catalogo rgta 2º semestre 2014

25
www.urdime.net | [email protected] | +34 881 895 403 | +34 679 946 957 | +34 619 920 335 CATÁLOGO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS 2º semestre 2014

Upload: imaxeurdime

Post on 30-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Catálogo da Rede Galega de Teatros e Auditorios - 2º Semestre 2014

TRANSCRIPT

www.urdime.net | [email protected] | +34 881 895 403 | +34 679 946 957 | +34 619 920 335

CATÁLOGO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS2º semestre 2014

+ info click aquí

CHÍOS son trinta minutos de poesía sensorial para bebés de 1 a 4 anos e pais e nais acompañantes, con cantigas, bailes, música, poemas visuales, xogos e estimulación olfativa e táctil. Con este espectáculo descubrimos o mundo a través dos sentidos, transformamos obxectos, disfrutamos coa música e as palabras e exaltamos a importancia do lúdico e do contacto coa natureza, tan esquecida nestes tempos de xogos de interior e máquinas xordas.

Dirección artística: Teatro da SementeActrices: Raquel Queizás e Chus ÁlvarezVestiario: Isi Seoane e María VillasEspazo escénico e atrezos: Luís Brotóns, Armando García, Marta Parcero

CHÍOS Teatro actoral e manipulación de obxectos | Teatro para bebés | 30 min

TEATRO DA SEMENTE

2

+ info click aquí

Dirección artística: Teatro da SementeActrices: Raquel Queizás e Chus ÁlvarezVestiario: Isi Seoane e María VillasComposición da banda sonora: Merran Laginestra (Australia)

“Viaxe a Dadá” é un proxecto para bebés de 0 a 3 anos e pais e nais acompañantes. É sementar para recoller, sementar para que nazan flores, sementar para (re)coñecer a Vida e descubrir o Mundo. Entremos no faiado da infancia, subámonos a Dadá, o noso cabaliño de madeira, e viaxemos xuntos polas lembranzas da nenez, entre xogos e cantigas.

Teatro actoral e manipulación de obxectos | Teatro para bebés | 40 minVIAXE A DADÁ

TEATRO DA SEMENTE

3

+ info click aquí

Espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicais máis relevantes, instrumentos de refugallo, variadas coreografías...ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, onde os rapaces e rapazas serán tamén os protagonistas principais do espectáculo.

Elenco:Saúl Cacharrón: músico e actorMartín Nogueira: músico e actorPago Nogueiras: músico e actor

Espectáculo músico - teatral | Infantil e familiar +4 anos | 55 minENSALADA DE INSTRUMENTOS

Os TRES TENedORES

4

Espectáculo músico - teatral | Infantil e familiar +4 anos | 50 minCOCIDO SINFÓNICO

+ info click aquí

Con estes tres músicos e cómicos o espectáculo está asegurado, mesturan no seu repertorio varias disciplinas, destacando a música interpretada en directo e o clown. Son espectáculos dinámicos e con moi bo ritmo, nos que pode disfrutar toda a familia.

Cocido sinfónico é un espectáculo innovador de teatro, música e humor, dirixido a un público infantil e familiar. Nesta ocasión as portas deste peculiar restaurante, ábrense dispostas a ofrecerlles aos comensais as músicas máis saborosas, acompañadas dos pratos máis suculentos e novidosos.

Dirección de escena: Pepablo PatinhoElenco:Saúl Cacharrón: músico e actorMartín Nogueira: músico e actorPago Nogueiras: músico e actor

Os TRES TENedORES

5

+ info click aquí

Un espectáculo grande para xente miúda.

Pódese medrar a través de cancións e imaxes? O espectáculo A nena e o grilo de Magín Blanco –cos seus amigos - fainos, sen dúbida, un anaco máis grandes. Música do século XXI con tintes de pop, rock, reggae ou bossa nova, relatos que nos falan de que podemos aspirar a un mundo mellor, imaxes que nos achegan ás novas linguaxes. Para saír cuns centímetros de máis, mesmo que sexa en doses de ilusión,creatividade e imaxinación. E tamén, como non, un chisco máis felices.

Magín Blanco: Voz, guitarra, Jorge Juncal: Piano, acordeónMaria Faltri: Voz, percusiónJerry Noia: Baixo, guitarraXoán Curiel: Actor e vozCharo Pita: Actriz e voz

A NENA E O GRILO NO PAÍS DAS APERTAS Espectáculo músico - teatral | Infantil e familiar +3 anos | 60 min

MAGÍN BLANCO

6

A que soa? A bicos roubados, á ledicia de atopar un equilibrio de expresión entre tradición e contemporaneidade. A reafirmar a confianza na música como vehículo e vínculo interxeracional, e entre o individual e o social. A beatles, armonías vogais, retrouxos contaxiosos, a arpas e zanfonas, a violinos, a arpexos de guitarra. A silencio…

E que conta? A historia dunha viaxe iniciática onde o mundo se presenta como unha aventura por descubrir. Unha aventura amable e luminosa, máis próxima ao intercambio e a partilla que a competitividade e a rivalidade.

Atoparemos no espectáculo un medio máis para valorar a expresión a través das artes: música, narrativa, ilustración, poesía.

+ info click aquí

Magín Blanco: Voz, guitarraJorge juncal: Piano, acordeónMaría Faltri: percusións e vozJerry Noia: Baixo e guitarraPepablo Patiño: ActorMontserrat Piñón: Actriz

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO Espectáculo músico - teatral | Infantl e familiar +3 anos | 60 min

MAGÍN BLANCO

7

+ info click aquí

Magín Blanco: Voz, guitarra, Jorge Juncal: Piano, acordeón, Ukelele...Maria Faltri: Voz, percusiónRaquel Queizás: Dirección e interpretación

A crianza gatea para explorar e coñecer o mundo que os rodea.

Gatuxo é un espectáculo onde se fusionan as artes, a música, as cantigas, o teatro, os contos, o clown, a manipulación de obxectos e o claqué, todo interpretado en directo por tres músicos a dúas voces e unha actriz, dirixido a crianzas de 0 a 5 anos e ós seus familiares acompañantes.

Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia.

Espectáculo músico - teatral | Familiar, de 0 a 5 anos | 45 minGATUXO

MAGÍN BLANCO

8

Texto e dirección: Pepablo PatinhoElenco : Montse Piñón, Jorge Casase Pepablo Patinho

+ info click aquí

Teatro Ghazafelhos presenta nesta ocasión un espectáculo de teatro xestual e mímica, acompañado da manipulación de títeres e obxectos e moita música .

Un astronauta chega a un planeta descoñecido. Alí atopase cunha extraterrestre que tamen chegou de exploración. Logo do estrano encontro os dous cosmonautas comezan a convivir descubrindo sentementos que xamais sospeitarian ter.

Teatro actoral | Infantil e familiar +5 anos | 55 min...3,2,1

TEATRO GHAZAFELHOS

9

Con grandes doses de humor e rodeados dun ambiente lirico, Ghazafelhos propón 60 minutos inolvidables de unha das historias para público familiar que non vai deixar indiferente a ninguén.

Esta obra, relata o encontro de dous soldados inimigos no frente, que terán que deixar a un lado as súas diferencias para facerse cargo dun pequeno imprevisto; o nacemento dun neno.

Texto e dirección: Pepablo PatinhoIdea orixinal: Montse PiñónElenco : Montse Piñón, Jorge Casase Pepablo Patinho

+ info click aquí

NANA PARA UN SOLDADO Teatro actoral | Infantil e familiar +6 anos | 60 min

TEATRO GHAZAFELHOS

10

BON APPÈTITTexto e dirección: Pepablo PatinhoIdea orixinal: Montse PiñónCaracterización: Eva TenreiroElenco : Montse Piñón, Jorge Casase Pepablo Patinho

Explosións, tortazos, persecucions, sustos, malos entendidos,....ingredientes para unha comedia total en clave de clown.

Antua de la Sardiní, Philip de Toucignom e Fransuá de la Berenxem son tres Chefs que nos van amosar os segredos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas de Alvaro Cunqueiro, A Cociña Galega.

Unha comedia onde a cociña tradicional galega é o ingrediente perfecto para escachar de risa, na que o sinxelo pode ser tremendamente difícil e o divertido pode ser moi perigoso.

+ info click aquí

Teatro actoral | Infantil e familiar +3 anos | 60 min

TEATRO GHAZAFELHOS

11

FRANKEINSTEIN

+ info click aquí

Texto e dirección: Pepablo PatinhoIdea orixinal: Montse PiñónPintura e deseño: Leandro LamasElenco : Montse Piñón, Jorge Casase Pepablo Patinho

Unha aventura nas entrañas dun castelo onde dous investigadores, a Dra. Mon Champignom e o Dr. Pe Arrepío investigan si o lexendario monstruo de Frankenstein existe ou non.

Frankenstein é un clásico da literatura, do cine, do teatro, dos musicais... é unha obra que sempre está vixente para una reposición e mais para público familiar, xa que ás veces, é complicado expoñer a monstruosidade á que pode chegar o ser humano por buscar a perfección.

Teatro actoral | Infantil e familiar +3 anos | 60 min

TEATRO GHAZAFELHOS

12

Texto e dirección: Pepablo PatinhoIdea orixinal: Teatro dos GhazafelhosElenco : Montse Piñón, Jorge Casase Pepablo Patinho

+ info click aquí

Bestarruza afundiu cando estaban pescando en Ortegal. A filla de un dos mariñeros non pode durmir esperando un bico do seu pai e decide sair na súa busca.

Contos Mariñeiros é unha viaxe onde coñecerán estraños personaxes que guiarán á nena ata o raio verde.

Contos Mariñeiros é unha obra de teatro familiar que fala da cultura mariñeira, do respeto polo mar, da familia, aventuras, das lendas da nosa tradición oral…e da morte, creada para achegar esta realidade ó público infantil e familiar.

CONTOS MARIÑEIROS Teatro actoral | Infantil e familiar +6 anos | 65 min

TEATRO GHAZAFELHOS

13

+ info click aquí

Son catro historias que serven para facer reflexionar, a grandes e a pequenos, sobre a solidariedade, a igualdade e o que nos podemos aportar os uns aos outros. Catro contos na boca de Wamba, un mozo do Congo que un día tropezou con Antía, unha nena galega, e xuntos descubriron que podían compartir moito máis do que pensaban.

Todo fiado coa voz de Wamba e un refrán de súa avoa : o río énchese de regatos pequenos.

Dirección: A tropa de trapoNarración oral: Marta Ortiz e Brais das HortasMúsica: Brais das HortasInstrumentos: batería de reciclaxe, kalimbae efectos sonoros.

ANTÍA, WAMBA E O REGATO PEQUENO Narrración oral e música en directo | Infantil e familiar +5 anos | 45 min

A TROPA DE TRAPO

14

15

+ info click aquí

Autor e director: Inacio VilariñoComposición musical: Benxa OteroActores músicos: Inacio e Benxa Otero

As Pombas de Carboeiro é un metarrelato que conta como un frade trata de convencer coa súa historia a un batallón do exército napoleónico para que os soldados non sacien a súa fame coa poboación de pombas mensaxeiras do mosteiro. O frade, para ilustrar o seu relato, emprega as cartas do Tarot de Marsella coas que os soldados franceses se entretiñan.

A través do seu relato descubrirán a historia de amor protagonizada por Cervela, correo de El-Rei Fernando II, e Octavia, a filla máis nova de Lupa de Lobarzán; e os irmáns desta pretenden darlle morte por carecer de sangue azul.

Para contar esta historia utilizase ademais da técnica do kamishibai, na que a narración icónica se mestura coa teatralidade, a maxia, as marionetas e a música en directo.

AS POMBAS DE CARBOEIRO Narración oral, música, técnica Kamishibai | Xuvenil e adulto | 60 min

FANTOCHES BAJ

16

+ info click aquí

Inacio Vilariño: Autor e directorMúsica: Benxamín OteroActores e músicos: Inacio e Luís Iglesias (Luchi)Deseño escenografía: Luís Iglesias (Luchi)Vestiario e atrezzo: María Chenut

No espectáculo Fábula Galénica, títeres de luva, interpretan dentro dunha fermosa radio antiga unha divertida historia de absoluta actualidade que bebe dos contos populares.

Narrado coma se dun programa de teatro radiofónico se tratase, cóntase como na comarca de Catasós ven reducidos os seus recursos polo desexo do Rei Don Cardo de construirse un castelo novo e desproporcionado. Isto obriga ao Burro Eduardo xunto coa raposa, o logo e o regato a organizarse na súa loita contra o Rei para recuperar a vida da fraga e a súa contorna.

Títeres de luva | Infantil e familiar +5 anos | 50 minFÁBULA GALÉNICA

FANTOCHES BAJ

17

+ info click aquí

Inacio Vilariño: Autor e directorComposición musical: Benxamín OteroActores e músicos: Inacio e Benxamín OteroRexistro en vídeo: Marcos Vilariño e Alberto Quintá

O ASOMBRO, é un espectáculo poético-musical elaborado a partir de textos de Diaz Castro e Uxío Novoneyra que pretende conmover e achegar a obra dos que consideramos dous dos máis grandes poetas galegos do século XX.

Con dramaturxia, posta en escea e interpretación de Inacio Vilariño, o espectáculo presenta un cruce entre teatro poético e manipulación de obxectos, cun acompañamento musical en directo de Benxamín Otero.

O narrador, recitador o “performer”, Inacio Vilariño, encandílanos coas palabras de Díaz Castro e Uxio Novoneyra, cunha rotunda musicalidade que se deixa escoitar con verdadeiro pracer, na mentres crea un suxerinte universo de trazos inscritos con xis branca sobre un taboeiro.

O ASOMBRO CON DÍAZ CASTRO (Letras galegas 2014) Espectáculo poético - musical | Xuvenil e adulto | 60 min

FANTOCHES BAJ

18

+ info click aquí

Texto orixinal: Lois PereiroAdaptación: Inacio VilariñoElenco: Inacio Vilariño e Benxa OteroConstrucción de títires e escenografía: Inacio VilariñoDirección: Inacio VilariñoSonoplastia: Benxa Otero

PULP é un espectáculo homónimo de teatro de obxectos da compañía Fantoches Baj, baseado en textos do poeta Lois Pereiro con música en directo de Benxa Otero.

A partir dos poemas de Lois, e mediante o recurso explorado polo propio autor de converterse en narrador de si mesmo, en PULP relátanse en primeira e terceira persoa os dous últimos anos da súa vida. As letras que conforman a frase Poesía última de LP son as que van construíndo as palabras que designan os espazos, os obxectos e os sentimentos que acompañaron o poeta, ademais de aparecer representadas as súas relacións e amizades baixo as iniciais dos seus nomes.

PULP (Poesía última de Lois Pereiro) Manipulación de obxectos e música en directo | Adulto | 60 min

FANTOCHES BAJ

19

Texto orixinal: Carlos NegroActores: Fran Lareu, Inacio Vilariño,Luís Iglesias (Luchi) e Vanessa MaceirasMúsica: Iago Mouriño

+ info click aquí

Zampón, o lambón é un espectáculo con música en directo no que se misturan actores con figuras grandes e títeres para contar unha historia de aventuras protagonizada por dous heroes moi especiais, Brais e Chispín, que terán que enfrontarse ao xigante Zampón, o devorador de palabras máis lambón do mundo.

O xigante Zampón rouba a palabra foliada dos soños dos nenos de Ledicia. O investigador Brais Buscamáis e Chispín, músico de banda que se dirixía a tocar á festa de Ledicia, lanzaranse á procura do xigante. Mais antes de atopalo terán que superar algunhas probas. Finalmente lograrán entrar na casa de Zampón e adormecelo cunha palabra-somnífero. Unha vez durmido, Brais e Chispín ábrenlle o bandullo e consiguen recuperar a palabra roubada para o pobo de Ledicia.

XIgantes, cabezudos, títeres e teatro actoral | Infantil e familiar +4 anos | 50 minZAMPÓN, O LAMBÓN

FANTOCHES BAJ

Santi Prego: productorEduardo R. Cunha “Tatán”: Dirección de escenaLarraitz Urruzola: Interpretación e manipulación

+ info click aquí

O Crebanoces é un espectáculo para títeres inspirado no conto de Hoffmann e dirixido a público familiar. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

Na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo, e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces en realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.

O CREBANOCES Títeres de mesa con música | Infantil e familiar +4 anos | 60 min

LARRAITZ URRUZOLA

20

Dirección: Mariza BassoDramaturxia e dirección: Santi PregoActrices e manipuladoras: Larraitz e Mirari Urruzola

+ info click aquí

LUME Títeres de obxectos | Infantil e familiar +4 anos | 45 min

BABALUVA TÍTERES

O can chamou á vaca, a vaca ao cervo, o cervo á xabarila, a xabarila á landra, a landra preocupada foi buscar ao moucho que avisou á araña. A araña viu ao ourizo , o sapo alertou á garza que estaba comendo miñocas. A eiruga falou coa bolboreta , voluntariosas chegaron a vacaloura e o esquío. E así foi como, axudándose uns aos outros, prepararon un plan para apagar o lume.

Nesta proposta innovadora de teatro de obxectos, dúas titiriteiras recrean un bosque e os seus animais para contar esta historia de sensibilización medioambiental dirixida a nenas e nenos de 2 a 8 anos, utilizando unha técnica mixta de contacontos e títeres de mesa.

21

+ info click aquí

Hoxe Malva e a sua nai xúntanse para limpar a casa onde vivían hai tempo, namentras recollen os obxectos da habitación, lembran aqueles días nos que Malva devecía por que a súa nai lle lera un conto antes de ir durmir. Con esas historias viaxaban ata un mundo de fantasía onde todo era posible. Pero des que Malva aprendeu a ler as cousas cambiaron e xa non houbo «cama e conto» ata que … a nena discorreu unha idea bomba.

A relación entre MALVA e NAI contén un valor exemplarizante e sincero onde podemos recoñecernos como seres humanos complexos pero onde sempre prevalecerá a amizade , o cariño e o respecto como valores inquebrantables.

Unha peza teatral sobre a importancia da lectura e das relacións humanas.

Gonzalo Moure: AutorGabriel Penabade: TraduciónSanti Prego: DirecciónActrices e manipuladoras: Larraitz e Mirari Urruzola

CAMA E CONTO Títeres de obxectos e teatro de sombras | Infantil e familiar +4 anos | 40 min

BABALUVA TÍTERES

22

Dirección escénica: Pepablo PatinhoBaritono: Miguel AbaloSoprano: Victoria Álvarez AcónPiano: José Manuel Yáñez

+ info click aquí

Micaela é a muller barbuda do Cirque d´Amore; Nel limpa a pista, da de comer aos elefantes, cociña para os artistas e baila para que o público ría dela... Coa axuda de Pierrot marchará do circo e coñecerá a Fígaro, un barbeiro tolo que dará a Micaela confianza nela mesma. Pero… conseguirá Micaela ser feliz?

Unha obra de teatro e un recital de ópera ao tempo. A través dunha divertida historia chea de brincadeiras para nenos e adultos, dous cantantes e un pianista repasan un repertorio operístico ben popular.

IL CIRQUE D´AMORE Ópera infantli | Infantil e familiar +4 anos | 45 min

IL CIRQUE D´AMORE

23

24

+ info click aquí

Este espectáculo fala da importancia da muller bolañesa e intenta pescudar as liñas mestras que caracterizan as súas personaxes femininas, demostrando até que punto a muller encontra en todo o conxunto bolañés un papel en sintonía coa constante exaltación da dignidade humana e a loita pola liberdade presentes ao longo de toda a súa obra.

Laura Ponte: interpretaciónXavier Estevez: direcciónRoi Vidal: Texto, adaptación sobre textosde Roberto Vidal Bolaño

Teatro actoral | Xuvenil e adulto | 80 minBailadELAS

TEATRO ANTROIDO

www.urdime.net | [email protected] | +34 881 895 403 | +34 679 946 957 | +34 619 920 335