira co Pedregal e o cume máis alto no centro.

Detalle dos bloques de cuarcita.Hai moitas lendas que tentan explicar a orixe das pedras do Pedregal de Irimia:-Unha vella que estaba sempre a rifar co seu home e un día díxolle que botase a correr sen mirar atrás. O home virou a cabeza e a vella, dicindo unhas palabras, fixo que uns paxaros enormes comezaran a guindarlle pedras enriba. -Uns demos que tentaron derrubar un antigo cenobio dos frades cistercienses. Os frades comezaron a rezar e os demos recuaron e abandonaron as pedras. -Unha meiga chamada Irimia que xuntou pedras para defenderse dos frades do convento e caíronlle no monte. Outra versión di que os frades tentaron apropiarse das terras da meiga onde había mananciais e ela cubriunos de pedras.-As rochas son pecadores petrificados que agardan ser purificados polas augas daquelas fontes.

Page 23: Comarca: Meira

MONTES DE CARRACEDOFan límite entre Riotorto, A Pastoriza, Lourenzá e Mondoñedo. O punto máis alto é O Carracedo, con 833 m. Están cubertos por pasteiros agás nos terreos en costa onde se conservan fragas en bo estado, ou están repoboados con piñeiros e eucaliptos.No cruce da estrada de Mondoñedo e Lourenzá, no Alto da Cancelada hai unha vista panorámica do Val de Lourenzá e as serras limítrofes.Na parte alta, compartida coa Pastoriza e Mondoñedo críase gando en libertade

Vista do monte Carracedo desde Riotorto.

Page 24: Comarca: Meira

SERRA DA CADEIRASituada ao leste do río Masma, entre o Val de Lourenzá e o val do Eo. O punto máis alto é Cerrochán, con 776 m.Accedese desde Riotorto, A Pontenova ou Trabada.

O cume máis alto da Serra da Cadeira visto desde Augaxosa, no concello do Riotorto.

Page 25: Comarca: Meira

Fragas na Serra do Pousadoiro, unha das poucas áreas que se conservan de vexetación autóctona.

SERRA DO POUSADOIRO Ten orientación N-S e separa os concellos de Riotorto e A Pontenova. Polas súas vertentes circulan afluentes do Eo (o Ferreiravella e o Xudán). O punto culminante é o Alto do Pousadoiro, con 666 m. Está formado por lousas, areiscas, e cristas de cuarcitas. A vexetación dominante son os eucaliptos e os piñeiros, aínda que tamén se conservan pequenas masas de carballos, especialmente na vertente oeste.Accedese desde Riotorto, A Pontenova ou desde a estrada de Meira a Ribadeo, en Xudán.

Vista da serra do Pousadoiro, o val do rego de Ferreiravella e Riotorto.

Page 26: Comarca: Meira

Montes de Vilar de Calvos con Pena Ouviaña á dereita.

PENA OUVIAÑA Cume de 893 m situado ao leste da serra de Meira que forma parte dunha cadea de montañas (Montes de Vilar de Calvos) nos lindes orientais do concello de Ribeira de Piquín con A Fonsagrada e A Pontenova. Está coroada dunha crista de cuarcitas e cuberta dun mato de breixo e toxo. Nas partes baixas está ocupada por piñeiros e eucaliptosAccedese pola estrada de Chao do Pousadoiro a Carballido. Desde os cumes hai unhas vistas espectaculares sobre o val do Eo e os montes da Fonsagrada.

Page 27: Comarca: Meira

SERRA DO MURADALCon dirección NE-SO. A maior parte atópase na Fonsagrada, pero as súas estribacións chegan ao Rodil, nos Vaos. Está formada por lousas, xistos e cuarcitas. Accedese desde a estrada de Ribeira de Piquín á Fonsagrada ou a Os Vaos.

Estribacións da Serra do Muradal desde Os Vaos.

Page 28: Comarca: Meira

SERRA DE MONCIROCon orientación N-S, está situada no limite leste da Terra Cha en terreos de Pol e Castroverde. Está formada por pelitas e calcárias. O punto máis alto é o Monciro con 861 m. Na aba occidental nacen os ríos Lea e Azúmara, afluentes do Miño.Accédese desde a estrada de Pol a Castroverde.

Page 29: Comarca: Meira

SERRA DO MIRADORCon orientación N-S, fai fronteira entre Pol, Castroverde e Baleira. O sector occidental está formado por xistos calcárias e dolomías, a central de bandas paralelas de pelitas e areíscas envoltas por faixas estreitas de cuarcitas. Na aba occidental nacen regos que van á cunca do Miño. Desde o cume domínase gran parte das chairas luguesas e das serras orientais.O trazado da estrada de Baleira a Meira discorre paralela á serra en toda a súa extensión pola aba leste, e a de Castroverde a Mosteiro pola oeste. Pódese acceder aos cumes polas pistas dos parques eólicos.

Cumes da Serra do Mirador

Cuarcitas nos cumes da serra

Page 30: Comarca: Meira

OS RÍOS

Río Rodil nos Vaos

O río máis importante, que atravesa a comarca de norte a sur, é o Eo que corre nun val fondo e recolle as augas das vertentes orientais das serras de Meira, O Mirador e O Pousadoiro, e das occidentais do Muradal e dos Montes de Vilar de Calvos.Os ríos da parte occidental da comarca presentan caracteres propios dos que discurren polas chairas, así o Miño, o río de Pol e o Azúmara teñen un curso sinuoso e un fluir lento, mentras os ríos Lúa, Rego dos Areais, Torto e Rodil, que van á cunca do Eo, e o propio río Eo teñen cursos rápidos e pendentes.O Eo e o Rodil están protexidos en todo o seu percorrido pola comarca.Case todos os ríos da comarca, ao seu paso polas distintas localidades, teñen acondicionadas as súas beiras como áreas de lecer, con accesos, mobiliario e zonas de baño.

Page 31: Comarca: Meira

A flora e fauna dos ríos desta comarca é moi rica e variada.No propio cauce do río atopamos algas e brións, espigas de auga, miriofilio, oucas e outros ranúnculos. Na beira medran comunidades anfibias e xa en terra firme medran, o pe de boi, a chantaxe de auga, a herba centella, a amenta de lobo, violetas, herba canuda e outras.

Herba porqueira ou de Santa Cunegunda (Euphatorium canabinum).

Oucas (Ranunculus sp.). Teñen as follas moi divididas e talos flexíbles para ofrecer menos resistencia ás correntes.

Page 32: Comarca: Meira

O salgueiriño (Lytrum salicaria) florece desde a primavera ata o outono á beira das correntes de auga, das pozas e dos terreos asolagados.

Lysimachia nemorum. Florece en bosques húmidos, prados sombrizos e beiras de regatos. Atópase nas fragas de Carballido.

Page 33: Comarca: Meira

Seguindo o curso do río atopamos unha formación arbórea típica, o bosque de galería, con árbores de fondo enraizamento, crecemento rápido, aínda que non de moita altura, e de mesta follaxe, que crean un ambiente de escasa luz. Na beira da auga hai distintas variedades de salgueiros amieiras e detrás delas bidueiras, freixos, abeleiras,... e en terreos máis secos os carballos, pradairos e outras árbores.No sotobosque medran arbustos como o sabugueiro, silvas e plantas rubideiras como a hedra, herba salgueira, saltasebes e distintas clases de fentos.

Page 34: Comarca: Meira

A fauna está composta por animais acuáticos (troitas, salmóns, insectos, moluscos...) e numerosas especies que precisan de ambientes húmidos e achéganse ás beiras do río: anfibios, lontras, insectos...

Caracol de Quimper (Elona quimperiana) , unha especie pouco común que se pode atopar na cunca do Eo.

Parella de cabaliños do demo (Pyrrhosoma nymphula). Son comúns nas beiras dos ríos porque alí capturan os insectos dos que se alimentan e reprodúcense, completando o desenvolvemento larvario dentro da auga.

Page 35: Comarca: Meira

Pedregal de Irimia, unha das fontes do Miño. Situado na Serra de Meira a uns 800 m de altitude. O río abrolla entre bloques de cuarcita situados na ladeira da serra de Meira.

RÍO MIÑOTen un curto percorrido na comarca, entre o seu nacemento na Serra de Meira, no Pedregal de Irimia, e as proximidades de Fonmiñá. Antes de Meira recolle varios regos que baixan da Serra: rego de Feás, Porto da Pena, Xiromeno... e pouco antes do linde coa Pastoriza recolle o Riolongo.

O Miño antes de chegar a Meira.

Page 36: Comarca: Meira

O Miño en Meira nun espazo acondicionado como área de lecer na que se recuperaron varios muíños. Unha ruta interpretativa do río remata en Fonmiñá

Page 37: Comarca: Meira

RÍO LEAVen do monte de Fitoiro nas proximidades de Laga (Suegos-Pol). Percorre terras nos concellos de Pol e Castro de Rei e verte no Miño en Beloi.

O Azúmara en Mosteiro (Pol).

RÍO AZÚMARANace na serra do Miradoiro, nas proximidades de Castro (Hermunde-Pol), onde se coñece co nome de rego das Égoas. Logo pasa a terras do concello de Castro de Rei onde xa toma o nome de Azúmara e desemboca no Miño na parroquia de Orexe (Bazar) despois dun percorrido de 25 km.

Page 38: Comarca: Meira

Antes de xuntarense o Eo e o Rodil circulan paralelos en sentido contrario separados por un lombo rochoso que foi perforado para facer pasar a auga do Rodil e mover este muíño situado á beira do Eo.

RÍO EONace en Fonteo (Baleira) e desemboca na ría de Ribadeo despois de 79 km de percorrido por Galiza. Atravesa o concello de Ribeira de Piquín e fai fronteira nos de Meira e Riotorto.Ten un percorrido sinuoso e de pendente suave, e corre encaixado ata a Pontenova.Recibe pola dereita o Rodil e pola esquerda o Lúa e o Riotorto, e numerosos regos de menor entidade.É un dos poucos ríos galegos onde se pesca habitualmente o salmón. Tamén hai lampreas e cangrexos de río. Está protexido no LIC “Río Eo”.

Page 39: Comarca: Meira

O Eo en Chao do Pousadoiro

O Eo en Navallos, pouco despois da confluencia co Rodil e o Lua.

O Eo na Retorta (Ribeira de Piquín)

Page 40: Comarca: Meira

O río Rodil nos Vaos describe unha curva de case 360º para rodear un saínte rochoso sobre o que se asenta a poboación.

RÍO RODIL Nace na Serra do Invernal (A Fonsagrada) e percorre as terras da Fonsagrada e Ribeira de Piquín onde se xunta co Eo na parroquia de Piquín. O Rodil circula por un val estreito e fondo que acolle fragas de gran interese ecolóxico.

O Rodil en Piquín pouco antes de xuntarse co Eo.

Page 41: Comarca: Meira

FERVENZA DA MEXADOIRAEn Seixosmil, no río Murias, un afluente do Eo que baixa da aba oriental da Serra de Meira. O río cae sobre lousas dunha altura de máis de 15 m nun entorno de bosque autóctono moi ben conservado. No verán leva pouca auga.

FERVENZA PENA DOS PORTELOSEn San Xurxo (Ribeira de Piquín) , nun afluente do Eo que baixa da aba oriental da Serra de Meira. O río cae nun barranco de lousas moi fondo e escuro dunha altura de máis de 15 m. No verán ten pouca auga. O camiño atravesa unha fraga ben conservada na que se poden ver bos exemplares de castiñeiros e carballos.

Page 42: Comarca: Meira

RIO TORTONace nos montes de Carracedo e atravesa o concello de Riotorto até xuntarse co Eo preto da Pontenova. O seu afluente máis importante é o rego da Ferreiravella.

O río Ferreiravella na Fraga.

Page 43: Comarca: Meira

AS FERRERÍASOs ríos desta comarca foron aproveitados para mover todo tipo de enxeños, entre os que destacan os muíños, os batáns e os mazos e outros aparellos para traballar o ferro. No concello de Riotorto houbo unha gran tradición do traballo do ferro que noutros tempos se facía en mazos movidos pola auga dos ríos. Na actualidade, en Ferreiravella traballan obradoiros artesanais de ferreiros que se adican, sobre todo, a facer aparellos para o campo.

Aspecto actual despois de recuperado. Ademais do mazo a área conta con exposicións de traballos feitos por ferreiros da zona e imaxes da recuperación.

Restos do mazo da ferrería de Riotorto en Ferreiravella (imaxe do ano 2002).

Roda motriz do mazo.

Page 44: Comarca: Meira

ÁRBORES

Fraga do Carballal na aba leste da Serra de Meira.

As Fragas Teñen un ambiente sombrízo e húmido. As árbores máis comúns son os carballos, bidueiros, freixos, acivros, capudres, castiñeiros, pereiras bravas, estripos, cerdeiras, teixos,castiñeiros, nogueiras... Na beira dos ríos hai tamén amieiras e salgueiros. O sotobosque está formado por arandeiras, xilbarbeira, herba salgueira, silveira, fentos, herba chaveira, roseiras...

Page 45: Comarca: Meira

ÁRBORES SENLLEIRAS

CARBALLOS DO BATÁNEn Rioxoán (Pol). Dous carballos de bo porte situados nunha explotación gandeira.

Page 46: Comarca: Meira

CARBALLOS DE RIOXOANEn Rioxoán (Pol). Dous carballos de bo porte situados nunha explotación gandeira.COMO CHEGAR: na estrada do Cádavo a Meira, pouco despois do cruce de Rioxoan a Ribeira de Piquín vense os carballos no interior dunha propiedade situada á dereita.CARBALLO DE MOSTEIRO Situado na praza de Mosteiro (Pol) á esquerda do concello, nunha propiedade privada.AMIEIRAS DOS VAOSÁ beira do río Rodil nos Vaos (Ribeira de Piquín). Varias amieiras: 4,60 e 4,10 m de contorno.COMO CHEGAR: na estrada de Chao de Pousadoiro a Fonsagrada cóllese en dirección a Os Vaos, e no desvío da poboación, báixase ao río Rodil, á esquerda, antes de cruzar a ponte

AMIEIRAS DOS VAOSÁ beira do río Rodil nos Vaos

(Ribeira de Piquín). Varias amieiras: 4,60 e 4,10 m de

contorno.

CARBALLO DE ÓNEGASituado na praza de Mosteiro (Pol) á esquerda do concello, nunha propiedade privada.

Page 47: Comarca: Meira

ESPAZOS PROTEXIDOSRESERVA DA BIOSFERA: TERRAS DO MIÑOOs concellos de Riotorto, Meira e Pol están incluídos no espazo “Terras do Miño”, declarada pola Unesco Reserva da Biosfera o 7 de novembro de 2002.

Mostra de obxectos feitos por ferreiros de Riotorto(Área etnográfica do Mazo de Ferreiravella)

Page 48: Comarca: Meira

RESERVA DA BIOSFERA RÍO EO, OSCOS E TERRAS DE BURÓNEspazo conxunto con Asturias, na contorna do río Eo, dun grande valor natural e etnográfico.Nesta comarca, inclúe o concello de Ribeira de Piquín.

O Eo en Ribeira de Piquín.

Page 49: Comarca: Meira

LIC RÍO EOInclúe o curso do río Eo en todo o seu percorrido pola comarca (desde Santalla, na Ribeira de Piquín ata que a abandona nas lindes entre Riotorto e a Pontenova) e o Rodil.É unha área con importantes valores ecolóxicos onde podemos atopar varias zonas diferenciadas cos seus ecosistemas específicos.

Page 50: Comarca: Meira

LIC CARBALLIDOOcupa dúas zonas separadas que se corresponden cos vales dos río Rodil e Bidueiro, afluentes do Eo, nos concellos de a Fonsagrada, a Pontenova e Ribeira de Piquín.Unha pequena parte dos espazos protexidos da fraga de Reigadas e outra pequena parte das fragas de Carballido están en territorio de Ribeira de Piquín.

Río Rodil nas fragas de Carballido.

Page 51: Comarca: Meira

MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Xullo 2016


Top Related