dia da paz
DESCRIPTION
Presentacion realizada polo CEIP de Ponzos (Ferrol) encol do Día da OAZTRANSCRIPT
30 DE XANEIRO30 DE XANEIRO
DÍA DA PAZ
QUE É?
QUE É?
É a situación ou relación entre persoas, que non están en guerra.
Pero que significado ten a PAZ na escola????
COMO REPRESENTAMOS A PAZ?
Sabemos que na vida cotiá hai unha serie de símbolos (para conducir, para
comunicarse, etc…).
SÍMBOLOS:
Pero hai algún símbolo que
represente á PAZ?
SÍMBOLOS:
A pomba.
SÍMBOLOS:
Paz e amor. Propugnado polo movemento hippie.
DÍA DA PAZ
Por que se celebra
o día 30 de Xaneiro??
POR QUE?
Porque o 30 de Xaneiro de 1948 morreu Mahatma Gandhi.
QUEN FOI?
Foi un político e pensador pacifista que loitou pola liberación da India dun xeito
non violento.
PERSONAXES IMPORTANTES PARA A PAZ:
Martin Luther King. Contribuiu ao recoñecemento dos dereitos dos
afroamericanos e en protestas contra a Guerra de Vietnam, por exemplo.
PERSONAXES IMPORTANTES PARA A PAZ:
Nelson Mandela. Fixo que se igualasen os dereitos do pobo negro cos do pobo
branco en Sudáfrica.
PERSONAXES IMPORTANTES PARA A PAZ:
Rigoberta Menchú. Líder indíxena guatemalteca defensora dos dereitos
humanos.
PREMIO NOBEL:
É un premio honorífico que se dá cada ano persoas que realizan accións, inventos, ou
contribucións que contribúen ao beneficio da humanidade e da sociedade.
PREMIO NOBEL:
A tradición dos Premios Nobel empezou co industrial sueco Alfred Nobel, que en 1895 estipulou no seu testamento que faría da súa fortuna un fondo para
outorgar premios anuais á xente que aporte os maiores beneficios á humanidade.
PREMIO NOBEL:
Hai varias categorías: FÍSICA, QUÍMICA, MEDICIÑA, ECONOMÍA, e
tamén…
PREMIOS NOBEL DA PAZ:
Moitas persoas que contribuíron á paz foron galardoados con este premio:
PREMIOS NOBEL DA PAZ:
Hai organizacións que tamén foron premiadas pola súa labor.
PREMIO NOBEL DA PAZ:
Pero houbo moitas outras persoas que aínda merecéndoo, non o recibiron:
MÚSICA E PAZ:
A música tamén é importante para axudar á paz. A canción máis importante
é “Imagine”, de John Lennon, himno pacifista por excelencia.
MÚSICA E PAZ:
Pero hai máis: “No dudaría”, de Antonio Flores; “La paz”, de Falsalarma; ou
“Rosa de la paz”, de Amaral.
CONCLUSIÓN:
Agora que xa sabemos algo máis sobre a paz, intentemos poñer nós tamén o
noso grao de area para chegar a conseguila.