convocatória rcc rag

1
Caras e caros, Transcorridos vintetrés anos do seu pasamento e cento tres do seu nacimento, no barrio mariñeiro de Ferrol Vello, a figura de Ricardo Carvalho Calero e o seu legado continua moi vivo no movimento asociativo da nosa comarca. Dende hai xa trece anos, moitas teñen sido as iniciativas para que a Real Academia Galega lle adique o Dia das Letras ao ilustre ferrolán. Consideramos que conseguirmos este obxetivo, teria unha maior transcendencia que a cultural. Para alén do debate sobre a cuestión da estandarización da nosa lingua, situaria á nosa comarca durante 2014 na palestra en todo o País e, xa que logo, seria mais unha oportunidade para facer coñecedora á cidadania galega da nosa problemática. No camiño de lograrmos este recoñecimento, que seria tamén o recoñecimento ao contributo á nosa cultura, lingua e compromiso na loita pola conquista das liberdades democráticas realizada polas xentes desta comarca ao longo da súa historia. É con este motivo, que dende a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e a Fundaçom Artábria decidimos convocar unha reunión para o próximo martes, 28 de maio, ás 19.30hs no IES Concepción Areal coa seguinte orde do día: 1. Proposta de iniciativa no camiño de acadar que o próximo 17 de maio de 2014 sexa adicado á figura de Carvalho Calero. 2. Varios Agardando a vosa presenza, recibide saúdos da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e da Fundaçom Artábria.

Upload: cenlf

Post on 08-Jul-2015

278 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Convocatória rcc   rag

Caras e caros,

Transcorridos vintetrés anos do seu pasamento e cento tres do seu nacimento, no barrio mariñeiro de Ferrol Vello, a figura de Ricardo Carvalho Calero e o seu legado continua moi vivo no movimento asociativo da nosa comarca. Dende hai xa trece anos, moitas teñen sido as iniciativas para que a Real Academia Galega lle adique o Dia das Letras ao ilustre ferrolán.

Consideramos que conseguirmos este obxetivo, teria unha maior transcendencia que a cultural. Para alén do debate sobre a cuestión da estandarización da nosa lingua, situaria á nosa comarca durante 2014 na palestra en todo o País e, xa que logo, seria mais unha oportunidade para facer coñecedora á cidadania galega da nosa problemática.

No camiño de lograrmos este recoñecimento, que seria tamén o recoñecimento ao contributo á nosa cultura, lingua e compromiso na loita pola conquista das liberdades democráticas realizada polas xentes desta comarca ao longo da súa historia.

É con este motivo, que dende a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e a Fundaçom Artábria decidimos convocar unha reunión para o próximo martes, 28 de maio, ás 19.30hs no IES Concepción Areal coa seguinte orde do día:

1. Proposta de iniciativa no camiño de acadar que o próximo 17 de maio de 2014 sexa adicado á figura de Carvalho Calero.

2. Varios

Agardando a vosa presenza, recibide saúdos da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra e da Fundaçom Artábria.