data actividade - xistra.orgxistra.org/wp-content/uploads/2014/01/20130901_vignemale2_web.pdf ·...
TRANSCRIPT
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
DATA
01-09-2013 ao 03-09-2013
ACTIVIDADE
Travesía polo Macizo do Vignemale
LUGAR
Pirineos
ORGANIZA
Particular
MEMORIA
Chegamos ao val de Ossoue e fixemos noite de campamento xunto o embalse, preto dunha
cabana, a 1840m de altitude. Tíñamos un día espectacular, pero á noite, fixo un frío de mil
pares...
Ao amencer, levantamos as tendas e comezamos a ascensión cara o refuxio de Bayssellance,
o refuxio gardado mais alto do Pirineo, a (2651m). O camiño ben sinalizado, chega ata o
barranco onde vemos unha fermosa fervenza e atravesamos o nevero Pont de Neige, feito
polas avalanchas. Seguimos subindo en zigzag por unha pronunciada ladeira ata chegar a un
cruce, onde nos indica que o refuxio queda a 30 minutos collendo o camiño da dereita. O
camiño da esquerda vai cara o glaciar de Ossoue. Continuamos a ascensión por unha
pendente pedregosa ata chegar ao refuxio. Facemos a reserva, e continuamos a ascensión ao
Petit Vignemale, cara á contigua depresion da Horcada de Ossoue, ata mirar a vertente de
Oulettes de Gaube, xiramos á esquerda, continuando polo cordal e atravesando logo unha
ladeira chea de pedras ata facer cumio, a 3032m. Logo de disfrutar do panorama, baixamos, o
refuxio onde esperábanos unha cea quentiña e boa compaña. No refuxio, respirábase
ambiente alpino. Estaba cheo ata os topes. O día seguinte, tocaba madrugar para facer o
Gran Vignemale, tamén chamado Pique Longue. Antes de ir para o saco, puidemos observar,
dende fora do refuxio, o mar de nubes que tapaba o val de Ossoue.
Chega o día. Recollemos sacos e a tomar o almorzo. Mi madriña!! Unha cunca enorme de café
(algúns comentaban o parecido coa de lavar as froitas). Torradas, pan alemá, manteiga,
marmeladas... e leite, como non. Logo das despedidas oportunas, emprendemos a ruta.
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Baixamos un pouco pola ruta de acceso pero deixamos o camiño do val, xirando á dereita e
avanzando en horizontal por unha inestable ladeira, con zonas aéreas, onde temos que ter
coidado, non só con non caer ladeira abaixo, se non tamén coa fauna que pasa por riba de
nos, que sempre nos mandan algún recordo pedregoso... Por fin chegamos ao leito do glaciar,
onde poñemos os crampons e achantamos unha mochila con peso innecesario para a
ascensión. Alí está a morrena e a torrentera principal. O camiño mais transitado era subindo
pola esquerda, arrimado al Montferrat e logo en diagonal hacia ó glaciar. Nos subimos
directamente polo glaciar, en pequenos zigzags. Deixamos á dereita o Pitón Carré e chegamos
á base do Pique Longue, onde quitamos os crampons e iniciamos a trepada. A parte mais
baixa está pulida polo xeo (observamos como os guías levaban gatos nestes tramos), pero
mais arriba xa abondan as presas. É recomendable o uso de casco nesta trepada, porque a
roca está moi descomposta e existe risco de caída de pedras. Fixemos a trepada en zigzag
cara á esquerda e a tres cuartos da ascensión, en diagonal hacia la cresta, saíndo dela a uns
20m do cumio e cresteando ata o pico do Gran Vignemale (3298m). Parece interesante facer
a cresta dende este cumio ata o Cerbillona, pero nos non arriscamos porque había un paso
aéreo na cresta intermedia que impoñía respecto... mellor encordarse. Nos baixamos por
onde subimos, e logo bordeamos polo glaciar pasando por debaixo das Covas de Russell,
chegando ao collado do Cerbillona, para comezar o ascenso ata o cumio do mesmo nome
(3247m). Non podemos pararnos moito, porque temos que baixar ata o encoro de Ossoue
para montar o campamento de novo. A neve estaba branda, facía fácil o descenso sen
crampons, intentado “esquiar” coas botas e axudando cos bastóns, con algunha caída que
outra, pero sen perigo por ir encordados e co piolet na man, por se as moscas... Chegamos ao
campo base, montamos as tendas e a compartir os logros cos compañeiros que se achegaban
ata o val para facer a ascensión ao día seguinte.
PARTICIPANTES XISTRA
Pilar Del Moral
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
FOTOS
Val de Ossoue
Nevero Pont de Neige
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Camiño ao refuxio
Refuxio de Bayssellance
Subindo ao Petit Vignemale
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Cumio do Petit Vignemale (3032m)
Mar de nubes sobre o val de Ossoue, dende o refuxio
Leito do Glaciar de Ossoue, avanzando ata a morrena
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Subindo o glaciar en zigzag
O glaciar que non remata...
Pitón Carré (3197m). Xa queda menos...
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Base do Pique Longue
A trepada
A cresta
Clube de Montaña XistraRúa Zaragoza 62 Baixo
Apdo. 5.430 - 36200 VIGOTelf./Fax 886 11 70 11
Cumio do Pique Longue o Gran Vignemale (3298m)
Cumio do Cerbillona (3247m)