catálogo rgta 2013 2º semestre

17
CATÁLOGO RGTA 2013 2º SEMESTRE

Upload: culturactiva

Post on 21-Mar-2016

282 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Catálogo de espectáculos dispoñibles no 2º semestre de 2013 a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

TRANSCRIPT

Page 1: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

CATÁLOGO RGTA 20132º SEMESTRE

Page 2: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

CATÁLOGO RGTA 2013: compañías e espectáculos

Page 3: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

compañía

Bandullo Azul

Inspirándose en Barriga Verde, chega no ano 2012 unha nova compañía BANDULLO AZUL.

Nacida en plena crise, os recortes afectaron tanto a esta nova compañía que soamente está formada por dous actores, xa que tres son multitude. Carece totalmente de persoal técnico e de texto. Da súa escenografía e do seu vestiario poderíase dicir que seguen unha liña perralleira.

Realmente no único que se gastou foi no director, Evaristo Calvo, aínda que este nun alarde de solidariedade coa nova compañía non quixo cobrar polas altas doses de paciencia das que fixo gala durante todo o proceso de montaxe.

Xa está aquí, xa chegou a Galicia o teatro pobre, que non podre, de BANDULLO AZUL, da man de Fran Ameixeiras e Fran Campos.

Baseándose na coñecida historia de Robinson Crusoe e o seu naufraxio, e posterior vida nunha illa deserta, esta delirante e tola comedia daranos a coñecer máis a fondo o día a día do noso protagonista xunto co seu servinte, e tamén compañeiro e amigo, Venres.

A través das actividades cotiás e diarias, Robinson tentará “colonizar” dende o seu mundo civilizado ó seu salvaxe e ignorante compañeiro Venres.

Unha mostra máis do 1º mundo por facerse dono de todo e de todos. Cociñar, xantar, a roupa, a relixión, a música, os modais… serán as ferramentas que utilice Robinson para facer de Venres un home de proveito. Pero este último resistirase ante tal “ataque” e amosaralle pouco a pouco a Robinson a importancia , de ser libre, de deixarse levar polo xogo, a diversión, a contemplación… e a busca da felicidade.

Unha chea de situacións onde o “choque” de dous mundos e xeitos de ver a vida faranos rir e reflexionar sobre o realmente importante e necesario para vivir felices.

Autor: Bandullo Azul e Evaristo CalvoDirección: Evaristo CalvoAdaptación: Evaristo CalvoTécnica: Clown e Teatro Xestúal.Duración: 60 minutos.Clasificación: Todos os públicos

descripción

espectáculo

ficha artística

bandullo azul

Page 4: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

compañia

matrioska teatro

Matrioska Teatro nace no momento no que Anabell Gago e Lorena Conde, que xa traballaran xuntas en diversos espectáculos, deciden emprender a aventura de crear unha compañía coa que poder trazar as liñas fundamentais para realizar o teatro que elas mesmas desexaban ver como espectadoras.

Esta idea comeza a tomar corpo en 2012, cando lle propoñen a Chelo do Rejo acompañalas en escena e convidan a Marta Pazos a dirixir o que, a día de hoxe, é o primeiro espectáculo de Matrioshka: C’est la Vie.

A esta aventura, arriscada e necesaria, fóronse sumando con entusiasmo persoas talentosas e inquedas da altura de Uxía P. Vaello, Javier Quintana, Inés Salvado, Cloti Vaello, Trini F. Silva ou Emilio Carral; completando así un equipo desexoso de dar á escena pezas que atrapen, sorprendan e emocionen ao público.

Anabell Gago, Iníciase como actriz profesional en 1994 baixo a dirección de Roberto Vidal Bolaño, formando parte do elenco estable de Teatro do Aquí durante cinco anos. Con Factoría Teatro, dirixida por Cristina Domínguez, acadou o premio María Casares no 2006 á mellor actriz protagonista. No 2007, coa compañía de Ernesto Chao, recibe outro premio María Casares como mellor actriz secundaria. Durante once anos ininterrumpidos actuou na compañía Berrobambán con Paula Carballeira.

Lorena Conde (Pontevedra, 1980) Actriz, directora, escenógrafa e atrezzista. Licenciada en Filoloxía Hispánica e Posgrado en Arte Dramatica pola USC. Graduada Superior en Artes Aplicadas da Escultura pola EASD Mestre Mateo. Iníciase no teatro universitario primeiro como actriz e despois como directora. De 1999 a 2008 traballa como actriz en varias montaxes de Berrobambán Teatro. Durante varios cursos leva adiante os talleres dramáticos de varias escolas e centros de secundaria. De 2008 a 2012 dirixe cinco pezas para Enlata Teatro.

Chelo do Rejo (A Estrada, 1961) Ten traballado ás ordes de directores coma Xosé Lueiro, Celso Parada, Artur Trillo, Pepe Penabade, Toño Pena. Participa en diversos proxectos audiovisuais, tanto en longamet-raxes ( Un cuento para Olivia de Manane Rodríguez), coma programas para a televisión (Land Rober, A Solaina, Luar, Tourilandia).

Marta Pazos (Pontevedra, 1976). Directora, actriz e escenógrafa. É Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Barcelona. Fórmase en comedia e teatro danza. Desde 2000 dirixe espectáculos en España e Portugal. Como actriz traballa no Teatro Nacional São João de Oporto, o Centro Dramático Galego, o Centro-Dramático de Aragón e nas compañías Voadora, Matarile, Chévere, Trigo Limpo, PistaCatro, la Fura dels Baus e Belmondo. Roda numerosas longametraxes, documentais, curtametraxes e series de tv. En 2007 funda, xunto a Jose Díaz e Hugo Torres, a compañía de creación contemporánea musical Voadora. En 2011 recibe o Premio de Teatro María Casares XV á Mellor Dirección por Super8 de Voadora, galardón ao que estivo nominada en sete ocasións como actriz secundaria, actriz protagonista e escenógrafa.

breve descrición

C’est la Vie

C’est la Vie é vida condensada. Unha reflexión intensa e caleidoscópica sobre o tempo e os seus rastros. Matrioshka tende aquí fíos entre a sorpresa de recoñecerse nese segundo que nos cambia a vida e a excitación de comprender que as horas se aceleran proporcionalmente á velocidade do corazón. Ensamblada peza a peza coma un delicado mecanismo de reloxería, mimada ata o máis mínimo detalle para lograr que o espectador se erga da butaca sentíndose tocado por unha brisa fresca e evocadora, C´est la Vie ten o poder de arrastrar a quen a ve a un universo inesperado e fascinante.

c´est la vie

matrioska

Page 5: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

compañia

CAIR

A compañía CAIR xurde trala unión de Ariñe Azkue, Alejandro Costas, Santiago Montero e Oscar Páez, catro artistas consagrados afincados en Galicia, baixo unha dirección explendida e perfeccionista, e tamén baixo unha necesidade de crear algo innovador e cuns obxetivos claros que implican técnica, virtuosismo, investigación e humor. A necesidade de crear algo diferente, que se alonxe dos patróns de humor clásicos de clown e misturando técnicas ben coñecidas polo público galego, así como novas técnicas utilizadas no circo como é a acrobacia excentríca, como punto central do novo espectáculo. Os obxetivos achéganse a palabras como innovación, sorpresa, virtuo-sismo, investigación, son termos que están sempre presentes no ideario de CAIR, sempre falando en termos cómicos e de humor. Moitos ensaios e moito traballo de investigación e de sacar material, para orientar a compañía por un sendero que levará todas estas característi-cas citadas e sacará o mellor de cada artista. Nós incluímonos na vangarda artística, na busca de novas linguaxes universais, pero, como paiasos que somos, sempre temos en conta o público, que sinte, por qué o sinte, e como podemos facerlle sorrir porque se sinte identificado.

CAIR, o espectáculo

CAIR é un espectáculo de circo e acrobacias onde accións sencillas e cotiás derivan en coreografías acrobáticas, excéntricas, con continúos golpes e caídas caóticas que contrastan con coreografías visuais de danza e malabar.A emoción e o risco súmanse ao humor. O absurdo, o sinxelo e o univer-sal están presentes nas disparatadas rutinas de circo.Catro personaxes aparecen en escena, non falan, están á espera, sorpréndense cando se ven, pero coñécense dende toda a vida. Imitanse, xogan, divírtense todos a unha.Chaman á porta do humor para ridiculizarse, danzan con pisotóns e perseguense arriscando a súa vida por un maletín sen sequera coñecer o seu contido.Un espectáculo construído cunha dramaturxía non lineal que cada espectador, vivirá, interpretará e rirá dunha forma persoal e diferente.

Ficha artística

Elenco: Ócar Paéz, Alejandro Costas, Ariñe Azkue e Santiago Montero.Dirección - Creación: Natalia Outeiro (Pajarito)Técnica: clown e circo.Duración: 60 minutos.Público: todas as idades.

breve descrición

CAIR, O ESPECTÁCULO

FICHA ARTÍSTICA

CAIR

Page 6: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

acontrabutacacompañía/espectáculo

acontrabutaca/dous son parella

Conxunto de monólogos e sketchs sobre as relacións de parella. Sempre abordado dende unha perspectiva cómica; o espectáculo é unha especie de terapia en grupo onde o fin último e rirse dun mesmo. E como se encargan de recordarnos os actores: “Todiño todo está baseado en feitos reais”. Conta en escena con dous dos seguintes tres actores:

Popular intérprete televisiva, conta con case dúas décadas de experiencia no mundo do teatro profesional, tendo representado con compañías dramáticas como o Centro Dramático Galego, Escola Dramática Galega, Ollomol Tranvía, Teatro da Lúa e Sapristi Teatro. Na TVG participou en programas concurso, magazines e sobre todo é coñecida como actriz en series de ficción como Air Galicia, Mareas Vivas, Padre Casares ou Pratos Combinados. Ademais desenvolve unha carreira de conta-contos, primeiro nun dúo co tamén actor Carlos Blanco e despois en solitario. Actualmente encarna o papel de Lidia na popular serie “Padre Casares”

Habitual colaborador en distintos programas da TVG, Isi comezou a súa traxectoria artística na compañía de teatro Tirinautas, primeiro; e Producións Acontrabutaca, despois, percorrendo todos os escenarios de Galicia cunha decena de comedias. Gañador do programa da TVG “O rei da comedia”, vén colaborando con grande éxito dende hai máis de dez anos en distintos programas da TVG como Air Galicia, Supermartes, A Solaina, Land Rober ou Luar. Actualmente, traballa en Tourilandia alterna o seu papel de cómico e contador de historias con colaboracións periódicas en programas como a Solaina ou Luar.

Poeta, filosofo e contacontos galego que esta no culme dos contadores de historias galegos. Celso leva una decena de anos percorrendo o país cos seus contos e levando gargalladas a nenos e adultos.

breve sinopse

patricia vázquez

JOSÉ MANUEL PUENTE “ISI”

CELSO SANMARTÍN

Título do espectáculo: “DOUS SON PARELLA… e o demais son calumnias”Duración: 1.15Catalogación: Para todos os públicos.Dirección artística: Xosé Lueiro (Director teatral de obras como “Robin Hood” “Un morto moi vivo” ou “Frantasmas”)Elenco: ISI (Actor e cómico en programas da TVG como O Rei da Comedia, Air Galicia, Land Rober, A Solaina, Luar…), e PATRICIA VÁZQUEZ (Actriz en “Padre Casares” TVG)Produción: PRODUCIÓNS ACONTRABUTACADistribución: Culturactiva

ficha artística

Page 7: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

COMPAÑíA

Producións AcontrabutacaAcontrabutaca Producións nace no ano 2007 co gallo de normalizar e complementar a oferta teatral existente na actualidade en Galicia dirixindo as súas propostas escénicas ao gran público, ao comunmente coñecido coma público familiar.A produtora móvese en dous ámbitos de creación diferentes: o deteatro infantil de actor e do teatro universal contemporáneo ao tempo que programa distintas actuacións no eido educativo e asistencial.Xestionada por Xosé Lueiro, Producións Acontrabutaca aspira a converterse tamén nunha plataforma de difusión para os novos actores e directores galegos e nun espazo de encontro con directores e compañías foráneas.

sinopse

Co-dirixido polo mestre de humor David Ottone (Yllana) O Asasino é o Mordomo é algo máis que un espectáculo... é un novo xeito de entender a comedia en Galicia seguindo o ronsel que compañías como Sexpeare, Capa i Espasa, Pez en Raya ou a mesma Yllana marcan a nivel estatal. O gag, o absurdo, os efectos sonoros, as influencias cinematográficas e media ducia de irreverentes personaxes farán as delicias do público máis esixente.Un antigo caserón de estilo vitoriano reproducido a gran formato é a nosa cámara dos horrores particular … unha espectacular escenografía onde as cadeiras se moven soas, as chemineas ocultan escuros pasadizos e os cadros observan aos inquilinos da casa prognosticando terribles asasinatos.A historia narra as peripecias dun matrimonio composto por un antropólogo inglés (Otis) e unha soprano americana (Lady Margarett) que viaxan a Inglaterra para tomar posesión dun vello caserón familiar. Trala súa chegada, na casa son recibidos por un sinistro mordomo (Aristóbulo) e unha explosiva ama de chaves (Cástula) que lles informan dunha éstrana maldición familiar... mortes, desaparicións, presenzas fantasmais... a maldición familiar semella confirmarse coa repentina morte da nova propietaria. Lady Margarett é asasinada; polo que o seu marido contrata os servizos dun detective (Inspector Bonatarda) cuxa investigación rematará por dificultar aínda máis o esclarecemento dos feitos.A quinta dimensión, o cuarto Beatle, a terceira perna... o espectador de O Asasino é o Mordomo algo máis que un espectador... un colaborador necesario que tanto pode meterse na pel dun personaxe coma exercer de dedo acusador ... o público será desencadéante directo na resolución dos feitos.

O Asasino é o Mordomoobra

ficha artísticaAutor e Dirección: Xosé Lueiro – David Ottone Elenco: Fran Campos, Fran Rei e Fran AmeixeirasTécnica teatral: ComediaDuración aproximada do espectáculo: 75 minutosIdades Recomendadas: +16 M

o asasino é o mordomo

M+16

Page 8: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

dous pallasos

en máis apuros

espectáculo

Dous pallasos en máis apuros

Despois de máis de cen representacións do seu anterior espectáculo Dous Pallasos en Apuros (2009), Os Sete Magníficos máis Un presentan a súa nova producción clown Dous Pallasos en Máis Apuros.Creado polo director e dramaturgo argentino Walter Velázquez, así como pola propia compañía e dirixido por Iván Prado a partir de farsas clásicas do mundo do circo, con Dous Pallasos en Máis Apuros a compañía volve apostar pola recuperación e actualización de gags do pallaso tradicional.Dous Pallasos en Mais Apuros é o novo espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico para compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar coa idea de volver a superar as 120 representacións e o éxito acadado polo anterior espectáculo.Dous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de “Os Sete Magníficos máis Un”. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni icas desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar. Leva más de 100 representacións por toda Galicia!!

Con 10 espectáculos ás costas e tendo xa preparado o undécimo, “Os Sete Magníficos + 1” naceron en 2001 ao abeiro do Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown) e son a súa compañía oficial. Integrada por un elenco de pallasas e pallasos formados cos mellores mestres/as a nivel internacional, esta é unha das compañías máis populares nas programacións galegas dos últimos anos. Con espectáculos coma "Dous pallasos en apuros" ou "O gordo e o calvo van ao médico" e, máis recentemente "Mañá será outro día", os Magníficos recuperan as vellas farsas de circo clásico e reinvéntanas trasladando ao respetable as máis grandes gargalladas sempre baixo o prisma da calidade, do espírito clown e o bo facer teatral.

Autor e Dirección: Wálter Veláquez e Iván PradoElenco: Pedro Brandariz e Fran ReiTécnica teatral: Clown Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: infantil e familiar

breve descrición

os sete magníficos máis un

ficha artística

Dous pallasos en apurosDous Pallasos en Apuros é un espectáculo orientado ao público infantil de Os Sete Magníficos máis Un. Nesta divertida produción, recupéranse e actualízanse vellas farsas de circo clásico creadas pola familia Colombaioni para, sen esquecer a creatividade e actitude de risco características desta compañía, compoñer unha obra cómica dirixida principalmente ao público familiar.

“Os Sete Magníficos + Un” quixeron con esta peza levar os narices vermellos enriba dun escenario”, afirman os protagonis-tas, sendo a única produción do teatro galego infantil que inclúe este elemento. Ademais coa estrea deste obra a compañía pretende afondar na creación dun espazo para os números clási-cos e sinxelos do mundo do pallaso de circo, a través de espec-táculos de pequeno formato que, polas súas características, poidan adaptarse practicamente a calquera espazo escénico, tanto en interior como en rúa.

breve descrición

Page 9: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

espectáculo

a historia de Brancaflor

Os Sete Magníficos máis Un somos unha compañía galega de pallasos e pallasas creada en 2001, a partir dunha serie de cursos de iniciación e perfeccionamento de clown impartidos pola compañía Good Idea Company e promovidos e organizados polo Festival Internacional de Clown de Galicia (Festiclown), dirixido por Iván Prado.Integrada daquela por novos actores e actrices galegos e galegas, procedentes de diversos medios: teatro afeccionado e universitario, televisión, cabaré, ..., a formación foi mudando e, na actualidade, a compañía está composta por catro dos membros orixinais: Iván Prado (director artístico) e Pedro Brandariz, Isabel Risco e Fran Rei. Ao longo desta década de traxectoria fúmonos formando na arte do clown e o bufón baixo a imprescindible tutela do Festiclown en cursos e obradoiros con algúns dos mestres máis prestixiosos a nivel internacional, entre os que cabe destacar a Leo Bassi, Eric de Bont, Jango Edwards ou Carlo Colombaioni. Nestes once anos de traxectoria temos posto en escena un total de once espectáculos, desde a nosa primeira producción, Cousas de Mulleres (2001), ata á máis reciente A Historia de Brancaflor (2012). E polo camiño títulos como As Cincentas Desclowntroladas (2001), Manicomio só para Clowns (2002), A Cadeira Voadora (2006), O Gordo e o Calvo Van ao Médico (2007) ou Dous Pallasos en Apuros (2007)..., mantendo sempre o humor e a comicidade como sinal de identidade.

Protagonizado por Fran Rei, A Historia de Brancaflor é o primeiro espectáculo unipersonal de Os Sete Magníficos máis Un. Ademais, trátase da primeira incursión da compañía -con máis de dez de traxectoria profesional- na arte dos contacontos.Baixo a dirección de Avelino González, nesta montaxe achegámonos á lenda popular de Brancaflor -filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma 'Contos Marabillosos'. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo. Dirixido a nenos e nenas de 6 a 12 anos, o público é parte activa desta montaxe e a súa colaboración na mesma é imprescindíbel para que o amor entre os dous rapaces protagonistas triunfe sobre as continuas dificultades que se lles presentan.A forza da palabra e a ilusión da maxia mestúranse para compoñer un espectáculo para público infantil que pode ter cabida en programacións xerais, programas de animación á lectura, colexios, bibliotecas, …A Historia de Brancaflor, un conto máxico sobre a forza do amor.

Dirección: Avelino GonzálezAdaptación: Avelino González e Fran ReiElenco: Fran ReiProducción: Culturactiva, SCGXénero: contacontosDuración: 50 minsClasificación: público infantil (6 – 12 anos)

a compaía

a historia de brancaflor

ficha artística

Brancaflor

Page 10: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

compañía/ESPECTÁCULO

Peter Punk E O NENO IMPERDIBLE

Que lle acontece a un pallaso cando o seu ego supera o seu propio nariz? ¿Que pasa cando un pallaso se fai preguntas e se responde a si mesmo no medio das súas rutinas? ¿Que lle ocorre a un pallaso cando se decata de que está neste mundo para algo máis que se erguer todos os días? Asústase..., e volve ser un pallaso. Un tendedeiro en equilibrio, seis instrumentos interpretados ao vivo: guitarra eléctica, guitarra portuguesa, acordeón, entre outros, e ata Peter punk se atreve coa armónica!! Un salto ao baleiro en miniciclo e a Chungatrona: unha máquina de rebeldía pallasa. Eses son só algúns dos elementos desta novidosa proposta teatral dirixida polo recoñecido director arxentino Walter Velázquez e no que participan Peter Punk e Brais das Hortas.Esta é unha obra que destaca polo seu coidado guión, a elaboración e enxeño das rutinas e a súa novidade é un grande traballo de dirección, así como una orixinal escenografía. Un espectáculo que, a pesar da altura do listón,supera as anteriores propostas escénicas de Peter Punk: artista novo, máis con ampla e recoñecida traxectoria dentro e fóra do país. Un músico e un artista de circo. Dous pallasos en constante reconciliación consigo mesmos, entre eles e co mundo enteiro. Un delirio nun monociclo pinchado. Diversión, música ao vivo, momentos de tensión e perigo. A importancia da dimensión humana e solidaria do clown de calidade... un espectáculo que a través do humor non esquece a solidaredade cos nenos e nenas, especialmente os que viven en situacións de conflito.Unha marca da compañía Peter Punk tan recoñecible como o seu humor gamberro e as risas que inundan as súas actuacións.

breve descrición

FICHA ARTÍSTICA

S

Elenco: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk)e Brais Gutié- rrez (Brais das Hortas) Escenografía: Isaac Rodríguez Miranda (Peter Punk)e Brais Gutiérrez (Brais das Hortas)"Chungatrona": FinoMúsica orixinal: Brais GutiérrezCoreografía: Xenia TártariProdución: Peter Punk e Coperactiva Cultural-CulturactivaDirección: Walter VelázquezTécnica teatral: Clown, Humor e MalabaresDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 11: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

compañía

Peter Punk

O mellor pallaso galego do momento con xiras por Brasil, Arxentina, Palestina, Italia, Portugal e multitude de festivales estatais e galegos. Recentemente participou no Festiclown 2010 e 2011, no Anjos do Picadeiro de Rio de Janeiro, no Festival Mueca e outros de Canarias, no festival Circe de Santa Coloma (Barcelona), no Festiclown Palestina, no FITEC de Getafe (Madrid), no Somriure de Pineda (Catalunya) , en varias edicións do Magiclown (Ibiza), na MITEU e no FIOT (Galicia) e infinidade de importantes festivais de circo, rúa e teatro.

Peter Punk destaca, ademais, por ser un dous poucos clowns ecompañías de novo circo galegas con tres espectáculos en cartel: tres grandes mostras da capacidade desta compañía quenos amosan o porque do seu éxito e crecemento. Son espectáculos diferentes e anovadores que manteñen a pureza do humor como liña de traballo. Isaac Rodríguez Miranda é a identidade secreta de Peter Punk, ou pode que sexa ao revés. No seu currículo formativo mestúranse cursos e obradoiros de diversas técnicas teatrais, como clown e interpretación, así como outras propias do novo circo, como acrobacias e malabares. Dentro destes cabe destacar, entre outros, os cursos realizados con Jöns Pappila (Iniciación ao Clown), Antón Valén e Iván Prado ou Capitán Maravilla (Clown de Rúa), xunto con estancias con grandes mestres arxentinos. Pero Isaac Rodríguez é tamén, e sobre todo, un autodidacta, que foi aprendendo e evolucionando como cómico e malabarista a partir de longas sesións de ensaios e de pórse ante o público en toda clase de espazos,tanto de rúa como de interior.

Festiclown Vigo 2010 e 2011 (Galicia), Anjos do Picadeiro de Rio de Janeiro (Brasil), Festival Mueca e Malpaís (Canarias), Circe de Santa Coloma (Barcelona), no Festiclown Palestina, FITEC de Getafe (Madrid), Somriure de Pineda (Catalunya) , varias edicións do Magiclown (Ibiza), MITEU, Mostra de Teatro e FIOT (Galicia), Umore Azoka de Leioa (Vizcaya), Festiclown (Vigo), Fira Magica de Santa Susanna (Barcelona), Festival Internacional de Calle de Gomecello (Salamanca), Festival É-Aqui-In-Ócio de Póvoa de Varzim (Portugal) , Teatro Municipal de Vila Real (Portugal).

Peter Punk é xa unha personaxe e un espectáculo de referencia en calquera programación de Galicia. Con máis de 1.000 funcións en todo o Estado e en toda clase de programacións, Peter Punk é un dos clowns galegos mais destacados, cun humor gamberro e fresco sen igual. Neste espectáculo de carácter cómico o noso artista transfórmase en Peter Punk, un personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis. Como un neno que se nega a medrar, Peter Punk xoga en escena co público, coa palabra e, por suposto, con todos os aparellos que vai sacando da súa maleta. Un espectáculo sen tregua, cheo de humor e malabares, no cal a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. "Chungo, chungo que te cagas" é a frase máxica deste artista, coa que lle anunciará ao público as máis complicadas rutinas, nunha persoal versión do máis difícil aínda dos directores de circo clásico. Durante 60 trepidantes minutos, Isaac Rodríguez, ou Peter Punk (que tanto nos ten), amosaranos a súa destreza con bólas, mazas, aros... fará incribles figuras de globoflexia nun tempo récord, dará boa conta da súa habilidade sobre o monociclo e, como peche, porá en perigo a súa vida (e a de boa parte do respectable) nun final con fachos de lume. E todo isto sen esquecer o humor... Un espectáculo multidisciplinar e cheo de alicientes para facernos pasar un bo momento.

Logo do incrible éxito de Peter Punk co seu primeiro espectáculochega a súa continuación. O artista premiado como mellor espectáculo do Festiclown 08, con centos de actuacións nas súas costas e milleiros de persoas abraiadas, volve cun espectáculo aínda mellor, renovado con novas rutinas, novos xogos e preparado para facer rir a todos os públicos de Galicia e máis aló.O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de Nunca Máis, Peter Punk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. O irreverente PeterPunk retorna cun novo espectáculo. Máis "Chungo chungo ke te cagas" aínda e coma sempre no país de NuncaMáis, PeterPunk preséntase nesta ocasión no seu novo e gran pequeno vehículo. Participando activamente co seu público -que fará parte imprescindible deste novo espectáculo- pedaleando coma un tolo, comendo globos e xogando coma un neno que se nega a crecer, PeterPunk presenta un final sorprendente no que coñeceremos o seu último xoguete, a Chungatrona! Unha máquina que fará as delicias de nenas e nenos de 0 anos a cadea perpetua. Serás ti o próximo en probar a Chungatrona?

peterpunk

breve descrición

Currículo destacado

Peter Punk 1

Peter Punk 2 (A chungatrona)

FICHA ARTÍSTICA

S

Elenco: Isaac Rodríguez MirandaTécnica teatral: Malabares, globoflexia e humorDuración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 12: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

compañía/espectáculo

Circo Chosco

Circo Chosco créase tras a unión de Ariñe Azkue e Óscar Páez despois de coñecerse na escola de circo Oreka (Pamplona) na que se forman durante 3 anos. Alí aprenden diferentes técnicas de circo así como malabar, equilibrios, aéreos, clown, interpre-tación, creación... Despois toman diferentes camiños ata que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez, lles bota unha man na dirección do espectáculo Chosco !

Este espectáculo ofrece a posibilidade de se representar con ou sen rutinas aéreas, o que dá grande versatilidade á proposta para adaptala a espazos de interior e/ou exterior.

Ariñe Azkue estudou na escola de Circo Oreka durante 3 anos. Realizou varios cursos de técnicas aéreas, danza, acrobacia e clown na península, en Italia e Arxentina. Actuou en diferentes festivales de teatro de rúa e diversas galas de circo; traballou con compañías como Oreka Zirko, Zirika Zirkus, Panpinpox... Foi profesora de Técnicas aéreas na Escola Navarra de circo Oreka.

Óscar Páez formouse na escola de Zirko Oreka durante 3 anos. Realiza diferentes cursos de clown, acroportes, danza, malabar... en diferentes lugares da península e Argentina. Formou parte de diferentes compañías de Circo como “La Banda” y “Zirko Oreka”, ademais de actuar en diferentes festivales de teatro de rúa e galas de Circo. Licenciado en CC. da Act. Física e do Deporte, foi profesor de Acrobacia e malabar na Universidade Pública de Pamplona.

Dous personaxes, dous problemas, dous caraduras, disparates máis que personas!!! Realizarán un espeCtáCulo cheo de tram-pas, golpes, maxia, fraCasos, éxitos, bágoas e risas...sobretodo risas e moito CirCo! ChosCo é un espectáCulo Case sen fala e para todo tipo de públiCo, mestura de Comedia e CirCo, que tén Como resultado unha obra CómiCa con aCrobaCia, malabar e téCniCas aéreas nas que o públiCo se unirá aos artistas: na emo-Ción e na risa!!

Elenco: Ariñe Azkue e Óscar PérezTécnica teatral: Clown e malabaresDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicos

breve descrición

ficha artística

Chosco !

circo chosco

M

Page 13: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

Compañía

a tropa de trapoTal como pasa cos contos, non se sabe moi ben cando naceu A Tropa de Trapo. O certo é que tanto Marta coma Brais, que com-poñen esta curiosa tropa, xa levabamos anos relacionados co mundo dos contos, da oralidade e da literatura, cada un polo seu lado. Coñécense en 2006 e ao ano seguinte dan o salto ós esce-narios.

Desde aquela, percorren toda xeografía galega (toda!) facendo soñar e pensar os nenos e nenas, adolescentes e maiores que queiran achegarse a escoitar un conto. Xa teñen estado en centros sociais, bares, centros de maiores, haimas, centros penitenciarios, colexios, e un longo etcétera, pero a súa espe-cialidade son os institutos. Nos centros de secundaria é onde máis actúan e onde atopan o público máis difícil, pero tamén máis agradecido.

A súa vocación didáctica fundiuse cos contos e coa música e acabou por darlles o que hoxe teñen: catro espectáculos que combinan música e palabra, adaptados a distintas idades, un feixe de historias e melodías e moitas ganas de seguir dándolle vida a ese fío delicado que é a transmisión oral.

A Viaxe das Palabras é a historia dunha nena, Lucía, que desco-bre unha maleta vella de seu avó, a quen non chegou a coñecer. É todo o que de seu avó quedou pero seus pais non lle deixan ver o que hai dentro. Nesta maleta prohibida están os recordos máis preciados de seu avó, os seus segredos. Unha noite, Lucía decide averiguar o que hai alí dentro…

Dende entón, a voz do avó acompáñanos nun espectáculo de catro contos, participativo, con música e efectos sonoros en directo. Contos de vacas, de mercados árabes coas súas dispu-tas, de homes e mulleres que viaxan en busca do lume e de foguetes espaciais feitos na casa...

A música acompaña algúns dos contos, co son da frauta de lata, da darbouka, do laúde árabe, ou mesmo de frautas traídas da lonxana China… E os efectos sonoros son participativos na súa maioría, algúns de reciclaxe, outros corporais e outros con instrumentos de percusión.

a tropa de trapo

breve descrición

Esta é a nova proposta da Tropa de Trapo. Un novo espectáculo de contos a dúas voces con música en directo. Igual que en anteriores proxectos, segue a explorar a liña de historias reais, recollidas en primeira persoa, na busca de contos sinceros e cercanos, que falen realmente do fondo humano que a todos nos une.

Sen caer en tópicos sobre a solidariedade e a cooperación, Contos coas mans abertas é un espectáculo cheo de esperanza, de humor, de amor, de realidade, de pequenas loitas posibles e de grandes soños no horizonte. Contos para mellorar o mundo, para entendelo mellor, para traballar por el. Sempre coas nosas mans, as que temos, as que tanto valen : as nosas mans abertas.

Contos coas mans abertas.

Antía é unha nena galega que vai merendar ao parque.

Wamba é un mozo do Congo que vende de todo no Top Manta para poder sobrevivir.

Unha carreira, un tropezo e un bocadillo van unir as súas vidas e van compartir o que nese momento levan enriba : Antía, a súa merenda, e Wamba, as súas historias.

A Tropa de Trapo volve cun novo conto logo de centos de actuacións coas súas anteriores propostas.

Xa confirmados como uns dos mais importantes membros da nova fornada de contadores galegos pola súa orixinalidade, sensibilidade e polo seu anovador xeito de achegarse a temas universais traennos un novo conto que saca á luz o mais fermoso que levamos dentro.

antía, wamba e o regato pequeno

Que é a Hora Azul? É o seu espectáculo máis variado. Contos do deserto, da Galiza, de calquera parte do mundo e de todas á vez. Mulleres valentes en tempos difíciles, festas nunha aldea galega, lendas marroquís...

Ideais, valores, cartos, historias de amor entre as areas do Sáhara e o torreiro de Chandebrito.

Que é a Hora Azul?A Viaxe das Palabras

S

Page 14: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

compañía/espectáculo

Circo Expreso

Raquel e Girisho formaron a compañía Circo Expreso no 2004 en Londres, Inglaterra. Co seu espectáculo “Too High” estiveron de tour co circo británico Happy´s Circus (80 shows), actuaron na Convención Nacional de Malabares en Crawley 2004, particip-aron no Festival de Glastombury e en varios cabarets de circo en Londres. Hai uns anos que se trasladaron a España onde actuaron co espectáculo de calle “Calleret”, o cal estrearon no Festival de teatro de Calle “De Gorra” 2007 en Santiago de Compostela. (Ver Vídeo) e en distintas festas arredor de Galicia.

Girisho é de nacionalidade inglesa, graduouse na escola de circo “The Circus Space” no 2002. Recorreu Europa co seu número de trapecio estático e participou como artista de circo no espec-táculo de apertura das olimpíadas asiáticas en Doha, Qatar 2006.Raquel Veganzones é de Valladolid, formouse na escola de Circo Carampa, Madrid, e en “The Circus Space”, Londres. Raquel recorreu medio mundo co seu trapecio desde o Caribe ata a India, traballando en diferentes circos, cruceiros e compañías de teatro.

Raquel e Girisho ofrécelles un espectáculo de circo-teatro cheo de enerxía, adrenalina e acción: “Un día de praia”. Un show que combina trapecio, corda e hula-hoops con humor e amor. Un espectáculo moi visual e cunha bonita estética. Unha viaxe honesta e auténtica polos máis e os menos da súa relación.

Elenco: Raquel Veganzones e GirishoTécnica teatral: AéreosDuración do espectáculo: 50 minutosPúblico: para todos os públicosIdioma: xestual

circoexpreso

breve descrición

Espectáculo

FICHA ARTÍSTICA

M

Page 15: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

compañía/espectáculo

roi sixtoRoi Sixto é un malabarista ferrolán que representa a nova xeración de artistas de rúa e de novo circo que emerxeu en Galicia nos últimos anos e que, pouco a pouco, están a conquistar as prazas e teatros galegos.

Empezou a súa formación en Narón, da man da compañía Picompé, e posteriormente foi mellorando a súa técnica e ampli-ando os seus coñecementos en diversos espazos, como La Ciudad de los Muchachos en Ourense ou a Asociación de Novo Circo Pista Catro de Santiago de Compostela.

Cos anos, Roi Sixto foi converténdose nun dos malabaristas de referencia en Galicia, e desde 2004 traballa profesionalmente co seu espectáculo Roi, o Cagabolas, co que visitou multitude de vilas e cidades galegas. Asemade, sigue colaborando con outros artistas galegos, como o malabarista Kote ou a compañía Picompé, cos que traballa habitualmente noutros espectáculos.

Malabarista multidisciplinar, domina diversas técnicas, desde as máis habituais (bolas, aros, diábolo ou mazas) ata outras moito menos comúns nos escenarios galegos, como o rulo americano. Pero se por algo podemos destacar a Roi Sixto é polas súas rutinas con bolas de rebote, sendo o único malabarista galego que inclúe esta espectacular técnica no seu espectáculo.

Tamén ten un importante currículo como formador, como monitor de malabares, globoflexia e educación física, destacando os obradoiros realizados para o programa Noites Abertas de Ferrol o na Escola de Circo Santa Cecilia de Narón (A Coruña)

No seu divertido espectáculo Roi, o Cagabolas, dirixido a todo tipo de públicos, o noso malabarista crea unha personaxe imaxi-naria da cal xorden infinidade de aparellos cos cales facer malab-ares, ofrecéndonos unha hora de espectaculares xogos.

A pesar da súa destreza de execución, Roi non se deixa caer na pesadez do virtuosismo, e combina ás súas rutinas con outras técnicas artísticas, tales como o clown ou o teatro de rúa, atopando sempre algún oco para o humor e a participación do público.

Pelotas, mazas, aros, diábolos e ata un rulo americano ou un monociclo xorden da súa maleta para abraiar ao respectable, un orixinal número de rebote sobre “uve” e a súa personalidade sobre o escenario son os ingredientes do que é, sen dúbida, un dos mellores shows unipersoais da escena galega. roi sixtoFICHA ARTÍSTICA

breve descrición

Roi, o cagabolas

S

Elenco: Roi SixtoTécnica teatral: Malabares e Maxia Cómica.Duración do espectáculo: 60 minutosPúblico: para todos os públicos

Page 16: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

compañía/espectáculos

Rudi dudi

RudiDudi, un clown, formado na Escola de Mimos, Antwerpen-Belgica. 84-90 director, guionista e actor en teatros en Bélxica. 90-99 conta-contos e actor no circuíto "Teatro na Educación" en Irlanda. No 2000 decidiu dedicarse por completo ao clown, viaxando por toda Europa, actuando en infinidade de lugares. Desde o 2005 vive en Galicia, actuando contratado por concel-los, colexios, festivais, asociacións, etc. “Cando era un neno, a miúdo preguntábanme : que queres ser de maior". Ao que eu respondía : quero ser viaxeiro, ser libre para viaxar, estar en lugares diferentes, coñecer a moita xente... e enseguida volvían preguntar : e como che gañarías a vida " Viaxar custa diñeiro. E eu sempre dicía : viaxarei coa miña maleta "máxica". Dentro levarei, entre outras cousas, unha fábrica de sorrisos de todas as cores e infinitos tamaños. Repartireinas entre a xente para que sexan felices e a cambio, estou seguro, que a vida será xeneroso comigo. Foron pasando os anos e xoguei a ser estudante, logo a ser profesor, actor e director de teatro... Canseime, mudeime de país, aprendín outro idioma e xoguei a ser conta-contos. Unha noite de inverno na miña habitación, tombado fronte á fiestra contemplaba como embobado a lúa chea e invadiume o recordo de cando era neno. Durante anos, gardaba celosamente baixo a miña cama á cóm-plice dos meus soños : unha vella maleta, herdanza do meu avó. Unha das súas máis queridas pertenzas, dicía el. E eu sentíame orgulloso de posuíla. Por aquel entón nos meus vagabundeos polo bosque onde viviamos, sempre atopaba tesouros, obxectos inservibles para os demais, que gardaba na miña maleta : un chupete, unha pluma, tres pipas de ciruela, un nariz vermello, lapis de cores e moito máis... cada unha desas cositas delicadas invitábanme a voar. Ante o espello colocábame o meu nariz de pallaso e un gran sorriso aparecía no meu rostro, alagándome de alegría. Soñaba esperto que oxalá puidese compartir a maxia da vida. Por iso mesmo decidira crear esa fábrica de sorrisos para ser feliz e facer felices aos demais. Agora, grazas ao meu pallaso, levo un eterno sorriso tatuado no meu corazón. Miro cara atrás e síntome privilexiado por poder cumprir o meu soño, e agradecido ao meu neno interior, que se mantén como unha chama dentro de min e que nunca me abandona.”

rudi dudi

breve descrición

Rudi Dudi, no seu personaxe "o home máis forte do mundo", ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, intenta romper os moldes, xogando co absurdo. Coa súa arte sedutora consegue atrapar a un público sen límite de idade, invitándoo a participar e axudar no imposible, logrando que o espectador "perda" a noción do tempo e "gañe" un sorriso. Un espectáculo dinámico e interactivo de máis ou menos 50 minutos, designado para salas e exteriores.

Elenco: Rudi Vanminsel Técnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 40 minutos Público: de 2 a 6 anos.

O circo mais pequeniño que poidas imaxinar está a piques de chegar coas actuacións estelares da pulga "Elegante" e a poética Plumerita, a Mosca indomable e o Mono adorable, os irmáns Coello e uns Cans equilibristas de moito coidado, e sen ningunha dúbida...o pallaso RudiDudi...e moito máis.Unha actuación interactiva, de ritmo alto e con moita variación, especialmente elaborado para os máis cativos - 3 a 6 anos.Aviso : todos os animais son totalmente imaxinarios ou de xoguete.

Clowntamination

FICHA ARTÍSTICA

Elenco: Rudi VanminselTécnica teatral: ClownDuración dos espectáculos: 50 minutos Público: público infantil

FICHA ARTÍSTICA

Circo Caracol

S

Page 17: Catálogo RGTA 2013 2º semestre

www.culturactiva.org

981 58 28 [email protected]