consellos tic
TRANSCRIPT
IES Primeiro de Marzo
Formación do profesorado
Consellos para comezar a
traballar coas TIC
As TIC son ferramentas de traballo ao noso servizo
➔ Son un recurso máis, que convive cos
libros, o caderno, etc. Non sempre teñen
que substituílos.
➔ Non son un fin, son un medio.
➔ Utilízaas cando te resulten útiles.
➔ Primeiro fixa uns obxectivos de traballo,
e logo busca a ferramenta máis axeitada
para acadalos, e non ao revés.
Pero serven para:
➔ Proporcionarnos interesantes recursos e información.
➔ Facer as clases máis activas e participativas.
➔ Aumentar a motivación do alumnado.
➔ Mellorar a competencia dixital.
➔ Conectarnos co mundo, relacionarnos,
compartir.
➔ Aprender, actualizarnos.
As TIC non fan milagres nin van solucionar os problemas da educación
➔ Hai infinitas posibilidades de uso
das TIC, todas as que te propoñas.
➔ Investiga e aprende pola túa conta.
Ante as dúbidas pide axuda, pero hai
que traballar con autonomía. Atrévete!
➔ Comparte o teu traballo na rede e crea
a túa comunidade docente.
Investiga, consulta, planifica, experimenta, practica e comparte
Transforma progresivamente a túa metodoloxía
➔ Mantén o método de sempre onde dea bos
resultados, e comeza a mudar aquelas
cousas nas que os resultados non son bos.
➔ Comeza con pequenos obxectivos e vai
creando hábitos.
➔ Planifica as actividades, analiza o
resultado e revisa o modelo para melloralo.
Traballa as competencias básicas
➔ Coas TIC trabállanse todas as
competencias, e non só a dixital.
➔ O alumnado debe adquirir un papel activo,
creador, e non só receptor de información.
➔ Comeza con actividades dirixidas, pero
pouco a pouco incorpora actividades máis
abertas, que estimulen a creatividade e o
traballo en equipo.
Grazas
Créditos das imaxes:
➔ Ferramentas: http://fernandadominguez.files.wordpress.com/2010/06/herramientas.jpg
➔ Cables: http://www.flickr.com/photos/dugbee/841976228/sizes/l/in/photostream/
➔ Engrenaxes: http://www.flickr.com/photos/17258892@N05/2588347668/sizes/z/in/photostream/
➔ Reloxos: http://www.flickr.com/photos/nickwebb/2974376322/sizes/z/in/photostream/
➔ Camiño: http://www.flickr.com/photos/streuwerk/2330988462/sizes/l/in/photostream/
Presentación: Licenza Creative commons BY-NC-SA
➔ http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/2.5/es/deed.gl
María Loureiro 2011.