como crear unha fábula
TRANSCRIPT
COMO CREAR UNHA
FÁBULA.
Anabel García
Unha fábula é un relato breve, que ensina unha lección (sentenza) e que acostuma estar protagonizada por animais.
Ten as mesmas partes que un conto: Introdución. Nó. Desenlace.A fábula consta das mesmas partes e ademais ten unha sentenza final=ensinanza que pretende transmitir unha aprendizaxe vital.
Debes ler algunhas para coñecer a súa estrutura e características.
Orixe da imaxe
Aquí tedes algún exemplo:
Orixe da fábula
Orixe da fábula
Orixe da fábula
Orixe da fábula
Orixe da fábula
Unha vez familiarizado co estilo debes seguir os seguintes pasos:
Escolle a lección que queres que aprendan os teus protagonistas.
Orixe da imaxe
Elixe aos personaxes que levarán a cabo as accións da fábula. Debes fixarte nas características asociadas a cada animal (Por exemplo: a tartaruga é lenta, o raposo é astuto, a formiga é traballadora, o elefante , un pouco torpe...). Tamén debes ter en conta que debes atribuírlles características humanas .
Orixe da imaxe
Inventa un tempo e un lugar , que poden ser reais ou imaxinarios.
Orixe da imaxe
Describe aos personaxes e determina as características da súa personalidade. Vai pensando nos diálogos.
Orixe da imaxe
Desenvolve unha trama. Decide que sucede co conflito ou o problema principal, quen aprende a lección e como. Cal é o acontecemento inesperado da historia?
Orixe da imaxe
Finaliza o conto. Determina como os personaxes resolven o problema e aprenden a lección.
Orixe da imaxe
Unha vez escrita, debes pasala a limpo nun folio, engadíndolle uns debuxos alusivos ao tema.
E... Se duro te pos a traballar
unha bonita fábula crearás.
Orixe da imaxe
Http:/orecunchodasfadas.blogspot.com/