decembro - fundacion eugenio granell · decembro na fundación eugenio granell exposiciÓns.o...

5
Decembro na Fundación Eugenio Granell EXPOSICIÓNS .O surrealismo hoxe 8 xuño / 31 decembro Esta exposición que acolle a Fundación/Museo Granell é un espello da exposición inaugurada na Cidade da Cultura, "O encontro na poética de Eugenio Granell", reflexo das amizades que Granell foi acumulando no seu longo exilio e cuxas obras contribúen en boa parte aos fondos que aquí expoñemos. O tema do azar e do encontro continúa nas oito salas deste estupendo edificio. A exposición "O Surrealismo Hoxe" foi articulada arredor da biografía de Eugenio Granell. Comeza na República Dominicana, onde non só iniciou o seu longo exilio, senón que tamén empezou a súa andaina como pintor surrealista. Foi a illa na que casou coa súa esposa Amparo e onde coñeceu a André Breton. Desta illa Granell pasou a Guatemala, país centroamericano e, xa en 1950, empezou a súa andaina en Porto Rico como profesor de artes plásticas nesta uni- versidade. (Outra das exposicións do Centenario de Eugenio Granell, "Eugenio Granell no paraíso centroamericano (1940-1956)", que se mostra no Auditorio de Galicia, céntrase nesta etapa do artista). Cara a 1956, Granell trasládase a Nova York, cidade na que residiu ata 1985, ano no que regresa a España. En Nova York exerceu como profesor de español e de literatura española no Brooklyn College, doutorouse en socioloxía na New School for Social Research -en inglés publicou a súa tese de doutoramento El Guernica de Picasso. El final de una era española- e mostrou a súa obra en varias exposicións na Bodley Gallery de Nova York. Estivo en contacto e expu- xo cos diferentes grupos surrealistas daquel país: os grupos surrealistas de Chicago, Ohio, Nova York (Hydra Group) e San Francisco. Participou en diversas exposicións destes grupos e colaborou en revistas e libros, co que fortaleceu a súa amizade con moitos dos artistas estadounidenses. Igualmente, participou en diversas exposicións levadas a cabo polo grupo Phases de París. Estas exposicións teñen lugar en París e en cidades de países como Portugal, Checoslovaquia, Polonia, Inglaterra, Holanda e Estados Unidos. Estréitase a amizade de Granell con surrealistas da súa

Upload: others

Post on 24-Jun-2020

9 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Decembro - FUNDACION EUGENIO GRANELL · Decembro na Fundación Eugenio Granell EXPOSICIÓNS.O surrealismo hoxe 8 xuño / 31 decembro Esta exposición que acolle a Fundación/Museo

Decembro na Fundación Eugenio Granell

EXPOSICIÓNS

.O surrealismo hoxe 8 xuño / 31 decembro

Esta exposición que acolle a Fundación/Museo Granell é un espello da exposición inaugurada na Cidade daCultura, "O encontro na poética de Eugenio Granell", reflexo das amizades que Granell foi acumulando no seu longoexilio e cuxas obras contribúen en boa parte aos fondos que aquí expoñemos. O tema do azar e do encontro continúanas oito salas deste estupendo edificio.

A exposición "O Surrealismo Hoxe" foi articulada arredor da biografía de Eugenio Granell. Comeza na RepúblicaDominicana, onde non só iniciou o seu longo exilio, senón que tamén empezou a súa andaina como pintor surrealista.Foi a illa na que casou coa súa esposa Amparo e onde coñeceu a André Breton. Desta illa Granell pasou a Guatemala,país centroamericano e, xa en 1950, empezou a súa andaina en Porto Rico como profesor de artes plásticas nesta uni-versidade. (Outra das exposicións do Centenario de Eugenio Granell, "Eugenio Granell no paraíso centroamericano(1940-1956)", que se mostra no Auditorio de Galicia, céntrase nesta etapa do artista).

Cara a 1956, Granell trasládase a Nova York, cidade na que residiu ata 1985, ano no que regresa a España. EnNova York exerceu como profesor de español e de literatura española no Brooklyn College, doutorouse en socioloxía naNew School for Social Research -en inglés publicou a súa tese de doutoramento El Guernica de Picasso. El final de unaera española- e mostrou a súa obra en varias exposicións na Bodley Gallery de Nova York. Estivo en contacto e expu-xo cos diferentes grupos surrealistas daquel país: os grupos surrealistas de Chicago, Ohio, Nova York (Hydra Group) eSan Francisco. Participou en diversas exposicións destes grupos e colaborou en revistas e libros, co que fortaleceu asúa amizade con moitos dos artistas estadounidenses. Igualmente, participou en diversas exposicións levadas a cabopolo grupo Phases de París. Estas exposicións teñen lugar en París e en cidades de países como Portugal,Checoslovaquia, Polonia, Inglaterra, Holanda e Estados Unidos. Estréitase a amizade de Granell con surrealistas da súa

Page 2: Decembro - FUNDACION EUGENIO GRANELL · Decembro na Fundación Eugenio Granell EXPOSICIÓNS.O surrealismo hoxe 8 xuño / 31 decembro Esta exposición que acolle a Fundación/Museo

época de París. Colaboración que empezara en 1954, cunha exposición na galería parisiense A L'Etoile Scellée presen-tada polos seus amigos André Breton e Benjamín Péret.

Pouco despois da súa xubilación en 1985, Granell e a súa esposa Amparo trasládanse a Madrid, onde comezaoutra importante e enriquecedora etapa da súa vida. Na capital española, Granell "é descuberto" por un grupo de novosintelectuais que se interesan tanto na súa persoa, coma no artista e no escritor. Realízanse unha serie de exposiciónsantolóxicas en Madrid e na Coruña. Granell publica artigos en varias revistas e xornais e coñece os compoñentes devarios grupos surrealistas españois de Madrid, Salamandra, Kula de Gijón e o grupo de Zaragoza.

En diversas viaxes a Portugal, entra en contacto cos dous grandes surrealistas daquel país veciño, MarioCesariny e Artur Cruzeiro Seixas. A amizade fortalécese, xa que os portugueses adoitan viaxar a Madrid e Granell eAmparo visitan Portugal sempre que poden.

. O estudio de Granell Todo o ano

. Belén Surrealista 13 decembro - 6 xaneiro

A Fundación Eugenio Granell volve a presentar un Belén Surrealista.Como cada ano, a colección surrealista de Granell formará parte dun orixinal Belén.A Fundación Eugenio Granell, un ano máis, únese á celebración do Nadal coa súa particular proposta de Belén,

que poderá admirarse desde o 5 de decembro ata o 6 de xaneiro.O Belén compónse de pezas da colección de arte étnica da Fundación Eugenio Granell. Deste xeito, creáse

unha composición na recepción do museo, onde poderemos ver unha coidadosa selección de obras de arte popular edoutras culturas de diferentes lugares do mundo, desde as árbores da vida de México, pasando por pezas de Portugal,Porto Rico, Túnez, India, Perú ou Guatemala, entre outras.

Esta singular visión contén pezas que nada teñen que ver coas habituais figuriñas do Nadal, logrando o toquesurrealista representativo da Fundación, ofrecendo unha perspectiva diferente e cargada de significado, sobre todo nostempos que nos toca vivir, unha mirada da multiculturalidade, presente na traxectoria de Granell e nas súas coleccións.

Recreación en progreso do estudio de Eugenio Granell.

Page 3: Decembro - FUNDACION EUGENIO GRANELL · Decembro na Fundación Eugenio Granell EXPOSICIÓNS.O surrealismo hoxe 8 xuño / 31 decembro Esta exposición que acolle a Fundación/Museo

ACTIVIDADES

Día: 11Horario: 20.00

Video-Arte Domhan Óptica 2012 Colectivo Ínterferencias

Nos últimos oito anos, viaxamos ao redor do Mundo: España, Francia, Italia, Alemania, Arxentina, Bolivia, Perú,etc. No camiño descubrimos cidades, culturas, formas diferentes de mirar e entender a arte. Fixemos moi bos amigos etamén decatámonos con quén non convén compartir tempo e ilusións. Hoxe, o Colectivo Interferencias, sen deixar depensar no global, proxecta as súas ideas de xeito local.

A edición 2012 de Óptica Festival defínese pola presentación oficial do "Domhan Óptica", un lugar no que poderintroducirse para disfrutar da maxia da "íomhá". O "Donham Óptica" está protexido polos "Aonáin", seres mitolóxicosocultos entre os "crainn", que coidan polo ben dos "Táirgeoirí" e os "Déantóir", poboadores do "Domhan".Experimentación audiovisual, performances, instalacións, música dun tempo futuro… Benvidos ao "Domhan Óptica".Durante a presentación proxectarase a sección oficial Beldades, contida dentro do "DOMHAN ÓPTICA 2012".

"BELDADES"Tatyana Zvanskaya "Dreams of Nature" (Rusia), Oggy Yordanov "Pearl and the Forest" (UK), Aaron Alexis "Kitsuné"(EE.UU.), Thanasis Tsimpinis "M I N E" (Grecia), Chris Lavelle "The Turn of the Screw" (UK), Marco Puccini "Koralline"(Italia), Vitaly Gariev "Forest Awake" (Rusia), Shiroppo Studio "Tale of a child in the forest" (Italia), Julieta Triangular"Barriers" (Colombia), Shawn Bu, Christian Warstat & Inga sieberichs "Monsters" (Alemania).Duración: 40 minutos.

Día: 12Horario: 12.00h

Proyecto Ástura Colectivo Interferencias

O Proxecto Ástura nace da ledicia de volver ás nosas raíces, apostar por unha identidade casi soterrada notempo e establecer relacións no plano cultural, social e económico dentro e fora das nosas fronteiras.

Ástura toma a raíz do celta; stour, que quere decir rio. Topónimo que aparece en Bretaña, onde Plinio el Viejofala do rio Stur. Actualmente existen tres ríos Stour en Kent, Suffolk e Dorset. Na desembocadura do Elba atopamosoutro rio Stör, chamado antigamente Sturia. Asemade, no Piamonte situábanse os Esturi - tribu celta - e un rio Stura.Esta raíz manténse ainda hoxe no gaélico e o bretón nas palabras ster e stour co significado de rio.

O Patrimonio de Ástura está formado por un rico mosaico de valores identitarios, tan amplio como os pobos quecompoñen a área de actuación do Proxecto, pero co denominador común dun decoro compartido e o orgullo de nacer

Page 4: Decembro - FUNDACION EUGENIO GRANELL · Decembro na Fundación Eugenio Granell EXPOSICIÓNS.O surrealismo hoxe 8 xuño / 31 decembro Esta exposición que acolle a Fundación/Museo

nunha terra con carácter, moldeada por un mar e un clima atlántico, que brinda fogar, alimento e materias primas paraos seus fillos.

Trátase dunha iniciativa do Colectivo Interferencia, que de xeito progresivo irá incorporando ao seu programa deactividades proxectos como La Mesa Ástura, O Observatorio de Desarrollo Cultural, Social e Económico ou XixónCiudad de la Cultura, entre outros moitos.

Durante a presentación proxectarase o documental do realizador asturiano Jaime Santos titulado "Guardianesde la cultura rural" (42 min.).www.proyectoastura.com

Día: 12Horario: 19.30h

Os tesouros da illa de Granellandia

Un conto de Paco López-Barxas baseado na obra de Eugenio GranellIlustracións e deseño gráfico: Fausto Diseño AsociadosEditado por El Patito Editorial e Consorcio de Santiago

Esta é a historia dos tesouros descubertos na Illa de Granellandia, a través dunha viaxe de ida e volta no come-ta do surrealismo, propulsado por un vendaval de soños… Un percorrido da man de Paco López-Barxas para introducirás nenas e aos nenos na vida e obra dun pintor xenial, Eugenio Granell. Un conto de amor, paixón e poesía…!

Día: 19Horario: 19.00h

Xoves sin talento 2

Xoves sen talento 2 estará o día 19 de decembro na Fundación Granell, confirmado! O recital será ás 19h ecomezará co ciclo de recitais-homenaxe a autores. Neste episodio: Walt Whitman! O esquema do recital pretende serque nós leamos pouco e vós moito, no micro aberto máis aberto que nunca. Sen vós non hai recital, así que vades terque vir e ler un texto de Walt e/ou un voso!!

Page 5: Decembro - FUNDACION EUGENIO GRANELL · Decembro na Fundación Eugenio Granell EXPOSICIÓNS.O surrealismo hoxe 8 xuño / 31 decembro Esta exposición que acolle a Fundación/Museo

IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell “Parabéns Granell! Feliz Cumple Granell!”

Entrega de premios: 18 decembro, 18.30hExposición: 19 decembro - 12 xaneiro

A Fundación Eugenio Granell convoca una ano máis o seu certame de arte escolar para os máis cativos coacolaboración do Centro Comercial Área Central.

Un ano máis a Fundación Eugenio Granell presenta o Certame de Arte Escolar, na súa novena edición. O día18 de Decembro terá lugar a entrega de premios aos gañadores, uns galardóns cedidos por cortesía do CentroComercial Área Central. A exposición da obra gañadora poderá ser visitada desde o 19 de decembro ata o 12 de xanei-ro do 2013.

As pezas presentadas no IX Certame de Arte Escolar Eugenio Granell son un perfecto complemento para asexposicións, O encontro na poética de Eugenio Granell na Fundación da Cidade da Cultura, A colección étnica deEugenio Granell no Museo do Pobo Galego, O surrealismo hoxe na Fundación Eugenio Granell, Eugenio Granell noparaíso centroamericano 1940-1956 no Auditorio de Galicia, O espello do pintor. Eugenio Granell nas coleccións institu-cionais galegas no Centro cultural Novacaixagalicia e, por último, Eugenio Granell. Unha película de veinte minutos noCentro Galego de Arte Contemporánea, que forman e formaron parte da homenaxe ao centenario de Eugenio Granell.

Desde a Fundación Eugenio Granell comprácenos estimular a creatividade dos nenos a través deste Certame.Trátase dunha oportunidade para que o público infantil poida irrumpir no mundo da arte e dar a coñecer os seus primei-ros traballos. Ademáis de permitirlle ao espectador coñecer a creatividade dos máis pequenos.

Baixo o título A enerxía da Asociación son os seus socios, o vindeiro martes, 11 de decembro, ás 18:30h.,inaugúrase na Fundación Eugenio Granell unha nova mostra da Asociación Fonte da Virxe, que permanecerá aberta atao 15 de decembro.

Con este título, a exposición estará adicada a todos os seus socios, agradecendo a súa fidelidade e contribu-ción á integración social e á loita contra o estigma. Esta mostra estará composta por obras realizadas en diferentestécnicas e formatos, desde o traballo con cerámica, coiro, a encadernación…

O obextivo desta mostra é seguir conseguindo que a cidadanía coñeza o traballo que executan estas persoas,e a labor levada a cabo pola Asociación a prol de lograr que este colectivo forme parte activa da sociedade. Persigue,tamén, facer un chamamento á sociedade co fin de eliminar os impedimentos existentes para a necesaria integraciónsocial e laboral deste colectivo.

É a sociedade a que fai que parezan diferentes. Para cambiar isto, está en mans de todos practicar a toleran-cia e a comprensión, rompendo prexuizos e evitando a discriminación.

Esta iniciativa forma parte das colaboracións que a Fundación Eugenio Granell leva a cabo cos diferentescolectivos e grupos sociais da nosa cidade, no seu interés por achegar a cultura a todos os rincóns da sociedade.

11 - 15 decembroInauguración: martes 11, ás 18.30h

A enerxía da Asociación son os seus socios Asociación “Fonte da Virxe de familiares e amigos dos enfernos mentáis”