corazón partido

22
Desmayarse, atreverse, estar furioso, Áspero, tierno, liberal, esquivo, Alentado, mortal difunto vivo, Leal, traidor, cobarde, animoso no hallar fuera del bien centro y reposo, mostrarse alegre, triste, humilde, altivo, enojado, valiente, fugitivo, satisfecho, ofendido, receloso; huir el rostro al claro desengaño, beber veneno por licor suave, olvidar el provecho, amar el daño; creer que un cielo en un infierno cabe, dar la vida y el alma a un desengaño: esto es amor: quien lo probó lo sabe.

Upload: bibliodieste

Post on 29-Mar-2016

247 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

revista, educación

TRANSCRIPT

Page 1: corazón partido

Desmayarse, atreverse, estar furioso, Áspero, tierno, liberal, esquivo, Alentado, mortal difunto vivo, Leal, traidor, cobarde, animoso

no hallar fuera del bien centro y reposo, mostrarse alegre, triste, humilde, altivo, enojado, valiente, fugitivo, satisfecho, ofendido, receloso;

huir el rostro al claro desengaño, beber veneno por licor suave, olvidar el provecho, amar el daño;

creer que un cielo en un infierno cabe, dar la vida y el alma a un desengaño: esto es amor: quien lo probó lo sabe.

Page 2: corazón partido

Es hielo abrasador, es fuego helado, es herida que duele y no se siente, es un soñado bien, un mal presente, es un breve descanso muy cansado.

Es un descuido que nos da cuidado, un cobarde, con nombre de valiente, un andar solitario entre la gente, un amar solamente ser amado.

Es una libertad encarcelada, que dura hasta el postrero parasismo, enfermedad que crece si es curada.

Éste es el niño Amor, éste es su abismo. ¡Mirad cuál amistad tendrá con nada el que en todo es contrario de sí mismo!

Page 3: corazón partido

Amor manda cuando ruega, Ve con los ojos vendados,

Brinda paz y da cuidados, A un tiempo concede y niega...

A la par quiere y no quiere, Se enoja y se desenoja,

Se va, vuelve, tira y afloja, Nace, crece, vive, muere...

Page 4: corazón partido

Tu sombra ser quisiera: ni un momento apartar de tus ojos la mirada; vivir dentro de ti, sin ser notada, y sorprender tu oculto pensamiento.

Tu desdén lloro y mi dolor aumento fingiéndome a mí misma traicionada, y unas veces te llamo enamorada y otras maldigo tu mentido acento.

Cuando tu voz me jura amor eterno, si en tus brazos pretendo hallar la calma, surge la duda ahogando mis anhelos.

Arde en mis venas fuego del infierno y en el mar encrespado de mi alma, cual fiero vendaval, rugen los celos...

Page 5: corazón partido

Algo me dicen tus ojos; más lo que dicen no sé.

Entre misterio y sonrojos, algo me dicen tus ojos.

¿Vibran desdenes y enojos, o hablan de amor y fe?

Algo me dicen tus ojos, Mas lo que dicen no sé.

Page 6: corazón partido

Al ver la angustia que siento si te apartan de mi lado, todos comprenden al punto la gravedad de mi estado.

Con alarma me reprochan la pasión de que me muero y yo nada les respondo, pero más y más te quiero.

Como a nadie oculto el alma, todos conocen mi historia, y saben que en tu amor puse gozo y pena, infierno y gloria.

Me dicen que es un delirio que labró mi mala suerte, yo sólo sé –les respondo- que te querré hasta la muerte.

Page 7: corazón partido

Déjame acariciarte lentamente, déjame lentamente comprobarte, ver que eres de verdad, un continuarte de ti misma a ti misma extensamente.

Onda tras onda irradian de tu frente y, mansamente, apenas sin rizarte, rompen sus diez espumas al besarte de tus pies en la playa adolescente.

Así te quiero, fluída y sucesiva, manantial tú de ti, agua furtiva, música para el tacto perezosa.

Así te quiero, en límites pequeños, aquí y allá, fragmentos, lirio, rosa, y tu unidad después, luz de mis sueños.

Page 8: corazón partido

Dos cuerpos frente a frente

son a veces dos olas y la noche es océano

Dos cuerpos frente a frente son a veces dos piedras y la noche desierto.

Dos cuerpos frente a frente son a veces raíces en la noche enlazadas.

Dos cuerpos frente a frente son a veces navajas y la noche relámpago.

Dos cuerpos frente a frente son dos astros que caen en un cielo vacío.

Page 9: corazón partido

Todo canto eu amei perdéuseme contigo: a luz clara e vibrante da miña xuventude, os bosques entrañábeis perfeitos de quietude onde o vento vivía con un lecer antigo.

Entón era o silencio o meu mellor amigo, era eu un namorado de todo canto vía, vivir era unha leda, fermosa moradía onde o mencer entraba recendendo a pantrigo.

De súpeto viñeches con esa lonxanía, caraveliño feble en terra ventureira e eu abrín outra nova fiestra para o día.

E todo canto amei foi unha lumieira, foi a fouce tan íntima que decote afía para ceifar dun pulo brutal a primaveira.

Page 10: corazón partido

Nas leves tardes de Outono tan serenas, ateigadas de silencio e dozura eu vou sentindo, amor, a túa tenrura igual que lume queimándome nas veas.

O son das aves, o vento e as sereas, a voz solemne do mar, rouca e escura, é a voz do amor coa súa fondura, co seu incansábel ritmo de mareas.

O meu desexo máis fondo é naufragar, ouh miña boa e sinxela compañeira! no teu mar de tenrura. Só no teu mar.

Eu quero vivir o outono na ribeira Para amistar coas gaivotas e embarcar Nunha dorna xentil, ben mariñeira

Page 11: corazón partido

Bicarei o teu corpo e enchereino de nomes engolemia nos beizos para un lume de rosas

enchereino de verbos e de palabras húmidas sempre á punta da lingua co queimor até o fondo

bicarei o teu corpo ondulado no leito como unha serpe branca ireino percorrendo envolvéndote enteira aloumiñando os poros da túa pel acendida

bicarei o teu corpo na extensión máis profunda conxugareino todo nunha voz incesante caluga pube fronte nocellos van fazulas brazos coxas xeonllos nádegas beizos seos flores sementes lúas bicarei o teu corpo e enchereino de nomes

Page 12: corazón partido

No niño novo do vento hai unha pomba dourada meu amigo! Que puidera namorala!

Canta ó luar e ó mencer en frauta de verde olivo. Quen puidera namorala, meu amigo!

Ten áers de flor recente cousas de recén casada meu amigo! Quen puidera namorala!

Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río. Quen puidera namorala, meu amigo!

Page 13: corazón partido

A dona que eu amo e tenho por senhor amostrádema, Deus, se vos én prazer for, se non, dádeme a morte.

A que tenho eu por lume destes olhos meus e por que choran sempre, amostrádema, Deus, se non, dádeme a morte.

Essa que vós fezestes melhor parecer de quantas sei, ai, Deus, fazédema veer, se non, dádeme a morte.

Ai, Deus, que ma fezestes máis ca a min amar, mostrádema u possa con ela falar, se non, dádeme a morte.

Page 14: corazón partido

Cando setenta invernos na túa frente caven fondos agravios e regañas, cando leves escrita polas cañas a traxedia do tempo displicente;

cando o curso dos anos che amolente a preciosa dureza das entrañas, cando mesmo calvexen as marañas que son coroa ó monte máis ardente;

cando a morte se pouse nos teus ombros e todo sexa un resoar de escombros e ruína certísima da rosa,

se eu sigo por aquén, amarei tanto a túa decadencia, o teu quebranto, que has de morrer pensándote fermosa.

Page 15: corazón partido

Están as nubes chorando por un amor que morreu están as rúas molladas de tanto como choveu.

Lela, Lela, Leliña por quen eu morro quero mirarme nas meniñas dos teus ollos. Non me deixes e ten compasión de min. Sen ti non podo, sen ti non podo vivir.

Dáme alento coas túas palabras, dáme celme do teu corazón, dáme lume coas túas miradas, dáme vida co teu doce amor. Lela, Lela, Leliña por quen eu morro quero mirarme nas meniñas dos teus ollos.

Non me deixes e ten compasión de min. Sen ti non podo, sen ti non podo vivir.

Page 16: corazón partido

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa? Case morto vivín sen coñecerte aló na chaira seca por absurdas rúas onde ninguén me soubo dar mornura. Foi soidade desconforme adentro e a semente a caer en terra dura.

¿Como hei vivir mañá sen a luz túa? Erguinme e vinte ao regresar á terra como se fora todo aquilo un soño pesado e ti xa foras sempre miña. Foi outra vez materno en aloumiño o bico teu na lingua.

E foi de novo corazón adentro comprender a existencia e a dozura. ¿Como hei vivir mañá sen a luz túa? Pero hoxe mesmo o día abriu en medo entrou na fiestra un sol estraño inmenso e deixáchesme o leito en mantas frías.

Está a volver agora corazón adentro a soidade o podre a agonía a me pinchar as cousas en millóns de pugas cada minuto en séculos de agullas. ¿Como hei vivir mañá sen a luz túa?

Page 17: corazón partido

i en

Page 18: corazón partido

O XOGO DO CORAZÓN PARTIDOO XOGO DO CORAZÓN PARTIDOO XOGO DO CORAZÓN PARTIDOO XOGO DO CORAZÓN PARTIDO

QUEN CONSEGUIRÁ RECOMPOÑER MÁIS CORAZÓNS PARTIDOS?

Regras do xogo: 1º- Duración: 50 minutos. 2º- Formar un total de 14 parellas como máximo. 3º- Sairán dúas parellas de cada vez. 4º- Enriba dunha mesa depositaremos os fragmentos dos poemas de amor escritos sobre os corazóns partidos. 5º- Cada poema e, polo tanto, cada corazón, estará partido en catro partes que haberá que recompoñer. 6º- As parellas terán 5 minutos para atopar as 4 partes nas que está partido cada corazón, recompoñelas correctamente e pegalas nun expositor que estará disposto para esta actividade. 7º- Se algunha parella non consegue recompoñer ningún corazón nos 5 minutos, pasará a seguinte parella, e así sucesivamente ata pasar todos. 8º- Gañará a parella que consiga recompoñer máis corazóns. 9º- A actividade remata coa lectura dos textos que integran cada un dos corazóns. OBSERVACIÓN : Os días anteriores, os alumnos terán á súa disposición na biblioteca unha selección de textos poéticos de temática amorosa entre os que estarán os que terán que recomponer durante o xogo. Mentres as parellas tentan atopar as catro partes de cada corazón podemos ter de música de fondo a canción de Alejandro Sanz, “Corazón Partío”.

BIBLIOTECA I.E.S. “RAFAEL DIESTE”BIBLIOTECA I.E.S. “RAFAEL DIESTE”BIBLIOTECA I.E.S. “RAFAEL DIESTE”BIBLIOTECA I.E.S. “RAFAEL DIESTE”

Febreiro 2011Febreiro 2011Febreiro 2011Febreiro 2011

Page 19: corazón partido
Page 20: corazón partido

OS NOMES DOS AUTORES DOS POEMAS SON: Castelao, Bernal de Bonaval, Lope de Vega, Cecilia Camps, Bernardino Graña, Darío Xohan Cabana, Francisco de Quevedo, Manuel González Prada, Leopoldo Lugones, Gerardo Diego, Octavio Paz, Avilés de Taramancos, Manuel María, M. A. Fernán Vello, Álvaro Cunqueiro. Observación: OLLO! Hai dous poemas do mesmo autor.

Page 21: corazón partido

XOGO: Cada ovella coa súa parella ALUMNO/ -A: CURSO: RESPOSTAS: POEMA 1: Autor: POEMA 2: Autor: POEMA 3: Autor: POEMA 4: Autor: POEMA 5: Autor: POEMA 6: Autor: POEMA 7: Autor: POEMA 8: Autor:

Page 22: corazón partido

POEMA 9: Autor: POEMA 10: Autor: POEMA 11: Autor: POEMA 12: Autor: POEMA 13: Autor: POEMA 14: Autor: POEMA 15: Autor: POEMA 16: Autor: