catálogo espazos sonoros 2008

90

Upload: espazos-sonoros

Post on 31-Mar-2016

239 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Programación completa da edición 2008 do Festival de músicas en espazos de interese cultural Espazos Sonoros

TRANSCRIPT

Page 1: Catálogo Espazos Sonoros 2008
Page 2: Catálogo Espazos Sonoros 2008
Page 3: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Calendario por espazos.............

Calendario por datas.................

Ciclo de órgano.........................

Ciclo de música vocal...............

Ciclo de música de cámara......

Ciclo de música antiga..............

Ciclo outros sons.......................

Espazos.....................................

4

12

23

29

37

45

51

65

Índice...

Page 4: Catálogo Espazos Sonoros 2008

2

As interferencias entre os sons e a arquitectura ocuparon sempre un lugarpreferente na imaxinación do home. A idea da xeometría, das proporcións, das relaciónsnuméricas, da repetición de elementos e secuencias están tan presentes na arquitecturacomo na música ao longo da Historia.

A música e a arquitectura son artes que permiten crear espazos, reais ouimaxinarios nos que o home pode desenvolver a súa existencia. Se importante é a músicatamén o é o espazo que a reviste o que nos devolve os sons transformados a través dasarestas das bóvedas, do tacto da pedra e da madeira das vigas e da historia dos lenzos.

Nesta idea da conexión entre a música e as arquitecturas, o ciclo, baixo o nomede Espazos Sonoros, nace coa intención de vencellar dous aspectos fundamentais. Porunha parte, a creación dunha marca para a presentación de programacións estables demúsica clásica e outros estilos de música contemporánea e experimental. Por outra, a postaen valor dunha parte do noso patrimonio histórico, mediante a celebración destes concertosen espazos de interese desde o punto de vista arquitectónico, artístico ou cultural.

Ao tempo, os ciclos pretenden servir de pulo para dar a coñecer outros dousimportantes eidos do noso patrimonio, o organístico, para o que practicamente non existenprogramacións, e o patrimonio musical, mediante a súa recuperación. Nesta primeiraedición de Espazos Sonoros temos unha boa mostra deste esforzo nos programas deconcerto das formacións vocais E. Ultreia ou da Capela Madrigalista de Ourense.

Espazos Sonoros engloba cinco ámbitos temáticos adicados respectivamenteá música de órgano, música vocal, música antiga, música de cámara e un quintociclo titulado outros sons, adicado a repasar algunhas propostas relacionadas coa músicadesde outros puntos de vista abertos á investigación e a reflexión sonora.

A través dunha programación musical ampla e variada, dase mostra do potencialartístico existente no noso país ao tempo que se conta con figuras convidadas de relevointernacional da talla do Ensemble Gilles Binchois, o Cuarteto Quiroga, MartinaSchobersberger xunto a Michael Oman, Huun huur tu ou o Scorch trio.

Page 5: Catálogo Espazos Sonoros 2008

3

A programación pretende así achegarse a un público amplo, ofrecendo aposibilidade de facer un percorrido por diferentes estilos e períodos da historia da música,presentando unha serie de artistas, de xéneros e disciplinas sonoras ben distintas, paraofrecer unha nova lectura e reinterpretación daqueles espazos que lles darán envoltura.Unha experiencia única onde públicos e músicos viaxarán a través do tempo e dos estilosmusicais e arquitectónicos.

Ánxela Bugallo RodríguezConselleira de Cultura e Deporte

Page 6: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Santa María a Maior de Iria-Flavia (A Coruña) .../// ciclo de órgano

...mércores 9 abril, 20.30 horas, Resonet.

...xoves 10 abril, 20.30 horas, Michael Oman, frauta Martina Schobersberger, órgano.

...venres 11 abril, 20.30 horas, Soledad Mendive.

Catedral de Tui (Pontevedra) .../// ciclo de órgano

...xoves 10 abril, 20.00 horas, Resonet.

...venres 11 abril, 20.00 horas, Michael Oman, frauta Martina Schobersberger, órgano.

...sábado 12 abril, 20.00 horas, Soledad Mendive.

Calendariopor espazos <<<

Page 7: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Igrexa de San Salvador de Celanova (Ourense).../// ciclo de órgano

...xoves 10 abril, 20.30 horas, Soledad Mendive.

...venres 11 abril, 20.30 horas, Resonet.

...sábado 12 abril, 20.30 horas, Michael Oman, frauta Martina Schobersberger, órgano.

Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense).../// ciclo de órgano

...sábado 12 abril, 19.00 horas, Resonet.

...domingo 13 abril, 19.00 horas, Soledad Mendive.

Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense).../// ciclo de música antiga

...domingo 4 de maio, 19.00 horas, Grupo 1500.

...domingo 11 de maio, 19.00 horas, Harmonia Artificiosa.

...domingo 18 de maio, 19.00 horas, Martin Codax.

Igrexa de San Francisco de Ribadavia (Ourense).../// ciclo de música vocal

...domingo 13 de abril, 20.00 horas, Sólo Voces

...venres 18 de abril, 20.30 horas, E Ultreia

...domingo 11 de maio, 20.00 horas, Capela Madrigalista

Igrexa de Santo André, Ribadavia (Ourense).../// ciclo de música vocal

...sábado 10 de maio, 20.30 horas , Camerata Vivace

Page 8: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Real Basílica de Santa María a Maior (Pontevedra) .../// ciclo de música vocal

...sábado 12 de abril, 20.45 horas, Capela Madrigalista

...sábado 19 de abril, 20.45 horas, E Ultreia

...domingo 20 de abril, 20.45 horas, Camerata Vivace

...domingo 27 de abril, 20.45 horas, Sólo Voces

Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago.../// ciclo de música vocal

...sábado 12 de abril , 20.00 horas, Sólo Voces

...domingo 13 de abril, 20.00 horas, Capela Madrigalista

...domingo 20 de abril, 20.00 horas, Ensemble Gilles Binchois

...domingo 27 de abril, 20.00 horas, Camerata Vivace

Igrexa de Santiago en San Francisco de Viveiro (Lugo).../// ciclo de música vocal

...sábado 19 abril, 20.30 horas, Camerata Vivace

...sábado 26 de abril, 20.30 horas, Sólo Voces

...domingo 27 de abril, 20.00 horas, Capela Madrigalista

Igrexa de San Francisco (Lugo).../// ciclo de música vocal

...sábado 19 de abril, 21.00 horas, Ensemble Gilles Binchois

Page 9: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Museo de Belas Artes da Coruña.../// ciclo de música de cámara

...mércores 23 de abril, 20.30 horas, Araceli Fernández González, soprano;

Justyna Danczowska, piano.

...xoves 24 de abril, 20.30 horas, Cuarteto Quiroga.

...sábado 26 de abril, 20.30 horas, Arte en pArte.

...domingo 27 de abril, 12.30 horas, Grupo Instrumental Siglo XX.

Museo Provincial de Lugo.../// ciclo de música de cámara

...xoves 24 de abril, 20.30 horas, Araceli Fernández González, soprano;

Justyna Danczowska, piano.

...venres 25 de abril, 20.30 horas, Arte en pArte.

...sábado 26 de abril, 20.00 horas, Grupo Instrumental Siglo XX.

...domingo 27 de abril, 20.00 horas, Cuarteto Quiroga.

Museo Provincial de Lugo.../// ciclo outros sons

...luns 21 de abril, 21.00 horas, Barbez + Vale Tudo

...luns19 de maio, 21.00 horas, Huun huur tu

Museo de Pontevedra.../// ciclo de música de cámara

...venres 25 de abril, 20.00 horas, Araceli Fernández González, soprano;

Justyna Danczowska, piano.

...sábado 26, 20.00 horas, Cuarteto Quiroga.

...martes 29 de abril, 21.00 horas, Grupo Instrumental Siglo XX.

...mércores 30 de abril, 20.00 horas, Arte en pArte.

Page 10: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Liceo de Ourense.../// ciclo de música de cámara

...venres 25 de abril, 20.15 horas, Cuarteto Quiroga.

...sábado 26 de abril, 20.15 horas, Araceli Fernández González, soprano;

Justyna Danczowska, piano.

...domingo 27 de abril, 20.15 horas, Arte en pArte.

...domingo 4 de maio, 20.15 horas, Grupo Instrumental Siglo XX.

Museo do Mar, Vigo.../// ciclo de música antiga

...mércores 30 de abril, 20.30 horas, Grupo 1500.

...venres 9 de maio, 20.30 horas, Harmonia Artificiosa.

...sábado 10 de maio, 20.30 horas, Martin Codax.

Museo do Mar, Vigo.../// ciclo outros sons

...domingo 20 de abril, 20.00 horas, Barbez + Vale Tudo.

...mércores 28 de maio, 20.00 horas, Scorch trío + Rafael Mallo.

Igrexa da Universidade, Santiago.../// ciclo de música antiga

...venres 2 de maio, 20.30 horas, Grupo 1500.

...sábado 10 de maio, 20.30 horas, Harmonia Artificiosa.

...venres 16 de maio, 20.30 horas, Martin Codax.

Igrexa da Universidade, Santiago.../// ciclo outros sons

...martes 20 de maio, 21.00 horas, Huun huur tu

...venres 13 de xuño, 21.00 horas, São Paulo underground

Page 11: Catálogo Espazos Sonoros 2008

San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo).../// ciclo de música antiga

...sábado 17 de maio, 20.00 horas, Martin Codax

...sábado 3 de maio, 20.00 horas, Grupo 1500

...xoves 8 de maio, 20.00 horas, Harmonia Artificiosa

Igrexa da Madalena, Ribadavia (Ourense).../// ciclo outros sons

...xoves 1 de maio, 20.00 horas, KTL + Miguel Prado.

...xoves 29 de maio, 21.00 horas, Scorch trio + Rafael Mallo.

Ruínas de Santo Domingo, Pontevedra.../// ciclo outros sons

...sabado 17 de maio, 22.00 horas, Huun huur tu + Caramuxo.

Museo do Coiro. Allariz (Ourense) ../// ciclo outros sons

...domingo 18 de maio, 21.00 horas, Huun huur tu.

...sábado 14 de xuño, 22.00 horas, São Paulo underground + Volonté.

Page 12: Catálogo Espazos Sonoros 2008

10

Page 13: Catálogo Espazos Sonoros 2008

11

Page 14: Catálogo Espazos Sonoros 2008

mércores 9 abril…/// INAUGURACIÓN

...Santa María a Maior de Iria-Flavia (A Coruña)

Resonet (ciclo de órgano) 20.30 horas.

xoves 10 abril…///

...Santa María a Maior de Iria-Flavia (A Coruña)

Michael Oman, frauta de bico / Martina Schobersberger, órgano.

(ciclo de órgano) 20.30 horas.

...Catedral de Tui (Pontevedra)

Resonet (ciclo de órgano) 20.00 horas.

...Igrexa de San Salvador de Celanova (Ourense)

Soledad Mendive (ciclo de órgano) 20.30 horas.

venres 11 abril…///

...Santa María a Maior de Iria-Flavia (A Coruña)

Soledad Mendive (ciclo de órgano) 20.30 horas.

...Catedral de Tui (Pontevedra)

Michael Oman, frauta de bico / Martina Schobersberger, órgano.

(ciclo de órgano) 20.00 horas.

...Igrexa de San Salvador de Celanova (Ourense)

Resonet. (ciclo de órgano) 20.30 horas.

Calendariopor datas <<<

Page 15: Catálogo Espazos Sonoros 2008

sábado 12 abril…///

...Catedral de Tui (Pontevedra)

Soledad Mendive (ciclo de órgano) 20.00 horas.

...Igrexa de San Salvador de Celanova (Ourense)

Michael Oman, frauta de bico / Martina Schobersberger, órgano.

(ciclo de órgano) 20.30 horas,

...Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense)

Resonet (ciclo de órgano) 19.00 horas.

...Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago

Sólo Voces (ciclo de música vocal) 20.00 horas.

...Real Basílica de Santa María a Maior, Pontevedra

Capela Madrigalista (ciclo de música vocal) 20.45 horas.

domingo 13 abril…///

...Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense)

Soledad Mendive (ciclo de órgano) 19.00 horas.

...Igrexa de San Francisco de Ribadavia (Ourense)

Sólo Voces (ciclo de música vocal) 20.00 horas.

...Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago

Capela Madrigalista (ciclo de música vocal) 20.00 horas.

Page 16: Catálogo Espazos Sonoros 2008

venres 18 abril…///

...Igrexa de San Francisco de Ribadavia (Ourense)

E Ultreia (ciclo de música vocal) 20.30 horas.

sábado 19 abril…///

...Igrexa de San Francisco (Lugo)

Ensemble Gilles Binchois (ciclo de música vocal) 21.00 horas.

...Real Basílica de Santa María a Maior, Pontevedra

E Ultreia (ciclo de música vocal) 20.45 horas.

... Igrexa de Santiago en San Francisco de Viveiro (Lugo)

Camerata Vivace (ciclo de música vocal) 20.30 horas.

domingo 20 abril…///

...Real Basílica de Santa María a Maior, Pontevedra

Camerata Vivace (ciclo de música vocal) 20.45 horas.

...Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago

Ensemble Gilles Binchois (ciclo de música vocal) 20.00 horas.

...Museo do Mar, Vigo

Barbez + Vale Tudo (ciclo outros sons) 20.00 horas.

luns 21 abril…///

...Museo Provincial de Lugo

Barbez (ciclo outros sons) 21.00 horas.

Page 17: Catálogo Espazos Sonoros 2008

mércores 23 abril…///

...Museo de Belas Artes da Coruña

Araceli Fernández González, soprano / Justyna Danczowska, piano.

(ciclo de música de cámara) 20.30 horas.

xoves 24 abril…///

...Museo de Belas Artes da Coruña

Cuarteto Quiroga (ciclo de música de cámara) 20.30 horas.

...Museo Provincial de Lugo

Araceli Fernández González, soprano / Justyna Danczowska, piano.

(ciclo de música de cámara) 20.30 horas.

venres 25 abril…///

...Museo Provincial de Lugo

Arte en pArte (ciclo de música de cámara) 20.30 horas.

...Museo de Pontevedra

Araceli Fernández González, soprano / Justyna Danczowska, piano

(ciclo de música de cámara) 20.00 horas.

...Liceo de Ourense

Cuarteto Quiroga (ciclo de música de cámara) 20.15 horas.

Page 18: Catálogo Espazos Sonoros 2008

sábado 26 abril…///

...Igrexa de Santiago en San Francisco de Viveiro (Lugo)

Sólo Voces (ciclo de música vocal) 20.30 horas.

...Museo de Belas Artes da Coruña

Arte en pArte (ciclo de música de cámara) 20.30 horas.

...Museo Provincial de Lugo

Grupo Instrumental Siglo XX

...Museo de Pontevedra (ciclo de música de cámara) 20.00 horas.

Cuarteto Quiroga (ciclo de música de cámara) 20.00 horas.

...Liceo de Ourense

Araceli Fernández González, soprano / Justyna Danczowska, piano.

(ciclo de música de cámara) 20.15 horas.

Page 19: Catálogo Espazos Sonoros 2008

domingo 27 abril…///

...Real Basílica de Santa María a Maior, Pontevedra

Sólo Voces (ciclo de música vocal) 20.45 horas.

...Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago

Camerata Vivace (ciclo de música vocal) 20.00 horas.

...Igrexa de Santiago en San Francisco de Viveiro (Lugo)

Capela Madrigalista (ciclo de música vocal) 20.00 horas.

...Museo de Belas Artes da Coruña

Grupo Instrumental Siglo XX (ciclo de música de cámara) 12.30 horas.

...Museo Provincial de Lugo

Cuarteto Quiroga (ciclo de música de cámara) 20.00 horas.

...Liceo de Ourense

Arte en pArte (ciclo de música de cámara) 20.15 horas.

martes 29 abril…///

...Museo de Pontevedra

Grupo Instrumental Siglo XX (ciclo de música de cámara) 21.00 horas.

mércores 30 abril…///

...Museo de Pontevedra

Arte en pArte (ciclo de música de cámara) 20.00 horas.

...Museo do Mar, Vigo

Grupo 1500 (ciclo de música antiga) 20.30 horas,

Page 20: Catálogo Espazos Sonoros 2008

xoves 1 maio…///

...Igrexa da Madalena, Ribadavia (Ourense)

KTL + Miguel Prado (ciclo outros sons) 20.00 horas.

venres 2 maio…///

...Igrexa da Universidade, Santiago

Grupo 1500 (ciclo de música antiga) 20.30 horas.

sábado 3 maio…///

...San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo)

Grupo 1500 (ciclo de música antiga) 20.00 horas.

domingo 4 maio…///

...Liceo de Ourense

Grupo Instrumental Siglo XX (ciclo de música de cámara) 20.15 horas.

...Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense)

Grupo 1500 (ciclo de música antiga) 19.00 horas.

Xoves 8 maio…///

...San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo)

Harmonia Artificiosa (ciclo de música antiga) 20.00 horas.

venres 9 maio…///

...Museo do Mar, Vigo

Harmonia Artificiosa (ciclo de música antiga) 20.30 horas.

Page 21: Catálogo Espazos Sonoros 2008

sábado 10 maio…///

...Museo do Mar, Vigo

Martin Codax (ciclo de música antiga) 20.30 horas.

...Igrexa da Universidade, Santiago

Harmonia Artificiosa (ciclo de música antiga) 20.30 horas.

...Igrexa de Santo André, Ribadavia (Ourense)

Camerata Vivace (ciclo de música vocal) 20.30 horas.

domingo 11 maio…///

...Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense)

Harmonia Artificiosa (ciclo de música antiga) 19.00 horas.

...Igrexa de San Francisco de Ribadavia (Ourense)

Capela Madrigalista (ciclo de música vocal) 20.00 horas.

venres 16 maio…///

...Igrexa da Universidade, Santiago

Martin Codax (ciclo de música antiga) 20.30 horas.

sábado 17 maio…///

...San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo)

Martin Codax (ciclo de música antiga) 20.00 horas.

...Ruínas de Santo Domingo, Pontevedra

Huun Huur Tu + Caramuxo (ciclo outros sons) 22.00 horas.

Page 22: Catálogo Espazos Sonoros 2008

domingo 18 maio…///

...Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense)

Martin Codax (ciclo de música antiga) 19.00 horas.

...Museo do Coiro, Allariz (Ourense)

Huun Huur Tu (ciclo outros sons) 21.00 horas.

luns 19 maio…///

...Museo Provincial de Lugo

Huun Huur Tu (ciclo outros sons) 21.00 horas.

martes 20 maio…///

...Igrexa da Universidade, Santiago

Huun Huur Tu (ciclo outros sons) 21.00 horas.

mércores 28 maio…///

...Museo do Mar, Vigo

Scorch Trio + Rafael Mall (ciclo outros sons) 20.00 horas.

xoves 29 maio…///

...Igrexa da Madalena, Ribadavia (Ourense)

Scorch Trio + Rafael Mallo (ciclo outros sons) 21.00 horas.

Page 23: Catálogo Espazos Sonoros 2008

venres 30 maio…///

...Obradoiro de guitarra con Raoul Bjorkenheim (ciclo outros sons)

Espazos: por determinar.

Para máis información: www.espazossonoros.org e [email protected].

venres 13 xuño…///

...Igrexa da Universidade, Santiago

São Paulo Underground (ciclo outros sons) 21.00 horas.

sábado 14 xuño…/// CLAUSURA

...Museo do Coiro, Allariz (Ourense)

São Paulo Underground + Volonté (ciclo outros sons) 22.00 horas.

Page 24: Catálogo Espazos Sonoros 2008
Page 25: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Ciclode órgano <<<

Page 26: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...mércores 9 abril, Santa María a Maior de Iria-Flavia (A Coruña) 20.30 h.

...xoves 10 abril, Catedral de Tui (Pontevedra) 20.00 h.

...venres 11 abril, Igrexa de San Salvador de Celanova (Ourense) 20.30 h.

...sábado 12 abril, Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense) 19.00 h.

Resonet...

Mercedes Hernández, soprano.

Alexandra Nigito, órgano.

Paulo González, frautas.

Samuel Manzano, laúde, guitarra.

Carlos Castro, percusións.

Dirección: Fernando Reyes, viola.

O CEGO DO CAMIÑO.../// Obras de Antonio de Cabezón

Un dos músicos máis importantes do Renacemento europeo, e tamén un dos máisimportantes de toda a historia da música ibérica, Antonio Cabezón, naceu en Castrillo, unha poboaciónpróxima a Castrojeriz, no mesmo Camiño de Santiago. O neno cego escoitou pasar por diante dasúa casa as músicas de romeiros de toda Europa. Algunhas de orixe humilde e outras tocadas polascapelas musicais máis importantes de Europa. As músicas de Antonio Cabezón acompañaron aosemperadores Carlos V e ao seu fillo Felipe II, e soaron en toda a civilización cristiá. As variaciónsinstrumentais de Cabezón foron un modelo en países como Italia, Inglaterra, Francia e Alemaña, quedesenvolverían esta arte máis tarde no Barroco musical. As músicas de Cabezón amosan ese mundoque observaron e viviron os peregrinos do seu tempo: o profundo sentimento relixioso en conxunciónco mundo profano vai pasando por diferentes etapas nun camiño de sentimentos e estados de ánimoque van dende a alegría ata a admiración, a pena, a tristeza, o gozo ou a forza.

24

Page 27: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...xoves 10 abril, Igrexa de San Salvador de Celanova (Ourense) 20.30 horas

...venres 11 abril, Santa María a Maior de Iria-Flavia (A Coruña) 20.30 horas

...sábado 12 abril, Catedral de Tui (Pontevedra) 20.00 horas

...domingo 13 abril, Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense) 19.00 horas

Soledad Mendive...órgano

O ÓRGANO IBÉRICO.../// Obras de Antonio de Cabezón, Sebastián Aguilera de Heredia Pablo Bruna, Diego Xaraba y Bruna, Francisco Correa de Arauxo, Juan Bautista Cabanilles.

Ao longo do século XVI consolidouse na Península Ibérica unha escola organística de grandeimportancia e influencia que remataría converténdose nun endemismo, sobrevivindo ata principios doséculo XIX. En efecto, esta escola usa unhas formas instrumentais e idiomáticas moi características,sobre as que destaca o tiento que, se no seus inicios atopan un paralelismo nas obras doutras escolaseuropeas, como é o caso do ricercare italiano, pronto sobrevivirán só na península. Mesmo o propioinstrumento, o órgano, revestirá dende fins do século XV unha serie de características singulares queo diferenciarán dos seus irmáns europeos, destacando a trompetería horizontal de fachada comoelemento máis rechamante.

O programa fai un percorrido polas obras dos máis destacados autores para este instrumentoao longo de case dous séculos. Aínda que as pezas presentan as diferenzas lóxicas do anhelo estéticopropio, diferencial, dos seus autores, probablemente son máis os elementos que as unen que os queas separan, dándolle unha forte unidade musical a pesar do amplo intervalo cronolóxico que cobren.

25

Page 28: Catálogo Espazos Sonoros 2008

... xoves 10 abril, Santa María a Maior de Iria-Flavia (A Coruña) 20.30 horas

... venres 11 abril, Catedral de Tui (Pontevedra) 20.00 horas

... sábado 12 abril, Igrexa de San Salvador de Celanova (Ourense) 20.30 horas

Michael Oman...frauta de bicoMartina Schobersberger...órgano

www.omanconsort.com

PROGRAMAS PARA IRIA FLAVIA.../// obras de Frescobaldi, Pablo Bruna, Francisco de Tejada,Diego Ortiz, van Eyck, Martin y Coll, Pasquini e Vivaldi.

PROGRAMA PARA TUI E CELANOVA.../// obras de Frescobaldi, Diego Ortiz, van Eyck, Vivaldi,Giuseppe Sannmartini e Bach.

Se o órgano é un instrumento xa por si mesmo impresionante, a busca de máis riqueza evariedade instrumental levou, ao longo dos séculos, á súa asociación con outros instrumentos, moitasveces de vento. Aínda que existe un repertorio específico de pezas e concertos para diversos instrumentossolistas e órgano, non podemos pensar que é o único dos posibles. Os ministrís e instrumentistas dascapelas catedralicias e de colexiatas e mosteiros de toda Europa subían moitas veces (o mesmo queos cantantes) á balconada do órgano para unir as súas forzas coas deste instrumento. Nos seus propiosarranxos e adaptacións, de lance ou mesmo improvisadas, facían voar o son dos seus instrumentospolas bóvedas das igrexas nas máis variadas celebracións e festividades.

O concerto que propoñen Michael Oman e Martina Schobersberger explora unha desasposibles combinacións, ademais cun instrumento que, polas súas características sonoras, se fusionaespecialmente co órgano: a frauta de pico. Para isto presentan un programa amplo e variado comomostra das moitas posibilidades que existen de combinar outros instrumentos co órgano en obrasque, orixinariamente, non foron pensadas para esta combinación instrumental.

26

Page 29: Catálogo Espazos Sonoros 2008

27

Page 30: Catálogo Espazos Sonoros 2008
Page 31: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Ciclode músicavocal <<<

Page 32: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...sábado 19 de abril, Igrexa de San Francisco (Lugo) 21.00 horas

...domingo 20 de abril, Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago. 20.00 horas

Ensemble Gilles Binchois...

EN O NOME DE MARÍA.../// Cantigas de Santa María

O repertorio das Cantigas de Santa María, elaborado por iniciativa de Afonso X “O Sabio”é un mostra completa do mundo artístico que se desenvolveu en torno á súa corte: os poemas,escritos en galego-portugués, a lingua considerada a máis poética da península para a literatura,ata o século XV, son expresión da devoción mariana característica deste período. A música é unhacombinación harmoniosa entre a ciencia da monodia herdada dos trobadores do século precedentee elementos populares que lles achegan gran naturalidade. As miniaturas que ilustran os manuscritosrevelan as combinacións de instrumentos empregadas e a colaboración entre músicos das tresculturas que cohabitaban no territorio peninsular na Idade Media. O alto nivel artístico eleva esterepertorio ao rango de “tesouro” da corte deste rei sabio. O conxunto conforma unha das obrasartísticas máis perfectas da Idade Media, tanto no plano estético-visual, como no literario e musical

Anne-Marie Lablaude, soprano

Ana Isabel Arnaz, soprano

Dominique Vellard, tenor, oud

Baptiste Romain, fídula , gaita

Keyvan Chemirani, zarb, darf

30

Page 33: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...venres 18 de abril, Igrexa de San Francisco de Ribadavia (Ourense) 20.30 horas

...sábado 19 de abril, Real Basílica de Santa María a Maior, Pontevedra. 20.45 horas

Música antiga E Ultreia...

OBRAS DO CÓDICE CALIXTINO E MISA E OFICIO DE DEFUNTOS DA CATEDRAL DE SANTIAGO...///

O programa presenta unha selección de obras do Códice Calixtino para a liturxia propiada catedral, compostas no século XII. Trátase de obras tanto monódicas como polifónicas, nesteúltimo caso dos primeiros exemplos na música occidental.

En segundo lugar, a Misa e Oficio de Defuntos, a catro voces, do século XVI, que seconserva tamén no rico arquivo musical da Catedral de Santiago. Neste caso atopámonos ante unexemplo moi completo deste escasísimo repertorio, atribuído pola tradición da catedral ao mestrede capela Francisco Logroño (que serviu en Santiago de 1536 a 1571). É música dunha buscadasinxeleza e de gran fondura espiritual, como corresponde ao seu contido litúrxico, e que se rescatapara o público tras moito tempo esquecida nos cantorais catedralicios.

Paula Corujo Ferro e Victoria Rodríguez Soler, sopranos.

Mercedes Lago Gil e Ana Sánchez Barreiro, contraltos.

Fernando Olbés Durán e Rafael Senn González, tenores.

Enrique Cervera Mercadillo de Dios e Jesús Couceiro Bueno, baixos.

Pedro Fraile Lucas, corneto.

Miguel López Fariña, organistrum e viola de gamba.

Dirección, Fernando Olbés Durán.

31

Page 34: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...sábado 12 de abril, Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago. 20.00 horas

...domingo 13 de abril, Igrexa de San Francisco de Ribadavia (Ourense) 20.00 horas

...sábado 26 de abril, Igrexa de Santiago en San Francisco de Viveiro (Lugo) 20.30 horas

...domingo 27 de abril, Real Basílica de Santa María a Maior, Pontevedra. 20.45 horas

Sólo Voces...

MÚSICA VOCAL RELIXIOSA E POESÍA DO SÉCULO XX...///

Dividido en dúas partes, o programa amosa unha pequena panorámica da música vocalfeita no século XX. A primeira parte do concerto ofrece distintos aspectos da composición da músicasacra. Están representados compositores en activo, como John Rutter, Lázaro Santos, Niels la Courou o ponteareán Julio Domínguez, e compositores xa falecidos, como Ignacio Prieto, sj. ou MauriceDuruflé, Jouzas Naujali e dous mestres de capela da catedral lucense: García Julbe e Moreno Fuentes.

A segunda parte do concerto está dedicada á poesía na composición coral. Partindo daopin subxectiva de que poesía e música teñen en común que son dúas artes que se gozan a travésdo oído, o programa aborda o recitado da poesía en primeiro lugar, seguido da interpretación damúsica coa que se vestiu de melodía o poema. O son da palabra, o son da música e a reverberacióndas pacientes pedras engarzadas en arcos, columnas, bóvedas e lenzos mesturanse dun xeitoadecuado para o goce dos nosos sentidos...

Dirección, Fernando G. Jácome.

www.solovoces.com

32

Page 35: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...sábado 12 de abril, Real Basílica de Santa María a Maior, Pontevedra. 20.45 horas

...domingo 13 de abril, Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago. 20.00 horas

...domingo 27 de abril, Igrexa parroquial de Santiago en San Francisco de Viveiro (Lugo) 20.00 horas

...domingo 11 de maio, Igrexa de San Francisco, Ribadavia (Ourense) 20.00 horas

Capela Madrigalista...

OBRAS DE MESTRES DE CAPELA DA CATEDRAL DE OURENSE, GLORIA EN RE M. RV 589ANTONIO VIVALDI...///

As catedrais galegas e moitos mosteiros atesouran nos seus arquivos un importantepatrimonio oculto musical que aínda está pendente, nos máis dos casos, de estudo e, dende logo,de interpretacións. Moitas das obras dos arquivos musicais foron, ademais, compostas por mestres,formados no seo da capela, de orixe galego, sendo deste xeito practicamente o único patrimoniomusical dos séculos XVIII e XIX de autores coñecidos.

O programa da Capela Madrigalista recupera partituras corais de varios mestres de capelada Catedral de Ourense, cuxo arquivo conserva unha abondosa obra que comprende un períodoestilístico que vai dende o Barroco ata o Romanticismo pleno. Entre eles, Franciso Quiroga ou ManuelRábago, que deixou unha abondosa produción musical de grande calidade e que foi mestre decapela en Ourense e, posteriormente, en Tui, e Frey Pascual Enciso y Arriola, que naceu en Mondoñedoe foi discípulo de José Pacheco, mestre de capela da Catedral de Mondoñedo. Organista tamén noMosteiro de Oseira, reformou a capela musical da Catedral de Ourense, que tomaría un novo pulocoa súa incorporación.

Dirección, X. Ramón Rodríguez Castellanos.

www.capelamadrigalista.com

33

Page 36: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...sábado 19 abril, Igrexa parroquial de Santiago en San Francisco de Viveiro (Lugo) 20.30 horas

...domingo 20 de abril, Real Basílica de Santa María a Maior, Pontevedra. 20.45 horas

...domingo 27 de abril, Igrexa de San Domingos de Bonaval, Santiago. 20.00 horas

...sábado 10 de maio, Igrexa de Santo André, Ribadavia (Ourense) 20.30 horas

Camerata Vivace...coro de cámara feminino

ANTÍFONAS E RESPONSORIOS DE CANTO CHÁ E OBRAS SACRAS DOS SÉCULOS XX-XXI...///

O coro Camerata Vivace comezou a súa actividade no ano 1998 en Ponteareas, Pontevedra,formado polas voces brancas da agrupación mixta Camerata Ad Libitum da man do seu fundador,o director e compositor Julio Domínguez. Perante a escaseza de voces masculinas nos coros enxeral, interpretan habitualmente un repertorio a cappella escrito para voces brancas por compositoresde todas as épocas e estilos, especialmente contemporáneos. O programa do concerto de hoxecombina antífonas e responsorios de Canto Chá con obras sacras dos séculos XX-XXI, conferindoao conxunto unha fonda beleza e espiritualidade.

Dirección, Julio Domínguez.

www.camerata.com

34

Page 37: Catálogo Espazos Sonoros 2008

35

Page 38: Catálogo Espazos Sonoros 2008
Page 39: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Ciclode músicade cámara <<<

Page 40: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...mércores 23 de abril, Museo de Belas Artes da Coruña, 20.30 horas

...xoves 24 de abril, Museo Provincial de Lugo, 20.30 horas

...venres 25 de abril, Museo de Pontevedra, 20.00 horas

...sábado 26 de abril, Liceo de Ourense, 20.15 horas

OBRAS DE GAZTAMBIDE, BARBIERI, CHUECA, GRANADOS, MORENO TORROBA E MOMPOU...///

Cara a mediados do século XIX e tras décadas de esmorecemento, prodúcese un rexurdimentoe un novo fluxo de enerxías no eido da música en España. Varios son os ingredientes que conformane impulsan esta nova posta en marcha, entre os que destacan a consolidación das institucións laicasde ensino musical, como son o Real Conservatorio de Madrid (fundado en 1837) e a aparición dasfiguras dos mestres de música para dotar tales institucións (ata o de entón un eido, o musical, caseen exclusiva en mans da igrexa). Por outra banda, estes primeiros músicos toman conciencia danecesidade dunha profunda reforma dos piares e eixes intelectuais da música española, ata o de entónfortemente influenciada por autores estranxeiros: é o que se denomina a reacción castiza.

O programa é unha boa mostra das consecuencias a curto e a máis longo prazo destesmovementos que naceron no século XIX e que, nunha cadea de transmisión de profesor a discípulo,se prolongaron ata ben entrado o século XX. Para isto, o programa céntrase nun xénero característicoda música do Romanticismo e o nacionalismo musical, como é a canción con acompañamento depiano. Atópanse aquí representados dende os máis salientables iniciadores de dita reacción, comopoden ser Gaztambide, Barbieri ou Chueca, ata aqueles que, partindo de tan ilustres antecesores,ramificaron e dotaron de estilo propio ao xénero, como Granados, Moreno Torroba ou Mompou.

Araceli Fernández González...sopranoJustyna Danczowska...piano

38

Page 41: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...xoves, 24 Museo de Belas Artes da Coruña, 20.30 horas

...venres 25, Liceo de Ourense, 20.15 horas

...sábado 26, Museo de Pontevedra 20.00 horas

...domingo 27, Museo Provincial de Lugo, 20.00 horas

PROGRAMA PARA OURENSE E A CORUÑA.../// obras de Haydn, Béla Bartók e BeethovenPROGRAMA PARA LUGO E PONTEVEDRA.../// obras de Schubert, Béla Bartók e Beethoven

De entre os diferentes tipos de composicións para conxuntos de cámara, o cuarteto de cordasgozou da predilección dos compositores a partires do século XVIII. Fronte a outras formacións máisreducidas (tríos, dúos) ou máis extensas (quinteto, sexteto...), o cuarteto ofrece ao compositor un amploabano de posibilidades compositivas cun número mínimo e ao tempo suficiente de instrumentos. É poristo que a evolución do cuarteto dende o Clasicismo ata o século XX condensa en boa medida a propiaevolución da historia da música occidental.

Os programas do Cuarteto Quiroga tocan tres momentos especialmente salientables e esplendorososda creación para este conxunto. Por unha banda, temos o terceiro cuarteto do op. 74 de Haydn, unha pezaenmarcada plenamente no Clasicismo musical, do que Haydn é un dos piares fundamentais. Por outra banda,o cuarteto op.74 de Beethoven, pertencente ao período medio do compositor e é unha boa mostra daimportante evolución que Beethoven lle estaba a dar a este xénero musical. Esta constante reformulacióndo seu concepto de cuarteto fará que, na obra dos seus últimos tempos, como é o caso do cuarteto op. 135,se adiante en case cen anos á súa época, influíndo profundamente nos compositores de inicios do séculoXX, entre eles Béla Bartók. Deste autor escoitaremos o cuarteto nº. 3. Por último, o cuarteto “Rosamunde”de Schubert si se pode considerar unha obra plenamente romántica. Reúne todas as características máissalientables deste autor, como son a profunda beleza e lirismo das súas melodías e o seu atinado sentidodo equilibrio e da harmonía da forma e das súas partes constituíntes.

Cuarteto Quiroga...

Aitor Hevia e Cibrán Sierra, violíns.

Dénes Ludmány, viola.

Helena Poggio, violoncello.

39

Page 42: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...venres 25 de abril, Museo Provincial de Lugo, 20.30 horas

...sábado 26 de abril, Museo de Belas Artes da Coruña 20.30 horas

...domingo 27 de abril, Liceo de Ourense, 20.15 horas

...mércores 30 de abril, Museo de Pontevedra, 20.00 horas

Arte en pArte...

OBRAS DE: ANTOINE DE L´HOYER, G. ROSSINI, KASPAR MERTZ E FERNANDO SOR...///

O programa comprende obras de diversos autores, compostas para dúo de guitarras: os“Dúos Nocturnos”, op.37 de Antoine de L'Hoyer, mostra perfecta do seu estilo de escritura concertantepara dúas guitarras; tres obras de Fernando Sor, o “Divetissement”, op.62, que é unha das máisfermosas obras do compositor para esta formación, o “Souvenir de Russie”, op.63 sobre dous temaspopulares rusos do tempo pasado nese país e a “Fantaisie”, op. 54 bis co seu final “Allegro. Dansle Genre Espagnol”, cun marcado carácter do folclore popular. Os dous pequenos dúos de J. K.Mertz que se conservan na colección Boije da Musikaliske Akademiens Bibliotek en Estocolmo,representan unha das máis importantes fontes do repertorio de música para guitarra do século XIX.O caso da obertura de “Il Barbiere di Siviglia” adaptado para dúas guitarras por A. H. Varlet é ,simplemente, un exemplo do habitual costume dos guitarristas e editores da época de poñer asmelodías máis populares ao alcance de calquera afeccionado que podía, deste xeito, gozar naintimidade da súa casa do pracer dos grandes éxitos orquestrais do momento.

Ángela Ferreiro, guitarra clásico-romántica.

Iago Reigosa, guitarra clásico-romántica.

www.arteenparte.com

40

Page 43: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...sábado 26 de abril, Museo Provincial de Lugo, 20.00 horas

...domingo 27 de abril, Museo de Belas Artes da Coruña, 12.30 horas

...martes 29 de abril, Museo de Pontevedra, 21.00 horas

...domingo 4 de maio, Liceo de Ourense, 20.15 horas

GRUPO INSTRUMENTAL S. XX...

PROGRAMA PARA O MUSEO PROVINCIAL DE LUGO, 26 DE ABRIL.../// MÚSICA DE MULLERES COMPOSITORAS

Na vida artística e científica da humanidade, a muller parece ser a grande esquecida. Enon obstante, ao longo dos séculos, e a pesares dos roles que se lle teñen asignado, a muller tencreado e investigado. Neste interesante programa, o grupo instrumental “Siglo XX” achéganos áactividade musical de tres compositoras dos nosos tempos: a rioxana Dolores Malumbres, a arxentinaAlicia Tercian e a galega Margarita Soto.

PROGRAMA PARA O MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA, 27 DE ABRIL.../// MÚSICA DESDE O INFERNO

O conxunto instrumental “Siglo XX” presenta neste concerto un programa monográficodedicado á figura do compositor francés Olivier Messiaen no que, sen desmerecer o seu “Tema convariaciones”, a peza central é o seu impresionante “Cuarteto para o fin dos tempos”. Esta peza foicomposta por Messiaen no campo de internamento alemán de Görliz, e estreada por el mesmo etres compañeiros músicos, tamén prisioneiros, nun frío día de xaneiro de 1941, converténdose nunhadas pezas mestras da música clásica do século XX.

Dirección, Florian Vlashi.

www.grupoinstrumentalsxx.com

41

Page 44: Catálogo Espazos Sonoros 2008

PROGRAMA PARA O MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, 29 DE ABRIL...///MÚSICA DESDE OS BALCÁNS

A tradición musical balcánica, fortemente enraizada nun rico folclore, serve de nexo nesteprograma. Este folclore, no que o violín é un dos seus máis importantes instrumentos, ten sido usadocon frecuencia polos autores clásicos desa zona nas súas creacións musicais. O programa presentaobras do coñecido compositor húngaro Béla Bartók xunto coas de Ibrahimi, Rudi e Gjevelekaj, deorixe albanés, non tan coñecidos para o público, o que achega grande interese ao concerto.

PROGRAMA PARA O LICEO DE OURENSE, 4 DE MAIO...///MÚSICA OU MATEMÁTICAS?

Dende os tempos de Pitágoras ata os nosos días as matemáticas e a música teñencamiñado xuntas. Neste programa, proponse a audición dunha serie de pezas de diversos períodoshistóricos que gardan estreita relación co mundo da matemática, ben na súa propia concepcióninicial, ben no proceso compositivo ou nas técnicas empregadas na súa composición.

42

Page 45: Catálogo Espazos Sonoros 2008

43

Page 46: Catálogo Espazos Sonoros 2008
Page 47: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Ciclode músicaantiga <<<

Page 48: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...sábado 10 de maio, Museo do Mar, Vigo. 20.30 horas

...venres 16 de maio, Igrexa da Universidade, Santiago. 20.30 horas

...sábado 17 de maio, San Vicente do Pino (Monforte de Lemos) Lugo 20.00 horas

...domingo 18 de maio, Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense) 19.00 horas

Martín Codax...

A MÚSICA NA PENÍNSULA IBÉRICA, SÉCULOS XIV-XVI.../// Obras do Llibre Vermell de Montserrate vilancicos e romances dos séculos XV e XVI

A primeira parte do programa está dedicada ao Llibre Vermell (Libro Vermello), manuscritomedieval conservado no Mosteiro de Montserrat en Cataluña, que constitúe un dos piares da músicamedieval española. O manuscrito foi copiado a finais do século XIV e debe o seu nome á súaencadernación en felpa vermella, feita, segundo semella, a finais do século XIX. O propósito dacolección era entreter con cánticos e danzas aos peregrinos que chegaban ao Mosteiro de Montserrat,que era un dos lugares de peregrinación máis importantes da época. Os cantos están escritos encatalán, occitano e latín e son todos de autor descoñecido. As pezas da colección que chegaronata nós son dez: tres canons ou caças, dous cantos polifónicos e cinco danzas.

A segunda parte do programa está dedicada ás formas poético-musicais máis usadas noscancioneiros ibéricos do Renacemento como o vilancico, a canción e o romance, estes últimosdedicados a dous feitos decisivos acontecidos durante o tempo no que foron compostos: a reconquistade Granada e a morte prematura do príncipe Juan, herdeiro dos Reis Católicos.

Fernando Olbés Durán, tenor.Ana Sánchez Barreiro, soprano.Paula Corujo Ferro, soprano.Miguel Ángel López Fariña, fídulas, viola da gamba.Roberto Santamarina Fernández, fídulas.Carlos Castro Roig, percusións.Andrés Díaz Pazos, chirimía, frautas.Roberto Sala López, chirimía, frautas, cromornos, gaita.Francisco Javier González Abraldes, laúde, arpa.Dirección: Fernando Olbés / Miguel A. López.www.martincodax.org

46

Page 49: Catálogo Espazos Sonoros 2008

AMOR E DANZA NA EUROPA DAS NACIÓNS. Unha viaxe musical de ida e volta dende aPenínsula Ibérica no Renacemento.../// Obras dos séculos XV, XVI e XVII de Gabriel, Clement Janequin,Heinrich Isaac, Domenico da Nola, Orazio Vecchi, Michael Praetorius, William Brade, Diego de Huete, Santa Cruz,Athanasius Kircher e anónimos.

No espertar das nacións europeas, e previo á consolidación dos estados coas fronteirasactuais, un forte fluxo e refluxo de ideas, influencias e correntes artísticas percorría Europa. Cada reino,principado e mesmo cidade pugnaba por ter na súa nómina os máis prezados artistas da época,converténdose a súa contratación e mesmo o seu salario en secretos de estado de primeira orde.Froito desa tensión, desa competencia, prodúcese o florecemento cultural que coñecemos comoRenacemento, que, máis aló da súa denominación xenérica, esconde un mundo estético en vertixinosaevolución e con amplas diferenzas estilísticas.

A música non escapou a ese fervedeiro artístico que era a Europa do século XVI. Co importanteimpulso da imprenta musical, que comeza a distribuír os seus froitos xusto no cambio do século XVao XVI, a música dos moitos autores que traballan esparexidos polas cortes e pazos ten unha difusiónque, probablemente, non se acade de novo ata o século XX. Cada un deles, partindo da súa tradición,tanto culta como popular, desenvolve o seu particular estilo, todo dentro da linguaxe polifónica propiada época, que en mans de tantos e tan bos autores esgotouse como medio de expresión artística enapenas cen anos. O programa do grupo 1500 propón ao público unha fugaz viaxe imaxinaria polasmúsicas e músicos que teceron esa parte tan importante da historia cultural europea.

María Giménez: canto e percusiónArquímedes Artal: viola da gamba baixo e lironeBelén Bermejo: canto e organettoVictor Blanco: guitarras renacentista e barrocaJosé Ignacio Castro: sacabuche tenore frautas renacentistasRoberto Santamarina: fídula e violín barrocoAndrés Díaz: frautas renacentistas, chirimía e viola

...mércores 30 de abril, Museo do Mar, Vigo. 20.30 horas

...venres 2 de maio, Igrexa da Universidade, Santiago. 20.30 horas

...sábado 3 de maio, San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo) 20.00 horas

...domingo 4 de maio, Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense) 19.00 horas

Grupo 1500...

Dirección, Andrés Díazwww.1500musicaantiga.blogspot.com

47

Page 50: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...xoves 8 de maio, San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo) 20.00 horas

...venres 9 de maio, Museo do Mar, Vigo. 20.30 horas

...sábado 10 de maio, Igrexa da Universidade, Santiago. 20.30 horas

...domingo 11 de maio, Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense) 19.00 horas

Harmonía Artificiosa...

OBRAS DE HANDEL, BACH, E TELEMAN...///

Durante a primeira metade do século XVIII, a música alemana converteuse nunha especie deestilo “internacional”, que combinaba elementos de procedencia francesa e italiana. Este estilo foi forxadopor uns compositores que mantiñan entre si importantes ligazóns persoais e profesionais. Sen dúbida, osmáis famosos na súa época foron G. P. Telemann e G. F. Handel que, dende que se coñeceron en Hamburgona súa xuventude, mantiveron unha grande relación até o final das súas vidas. Menos coñecido no seumomento pero transformado durante o Romanticismo no modelo do músico alemán do Barroco, sería J.S. Bach que, aínda que non conseguiu coñecer a Handel (a pesar do seu interese e da aparente desganado londinés), sucedeu a Telemann en varios dos cargos que este ostentou. Nomeado cantor de SantoTomás cando Telemann rexeitou o posto que lle ofrecía o concello de Leipzig, herdou tamén o CollegiumMusicum que este fundara na universidade da mesma cidade. Pero a relación foi seguramente máis aládo estrictamente profesional porque Telemann sería padriño do seu fillo Carl Philip, que se transformaríano músico máis importante da seguinte xeración, o verdadeiro “Bach” do século XVIII, ao que Mozartrecoñecería como “o pai de todos nós”. E para pechar ese círculo de amizade nada mellor que un afillado,que obtivo o cargo de Director Musices de Hamburgo, que durante tanto tempo ostentara o seu padriño.

A música do programa de hoxe tenta presentar este nó de relacións e as súas plasmaciónsprácticas. Dende o estilo brillante e mundano do triunfador Handel, pasando pola “galantería” e simplicidadede Telemann, o complexo contrapunto de J. S. Bach non alleo, por outra parte, ás novidades do seuscontemporáneos, até chegar ao estilo “sentimental” de C. P. E. Bach.

Manuel Morales, traversoSabela García Fonte, violino barrocoBaldomero Barciela, viola da gambaDiego Fernández, clavecín

48

Page 51: Catálogo Espazos Sonoros 2008

49

Page 52: Catálogo Espazos Sonoros 2008
Page 53: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Ciclooutros sons <<<

Page 54: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...domingo 20 de abril, Museo do Mar, Vigo. 20.00 horas

Barbez + Vale tudo...

Barbez + Vale tudo...

Dan Kaufman, guitarra, voz e steel guitar.Pamelia Kurstin, théremin.Peter Hess, clarinete e percusión.Andrew Jones, baixo e sámpler.John Bollinger, batería.

www.barbez.comwww.myspace.com/barbez

Barbez (EUA) toma forma nunha pantasma tostada polo sol; Kurt Weill nada ao longo dunhacharca; debaixo da auga, os Residents restauran a súa casa; Erik Satie túmbase na herba e descortizaun viño; unha voda dionisíaca continúa danzando sen descanso. Influenciados por músicas comoa musette (danza francesa), o tango arxentino, a clásica da segunda metade do século XX, o pre-punk, as danzas balcánicas, Barbez retorcen eses mundos tan dispares para formar unha bandasonora nova.

O grupo formouse en 1997 e traballou dende a orixe cunha formación bastante inusual,derivada do folk balcánico e da música clásica do século XX. En todo este tempo, Barbez ten actuadoextensamente nos Estados Unidos e en Europa, así como presume de contar co privilexio de tocarcunha ampla variedade de artistas incluíndo: Cat Power, Sun Ra Arkestra, Godspeed you! BlackEmperor, Faun Fables, Sleepytime Gorilla Museum, DKT/MC5, Devendra Banhart, the Dresden Dolls,the Lonesome Organist, Shelley Hirsch, The Angels of Light de Michael Gira, etc.

No 2004, John Zorn comisionou unha gravación de Dan Kaufman (o líder de Barbez) paraa sección do seu propio selo, Tzadik, denominada Radical Jewish Culture. Dentro desta sección,John Zorn -para moitos críticos un dos músicos de jazz máis grandes da actualidade- intenta analizar

...luns 21 de abril, Museo Provincial de Lugo, 21.00 horas

52

Portas Abertas ás 20.00 horas / Vale Tudo ás 20.15 horas / Barbez ás 21.00 horasPeche ás 22.30 horas

Page 55: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Valetudo...

Rafael Mallo, batería.Óscar Vilariño, guitarra, harmonía e voz.

www.myspace.com/tudovale

Vale Tudo (Galicia) nace en 2004 a partir de ideas que non tiñan cabida en Triquinoise, quedespois se transformou en Devalo, grupo do que formaban parte os dous membros de Vale Tudo.O grupo trata de buscar sons máis puros facendo unha revisión de estilos como o blues e o folkamericanos, pasados por un filtro de experimentación e aderezados con letras concretas, suxerintese esqueléticas.

as relacións da cultura xudía no seu contacto con outras culturas ao longo de todo o planeta, domesmo xeito que a música africana ten unha conexión importante a través do jazz, a música caribeñaou a brasileira. Finalmente, este traballo de Dan Kaufman-Barbez viu a luz no 2007 co título de Forceof Light e está baseado na obra do poeta xudeu rumano Paul Celan, na actualidade recoñecidocomo un dos grandes poetas do século XX.

A banda conta na súa formación con Pamelia Kurstin (théremin), que ten actuado e gravadopara numerosos artistas, incluíndo ao propio John Zorn e David Byrne. Pamelia é unha das melloresvirtuosas deste curioso instrumento que se toca sen contacto físico e imita os timbres do violín, daviola e do chelo. Pasa por ser unha das referencias imprescindibles dentro da nova xeración deinstrumentistas do théremin e así o recolle o documental "Moog", dedicado a Robert Moog. Velaen directo xa é unha experiencia inesquecible que nos achega ata aqueles primeiros anos da pioneiraClara Rockmore. A formación complétase co clarinetista Peter Hess, que toca nunha gran variedadede grupos, incluíndo os Balkan Beat Box; Andrew Jones, un baixista e compositor de jazz de Arizona;e John Bollinger, batería e percusións, que tocou, entre outros, na primeira formación de Antony andthe Johnsons.

53

Page 56: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...xoves 1 de maio, Igrexa da Madalena, Ribadavia (Ourense)

KTL + Miguel Prado...

KTL...

Stephen O'Malley, guitarra.

Peter Rehberg (PITA), ordenador.

www.myspace.com/stephenomalleywww.ideologic.org/index2.htmlwww.peterrehberg.com/twiki/bin/view/peterrehberg

KTL é o grupo formado por dúas das personalidades máis inquietas e interesantes que amúsica experimental ten dado nas últimas décadas: dun lado, o guitarrista Stephen O'Malley (SunnO))))e doutro, o artista dixital Peter Rehberg (Pita). Esta asombrosa colaboración naceu para crear amúsica dunha obra de teatro chamada Kindertotenlieder, composta por Gisele Vienne e DennisCooper e, o que nun principio ía ser algo puntual, pasou a converterse na banda sonora dunespectáculo premiado en Brest, Francia, o pasado 2007. Daquela, KTL xira por todos os escenariosdo mundo con outros espectáculos de danza contemporánea ou, como nesta oportunidade únicaen Galicia, realizando contadísimos directos en solitario.

A personalidade dos dous compoñentes de KTL fai case un milagre a posibilidade dexuntalos para dar concertos. Peter Rehberg (PITA) naceu en 1968 en Londres, é creador sonoro,dirixe o selo Editions Mego (www.editionsmego.com) e nas suas diferentes formacións ten colaboradocon Jim O'Rourke, Christian Fennesz, Tina Frank, Tujiko Noriko, Mika Vainio, Zbigniew Karkowski,Z'ev, Keith Rowe, Jade etc., e participado nalgúns dos festivais máis relevantes do mundo: Sonar,Ars Electronica, Taktlos, Zemos 98, MUTEK, NowNow, etc. Recibiu en 1999 o Premio de MúsicaDixital de Ars Electrónica, xunto a Christian Fennesz, e publicou traballos en: Mego, Häpna, Mosz,Asphodel, Tochnit Aleph, Alku, Digital Narcis, Ritornell, Moikai, Ash International, Source, Touch, Raft,Absurd... ¿Alguén dá máis?

54

Portas Abertas ás 20.00 horas / Miguel Prado ás 20.15 horas / KTL ás 21.00 horasPeche ás 22.30 horas

Page 57: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Miguel Prado... A Coruña.

Miguel Prado, guitarra, pedais e amplificadores.

http://pradocasanova.wordpress.com/www.alg-a.org/spip.php?article631

Miguel Prado (1985, A Coruña) é un improvisador que dedica parte das súas forzas amúsica mínima e opresiva.

A súa actividade coa guitarra enfócase no son que se sucede e no contexto no que sedifunde. Profundando nas posibilidades sonoras do seu instrumento na busca de conexións entreos arquetipos sociais e a razón da improvisación.

Na actualidade, o seu proxecto céntrase na experimentación e reducionismo do bluesmais primitivo.

Pola outra parte a cousa tampouco decae. Stephen O´Malley, guitarrista de Seattle(Washington), é o fundador, xunto a Greg Anderson, do grupo Sunn O))), unha das bandas de dronemetal máis importantes, con seguidores en todo o planeta. Abarcar a súa traxectoria musical nunhaspoucas liñas e case que imposible. Ademais dos seus innumerables proxectos, como KTL, SunnO))), Khanate, Ginnungagap, Lotus Eaters, etc, hai que engadir abundantes colaboracións conMerzbow, Julian Cope, Lee Dorrian (Napalm Death), Oren Ambarchi e moitísimos músicos de mundosdiferentes, desde o metal á musica experimental.

55

Page 58: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...sábado 17 de maio, Ruínas de Santo Domingo, Pontevedra*. Os Caramuxos ás 22.00 horas / Huun Huur Tu ás 23.00 horas.

Huun huur tu + Caramuxo...

Huun huur tu... República de Tuva.

Kaigal-ool Khovalyg, voz, igil, doshpuluur.Tyulyush, voz, byzaanchi, khomuz, amarga.Sayan Bapa, voz, doshpuluur, marinhuur, guitarra.Alexey Saryglar, voz, tungur (tambor), dazhaaning khavy.

www.huunhuurtu.com

A música ten estas cousas: ás veces un artista é o culpable de que situemos un país nunmapa que para a maioría non existía ou tiña unha idea moi básica del. Cando Kaagal-ool Khovalyg,Sayan Bapa, Anatoli Kuular e Alexai Sarytlar comezaron a súa aventura en 1992 como Huun huurtu -tradución de “a luz que se creba sobre a herba ao amencer e á noitiña”- seguro que non pensaranese papel secundario de embaixadores que o destino lles tiña preparados. Eles son da Repúblicade Tuva, unha rexión montañosa e de clima case polar, fronteiriza entre Mongolia e Siberia, quehistoricamente foi invadida por todos os veciños posibles, ata que en 1921 un grupo de pastoresdeclarou a súa independencia. Desde hai uns anos, algúns artistas como Huun Huur Tu decidíronsepor exportar a súa cultura a Occidente e con ela un dos trazos fundamentais da súa música popular:os sons guturais que, contan, aprendes cando convives moito tempo en soidade cos animais equeres comunicarte con eles.

...domingo 18 de maio, Museo do Coiro. Allariz (Ourense)* 21.00 horas

...luns 19 de maio, Museo Provincial de Lugo*, 21.00 horas

...martes 20 de maio, Igrexa da Universidade, Santiago de Compostela. 21.00 horas

56

Page 59: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Caramuxo... Galicia.

Xoán Carlos Vázquez, clarinete Si b.Óscar Prieto, clarinete Si b e clarinete baixo.Felipe González Agell, clarinete Si b e requinto Mi b.Fernando Abreu, requinto Mi b e clarinete baixo.Alonso Caxade, acordeón.

www.myspace.com/cuartetocaramuxo

Creado inicialmente como cuarteto de clarinetes para interpretar música clásica, o CuartetoCaramuxo foi pouco a pouco afastándose dese recto camiño e escorando cara o swing e, máis tarde,cara á música popular de todo tipo, ampliando a súa formación con percusión e acordeón, sendoo único cuarteto de seis membros!!! Ao longo dos moitos anos de funcionamento do cuarteto destacaa súa participación no Encontro de Clarinetistas Populares de Glomel, na Bretaña francesa, e noespectáculo "Vento Mareiro" xunto ao actor Avelino González, sendo galardoados co premio MaríaCasares de teatro á mellor música orixinal. Recentemente veñen de presentar o espectáculo "OCalcetín Amarelo" xunto á compañía de monicreques "Cachirulo" e Mónica de Nut, para nenos de3 a 6 anos, e representado nos Concertos Didácticos e Concertos en Familia da Orquestra Sinfónicade Galicia, cun total de 24 representacións.

*Os concertos de Huun Huur Tu en Pontevedra, Allariz e Lugo ao aire libre poden trasladarse a recintos cubertos no caso de mal tempo.

Din que para coñecer en toda a amplitude ata que punto as gargantas de Huun huur tu"case" rompen as leis da física hai que ir a un dos seus concertos -os discos son unha ideaaproximada-. Só alí podes comprender a dimensión dun prodixio da natureza e comprobar comoas súas poderosas cordas vocais poden facerte cómplice da súa maxia. Os sons guturais e difónicosde Huun Huur Tu forman parte dunha expresión popular arraigada nas tradicións ancestrais etransmitida entre xeracións mentres coidan o gando. Esa naturalidade e autenticidade levoulles aensinar os seus prodixiosos rexistros por todo o mundo.

57

Page 60: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...mércores 28 de maio, Museo do Mar, Vigo. 20:00 horas.

Scorch trío + Rafael Mallo...

Scorch trío... Noruega

Raoul Bjorkenheim, guitarra eléctrica, viola da gamba eléctricaIngebrigt Haker Flaten: baixo eléctricoPaal Nilssen-Love: batería

www.runegrammofon.com/artists/scorch_trio/www.allaboutjazz.com/php/article.php?id=85

A música nórdica leva varios anos situándose como unha das referencias ineludibles dentrodo que se pode chamar o novo jazz e, dentro desa escena, brillan con luz propia os nomes de PaalNilssen-Love e Ingebrigt Haker Flaten. Eles forman a potentísima sección rítmica do grupo Atomice, ademais, son integrantes de Scorch Trio xunto ao guitarrista Raoul Björkenheim. ¿Pero en queconsiste esta sonoridade que ten abducidos a todos os que deciden vivila en directo? Algúns críticosdin que esta xeración de músicos cruzou a liberdade compositiva do grande Albert Ayler e a enerxíado non menos grande Jimi Hendrix. A lectura non é para menos, xa que enfrontarse a un directo deAtomic é, entre outras moitas apreciacións, recoñecer algúns dos mellores e mais arriscadosinstrumentistas do momento, e se ademais engadimos esta afortunada asociación, a presenza do"galáctico" guitarrista Raoul Björkenheim, daquela Scorch Trio son un grupo "doutra liga".

A súa música vai máis ala do jazz, ou tal vez habería que dicir que grazas a este tipo demúsicos o jazz volveu á súa orixe, cara a ese espírito indomable onde os músicos, antes que virtuosose domadores de instrumentos, son exploradores de ritmos, texturas e sons. Escoitar, e ver, a RaoulBjorkenheim, tamén compoñente de Sound & Fury xunto ao finlandés Edward Vesala, é unha dasmellores experiencias que todo guitarrista que se prece, independentemente do seu estilo, deberíaexperimentar.

...xoves 29 de maio, Igrexa da Madalena, Ribadavia (Ourense) 21.00 horas

58

Portas Abertas ás 20.00 horas / Rafael Mallo ás 20.15 horas / Scorch Trío ás 21.00 horasPeche ás 22.30 horas

Page 61: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Rafael Mallo... Galicia

Rafael Mayo, percusións.

http://acfase.wordpress.com

Músico autodidacta interesado no free jazz e na música improvisada, é a través da vibraciónrecollida polos seus oídos de baterías como Sunny Murray, Han Bennink ou Chris Corsano que asúa música toma o camiño cara a liberdade e a introspección. A súa forma de provocar e transmitiresa vibración está rexistrada na segunda referencia do selo Taumaturgia, composto por seis temasde batería improvisada.

59

Page 62: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...sábado 14 de xuño, Museo do Coiro, Allariz (Ourense) 22:00 horas.

...venres 13 de Xuño, Igrexa da Universidade, Santiago de Compostela. 21.00 horas

São Paulo underground... Brasil

São Paulo underground + Volontè...

Mauricio Takara, batería, samplers, percusións e caixa de ritmos.Rob Mazurek, trompeta electrónica.Guillerme Granado, samplers, caixa de ritmos, percusións e voz.Richard Ribero, batería e percusión.

www.aesthetics-usa.com/artists/spu/bio.htmlwww.allaboutjazz.com/php/article.php?id=85

Rob Mazurek, cornetista e laptopista de Chicago, e membro de Mandarine Movie, Isotope,Chicago Underground, Exploding Star Orchestra, agora residente en Brasil, emerxe cun novo proxectoxunto ao músico brasileiro Mauricio Takara en programación e batería, que tamén está detrás de Hurtmolde do seu propio proxecto M. Takara. Outra colaboración de luxo, con free jazz, dub e música brasileirapasadas polo filtro de novas sonoridades dixitais.

Mauricio Takara é un percusionista cunha densa traxectoria na escena brasileira e unhaimportante lista de colaboracións: Damo Suzuki, Cidadao Instigado, Nana Vasconcelos, Thomas Rohrer& Nacao Zumbi, etc. As súas actuacións cóntanse polos cinco continentes en festivais tan importantescomo: Sonar festival (Barcelona), Roskilde (Dinamarca), Womex (Sevilla), Club Transmediale (Berlin), TheWorld Socials Forum (India), etc.

Rob Mazurek é compositor, artista sonoro e multimedia; improvisador, trompetista, pianista,pintor, video-realizador e colaborador de Tortoise, Stereolab, Jim O'Rourke, Pan American, Calexico etc. Os seus primeiros anos transcorreron en Chicago onde, ademais de gravar para o prestixioso selo ThrillJockey (entre outros), fundou no ano 2005 The Exploding Star Orchestra, un encargo realizado ao artista

60

Portas Abertas ás 22.00 horas / Volonté ás 22.15 horas / São Paolo Underground ás 23.00 horasPeche ás 00.30 horas.

Page 63: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Volontè... Galicia

Mauricio Takara, batería, samplers, percusións e caixa de ritmos.Rob Mazurek, trompeta electrónica.Guillerme Granado, samplers, caixa de ritmos, percusións e voz.Richard Ribero, batería e percusión.

www.aesthetics-usa.com/artists/spu/bio.htmlwww.allaboutjazz.com/php/article.php?id=85

Volontè é un colectivo de músicos coruñeses dedicados á música improvisada a travésde diversos instrumentos e formacións, con influencias do free jazz e da música improvisada europeados anos sesenta en diante.

O grupo comeza cando, en 2005, Roberto Mallo (guitarra e efectos) se reúne co seu irmánRafael Mallo (batería e percusión) e Óscar Vilariño (baixo e efectos) para improvisar. Despois de variosmeses funcionando como trío, invitan a tocar con eles a Miguel Prado (guitarra e efectos), membrodo grupo Devalo xunto a Rafael e Óscar. É nesta época cando comezan a gravar as súas improvisaciónse a facelas públicas na rede a través do seu podcast.

Tras un período no que se dedican a tocar e a gravar no seu local de ensaio, decidenorganizar a súa primeira actuación en público. Esta consistirá na improvisación no momento dunhabanda sonora para a película muda O home da cámara, do director ruso Dziga Vertov. O evento tenlugar no Fórum Metropolitano da Coruña. É no seu seguinte concerto cando pasan a ser o quintetoque son hoxe en día, coa entrada de Raúl García (violín eléctrico). Ao mesmo tempo, Roberto Mallocambia a súa guitarra por un saxo alto.

por parte do Instituto de Jazz e o Centro Cultural de Chicago para estrear no Millennium Park do arquitectoFrank Gehry. O resultado foi un monumental traballo de documentación e bo gusto inspirado, en palabrasdo propio Rob Mazurek, nalgúns dos nomes máis creativos do século XX: os compositores Erik Satie,Luc Ferrari ou György Ligeti. Con este e outros proxectos ten sido aclamado por críticos de Rolling Stone,The Wire, Chicago Tribune, NY Times, etc.

61

Page 64: Catálogo Espazos Sonoros 2008

...30 e 31 de maio.

Obradoiro de guitarracon Raoul Bjorkenheim (Scorch trío) ...

www.raoulbjorkenheim.com/index_flash.htm

Dous obradoiros os días 30-31 de maio cun dos mellores guitarristas da actualidade. RaoulBjorkenheim é moito máis que un virtuoso, un guitarrista académico ou un músico de jazz; sabeextraer do seu instrumentos todos os sons, texturas e timbres posibles, ata onde un pedal non podechegar. Unha oportunidade única para os guitarristas de Galicia.

Para máis información: [email protected] e www.espazossonoros.org

62

Page 65: Catálogo Espazos Sonoros 2008

63

Page 66: Catálogo Espazos Sonoros 2008
Page 67: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Espazos <<<

Page 68: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Catedral de Tui (Pontevedra) <<<

Situada nunha das antigas capitais do reino deGalicia ata 1833, está asentada nun outeiro na marxedo río Miño na fronteira con Portugal. Encrucilladade camiños entre o sur de Galicia e o norte dePortugal, por ela pasaba a vía XIX do ItinerarioAntonino de Braga a Lugo e foi sempre un centro decomunicacións potenciado pola importancia quetiveron os seus antigos portos fluviais na Idade Media.Foi moi importante a presenza de comunidadessefardís na Idade Media e coñécese a existencia desinagogas e dun cemiterio xudeu.

A catedral foi erixida sobre a antiga igrexa suevanos séculos XII e XIII e ten elementos románicos egóticos, destacando o seu aspecto de fortalezamedieval con ameas, torres e paseos de ronda,debido ás necesidades defensivas na época da súaconstrución. Sufriría diversas transformacións noséculo XV. A igrexa ten dous órganos barrocos de1714 (un do lado da Epístola e outro do lado doEvanxeo), do organeiro palentino Antonio del Pino yVelasco e do escultor Domingo Rodríguez de Pazos.Un deles, o do lado do Evanxeo, foi construído exnovo polo organeiro Gerhard Grenzing en 1995.

66

Page 69: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Igrexa parroquial de Santa María a Maior de Iria Flavia (A Coruña) <<<

Iria Flavia está situada no Camiño de SantiagoPortugués entre Padrón e Santiago de Compostela,na calzada XIX dende Braga a Lugo, e no tramo dacalzada XX per loca marítima dende Caldas a Brigantiae Lugo, e foi unha cidade comercial na Galicia romanacun importante porto interior e, posteriormente, séepiscopal ata que esta foi trasladada a Compostela.

A ex Colexiata de Santa María a Maior de IriaFlavia, hoxe templo parroquial, ten orixe altomedievale foi reconstruída no século XI logo dos ataques deAlmanzor e os normandos. Sería Xelmírez, no séculoXIII, o que lle deu a categoría de colexiata nomeandoun cabido de doce cóengos e un prior. O retablo doaltar maior é de Romay, do século XVIII, e posúeunha imaxe da Virxe en pedra do século XV. A igrexasofre outras remodelacións nos séculos XVI, XVII eXVIII.

No exterior destacan as súas torres en chanzosque recordan ás da Catedral de Santiago.  

Situado no presbiterio, arriba e no lado esquerdo,consérvase un valioso órgano barroco restaurado en1999 por Gerhard Grenzing, cos seus elementoscaracterísticos de trompeteiría e unha fermosa caixatamén barroca.

67

Page 70: Catálogo Espazos Sonoros 2008

San Salvador de Celanova (Ourense).* <<<

O impresionante conxunto formado pola igrexa e oantigo convento beneditino de San Salvador de Celanovaestá situado no centro da vila do mesmo nome e, segundoa tradición, foi fundado por San Rosendo no século X.Desta época consérvase a capela de estilo mozárabe deSan Miguel, unha pequena xoia que resistiu de forma casemilagreira ao paso do tempo e que está illada do resto perointegrada no recinto do convento, no que era o xardín donoviciado. O antigo convento foi desamortizado no XIX,pasando a igrexa a converterse en parroquia de San Breixo.Da igrexa románica primitiva non queda practicamentenada. A actual igrexa, de estilo barroco, comezouse aconstruír a mediados do século XVII e é unha das poucasigrexas barrocas galegas que conservan todos os espazosda música nos seus lugares orixinais: o órgano, o coro altoco precioso coro lígneo de finais do século XV, único enGalicia e que contén unha rica iconografía de instrumentosda época, entre os que se atopa un clavicordio, a tribunapara os músicos diante do órgano e, xa na nave central, ocoro barroco de Francisco Canseco (s. XVIII) e os púlpitos.O órgano, con caixa de c. 1710 de Francisco CastroCanseco, foi construído por Felipe de la Peña en 1776. Coareconstrución do ano 2001 renovouse o órgano, dándollea posibilidade de interpretar con garantías as músicascompostas para ese instrumento, pero modificandodefinitivamente moitas das súas características únicas, quesó poderían ser preservadas mediante a opción darestauración. O órgano actual e os anteriores taménalternaron os seus variados sons coas músicas de gaitase percusións que acompañaron os danzantes quesolemnizaban as procesións ata finais do século XVIII. Osdanzantes de Vilanova dos Infantes son unha mostra vivadesa tradición. Danzas, antífonas, motetes, vilancicos,tocatas e moitas músicas máis formaron parte duranteséculos da arquitectura e da alma dun dos templos máisimportantes do Barroco.

*Texto redactado coa colaboración de Fernando Reyes Ferrón.

68

Page 71: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Santa María a Real de Xunqueira de Ambía (Ourense) <<<

Situada na vila de Xunqueira de Ambía, no valformado polo río Arnoia, en Ourense, a igrexa pertenceao antigo mosteiro da orde dos Cóengos Regularesde Santo Agostiño. O nome Xunqueira parece facerreferencia á lenda da Virxe que se apareceu nestelugar entre xuncos. O mosteiro podería ter sido fundadono ano 955, segundo a tradición, por Gonzalo Froilae a súa muller Ildaura, pero o primeiro documentocoñecido data de 1150.

Actualmente, consérvanse a igrexa e o claustrocoas dependencias monacais e o antigo pazo prioral.A igrexa é un dos exemplos máis fermosos eimportantes da arte románica en Galicia. De plantabasilical, está composta por tres naves rematadas enábsidas semicirculares. Separan as tres naves arcosapuntados sobre os que se apoia un falso triforio quepuidera corresponder cunhas galerías superiores demadeira, en todo caso hoxe desaparecidas. Coadesamortización, en 1835 a Igrexa queda relegada atemplo parroquial e as dependencias do mosteiropasaron a ser empregadas como pazo de verán dosbispos ourensáns.

Destaca na igrexa o órgano barroco situado natribuna lateral dereita mirando ao altar. O instrumentofoi construído entre 1757 e 1759 polo organeirosantiagués Manuel González Maldonado, e a caixaque o aloxa foi obra do escultor Juan de San Martín,con taller en Celanova. Este órgano, prototipo deórgano barroco español, é un dos poucos que seconservan en toda Galicia cos seus elementos orixinais,tanto polo que respecta á caixa como ao instrumentomesmo, aínda que sufriu ao longo das últimas décadasdesafortunadas intervencións de restauración, nalgúnscasos xa irreversibles.

69

Page 72: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Basílica de Santa María a Maior, Pontevedra <<<

A basílica sitúase na parte máis alta de vilade Pontevedra, e comezouse a construír poloimportante Gremio de Mareantes da cidade naprimeira metade do século XIV, aínda que o pechedefinitivo das súas bóvedas prodúcese en 1559.Froito dese dilatado período construtivo é a súamestura de estilos, dende o gótico tardío pasandopolo isabelino e o renacentista. Entre os seuselementos más salientables está a portada occidental(1541), atribuída a Cornelius de Holanda, que semellaun retablo. O seu interior é de gran porte e beleza eatesoura á súa vez interesantes retablos, destacandoo do altar maior, de Maximino Magariños.

Hai constancia dunha pronta actividademusical na igrexa. En 1557 contrátase un organistabiscaíño para tanxer os órganos traídos de Flandres.Sendo o seu protector e impulsor do peche definitivoAlonso III de Fonseca, arcebispo de Santiago,podemos conxecturar que moita da preocupaciónpolo culto e servizo relixioso (e, polo tanto, musical)débese ás súas indicacións, pois é ben coñecida asúa preocupación polas artes en xeral e pola músicaen particular. Desgraciadamente, dos órganos orixinaisda igrexa xa nada queda hoxe en día.

70

Page 73: Catálogo Espazos Sonoros 2008

San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela <<<

Trátase dun antigo convento dominico, hoxe sededo Museo do Pobo Galego, fundado segundo atradición polo propio San Domingos, da familia galegados condes de Traba, durante a súa peregrinación aCompostela no ano 1219. O convento foi reedificadoentre os séculos XVII e XVIII participando nas obras,a partir de 1695, Domingo de Andrade, arquitecto dacatedral, que construiría a coñecida escaleiratrihelicoidal, a fachada do convento e a torre da igrexa.Tras un período de decadencia durante os séculosXVIII e XIX, acaba convertido en hospital e cuarteldurante a invasión napoleónica e, posteriormente, foiobxecto de desamortización e exclaustración. Aprimitiva igrexa gótica comezouse a construír no séculoXIII e o conxunto actual mantén parte da anteditaigrexa dos séculos XIII, XIV e posteriores reformas dosséculos XVI, XVII e XVIII. No lugar ocupado pola antigasala capitular sitúase unha capela do século XVII, naque en 1891 se depositan os restos, da poeta Rosalíade Castro, que logo serían seguidos por outrosconstituíndo o Panteón de Galegos Ilustres (AlfredoBrañas, Ramón Cabanillas e Francisco Asorey).

Actualmente non está aberta ao culto, excepto acapela do Rosario. Xunto á igrexa e ao convento, oparque de San Domingos de Bonaval, situado sobrea antiga horta e cemiterio do convento dominico, foirehabilitado como zona verde urbana segundo oproxecto do arquitecto portugués Álvaro Siza. Oconxunto ten fermosa perspectiva orientada cara opoñente e nel está moi presente a auga a través defontes, canles, alxibes...

71

Page 74: Catálogo Espazos Sonoros 2008

San Francisco de Ribadavia (Ourense) <<<

O conxunto formado pola igrexa e o conventoestá situado na marxe esquerda do río Avia, na opostaá que se atopa a vila de Ribadavia, en cuxa marxe,segundo antigas memorias, estivo situada a antigavila, a “Abobriga” dos romanos (a verba abobrigasignifica ‘poboación situada nas marxes ou beiras dorío Abo’, como designaban ao Avia).

Este conxunto de estilo barroco pertence á ordedos franciscanos, cuxa presenza na vila se remontaao século XIV. A construción do templo (fundado baixoa advocación de Santo Antonio) finalizou no ano 1610.

Do convento anexo non queda case nada. Oedificio primitivo rematouse de construír a finais doséculo XVII. Os frades foron exclaustrados coadesamortización en 1835 e o convento pasaría a mansdo concello, desaparecendo a metade da súa superficieco trazado da vía do ferrocarril. Máis tarde pasou amans de particulares, fraccionándose en cinco partes.Unha delas foi comprada polos franciscanos, que sevolveron establecer a partir do 1915.

72

Page 75: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Igrexa do convento de San Francisco, Lugo <<<

A igrexa pertencente ao antigo conventofranciscano, hoxe convertido en Museo Provincial,sitúase no centro xeométrico do recinto amuralladoda cidade de Lugo. É de fábrica gótica de finais doséculo XIV e principios do XV. Sufriu un importanteincendio no século XVII e o saqueo das tropasnapoleónicas. O convento sería abandonado tras adesamortización de Mendizábal en 1837 polo que aigrexa pasaría, a comezos do século XX, a converterseen parroquia de San Pedro. A igrexa, de maneirasimilar ao que era costume nas ordes mendicantesgalegas, ten planta de cruz latina e unha cabeceiracon tres ábsidas. A fachada principal está oculta, enparte, pola torre e destaca a ventá oxival que se abresobre a portada. A fachada lateral está tamén ocultapola capela barroca da Venerable Orde Terceira, de1695. Xunto á igrexa consérvanse as dependenciasmonacais do antigo convento así como o claustrogótico situado ao norte da igrexa, conxunto no quese sitúa o Museo Provincial.

73

Page 76: Catálogo Espazos Sonoros 2008

San Francisco de Viveiro (Lugo) <<<

A igrexa, hoxe parroquia de Santiago, pertenceuá orde mendicante de San Francisco e data do séculoXIV e comezos do XV. De estilo gótico, sufriuimportantes reformas nos séculos XVII e XVIII. Aplanta é de cruz latina cunha única nave lonxitudinal.Na ábsida de estilo oxival están situadas cinco ventásgóticas. Destaca o feito de que o chan segue apendente do terreo cun certo desnivel. O acceso áigrexa, situada no centro histórico da vila, faise através dun adro de varias escalinatas que salvan ogrande desnivel existente con respecto ao exterior.Do convento queda o claustro renacentista tardío,do século XVII, similar ao de Valdefrores, nas aforasde Viveiro, e nel consérvanse tres arcos do claustrorománico primitivo e unha fermosa porta gótica dearco trevolado que comunica co templo.

A igrexa ten un órgano, probablemente detransición do Barroco ao Romanticismo, pero conelementos característicos do órgano barroco español.

Na igrexa descansan os restos do político eliterato local Nicomedes Pastor Díaz.

74

Page 77: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Museo da Provincia de Lugo <<<

Situado no centro do recinto amurallado da cidadede Lugo, a actual sede do Museo Provincial de Lugopertence ao conxunto do antigo convento franciscano,xunto coa igrexa (hoxe parroquia de San Pedro), oclaustro e as demais dependencias monacais. Asprimeiras noticias documentais que se teñen doconvento datan de 1285, pero parece que a súafundación é anterior. O convento sería abandonadotras a desamortización de Mendizábal en 1837 epasou a ser sede do Museo Provincial a partir de 1957.

A fachada é do século XX e está realizada, conmotivo da instalación do museo, nun estilo eclécticocon reminiscencias dos pazos barrocos galegos. Asobras de acondicionamento das dependenciasmonacais para a instalación do museo respectaronun claustro gótico con importantes influenciasrománicas, situado ao norte da igrexa, como era comúnnas ordes mendicantes galegas. Consérvase taméno refectorio do convento, sala onde teñen lugar osconcertos no marco deste ciclo, e a antiga cociña.

75

Page 78: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Museo de Belas Artes da Coruña <<<

A actual sede do Museo de Belas Artes de ACoruña foi deseñada polo arquitecto Manuel GallegoJorreto, e está situada no solar do antigo conventodas monxas capuchinas, preto da rúa de Panadeiras,do que unicamente se conservou a igrexa, do séculoXVIII, obra de Fernando de Casas. O edificioorganízase arredor dun gran foro central iluminadopor un lucernario e concíbese como unhaprolongación da rúa. A entrada atópase precedidadunha grande columnata exenta e un peche alinteladoque enmarcan un patio prolongado polo antigo xardíndas monxas. Traspasado o limiar, o vestíbuloconstitúese nun elemento integrador, e a el ábrensea sala de exposicións temporais e o salón de actos.Unha pasarela comunica as salas da colección depintura e escultura coa á do antigo convento quealberga a cerámica e o gravado. O xogo deperspectivas cruzadas, a combinación matizada deluces e o contraste entre a madeira e as paredesbrancas conforman un ambiente cálido para acontemplación da obra de arte. Manuel Gallegorecibiu o Premio Nacional de Arquitectura polo deseñodeste edificio. A colección do Museo de Belas Artesestá centrada principalmente na pintura e esculturados séculos XVI ao XX (facendo especial fincapé naarte galega), no gravado, na cerámica e nas artesdecorativas. Os devanditos fondos proceden na súamaior parte do Estado e do Museo do Prado, aíndaque tamén contribuíron outras institucións públicase privadas e numerosos particulares que depositaronou doaron obras ao longo dos anos.

76

Page 79: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Edificio do Liceo de Ourense <<<

O edificio, situado no centro histórico da cidadedas Burgas (na rúa Lamas Carvajal, nº 5), do quehoxe é o Liceo de Ourense foi na súa orixe o antigoPazo dos Oca Valladares, un edificio do século XVIde estilo gótico-renacentista, construído por encargode Álvaro de Oca y Deza en 1522. A fachada remátaseen 1583 e o edificio sofre reformas posteriores comoa que deu lugar ao patio de columnas con oito pinturasmurais de corte romanticista e costumista que datande 1884. O pazo foi abandonado no século XIX echegou a ser mesón de arrieiría. Recupérase para acidade cando se traslada alí o Liceo Recreo deArtesáns de Ourense en 1870. Foron socios LamasCarvajal e Curros Enríquez, e no seu salón de festastocou en 1874 Isaac Albéniz. Foi declarado Ben deInterese Cultural en 2002.

77

Page 80: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Edificio Fernández López, Museo de Pontevedra <<<

O Edificio Fernández López é unha dasdependencias do conxunto formado polo Museo dePontevedra, unha das institucións máis sobranceirasda cultura do país, xunto con outros seis edificios, entreos que se atopan as ruínas de Santo Domingo, o EdificioCastro Monteagudo ou o Edificio García Flórez. Oedificio foi adquirido en 1961 e, para a súa compra,contouse coa xenerosa contribución económica deJosé Fernández López, quen lle dará nome. O edificio,de nova planta, a base de canteiría de pedra, contacun baixo e dous pisos que forman soportais en parteda fachada principal cara ao Edificio Castro Monteagudo.Na década dos noventa o edificio foi ampliado e, coaadquisición do inmoble nº 4 da rúa Pasantería, acádasea totalidade do bloque, tal como pretendía en 1962 obenfeitor José Fernández López. O Museo dePontevedra foi creado pola Deputación Provincial en1927 para completar o fecundo labor levado a cabopola Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, da querecibirá unha extraordinaria colección de obras de arte,pezas arqueolóxicas, documentos, libros e fotografías.Para a instalación inicial do museo adquiriuse un fermosoedificio do século XVIII situado no centro histórico dacidade, o actual Edificio Castro Monteagudo.

O museo posúe numerosos e importantes fondosentre os que podemos atopar o afamado Tesouro deCaldas, óleos de Van der Hamen, lenzos de Sorolla ouo álbum Galiza Mártir de Castelao.

Dende 1972 o Museo é, ademais, depositario doarquivo e de numerosos obxectos persoais do violinistapontevedrés Manuel Quiroga, cuxo nome leva,precisamente, un dos grupos que integran o programade cámara.

78

Page 81: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Igrexa da Compañía ou da Universidade, Santiago de Compostela <<<

Situada no centro histórico da cidade, na prazade Mazarelos, xunto á Facultade de Xeografía eHistoria, a Igrexa da Universidade recibe tamén onome de Igrexa da Compañía, xa que foi construídacomo sede principal da Compañía de Xesús no séculoXVII. Esta igrexa, xunto coa actual Facultade deFilosofía, constitúen os únicos restos do antigo colexioque os xesuítas fundaron na cidade no século XVI.Cando a orde foi expulsada de España, a finais doséculo XVIII, Carlos III cedeuna á universidade paraque lle servise de capela. Foi entón cando as imaxesda fachada, que representaban a San Ignacio deLoyola e a San Francisco Xavier, foron “decapitadas”e as súas cabezas substituídas polas de San Pedroe San Paulo, como xeito de borrar os símbolos dopasado da institución.

Actualmente non ten culto e está dedicada a salade exposicións e concertos. No seu interior destacao retablo maior, cumio do barroco compostelán,proxectado por Simón Rodríguez, e o seu espléndidoórgano de comezos do século XIX, pero aínda coastrazas e características do órgano barroco español.

79

Page 82: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Museo do Mar, Vigo <<<

O Museo do Mar de Galicia atópase na chamadaPunta do Muíño, da parroquia de Alcabre, en Vigo,e é obra do arquitecto italiano Aldo Rossi encolaboración co pontevedrés César Portela. O edificiofoi no seu tempo unha antiga fábrica conserveira ena zona onde se ergue hai restos arqueolóxicos queabranguen desde a Idade do Bronce ata a épocagalaico-romana, tamén ligados á extracción e aotratamento de produtos do mar.

O museo foi inaugurado en 2007 e a exposiciónpermanente recolle as diferentes formas e tradiciónscoas que o pobo galego se relacionou co mediomariño e as actividades socioeconómicas ligadas aoaproveitamento dos recursos mariños.

No espazo do museo pódense distinguir treszonas ben definidas: o xardín de entrada ao museo,as cinco naves rehabilitadas do vello matadoiroexistente con anterioridade e a praza empedrada,que permite a comunicación das praias do Cocho ea Mourisca, e posibilita a continuidade do pasopúblico polo borde do litoral; o edificio de nova plantaconstruído sobre o límite exterior da parcela gañadaao mar, o peirao destinado ao amarre de barcoshistóricos e un faro de sinalización. O mar é o sextoelemento que rodea e baña toda a actuación. Unfermosísimo conxunto en perfecta simbiose coentorno e a antiga funcionalidade do recinto.

80

Page 83: Catálogo Espazos Sonoros 2008

San Vicente do Pino, Monforte de Lemos (Lugo) <<<

A igrexa de San Vicente do Pino, situado na partemáis alta da vila de Monforte de Lemos, forma partedun conxunto integrado pola Torre da Homenaxe docastelo, o mosteiro de San Vicente do Pino (hoxeparador nacional de turismo) e o pazo dos Condesde Lemos. As orixes do mosteiro remóntanse aoséculo X aínda que a edificación actual iníciase noséculo XVI. As dependencias do mosteiro estánsituadas en torno a un claustro de estilo neoclásicoigual que a fachada do mesmo. A igrexa ten portadarenacentista e o interior pertence ao gótico detransición. Posúe planta de cruz latina, rematada portres capelas rectangulares, e cuberta de bóvedasestreladas apoiadas sobre arcos agudos.

No lateral esquerdo do coro alto, mirando aoaltar maior, destaca a presenza dun impresionanteórgano barroco pendente de restauración.

81

Page 84: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Ruínas de Santo Domingo, Pontevedra <<<

As ruínas deste antigo convento dominicoencóntranse no centro da cidade, fronte á Alameda.O mosteiro foi fundado en torno a 1282, se ben asobras do templo conservado non se iniciaron ata 1383,continuando ao longo do século XV. Da igrexa de finaisdo século XIV só se conserva a súa cabeceira e afachada da sala capitular. O resto da igrexa gótica foiderrubado a finais do século XVIII cando os dominicoscomezaron un novo templo neoclásico que quedouparalizado coa desamortización. A parte que xa foraedificada tamén foi posteriormente derrubada parainstalar un hospicio no que hoxe é o Instituto Valle-Inclán. Actualmente conforma unha das dependenciasdo Museo de Pontevedra. O seu interior alberga lápidascon numerosos escudos, labras e sepulcros medievaisde cabaleiros, como Paio e Sueiro Gómez deSoutomaior. Igualmente, estiveron enterrados aquíTristán de Montenegro e o nobre galego do século XVPedro Álvarez de Soutomaior, coñecido popularmentecomo Pedro Madruga.

Un fermosísimo emprazamento para disfrutar damúsica ao ar libre.

82

Page 85: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Museo do Coiro de Allariz (Ourense) <<<

Situado na vila de Allariz, o museo está na antigaFábrica de Curtidos da familia Nogueiras e é froitodo esforzo pola recuperación do curso fluvial do ríoArnoia, levado a cabo a partir de 1990, e queconduciría á recuperación dos muíños e da fábricade coiro existentes na zona. O coiro era, xunto coacerámica, o sector fabril máis importante no concelloa comezos do século XX e substituíra ao baseadoanteriormente no liño, chegando a existir na zonacorenta fábricas dedicadas a esta actividade, quenon tardaron en esmorecer cara mediados de século.

O edificio no que se sitúa o museo é orixinal doséculo XVIII, sendo o máis completo exemplo dearquitectura dedicada a este fin que se conserva enGalicia. Logo de ser adquirido polo concello,procedeuse a unha completa recuperación do lugar,realizada integramente con materiais tradicionais eque respecta a configuración orixinal do edificio, conpequenas modificacións, para adaptalo á súa novafunción museística.

O museo permite coñecer polo miúdo o procesode fabricación do coiro. O material etnográficopresente no museo conseguiuse en boa medidagrazas ás doazóns de veciños, que se completaroncon adquisicións do concello e con elementos queaínda se conservaban na fábrica. O edificio acolletamén puntualmente concertos e outros espectáculose actividades no seu patio.

83

Page 86: Catálogo Espazos Sonoros 2008

Igrexa da Madalena, Ribadavia (Ourense) <<<

A igrexa da Madalena está situada no centrohistórico da vila de Ribadavia e data do século XII,aínda que a súa orixe podería ser anterior. Antigamenteera coñecida co título e advocación de San Xés (onome de Sta. María Madalena é posterior e comezaa ser empregado a partires de 1486) e a súa situaciónprimitiva estaba no interior do castelo, onde aíndaquedan restos do camposanto. No século XIV, pormor da ampliación da fortaleza, Pedro Ruíz Sarmientodecidiu trasladala ao seu emprazamento actual.

Durante boa parte da época medieval esta igrexadependeu do mosteiro de Celanova e probablementeesta parroquia xogou un importante papel nacristianización dos xudeus na zona.

A edificación actual foi renovada no século XVIIIe retocada polo seu exterior. O templo consta dunhasoa nave e fachada barroca, na que destaca ocampanario. Na actualidade, a igrexa resérvase paraactividades lúdico-recreativas, entre elas, a CeaMedieval na Festa da Istoria, así como exposiciónsde pintura e fotografía, ademais de ser utilizada comocine infantil.

84

Page 87: Catálogo Espazos Sonoros 2008

85

Page 88: Catálogo Espazos Sonoros 2008

86

Page 89: Catálogo Espazos Sonoros 2008

87

Page 90: Catálogo Espazos Sonoros 2008