carlos mella entrevista

8
Carlos Mella Villar Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados Carlos Mella Villar naceu no Foxo (A Estrada-Pontevedra) no ano 1930. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e posteriormente en Ciencias Económicas pola Universidade da Sorbona (París). Foi economista, político e escritor. Como escritor cómpre salientar o seu labor narrativo (Bieito, Bieito; Luces de Fisterra...) e ensaístico (Non somos inocentes; Coa palleta distraída...) lunes 17 de febrero de 2014

Upload: asnosasletras

Post on 24-May-2015

132 views

Category:

Documents


10 download

DESCRIPTION

Entrevista realizada polos alumnos de literatura galega do s.xx do IES MGB a Carlos Mella

TRANSCRIPT

Page 1: Carlos Mella entrevista

Carlos Mella Villar

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

Carlos Mella Villar naceu no Foxo (A Estrada-Pontevedra) no ano 1930. Licenciado en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid e posteriormente en Ciencias Económicas pola Universidade da Sorbona (París). Foi economista, político e escritor. Como escritor cómpre salientar o seu labor narrativo (Bieito, Bieito; Luces de Fisterra...) e ensaístico (Non somos inocentes; Coa palleta distraída...)

lunes 17 de febrero de 2014

Page 2: Carlos Mella entrevista

Lembro aqueles tempos como tempos de ledicia para os rapaces. Ocupados os maiores nos seus problemas, os rapaces disfrutabamos dunha liberdade descoñecida e aforrabamos non poucas labazadas. Explico isto polo miúdo en Memorias dun ninguén.

Carlos Mella

1. Como lembra aqueles primeiros anos, aquelas andainas daquel xove mergullado nunha sociedade convulsa pola guerra fratricida e a posterior ditadura? Forxaron ao futuro Carlos Mella todas aquelas penurias e realidades?

2. Supoñemos que na súa familia primaba o ambiente da medicina paterna. Como se pode xustificar o seu futuro académico lonxe desta vivencia familiar?

Tamén o explico no libro citado. Un médico rural non era máis ca un escravo que disfrutaba do recoñecemento respecto dos demais pero o prezo dun senvivir e sen noite de descanso, de cabalo polas noites no peor do inverno. Cada enfermo era un amigo e cada morte un disgusto sentido de verdade. Xurei que non aturaría ese castigo xa de cativo.

3. Que supuxo para Vostede vivir aquel ambiente parisino na Universidade da Sorbona nos anos 50-60? Xa se intuía aquel ambiente que rematou no Maio do 68?

Non é doado explicar aquel sentimento no día de hoxe. Hoxe a liberdade dáse por descontada, daquela non. E coa liberdade viña todo o demais, en especial a descoberta de que vivir era unha tarefa leda, amigable e que o pecado non existía.

Rebelde é palabra que poucos merecen. Coido que non son conformista, non admito o dado por certo asicomasí e procuro aplica-la intelixencia ás miñas análises e pídolles ós demais que fagan o mesmo. Non gusto dos precociñados.

4. Considérase Vostede unha persoa “rebelde” como calquera puider intuír no seu percorrer vital (diferentes partidos politicos, enfrontamentos, polémicas...)?

lunes 17 de febrero de 2014

Page 3: Carlos Mella entrevista

Carlos Mella

5. Os homes da Xeración Nós deran voltas polo mundo para remataren no galeguismo. Consideraríase Vostede semellante no seu percorrer a aqueles mestres?

Coido que para ser un bon galeguista convén ser viaxado. Un bon viaxeiro, non un turista.

6. Chamounos moito a atención aquela súa “polémica” cando nomearan a D. Domingo García Sabell para a ofrenda ao Apóstolo. Como lle sentou a Vostede que for o propio Rei quen se tiver que “molestar” en facela? Como serían neste mundo actual as consecuencias xornalísticas, políticas... de tal feito? Considera Vostede dende a súa experiencia que o Goberno Galego actual (sucesor daquel que gobernaba daquela) actuaría do mesmo modo?

Aquel foi un feito singular nunha situación política singular. Estou orgulloso de telo protagonizado. Daquela non había quen ousara facelo. O gobernó actual nin sequera se plantexaría a cuestión. Vive noutra galaxia.

É certo que o birrete rica de requenta-los miolos. Aquel movemento foi moi importante pero hoxe, e sinto ter que decilo, queda pouco agás catro lambós que se adornan con axóuxeres que non son seus.

7. Supoñemos que Vostede sempre usou para tapar a cabeza unha boina, e non un birrete. Que importancia tivo aquel movemento galeguista e que queda del, se é que queda algo?

8. Dadas as actuais circunstancias que estamos a ollar cada día, houbo alguén que se lembrase daquela súa proposta de creación do “Instituto de Crédito Galego”? Tería sido unha solución para o presente e o futuro da banca galega?

Por suposto que si. Era fundamental e algúns pseudo-galeguistas votaron en contra. Sen sistema financeiro público non hai país. Por certo: Trías Fargas, conselleiro de Finanzas da Xeneralitat, e vello amigo, pediume os estudos feitos en Galicia. Crearon o Instituto Financeiro Catalán e veñen estes días de transformalo en Banca Pública de Cataluña.

lunes 17 de febrero de 2014

Page 4: Carlos Mella entrevista

Carlos Mella

9. Tan dura foi a realidade que descubriu neste noso país como para partir de militar nun partido de dereitas até rematar figurando de cabeza de lista dun partido nacionalista galego de esquerdas?

Non militei en ningún partido. Sempre fun de independiente nas listas. Digo eu que iso debe significar algo.

10. Achamos unha frase tan en boga na actualidade que saíu parece ser da súa boca: “Sempre fun unha república independente”. Pode indicar esta frase un republicanismo en Vostede ou unha independencia forte alí onde militou?

Xa queda contestada. Discuto os temas, non creo nos mantras nin nos eslóganes. Non me gustan as mentiras políticas, son unha estafa, e someto á escofina da crítica ó que se pon diante, por moi ben envolveito que veña.

11. A súa obra literaria, tanto ensaística coma narrativa, amosa sempre unha forte retranca, unha retranca moi galega que xamais pasa desapercibida. Pode estar esta retranca moi preto do esperpento de Valle Inclán, como se deixa intuír nalgún comentaro xornalístico? Daría feito Valle Inclán na actualidade a escribir dados os múltiples temas que xorden a cotío?

Valle Inclán era quen a ter unha visión esperpéntica sobor de calquer situación. Sobre a retranco xa teño outra idea. Para min é unha arma defensiva. É unha virtude do débil e moi pouco útil nunha sociedade informatizada.

lunes 17 de febrero de 2014

Page 5: Carlos Mella entrevista

Carlos Mella

14. E para finalizarmos, que nos podería contar, con retranca ou con realidade, de don Xosé Manuel Beiras?

Beiras é un amigo, unha intelixencia deslumbrante, unha cultura enciclopédica, un líder político e un home de ben. Non voltaremos ter un político coma el en anos. Que o teñamos estragado e só culpa nosa.

13. Que supuxo, e supón, para Vostede presidir unha fundación tan importante coma a “Fundación Castelao” e ter que substituír nin máis nin menos que a don Avelino Pousa Antelo?

Unha situación nova e absolutamente subxugante. Estou a adicarlle tempo e esforzó e botarei toda a miña vontade para estar á altura do reto.

Carlos Mella con Xosé M. Beiras e Ceferino DíazFonte: El Correo Gallego

12. Que nos podería contar da súa experiencia como Presidente da AELG?

Nada demasiado bo. Quizais a entrega a Méndez Ferrín da pluma de escritor.

lunes 17 de febrero de 2014

Page 6: Carlos Mella entrevista

CUESTIONARIO

Retrato de Carlos Mella realizado por:

Andrea Rodríguez Eiras, alumna do MGB

lunes 17 de febrero de 2014

Page 7: Carlos Mella entrevista

A Sagrada

Familia.

Un monumento

salientábel?

Se o vello Simbad vóltase

ás illas. Alvaro

Cunqueiro.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria galegos?

Rañolas. Meursault.

Un personaxe galego e un estranxeiro?

Pedro Páramo. Juan Rulfo.

Un/ha autor/-a e unha obra

literaria estranxeiro

s?

Gustame garda-las

distancias. Se te identificas,

non comprendes.

Un personaxe literario co que

se identifique?

Oito e medio. Fellini

Unha película de cine?

Supoño que a vida. Non se me ocorre outra.

Cal é a súa fonte de inspiración

Las Fenicias. Eurípides.

Unha obra teatral?

lunes 17 de febrero de 2014

Page 8: Carlos Mella entrevista

Seguir vivo.Un anceio por rea

lizar? Os dous, cada un no seu tempo. Montaña.

Mundo rural/urbano? Praia/montaña?

Calquera lugar merece visita. A aldea no outono.

Un lugar para visitar? e un lugar para descansar?

A batalla de Guadalete.

Un feito histórico?

Unha utopía é un non

lugar. Unha falacia. O

espertar utópico é moi

perigoso.

Unha utopía?

Unha cadeira e un silencio agarimoso.

Un lugar axeitado para a lectura?

Clásica. C¨est ainsi que les hommes vivent, de Aragó, por Leo Ferrer.

Un tipo de música? Unha canción?

Cervantes.

Un/ha autor/-a con quen se identifique?

Mirar para os biosbardos.

Outro entretemento ademais da literatura?

lunes 17 de febrero de 2014