cancioneiro galego

84
A SANTA MISA Celeb.- No nome do Pai... Pobo.- Amén Celeb.- Que o Señor sexa convosco Pobo.- E contigo tamén Acto Penitencial Eu confésome pecador diante de Deus omnipotente e tamén diante de vós, meus irmáns, pois teño pecado moito de pensamento, de palabra, de obra e de omisión, pola miña culpa, pola miña culpa, pola miña grandísima culpa. Por iso lle pido á benaventurada Virxe María, a tódolos Anxos e Santos do ceo e a vós, meus irmáns, que roguedes por min a Deus o noso Pai. Gloria Gloria a Deus no ceo, e paz ao seu pobo na terra. Noso Señor Deus, ri do ceo, Deus Pai todopoderoso; loámoste, bendicímoste, adorámoste, glorificámoste e dámosche grazas, pola túa inmensa gloria. Señor Fillo único Xesucristo, Señor Deus, Año de Deus, Fillo do Pai. Ti, que quita-lo pecado do mundo, ten piedade de nós. Ti, que quita-lo pecado do mundo, escoita a nosa oración. 1

Upload: manuel-lage-lorenzo

Post on 14-Jan-2015

596 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Cancioneiro galego

A SANTA MISACeleb.- No nome do Pai...Pobo.- AménCeleb.- Que o Señor sexa convoscoPobo.- E contigo tamén

Acto Penitencial

Eu confésome pecadordiante de Deus omnipotentee tamén diante de vós, meus irmáns,pois teño pecado moitode pensamento, de palabra,de obra e de omisión,pola miña culpa, pola miña culpa,pola miña grandísima culpa.Por iso lle pidoá benaventurada Virxe María,a tódolos Anxos e Santos do ceoe a vós, meus irmáns,que roguedes por mina Deus o noso Pai.

Gloria

Gloria a Deus no ceo,e paz ao seu pobo na terra.Noso Señor Deus, ri do ceo,Deus Pai todopoderoso;loámoste, bendicímoste, adorámoste,glorificámoste e dámosche grazas,pola túa inmensa gloria.Señor Fillo único Xesucristo,Señor Deus, Año de Deus, Fillo do Pai.Ti, que quita-lo pecado do mundo,ten piedade de nós.Ti, que quita-lo pecado do mundo,escoita a nosa oración.Ti, que estás á dereita do Pai,ten piedade de nós;porque Ti é-lo único Santo,Ti, o único Señor,Ti, o único Altísimo, Xesucristo.Co Espírito Santo na gloria de Deus Pai..Amén.

1

Page 2: Cancioneiro galego

Despois das lecturasLector.- Palabra de Deus.Todos.- Grazas a Deus.EvanxeoCeleb.- O Señor sexa convosco.Pobo.- E contigo tamén.Celeb.- Lectura...Pobo.- Gloria a ti, Señor.Despois do EvanxeoCeleb.- Palabra de DeusPobo.- Loámoste, Cristo

Credo Apostólico

Creo en Deus, Pai Todopoderoso.Creador do ceo e mais da terra.Creo en Xesucristo, o seu único Fillo,noso Señor, que foi concibidopor obra e graza do Espírito Santoe naceu de da Virxe María.Padeceu no tempo de Poncio Pilato,foi crucificado, morto e sepultado,descendeu aos infernos.Ao terceiro día resucitoude entre os mortos,subiu ao ceo, onde está á dereita do Pai,e de alí virá xulga-lo vivos e os mortos.Creo no Espírito Santo,na Santa Igrexa Católica,na comuñón dos santos,no perdón dos pecados,na resurrección da carne e na vida eterna. Amén.

Credo Nicenoconstantinopolitano

Cremos nun só Deus, Pai omnipotente,Creador do ceo e máis da terra,do visible e do invisible.Cremos nun só Señor, Xesucristo,Fillo único de Deus,nado do Pai antes de tódolos séculos.Deus de Deus, luz de luz,Deus verdadeiro de Deus verdadeiro,

2

Page 3: Cancioneiro galego

xerado e non creado,da mesma natureza có Pai.Todo foi feito por El,que por nós os homes e para a nosa salvaciónbaixou do ceo e, por obra do Espírito Santo,encarnou no seo da Virxe Maríafacéndose home.Tamén por nós foi crucificadono tempo de Poncio Pilato,sufriu a paixón e foi sepultado;resucitou ao terceiro día conforme ás Escriturase subiu ao ceo, onde está á dereita do Pai.Virá de novo con gloriapara xulgar aos vivos e aos mortos,e o seu reino non terá fin.Cremos no Espírito Santo,Señor e fonte de vida,que procede do Pai e do Fillo,que co Pai e co Fillorecibe unha mesma adoración e gloria,e falou polos profetas.Tamén cremos na Igrexa,que é unha santa, católica e apostólica.Recoñecemos un só bautismopara o perdón dos pecados.Esperamos a resurrección da carnee tamén a vida eterna. Amén.

Presentación do pan e do viñoPobo.- Bendito sexa Deus, agora e sempre.Celeb.- Pregade...Pobo.- O Señor acolla das túas mans este sacrificio, para loanza e para gloria do seu nome, para ben noso e de toda a súa santa Igrexa.Diálogo do prefacioCeleb.- O Señor sexa convoscoPobo.- E contigo tamén.celeb.- Erguede os corazónsPobo.- Témolos postos no SeñorCeleb.- Deámoslle grazas ao Señor, noso Deus.Pobo.- E digno e de xustizaSanto

3

Page 4: Cancioneiro galego

Santo, santo,santo es Ti, Señor,Deus do universo.Enche-lo ceo e maila terra coa túa gloria.Hosanna no ceo!Bendito o que vén no nome do Señor.Hosanna no ceo!

Despois da consagraciónCeleb.- Velaquí o misterio da nosa fePobo.- Anunciámo-la túa morte,

proclamámo-la túa resurrección. Ven, Señor Xesús!

Noso PaiNoso Pai que estás no ceo;santificado sexa o teu nome,veña o teu reino e fágase a túa vontadeaquí na terra coma no ceo.Danos hoxe o noso pan de cada día;perdoa as nosas ofensas,como tamén perdoamos nósa quen nos ten ofendido;e non nos deixes caer na tentación,mais líbranos do mal.

Despois do Noso PaiCeleb.- Líbranos...Pobo.- Pois teus son o reino,

o poder e maila gloriapor sempre eternamente.

Celeb.- A paz...Pobo.- E contigo tamén.

Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo: Ten piedade de nósAño de Deus que quíta-lo pecado do mundo:ten piedade de nós.Año de Deus que quíta-lo pecado do mundo:dáno-la paz.Celeb.- Este é o Año...Pobo.- Señor, eu non son merecente

de que entres no meu fogar, mais unha palabra túa abonda para me salvar.

4

Page 5: Cancioneiro galego

Celeb.- O Señor sexa convoscoPobo.- E contigo taménCeleb.- Bendígavos...Pobo.- AménCeleb.- Podedes ir...Pobo.- Deámoslle grazas a Deus.

5

Page 6: Cancioneiro galego

Tempo Ordinario1. CANTOS DE ENTRADA

1.- Fagamos da misa unha festa

Fagamos da misa unha festa, Cantando a Ledicia da fe, pequenos e grandes cantemos, loanzas ó Deus que nos quer ( bis)

1.- Non quedes ollando de lonxe, Belezas tan grandes de amor,Comparte connosco a mesa, Darémosche todos calor. Fagamos...

2.- Para todos hai sitio na festa, A festa da fe e da luz Fogar que entre todos queremos, Encher de esperanza en Xesús. Fagamos...

2.- Con ledicia vamos todos ao altar

Con ledicia vamos todos ao altarque o Señor con El nos convidouimos ser sagrarios vivos pola fe,testemuñas a apóstolos de amor.

1.- camiñarei xuntos aos irmánse vivirei con ilusión.E con ledicia cantarei,pois o Señor comigo está.Vente comigo ti tamén cantarás. (bis)

2.- Irei así deixando pazsendo a túa luz, sendo o teu sal.E co Espírito de Deusa súa palabra vivirei;non quedes soloven comigo a ser feliz. (bis)

3.- Con ledicia vimos

Con ledicia vimos,onda ti, Señor,somos peregrinos, famentos de amor,es Ti o camiño que hai que andar, a palabra amiga e mailo pan, para nós camiñar.

6

Page 7: Cancioneiro galego

1.-Ti dixeche un día que diante do altarquen rifou con outro ten que perdoar,e deixando a ofrenda, darlle unha aperta ao irmán,voltando axiña rezarlle a Deus Pai.2.- Coma desterrados sen patria nin lar, no teu agarimo buscámo-la paz,as nosas canseiras poñémolas neste altarpara amasalas, Señor, co teu pan.

4.- Que ledicia a miña

Que ledicia a miña, xa están aos meus pés,pisando o vieiros da casa de Deus. (bis)

1.- Coas súas mans milagreiras, El fixo o ceo, fixo o mar,canto rebule na terra, canto rebule no mar.

2.- El é un Pai que nos quere, dono da vida e da paz;sempre connosco camiña, sempre nos leva da man.

3.- Hoxe chegamos gozosos, a comparti-lo teu pan,escoita-la túa palabra, e sentirnos coma irmáns.

5.-Que ledos hoxe estamos

Que ledos hoxe estamos, cantando a nosa fe!a fe en Xesucristo, amigo que nos quer!

1.- El ten verbas de vida, El ten xestos de amor,El quere invitarnos, El quere dar calor.

2.- El guía os nosos pasos, El ten conta de Nós.Seguros imos todos, da man do Salvador.

6.- Temos una festa Temos unha festa ó pé do altar, Deus é quen convida: vide logo irmáns.Temos unha festa ó pé do altar, se Deus nos convida, iremos alá.

7

Page 8: Cancioneiro galego

1.- Encherémo-la igrexa de flores, lucirémo-las roupas mellores,pois a festa é festa rachada, porque en Deus temos posta a esperanza.

2.- Xuntarémo-las voces rezando, louvarémo-los cos nosos cantos.A súa mesa collerémo-los folgos, para logo servi-lo nos outros.3.- Sentirémo-la súa presenza nos irmáns que comparten a festa.E despois renovados iremos, polas rúas anunciando o Reino.

7.- Unha xuntanza de amor

Unha xuntanza de amor temos aquí, (bis)pois precisamos que Ti nos queiras,que Ti nos fales, connosco vivas. (bis)

1.- Mentres na terra, Señor, exista a dor, (bis)nós non queremos vivir alleos ó sufrimento de quen padece. (bis)

2.- Cando o triunfo do irmán faino feliz, (bis)nós compartimos con el o gozo, a súa ledicia, a súa sorte. (bis)

3.- Pasa por isto, Señor, a nosa fe, (bis)vivir a fondo o amor fraterno, preto da vida, da vida enteira. (bis)

8.- Ei, meus irmáns

Ei, meus irmáns, aledarvos neste día do Señor. (bis)Víndelle cantar e pregar ó noso Deus. (bis)

1.- Noso Señor un convite está a preparar,e somos nós os convidados do seu altar. 2.- Noso pregar, xunguidiño ó de Xesús,vainos gaña-los merecementos da súa cruz.

9.- Camiñando pola vida

8

Page 9: Cancioneiro galego

Camiñando pola vida, co frescor dunha cantiga, camiñando toparemos o amor.Camiñando todos xuntos, nas ledicias e nas dores, camiñando atoparemos ó Señor.

1.- Ai, Señor, envía o teu alento, el hanos animar;ai, Señor, se temos novos folgos, voltaremos a cantar.2.- Ai, Señor, que o pobo está moi canso, de tanto camiñar; ai, Señor, que xa todos preguntan, polo viño e polo pan.3.- Ai, Señor, que che é duro o camiño, e queima moito o sol;ai, Señor, que xa non abro os ollos, coas areas e coa dor.

10.- Vinde axiña

Vinde axiña compañeiros, vinde hoxe pra festexar,a ledicia polos anceios, de comparti-lo viño e o pan.

1.- Vinde, vinde galeguiños, vinde mozas, rapaces chegade,e traede tamén ós meniños, que a festa da vida está a comezar.

2.- Vinde, vinde, aldraxados, vinde pobres, famentos chegade,e traede tamén ós coitados, que a festa da Vida está a comezar.

3.- Vinde, vinde garimosos, vinde xustos, os ledos chegade,e traede tamén ós gozosos, que a festa da Vida está a comezar.

11.- Andarei na presenza

Andarei na presenza do Señor, camiñarei por camiños de vida ,hei de escoitar a palabra que El nos dá, pois é a luz que nos guía.

1.- Camiñando polo mundo, imos indo cara o Alén.peregrinos no deserto: ven connosco, Deus amigo.Cando as tebras nos envolvan, fainos ver a túa luz,para acertar no camiño.

9

Page 10: Cancioneiro galego

2.- Cando andamos na maldade, na inxustiza ou na mentira,destruíndo o home novo que das túas mans saíra.Fainos ver a túa luz, ven connosco Deus amigo, para trocar morte en vida.

3.- Cando nos falten as forzas pra seguir os teus vieiros,e nos sintamos vencidos por atrancos do inimigo.Ven connosco, Deus amigo, fainos ver a túa luz, para chegar ao destino.

12.- Camiñarei na presenza do Señor

Camiñarei na presenza do Señor, camiñarei na presenza do Señor.

1.- Amo ao Señor porque escoita a miña voz suplicante, porque achega a min o seu oído, no día que o invoco. Amo ao Señor, porque escoita a miña voz.

2.- Envolvíanme lazos de morte, atopeime en apuro e aflición, invoquei o nome do Señor, Señor, salva a miña vida.

3.- Amo ao Señor, porque escoita a miña voz.

2.-PERDÓN / GLORIA

13.- Arrepentido

Arrepentido de vivir sen sentido, percorrendo camiños que se arredan de Ti.

Arrepentido das xornadas baleirase do tempo perdido que pasou ante min.

1.-Arrepentido de esquecer os proxectose matar o ideal de vivir coma Ti.Arrepentido de negar o sorriso

10

Page 11: Cancioneiro galego

ou a axuda precisa a quen pasa onda min.

2.- Arrepentido de palabras sen vida,de amizades feridas que se foron de min.Arrepentido coma o fillo perdido,volvo a casa e confío que me esperas alí.

14.- Gloria a Deus

1.- Gloria a Deus, Gloria a Deus, Gloria ao Pai (bis).a El lle sexa a Gloria. Aleluia, amén.(bis)

2.-Gloria a Deus, Gloria a Deus, Gloria ao Fillo (bis). a El lle sexa a Gloria. Aleluia, amén. (bis)

3.-Gloria a Deus, Gloria a Deus, Espírito Santo a El lle sexa a Gloria. Aleluia, amén. (bis)

INTERLECCIONAIS

15.- Escoita ao Señor

Escoita ao Señor, pois El contigo está, Queréndoche falar, no teu mundo interior.

1.- Abre as túas portas, deixa entrar o sol,Son verbas de esperanza que che trae o Salvador.

2.- Deixa que reluzan, dentro do teu serAs luces florecidas da palabra do teu Deus.

16.- Xesús é Señor

Xesús é, Xesús é Señor ( 3 veces)

Aleluia, aleluia ( 3 veces)

Gloria a Deus, gloria, gloria a Deus ( 3 veces)

17.- Aleluia o Señor resucitou

Aleluia, aleluia, aleluia, aleluia,aleluia, aleluia, o Señor resucitou. (bis)O Señor resucitou, cantemos con alegría,deamos grazas ao Señor, aleluia. (bis)

11

Page 12: Cancioneiro galego

18.- Douvos un mandato novo

Douvos un mandato novo, douvos un mandato novo, que é amar, que é amar, como eu vos teño amado. (bis)

19.- Ditosos os que temen ao Señor

Ditoso os que temen ao Señor, e van polos seus camiños.

1.- Ditosos os que temen ao Señor, os que seguen os seus camiños, comerás do traballo das túas mans. Serás ditoso, serás afortunado.

2.- A túa muller coma parra fecunda, no interior da túa casa, os teus fillos coma gromos de oliveira, arredor da túa mesa.

12

Page 13: Cancioneiro galego

3.- Así será bendito o home que tema ao Señor, que o Señor te bendiga desde Sión, e goces coa prosperidade de Xerusalén, tódolos os días da túa vida.

20.- Amóstrame, Señor

Amóstrame, Señor, os camiños da vida,amóstrame, Señor, os teus camiños.

21.- Canta, aleluia

Canta, aleluia, aleluia ó Señor.Canta, aleluia, aleluia ó Señor.

1.- Non me afastarei de darche a Ti,todo canto sinto, toda a miña fe, Señor.

2.- Ti que tanto loitas e penas por nós,non nos mandes angurias, perdóanos Señor.

22.- Canta o sol

Con tódalas criaturas,entoemos a canción,que día e noite se cantaa gloria do Creador.

canta o sol, canta o mar,canta todo canto hai.

Con tódolos redimidoscantamos de corazónos que fomos liberadospor obra do seu amor.

canta o sol...Canta o sol que nos visitadesde o amencer ó solpor,cantan as tebras da noite:todo che canta, Señor.

canta o solCanta o neno, canta o vello,canta a mocidade en flor;cántache a idade adulta:todos che cantan, Señor.

canta o solCántanche tódalas cousas

13

Page 14: Cancioneiro galego

ó veren que os días sonchanzos por onde subirena escada das perfección.

canta o solCántanche tódalas xentesque Xesucristo salvou,ó veren como as renovasco teu alento de amor.

23.- Cantade ao Señor

Cantade ó señor, cantade ó Señor unha cantiga nova.Cantade ó Señor, cantade ó Señor.Aleluia.

1.- Anxos de Deus bendicide ó Señor,estrelas do ceo, bendicide ó Señor.Mencer e crepúsculo, bendicide ó Señor,noites e tebras, bendicide ó Señor.

2.- Paxaros do ceo, bendicide ó Señor. Prados e colleitas, bendicide ó Señor,peixes dos mares, bendicide ó Señor.

24.- Contade as marabillas

Contade as marabillas do Señor a tódalas nacións.Contade as marabillas do Señor a tódalas nacións.

1.- Que o Señor teña piedade de nós,agarimándonos coa súa bendición,que alumee os nosos pasos coa luz dos seus ollos,que o mundo coñeza os seus camiños.

2.- Que lle canten lediciosas as nacións,pois El goberna a terra con xustiza,domina con rectitude a tódalas xentesque te respecten dunha extrema á outra do mudo.

25.- A Túa Palabra

A túa Palabra é o meirande ben,

14

Page 15: Cancioneiro galego

dános a esperanza, mantennos na fe,dános a esperanza, mantennos na fe.

26.- Escoita ti

Escoita, ti, a palabra de Deus,escoita cos teus oídos, tamén co teu corazón.Escoita, ti, a Palabra de Deus,e estate sempre atento a súa voz.

1.- Permítelle entrar dentro do teu corazóne na túa mente dálle o seu valor.Vívea, vívea na vida real;pola túa vida que chegue ós demais.

2.- Se son as túas mans instrumentos de Deus,dálle o pan ó pobre, faite a súa voz.Ama a Deus, ama a Deus, amando aos irmáns,escoita a Palabra aberto ós demais.

27.- O Señor é o meu Pastor

O Señor é o meu Pastor, nada me falta; o Señor é o meu pastor, sempre vai comigo. (bis)

1.- Ós pastos verdescentes me leva a repousar,me leva a refrescar nas augas tranquilas.

2.- Repón as miñas forzas polas vereas rectas,seguro me coñece por mor do teu nome.

3.- Nas valgadas sombrías ningún mal vou temer, ó pe do teu caxato sentín o sosego.

28.- Como che cantarei ?

Cómo che cantarei, meu Deus,cómo che cantarei?Cómo che cantarei, meu Deus,tan pouca cousas eu son?

1.- Ti estás nos montes e no mar,

15

Page 16: Cancioneiro galego

enches a esperanza deste día grande,andas sempre cabo nós. 2.- Non miras na xente o poder,T es Pai de todos, Ti es Pai dos pobres,andas sempre cabo nós.

3.- Chámasnos a todos pra facer,unha terra nova con máis irmandade,andas sempre cabo nós.

29.- Salvador do mundo

Salvador do mundo, sálvanos ( 3 veces)

CREDO

30.- Credo dos nenos Creo en Deus Pai, creo en Xesús,Creo no Espírito de amor (bis).

1. No Creador eu creo que fixo o ceo;no Pai que quere a vida e ama os nenos.

3. Creo que Cristo vive resucitado,e que se fai presente nos máis pequenos.

4.- OFERTORIO 31.- Recibe, Señor

1.- Recibe, Señor, co pan e co viño, o froito da nosa suor.

1.- A inquedanza das xentes do mar, a laboura dos nosos labregos, A angustia de quen non traballa, as dores dos nosos enfermos.

2.- A morriña de quen está lonxe. A tristura dos que teñen menos, a soidade dos nosos maiores, a esperanza de tódolos nenos.

16

2. Creo en Xesús o Fillo, palabra eternaque de María Virxe se fixo neno.

4. Creo no Santo Alento do Pai e o Fillo,fonte de vida e graza para os máis pequenos.

Page 17: Cancioneiro galego

32.- Eiquí están

Eiquí están, Señor, enriba do altar, os bens que ofrecemos co viño e co pan.

1.- A paz dos fogares, as raiolas do sol,o sorriso dos nenos, a ledicia e o amor. (bis)

2.- A dor do que sofre a tristura ao loitar,a inquedanza dos xoves, o traballo cotián. (bis)

33.- Cantádelle ao Señor

Cantádelle ao Señor unha cantiga nova, cantádelle, cantádelle unha cantiga triunfal.

1.-Cántenlle a nube e o mar, a vela e o vento; cántelle o cume e o chan a fonte e eido. Cántelle a chousa e o val a auga e o rego. Cántelle o pobo cristián un cántico ledo.

2.- Cántenlle a barca e o con, a neve e a terra; cántelle a brisa e o sol, o lume e a esca.Cántenlle a uva a flor, o mel e a herba. Canten connosco ao Señor cantares de festa.

3.- Cántenlle a lebre e a luz, o fume e o río;cántelle o leste e o sur, o carro e o trigo.Cántelle o forno e a uz, o prado e o grilo.Todos cantemos en un, un canto festivo.

34.- Gracias, Señor

1-Gracias, Señor, na mañá;gracias polo novo día;gracias tamén polo panque nos das na Eucaristía.Gracias por Nosa Señorapola paz de cada horagracias por Nosa Señora. (bis) 2-Gracias, Señor, polo amorque mantén ó peregrinodon que compartes, Señor;

17

Page 18: Cancioneiro galego

facendo o noso camiño;gloria ó Pai, gloria ó Fillo,gloria ó Espírito Santo,Eternamente. Amén. (bis)  35.- Loade, servos do Señor

Loade, servos, do Señor, loade o nome do Señor.Aleluia, aleluia.

1.- Bendito sexa o nome do Señor, agora e por sempre, dende a saída do sol ó solpor, loado sexa o nome do Señor.

2.- Sobre tódolos pobos é excelso o Señor, sobre o ceo a súa gloria. Quen coma o Señor o noso Deus, que elevado no seu trono mira ó ceo, e a terra.

3.- El ergue do po aos indixentes, levanta da varredura aos pobres, para darlles asento cos príncipes. Os príncipes do seu pobo.

36.- Na nosa terra

1.- Na nosa terra, regalo de Deus,facemos a ofrenda do pan.O pan do noso traballo sen fine o viño do noso alalá.Dentro de nós un moi fondo desexo:amar a xustiza e a paz,

Saber que virás, saber que estaráspartíndolle ós pobres o pan. (bis)

2.- A escravitude da xente labrega envolta en traballo e suor;A súa arela aberta e sincera,chegar a un futuro mellor.Unha Galicia esperta e ergueitanos brazos dos homes de ben.

3.-A forte loita de tanto emigrante,o esforzo dos homes do mar;bagoas dos vellos que morren soíños,e cansos de tanto brear.

18

Page 19: Cancioneiro galego

Na bandexiña da nosa oblaciónAcepta a vida, Señor.

37.- Velaqui, Señor, o viño

Velaquí, Señor, o viñofroito das nosas videiras,e o pan de trigo arrincadoó lentor das nosas leiras.

O mar, as estrelas, os ríos , o sol,os prados, as leiras, para Ti, Señor.

Tamén traemos as penas, as angurias, inquedanzas,as ledicias, a beleza,a nosa fe e esperanza.5.- SANTO

38.- O Señor noso Deus

1.- O Señor noso Deus, todo o mundo bendí.Todo o mundo proclama e cantando lle di:

SANTO, SANTO, SANTO É O SEÑOR, SANTO, SANTO, SANTO É O SEÑOR

2.- Hosanna, hosanna. bendito o que ven, o que vén no nome do Señor.

39.- Santo es Ti, Señor da vida

Santo es Ti, Señor, da vida,Santo es Ti, Deus, do universo,Santo es Ti, Deus, que agarimascoa túa gloria os nosos ceos.Santo es Ti, Deus, da alborada,que abres a noite dos tempos, e fas medrar a esperanza,dos pobres e dos pequenos.

Hosanna e benia ao Fillo,que ven traer a salvación,tamén nas terras do Miño,

19

Page 20: Cancioneiro galego

hosanna ao noso Señor ( bis) 40.- Hosanna Hei

Hosanna hei, Hosanna ha,Hosanna hei, Hosanna hei, Hosanna ha.

1.- Ti es o Santo, es o Fillo de María,es o Deus de Israel, es o Fillo de David.

2.- El é o Cristo, é o unificador,é Hosanna nas alturas, é Hosanna no amor.

41.- Os ceos e a terra

1.- Os ceos e a terra cubertos de gloria,o universo enteiro aclama ó Señor,unamos as voces ós anxos do ceo,cantemos a Deus Redentor.

Hosanna no ceo, Hosanna na terra,hosanna ó noso Señor.

2.- O Santo dos Santos estivo entre nós,naceu de María pra ser Salvador.Hosanna no ceo, hosanna na terra,hosanna ó noso Señor.

42.- Santo

Santo, santo, santo es ti, Señor, Deus do universo.Enches o ceo e maila terra coa túa gloria.¡Hosanna no ceo!Bendito o que vén no nome do Señor.¡Hosanna no ceo!

6.- NOSO PAI

43.- No camiño

No camiño do amor, sementaremos todos nós,Lumieiriñas de esperanza e liberdade.Xesús quero o teu perdón,

20

Page 21: Cancioneiro galego

E sempre buscar compaixón,A irmandade que nos une a ti Señor.Noso Pai, en ti cremos.Noso Pai, te ofrecemos.Noso Pai, estar nas mans de irmáns. ( rezo e ecos de fondo )

Noso Pai...

44.- Pai do ceo

Pai do ceo Ti que estás, nos que aman a verdade,fai que o reino que xa comezou,chegue axiña ao noso corazón,e o amor que o teu Fillo nos deixou,ese amor. Estea xa, connosco.E no pan da unidade, Cristo, danosTi a paz. E esquécete do noso mal,se esquecemos, nós, o dos demais.Non permitas que caiamos na tentación, Oh,Señor,e ten piedade do mundo.

7.- PAZ

45.- Que veña a paz

Que veña a paz a nosa terra (tres)

que veña o ben ( tres)

que veña Deus ( tres )

46.- Fagámola paz

Fagamos a paz irmáns,fagamos a paz, a paz entre nós.

1.- No medio das nosas familias,no centro do noso fogar.

2.- No eido dos nosos traballos,no esforzo dun digno vivir.

47.- Téndeme a túa man

21

Page 22: Cancioneiro galego

Téndeme a túa man, que a miña está aberta,teño lume no fogar.Téndeme a túa man, que a miña está aberta non me fagas esperar.48.- Démonos todos a man

Démonos todos a man.Démonos todos a man,irmáns, irmáns,démonos todos a man.

1.- Unha man para o camiño,unha man para axudar, unha man para quen chora,unha man para perdoar.

2.- Unha man para o cansado,unha man para soster,unha man para quen chega,unha man para querer.

8.- COMUÑÓN

49.- No colo da miña nai

No colo de miña nai escoitei que morreras por min, e aínda é hoxe o día que creo en Ti. ( bis)

1.- Véxote andar polos camiños, cheos de po do teu país, os pecadores a xente pobre e os enfermos buscar por Ti.

2.- Véxote andar onda os amigos, sentarte á mesa, falar de amor; tornar os medos, amar a vida, espallar azos ao teu redor.

3.- Vexo a mañá en que rexordes, á vida nova que agardo eu, marchar a noite, chegar o día, facerse o mundo Reino de Deus.

50.- Gracias, Señor

22

Page 23: Cancioneiro galego

1.-Pola vida que regalan os teus dedos, polo sol que nos esperta cada alba, pola noite que agarima os nosos soños, pola lúa que nos enche de nostalxia. Gracias, Señor, graciñas.(bis)2.- Polos cumes onde raia a luz do día , polos vales froitidores da fartura, polos mares polivantes de inquedanza, pola calma, polo vento e pola chuvia. Gracias, Señor, graciñas.(bis)

3.- Polos nenos en quen brilla o teu sorriso, pola idade na que o amor con forza bate , pola aquela en que a fe se madurece, pola hora na que a vida é señardade. Gracias, Señor, graciñas.( bis)

4.- Pola casa e mais o pan, polo traballo, pola busca dos que labran e non teñen, polo empeño comunal de uns e outros, polo albor do mundo xusto que pretendes.Gracias,Señor, graciñas. (bis)

51.- Acharte presente

Acharte presente na vida,fiarme de Ti sen te ver,levar unha luz acendida,querer e deixarse querer.

1.- Andar canda ti o camiño,vibrar ó sentirte falar,tomar o teu pan e o teu viño,doerme de verte marchar.

2.- Prender no teu lume unha tea, saber acoller a quen vén,doar a quen nada me dea,partir co irmán que non ten.

3.- Abrirche se petas na porta,deixarte sentar no meu lar,saber o que oírte me aporta,quedarme contigo a velar.

52.- Señor Xesús

Señor Xesús, bendito sexas,

23

Page 24: Cancioneiro galego

Señor Xesús, bendito sexas,Señor Xesús, bendito sexas,Señor Xesús, bendito sexas.

1.- Por todas as criaturas, polo sol e pola lúa,polo vento e as estrelas, pola auga e polo lume.

2.- Pola irmá naiciña terra, que de nós terma contenta,pola herba, flor e froitos, polos montes e os mares.

3.- O sentido desta vida é cantar o teu amor, e que toda a nosa vida, sexa sempre unha canción.

53.- Pan do ceo

Pan do ceo, pan da vida no que Cristo está presente.O que come deste pan vivirá eternamente. (bis)

1.- Que se acheguen os famentos de verdade e de xustiza,e atoparán a fartura na mesa da Eucaristía. (bis)

2.- Os que sentides a sede dos sedentos de auga viva,vinde beber xubilosos na fonte da Eucaristía. ( bis)

3.- O banquete do Señor é unha mesa de irmandade,vinde vestidos de festa cantándolle á liberdade.

4.- Achegádevos a Min os anguriados da vida,serei o voso agarimo e enchereivos de ledicia. (bis)

5.-O que coma do meu Pan vivirá eternamente;o que beba do meu sangueha de ser sempre inmorrente. (bis)

6.- Xa non vos chamarei servos,heivos de chamar amigos,gardando as miñas palabras serédelos meus testigos.

7.- Vós sodes o sal da terra,vós sodes a luz do mundo.

24

Page 25: Cancioneiro galego

Permanecede comigopara dar froito dabondo. (bis)

54.- Ti es o pan do ceo

Ti es o pan do ceo, novo maná,que para a nosa vida, o Pai nos dá.

1.- Eu son o verdadeiro Pan que do ceo veu,non coma aquel primeiro que Moisés nos deu.2.- Eu son o Pan da vida que non se acabará,o que ben me reciba, por sempre vivirá.

3.- Eu son o manantío, veña beber en minquen queira ter un río vivo dentro de si.

4.- Eu son a luz do mundo: o que comigo vén,non anda máis no escuro, senón na luz da fe.

5.- Deixade que os meniños se acheguen onda min,pois é dos pequeniños o Reino que ha de vir.

55.- Ide e pregoade

Ide e pregoade a nova de Deus.Ide e pregoade a nova de Deus.Ide e pregoade polo mundo enteiro.Ide e pregoade a nova de Deus.

1.- Escoitei a túa voz no fondo da alma,oín que chamabas, Señor;deixei os airiños, aires da terra,escollín outros mares, meu Deus.

2.- Camiñabas con presa, non tiñas acougo, notei as urxencias do amor;falabas de eidos, terras lonxanasonde a vida non pode esperar.

3.- Eran certas, Señor, as túas palabras;abrín os meus ollos e vin,semente do Reino, xente famentae que loita por crer e vivir.

25

Page 26: Cancioneiro galego

56.- Todos xuntos

Todos xuntos coas mans unidas,guiados pola forza do amor,cruzaremos as montañas e os outeirose faremos que brille un novo sol,ollaremos máis estrelas encendidas,sentiremos que connosco está o Señor. 1.- Se queres camiñar sendo ti mesmo,

non te ates con cadeas para andar:libérate de todo o que escraviza,de todo o que non te deixa pensar.Se ves alguén que sofre no camiño,ten fame ou ten sede ou queda atrás,non pares ata que siga contigo,que todos xuntos temos que chegar.

2.- Agora que es xove e sorrís,reparte xuventude cos demais,sementa ilusión por todas partes,ensina a mirar alén do mar.Loitemos polas augas transparentes,polo aire sano para respirar,por unha terra con froito abundante,por deixar ceibe a pombiña da paz.

57.- Ti es camiño e verdade

Ti es camiño e verdade.Ti es a vida ,Señor,a carón teu encontramos luz, agarimo e calor.

Aquí vimos confiados, aquí chegamos, Señor.Aquí comemos teu corpo, sinal de agarimo e amor.

Ti coidas dos paxariños, das ás flores linda cor,da túa man agardamos canto nós temos, Señor. Aquí...

Ti acaricias os nenos, na praia escolles a Xoán.Deixa, Señor, que a túa beira sempre poidamos estar.

26

Page 27: Cancioneiro galego

Polos camiños da vida quen queira seguro andar,veña beber deste viño, veña comer deste pan.

58.- Eu soñei que algunha vez

Eu soñei que algunha vez, todo o mundo era un fogar,todo o mundo unha familia, unha familia universal.Unha casa que eu soñei, coas portas sen pechar,todo o mundo unha familia, unha familia universal.

1.- Xa se abren fronteiras e caen os muros,e téndense as mans e vívese en paz,e fálase en linguas e rézase unidos,sen medos podemos cantar.

2.- Destrúense as armas, abáixanse os montes,o mar xa non brúa e amaina o trebón. E come o famento e o pobre respira,cantando sen medo a canción.

59.- Xa nos dixo Xesús

Xa nos dixo Xesús, onde está o noso lar, onde está o noso Pai, e os nosos irmáns.Xa nos dixo Xesús, que debemos amar, sen facer distincións aos nosos irmáns.

60.- Non vou só

1.- Unha certeza nos guía ao longo do camiñar,por iso imos a Ti, alegremente a cantar,por iso imos a Ti, alegremente a cantar.

Non vou só, teño un amigo ao meu lado,non vou só, eu sei que Deus está comigo. (bis)

2.- Brilla no ceo unha estrela, pra iluminar o camiño,para que vexa ao Señor, no rostro do meu veciño. para que vexa ao Señor, no rostro do meu veciño.

3.- Cando a xornada for dura,e a forza xa che faltar,

27

Page 28: Cancioneiro galego

levanta os ollos ao ceo, só Deus te pode axudar,levanta os ollos ao ceo, só Deus te pode axudar.

61.- Déixate quererDéixate querer, déixate querer,déixate querer por El. (bis)

1.- Non poñas trabas ao teu amigo, non teñas medo a compartir,as inquedanzas dunha amizade, que ten de froito feliz vivir. (bis)2.- Vente connosco e fagamos vida, preto do amigo, no seu fogar,alí quentiños acadaremos moi grandes pulos pra camiñar.(bis)

3.- Se ti es xove, se tes esperanza, non perdas tempo en responder,acolle a voz dun bo Amigo, que nunca falla, que ben te quer.(bis)

62.- Oh, Señor, escólleme

Oh, Señor, escólleme para facer de minun pregoeiro cotián, dos froitos da túa paz.

1.- Alí onde haxa odio, poña eu o amor,alí onde haxa ofensa, poña o teu perdón.

2.- Onde hai liortas poña, eu axuntamentoAlí onde haxa dúbida, poña a luz da túa fe.

3.- Alí onde haxa erro, poña eu a verdade.Onde hai desespero, poña eu esperanza.

4.- Onde haxa tristura, poña eu a ledicia.Alí onde haxa tebras, poña a túa luz.

63.- Quédate, Señor, connosco

Quedate, Señor, connosco. Non nos deixes da túa man.Precisamos dos teus folgos, neste noso camiñar.

1.- Somos famentos do pan da túa mesaAi!, dános sempre, Señor, deste pan!

28

Page 29: Cancioneiro galego

2.- Ti que alixeiras os xugos pesados,os nosos xugos ven alixeirar.

3.- Quen teña sede, dixeches un día,beba dabondo do meu manancial.

4.- As túas verbas son de vida eterna,fálanos Ti verbas de eternidade.

5.- Como noutrora cos dous de Emaús,dignate hoxe connosco quedar.

64.- Eu sei de quen me fiei (Comuñón / oración)

1. “Eu sei de quen me fiei”Ti serás o meu camiñoo Pastor dos verdes pradoscompañeiro e peregrino.“Eu sei de quen me fiei”,pois Ti mesmo vas comigo.Camiñarei na Verdadee serás o meu destino.

2. “Eu sei de quen me fiei”:ó buscar sentido á vida,escoitei a túa Palabrae procurarei seguila.“Eu sei de quen me fiei” ó chamarme noite e día.Fun tras de Ti de contadoe prendado quedaría.

3. “Eu sei de quen me fiei”cando che respondín si.Enchíchesme de lediciafixéchesme home feliz.“Eu sei de quen me fiei”e renacín na esperanza

29

Sinto a túa voz amiga alá no fondo da almae quero seguila sempre a onde queira que vaia.

Es Ti, Xesús, meu amigo es Ti a voz garimosa, es Ti quen pode saciarme esta sede tan ansiosa.

Quero ser un mensaxeirogozoso e con ilusión:hei de anunciar ós irmánsque Xesús é salvación.

Page 30: Cancioneiro galego

para anunciar sen desmaioa Vida que todo alcanza.

65.- Onde hai caridade (Comuñón)

Onde hai caridade, onde hai amor, Deus alí está (bis).

1. Congregounos na unidade o amor de Cristo,exultemos e gocemos todos nós por iso.

2. Respectemos e amemos o Deus sempre vivoe entre nós brille un amor recíproco e cumprido.

3. Pois que adoito nos reunimos en comunidade,evitemos que as distintas mentes nos separen.

4. Arredemos as a liortas, cesen as querelaspra que Cristo Deus estea sempre á nosa beira

66.- Cristo é quen convida (Comuñón)

Vinde á Eucaristía para comungar.Cristo é quen convida por nós feito Pan (bis).

1. Pan que vén do Ceo para nos manter;pan que é Pan de Vida para non morrer.

2. Pan que nos converte en sinal de unión;pan que, o repartilo, multiplica o amor.

3. Pan que Cristo parte cos dous de Emaús; pan que nos descobre o mesmo Xesús.

9.- CANTOS Á VIRXE

30

4. Pan que non devece canto máis se dá;pan que Xesucristo ofrece no altar.

5. Pan que a quen o come o converte en pan;para que se entregue sen medo ós irmáns.

6. Pan que de María a carne tomou;pan que no Calvario por nós se inmolou.

Page 31: Cancioneiro galego

67.- Virxe María

Virxe María, naiciña do ceo,Corazón firme, acollendo a Xesús.Voz garimosa, sinxela e humilde,Nai dos que sofren e están xunto a cruz.

1.- Ti sempre escoitas a voz do máis débil, ti sempre axudas a quen ten a dor,nai garimosa acóllenos sempre,nunca te esquezas de estar xunto a nós.

2.- Ti que nos brazos tiveches a Cristo,fuches escrava do noso Deus. Virxe María, naiciña dos homes,Gárdanos sempre coma fillos teus.

3.- Ti sempre axudas ós necesitados,ti sempre falas con doce voz,nai dos máis pobres, protéxenos sempre,para que cheguemos á Resurrección

68.- Camiñar, sen Xesús

Camiñar, sen Xesús, sen amor. Camiñar sen ti, María.Camiñar sen Pastor que nos garda e guía, Non é camiñar, non é camiñar, non é camiñar.

1.- Camiñar sen saber onde está,o que buscas noite e día,camiñar sen Camiño, Verdade e Vida,Non é camiñar, non é camiñar, non é camiñar.

2.- Busca o mar, busca o ceo estelar,coas estrelas lumieiras,busca máis e se atopas ao camiñar, O amor de verdade,iso é camiñar,iso é camiñar.

69.- Coa nosa Naiciña do ceo

Coa nosa naiciña do ceo,Cantémoslle a Deus nesta terra:

31

Page 32: Cancioneiro galego

Nos Milagres, Ollos Grandes e os Remedios, no Lodairo, na Barca e na Franqueira.

1.-A miña alma glorifica ó Señor,brinca de ledicia ante o Deus da salvación, pois El puxo os seus ollos garimosos, na humildanza desta filla benquerida. Coa...2.-E desde agora chamaranme venturosa,tódalas nacións hanme dar o parabén,porque fixo en min marabillas,o que ten de todos nós misericordia.Coa...El derrubou do seu trono ós soberbios,ergueu do chan ós humildes ós pobres,El encheu de fartura ós famentos,pero ós ricos mandounos baleiros.Coa...El deulle a man ó seu pobo Israel,pois El ten entrañas de misericordia,o lembrarse da promesa que fixera,a favor de Abraham e dos seus fillos.Coa...

70.- Boas noites

1-Boas noites che dicimos, María    no fondal do corazón. (bis)    Acolle o noso saúdo,     pois cho dedicamos con amor. (bis) 2-No teu colo, nosa nai garimosa,   hai alivio para a dor: (bis)   as túas olladas maternas   mantéñanos fieis ó Señor. (bis) 3- Á noitiña, cando amaina o trafego,    rematando xa o labor, (bis)    conforta lembrarnos de novo    que ti nós trouxeches ó Señor. (bis)

32

Page 33: Cancioneiro galego

 71.- Xa nos tés aquí

Xa nos tés aquí, nosa naiciña do ceo,Teu agarimo nos encha da ledicia de vivir.

Nós vimos, nós vimos moi ledos, moi ledos para estar contigo.Nós vimos, nós vimos moi ledos,Moi ledos pra te querer máis.

Queremos, queremos un mundo,Un mundo que sexa máis xusto.Queremos, queremos un mundo,Un mundo, moito máis humán.

72.- Esa é María

1.- Que bonito despois do traballorecollerse ó calor do fogar,e sentir esa fala tan docedunha nai que te sabe esperar.que bonito nas noites de insomnio, cando o medo te vén desvelar,escoitar unha nana suave,dunha nai que te ven arroupar.

Esa é María, é nosa nai,Doce naiciña comigo vai.Esa é María, é nosa nai,Doce naiciña comigo vai.

2.- Que bonito sentir na door,esa man que sabe acariciar, esa man que consola e alivia,esa man que te pode curar.que bonito atopar no perigo,un braciño ó que se agarrar,que bonito ter unha naiciñaá que os fillos poidamos chamar.

73.- Salve, Raíña

Salve, raiña, nai garimosa, vida, dozura,Esperanza nosa.

33

Page 34: Cancioneiro galego

1.- A ti chamamos os desterrados fillos de Eva. A ti suspiramos, xemendo e chorando en lonxana terra.

2.- Avogada nosa, míranos con ollos De misericordia, e despois deste desterro, lévanos a Xesús, froito do teu seo. Oh clemente, oh pía, oh doce nai María.

74.- Noraboa, María

Noraboa, María, Nai e Señora dos ceos e da terra. En boa hora!

¡Noraboa, Ti es raíz e porta por onde a terra se viu en luz envolta!

Brindamos contigo, Virxe gloriosasobre tódalas criaturas a máis fermosa.

34

Page 35: Cancioneiro galego

De Ti nos despedimos, Nai a máis boacon nosoutros a Cristo suplica e ora.¡Noraboa, María; noraboa, María, Nai e Señora

75.- Para ti este canto, María

Para ti este canto, María,para ti nai de tódolos homesas túas bágoas abren camiño,a túa man, un horizonte,o teu si engrandece unha vida,tamén hoxe dicimos, coma ti, si María.

Ti, María, es a nai, acompaña ao camiñar,dáme a túa man, dáme a túa man.

Renovar o misterio da vida,ensalzar o teu nome, María;cantar himnos, cantar aleluiaspara ti, nosa naiciña.Pregoámo-la túa bondade,a gloria infinita desa nai que é María.

76.- Saúde, clara estrela

Saúde, clara estrela, precursora do díaque inaugurou a era da nova creación.Saúde, a ti cantamos vibrantes melodías,a ti que fuches canle da nosa Redención.

1.- Feliz te proclamamos con cantos de alegría,feliz han de chamarte futuras xeracións:feliz por teres crido na mensaxe divina,feliz por escoitares as verbas do Señor.

2.- Es ti, muller bendita, Santísima María,verteu o alto ceo os seus mellores dons.En ti confía sempre a Igrexa peregrina,en ti consolo encontra na dor e na aflición.

3.- Ao Pai eterno gloria; ao Fillo honor reciba; o Espírito Divino igual gloria e honor,e Deus, Trindade Santa, no derradeiro día

35

Page 36: Cancioneiro galego

a todos nos conceda eterna salvación.10.-DIFUNTOS

77.- Adeus, irmán

1.-Adeus, irmán (á), que se abran os ceos.adeus, irmán (á), que sexas feliz,na despedida queremos cantarche:que grande é Deus, que chama por ti!

2.-Dende esta terra que ti xa deixachesos nosos ollos bagoan por ti,mais a esperanza de vernos un díaenxuga as bágoas do nosos sufrir.

3.-Que Deus te acolla no Reino glorioso,onde esperamos por sempre reinar,que un día chegue pra xuntos no ceo,resucitados con Cristo gozar.

4.-Adeus, irmán (á) que teñas acougo,nos brazos quentes de Deus nosos Pai,ficamos tristes mais xa confiadosque teñas parte no reino da paz.

78.-Cando a morte

1.- Cando a morte, Señor, nos rodea,entre bágoas e mostras de dor,

O que importa, Señor, é a vida,con cantares de resurrección.O que importa, Señor, é a vida,con cantares de resurrección

2.- Non importa,Señor, que a mortenos sacuda con forza e paixón.

3.- Anque o loito semente tristura,anque a morte nos traia o seu son.

4.- Anque as bágoas discorran lixeirasenchoupando a nosa oración.

36

Page 37: Cancioneiro galego

79.- Preto de ti

Preto de ti vivir, quero, Señor,anque deba sufrir na cruz da dor.Ledo no meu sufrir hei de cantar así:máis preto quero estar, meu Deus de Ti.

1.-Se camiñando vou, sen atopar,o mundo ao percorrer, doce fogar,verei o ceo brillar e soñarei que así:axiña chegarei, meu Deus, a Ti.

2.-Con pedras do penar hai de labrarpara o meu amado Pai un sagro altar,e as miñas aflicións xugo serán así:máis preto hanme levar, meu Deus de Ti.

3.-Escóitanos, Señor, abre as túas mans,acóllenos, Señor, na túa paz.Co teu grande valor, móstranos, Señor,que Ti estás aquí, preto de nós.

4.-E cando ao pazo teu,me mandes ir,deixando todo atrás, hei de subir.Voando cara o ceo, irei cantando así: agora vou gozar, preto de Ti.

80.- Acolle, Señor, esta vida

Acolle, Señor, esta vidanos teus brazos abertos de Pai,non a deixes perder no camiño,dálle acougo e ledicia na paz. (bis)

1.- Ti rexordes, Señor, cada díano que loita e se gasta por ti.Ti es vida para aquel que na morte,vénlle a hora de ter que partir.

2.-Ti es luz que alumea o camiño,

37

Page 38: Cancioneiro galego

de quen conta co teu ben querer.Ti es forza para aquel que confía,encontrarse contigo e vencer.

81.- Na tardiña baixa da vida

Na tardiña baixa da vidahan examinarme de amor, na tardiña baixa da vida,han examinarme de amor.

Se lle dei comida ao famento se ao sedento dei de beber;se fun ver o preso á cadeae se ao camiñante hospedei.

Se fun quen de dar un consello,se a quen vin chorar consolei,se nos máis cativos e pobresco Señor Xesús atopei.

Podo do divino e do humanoen estrañas linguas falar;se non teño amor, son talmentecoma o badalar da campá.

Podo coñecer os misterios,podo ser profeta ou doutor,podo pola fe mover montes;se non teño amor, nada son.

Podo consumir en esmolaso meu capital e os meus bens,pódome deixar queimar vivo:se non teño amor, que máis ten?

82.- Dálle o descanso

Dálle o descanso ao noso irmán ,(á)dálle o descanso no teu reino;dálle o descanso ao noso irmán, (á)dálle o descanso.

1.- Garda contigo a súa alma

38

Page 39: Cancioneiro galego

en espera da resurrección,el que sempre seguiu os teus camiños,teña un sitio no teu corazón.

39

Page 40: Cancioneiro galego

2.- E no medio dos teus anxospor sempre cos xustos estará,e aló nas alturas cantará vitoria,preto de ti resucitará.

83.- Velaquí, Señor, unha vida

Velaquí, Señor, unha vida,unha vida que xa esmoreceu,velaquí, Señor, as súas obras, a colleita final amenceu.

Na túas mans acolle esta ofrenda,na bandexa do viño e do pan,as pregarias da nosa irmandade,pola alma da nosa irmá (an).

84.- Lévame cara o ceo

1. Que o Señor para sempre che abra as portas do paraíso,que te acolla no seu Reino onde tes o teu destino,gozarás eternamente da nova terra da vida.

Señor escoita a pregaria por este irmán que chamaches;

que a luz eterna para el brille, e que contigo descanse.

2. Cando a morte nos sorprenda dánola túa man amiga,e teremos a certeza de que a morte leva á vida.Onda Ti pedirche vimos coa nosa alma ferida.

3. Cando chegue a miña hora, dáme manter o sentido,estar certo na esperanza de que vivirei contigo;dos pecados e das culpas quero estar arrepentido.

85.- Acólleo no teu colo

Acólleo, Pai no teu colo e dálle a paz cunha apreta,

40

Page 41: Cancioneiro galego

faino sentar co teu Año na mesa leda da festa.

1. Con Cristo morto o noso irmán morreu.Resucitado, por sempre viva nel.2. Sufriu con Cristo e aldraxes padeceu.Consolo e palmas reciba coma El.

3. Amou con Cristo, ós pobres acolleu.A túa gloria comparta, Pai, con El.

11.- Advento

86.- Ven axiña visitarnos

Ven axiña visitarnos,agardamos por ti, Señor.Ven enchernos coa lediciada túa liberación. (bis).

1.- O pobo séntese escravovivindo nesta opresiónos pobres claman xustiza¡Ven a salvarnos Señor!

2.- Polos vieiros da vidaacompáñanos, Señor,pra sementar a esperanzaen quen busca salvación.

3.- Ó preparar os camiñospolos que chegas a nós,temos que sentirnos ledosporque estas preto de nós.

4.- Co Bautista e con Maríaagardamos a chegadadaquel que ven a salvarnosE que é Deus feito Palabra.

87.- Que miras na noite

Que miras na noite dinos centinela (bis)

41

Xesú

Page 42: Cancioneiro galego

1.- Morto xa o levaban a unha tumba nova,nunca tan adentro tivo o sol a terra,daba o monte gritos, pedra contra pedra.Que miras...

42

Page 43: Cancioneiro galego

2.- Gloria no sepulcro, move Deus a pedra,érguese o mundo como un galo en vela.Non durmas á alba. Cristo está xa cerca.Que miras...3.- Vin os ceos novos e a terra nova. Cristo entre os mortos e a morte morta,Deus nas criaturas e eran todas boas.

Que miras na noite dinos centinela (bis)

88.- Veña o teu Reino

1. Nada hai que eu queira máis cá chegada do teu Reino,sei que ben acougarei coa xustiza que nel vexo.Todo o demais hei de ter o suficiente que desexocomo o paxariño ten a cotío o alimento.

Veña o teu Reino, Señor,veña o teu Reino. (bis)que na terra hai boa fallade que muden moitas cousas e melloren. (bis)

2. O mundo arela tamén a chegada do teu Reino,sen que poida repousar ata que o sinta no seo.Dores de parto que ten, berros que profire arreo habémolos aturar mentres non veña o teu Reino.

89.- Xesús chamado Amigo

1.- Xesús chamado Amigo, esvara de corazón,o sentimento doente que deixa nos homesa falla de amor.

Ti non quere-la señardadeque na terra fai a inxustiza,arrinca as nosas saudades,énchenos da túa ledicia. (bis)

2.- Xesús, chamado o Mestre, apréndenos a vivirao xeito dos que seguironpolo carreiriño do teu existir.

43

Page 44: Cancioneiro galego

3.- Xesús, chamado Amigo, mantén o noso timónde xeito que a nosa vida sexa neste mundomensaxe de amor.

90.- Volve, Señor

Meu Deus de quen vén a paz: que reine a paz entre nós no teu pobo de Israel,líbranos da opresión!Volve, Señor, tráenos a paz,imos camiñando de cara á liberdade.Volve, Señor, tráenos a paz,imos camiñando de cara á liberdade.

1.- Maranathá: volve, Señor.O pobo está en loita pola liberación.

2.- Maranathá: volve, Señor.Non cesan as guerras e medra o desamor.

3.- Maranathá: volve, Señor.Imos camiñando de cara á liberdade.

Nadal3. PANXOLIÑAS

91.- Durme meniño

1.- Durme, meniño, que o vento te arrola,zoando nas fendas da cova.Durme, meniño, que Nosa Señoraabana o teu berce con rurrú de pomba.

Soaron as gaitas, soaron as cordas,con luces e cores e reviravoltas.Soaron as gaitas, soaron as cordas,con festa na terra que os homes renova.

2.- Durme, meniño, San Xosé te adora,no ceo repican a gloria.O neno chora, o neno non durme,

44

Page 45: Cancioneiro galego

a terra e o ceo fan a festa nosa.92.- Gloria ao Señor nas alturas

Gloria ao Señor nas alturas,cantemos todos irmáns,gloria ao Señor nas alturas,a na terra aos homes paz.

1.- Hoxe naceunos un neno,fillo do Noso Señore. Hoxe naceu o Mesías,o noso Deus Salvadore.

2.- Hoxe naceu Xesucristo, hoxe o Salvador naceu.Cantan os anxos cos homesloando alegres a Deus.

3.- A muller que tivo a Deus,Nai e Virxe a un tempo foi;nunca tal cousa se viranin nunca se viu despois.

93.- Vinde nenos e rapaces

1.- Vinde nenos e rapaces,vinde meniños tamén;xuntémonos cos pastorese vaiamos a Belén.Para ver ese meniño,para ese meniño ver,para ver ese meniño,acabado de nacer.

Cantemos todos e con lecera ese Deus neno, nado en Belén,Cantemos todos e con lecer, a ese Deus neno, nado en Belén.Gloria, gloria na terra e no ceo.Gloria, gloria grande no ceo.

45

Page 46: Cancioneiro galego

2.- Vinde grandes e pequenos,vinde do norte e do sur,pra ver ese meniñoque veu ser a nosa luz.Vinde tódolos galegoscantarlle ao neno Xesús,veredes que ben pareceo que ha de morrer na cruz.

94.- Vinde ve-lo neno

Vinde ve-lo neno que está espidiñoe acurrucadiño ao pé dos seus pais,e máncano as pallas en que está deitadoe o noso pecado aínda o manca máis.

O neniño pequeniño entre unhas pallas se ve,como o neno é tan pequeno aínda non se ten de pé.Ai que neno! ai que meniño! ai que ganiñas me dan!de comerlle a cara a bicos de gordo e branco que está!

95.- Con un sombreiro de palla

1.- Con un sombreiro de palla, un galego a Belén foi,mentres adoraba ao neno, comeulle o sombreiro o boi.

Deixade os pastores, deixádeos pasar,que van cantar os reis, a Xesús no portal. (bis)

2.- San Xosé e máis Maríavan camiñando a Belén,van cantando panxoliñas,cantémoslle nós tamén.

3.- Nunhas pallas deitadiñoe en coiriños alí está,sendo dono deste mundo,e Señor de canto hai.

4.- Que contento vou estarcando chegue a ver o neno!dareille o meu corazón,

46

Page 47: Cancioneiro galego

o mellor de canto teño.96.- Cantade ben baixo

Cantade ben baixo, petade pouquiño,para que non esperte o noso meniño.

1.- Os anxeliños do ceo, cantan cantiguiñas meigas.(bis)E os pastoriños do campo, cantan coplas feiticeiras.(bis)

2.- En Belén en pobres pallas, naceu por fin o Deus neno.(bis)Por iso hai festa na terra, por iso hai festa no ceo.(bis)

97.- Noite de paz

1.- Noite de paz, noite de amor, de esplendor sen igual,doce, plácida noite inmortal,que nos enche de felicidade,porque naceu Xesús, nesta noite de paz.

2.- Noite de paz, noite de amor, todo dorme en redor,pastoriños que vides cantar,ao meniño ides espertar,durme o neno pequeno, durme o neno Xesús.

3.- Noite de paz, noite de luz, moito sono ten Xesús,unha nana se escoita cantar,entre arrolos durmidiño xa,durme o neno Xesús, durme o neno Xesús.

98.- Vinde galeguiños, vinde

Vinde galeguiños, vinde, vinde con pandeiro e gaita,que un meniño moi riquiño,naceu hoxe na montaña.

1.- Naceu un neno moi feito,naceu un neno moi guapo,e súa nai sequera tiñanin un pobre farrapo.

2.- O meniño está na neve,

47

Page 48: Cancioneiro galego

a neve faino tremer;meniño da miña alma,quen che puidera valer!

3.- O meniño está na neve,ímolo desenterrar,levémoslle os corazóns,para o meniño calar.

99.- Alegría meus amigos

1.- Alegría meus amigos, máis alegría e pracer,contan que naceu un neno, garrido e de gran xacer.

Meu meniño, miña rosa, miña prendiña, meu ben,Ti serás noso consolo, Ti serás rei de Israel.

2.- Acendemos catro pallas e corremos pra Belén,que contan moitos milagres e cousas dignas de ver.

100.- Por entre as silveiras

Por entre as silveiras cantan alegres os paxariños,anunciando a todos con gran esplendor,que naceu o neno máis excelente, máis bonitiño,que vén a ser fillo do nosos Señor.

A Belén vinde pastores, alí naceu un meniño,que está meu ben tiritando, ai tiriando de frío.E o pobriño tremendo está, e ninguén corre pra o ir quentar, só un boiciño co seu soprar,quentaba ao neno sen descansar.

101.- Cantade ben baixo

1.- Cantade que nace Xesús, no medio do mundo. (bis)

cantade que ven alegrar o noso Nadal.(bis)

Cantade que trae esperanza, cantade que é un día feliz.

48

Page 49: Cancioneiro galego

Cantade na festa grande, El nace aquí. (bis)

Cantade todos, o mundo trocou,cantade todos, cantade ben forte.Hai luz na terra, pois Xesús chegoucoa súa ledicia, con paz con amor. (bis)

2.- O pobre, o que non ten nada, o desamparado.(bis)

O débil, o que é perseguido por causa do mal.(bis)

O que vive na escuridade, o que non coñece a paz,Xesús ven pra todos eles no Nadal. (bis)

102.- Canta, cantade pastores

Canta, cantade pastoresporque naceu noso Rei,canta, cantade pastoresporque naceu noso Deus.

1.- A nai, pequena moza, non tiña nada,non tiña mais ca súa fe.E un corazón para servir aos que non teñen a ninguén.

2.- Gloria a Deus no ceo e paz na terraaos homes de boa fe.Todos cantemos con alegría ao que naceu en Belén.

12.- Coresma

103.- Seguirei os teus pasos

Seguirei os teus pasos, buscarei a luz, e andarei o camiño que me leva a túa cruz.Seguirei os teus pasos, secarei a suor, do teu corpo ferido, e o seu sangue meu Señor.

1.- E andarei facendo ben a todosSen mirarlle a raza nin a cor, Guíame, guíame, Señor. Quero ver o mundo e canto sofreE aliviarlle as penas e a dor,Guíame, guíame, Señor.

49

Page 50: Cancioneiro galego

2.- E andarei cos meus irmáns decoteO camiño que os leve ó teu amor,Guíame, guíame, Señor.Quero ser quen os guíe e acompañeÁ quentura do teu grande corazón, guíame, guíame, Señor.

104.- Na noite escura

Cando me colle a noite no camiño,cando me colle a noite e non te vexo.Chamo por Ti, meu Deus,chamo por Ti, meu Deus,chamo por Ti, meu Deus,e non respondes. (bis)

1.- Seica deixaches de valernos,orfos, e sós na noite escura?seica deixaches de querernosfillos perdidos sen axuda? porque eu...

2.- Sei que de novo has de valernoscoa túa luz na noite escura.Sei que de novo has de querernose imos sentir a túa axuda. Pero eu...

13.- Pascua

105.- Santa Pascua inmolada

Santa Pascua inmolada, aleluia, é Cristo o Señor. Aleluia, aleluia.

1. Festa da Pascua que triúnfas pola luz,esperta ti que dormes, o Señor hate alumar.

2. Festa da Pascua, ledicia universal. O mundo renovado canta himnos ó Señor.

3. Festa da Pascua, que triúnfas pola Cruz.A morte derrotada ten perdido o aguillón.

4. Festa da Pascua, oh noite bautismal.Pasando polas augas, renacemos ó Señor.

50

Page 51: Cancioneiro galego

106.- Aleluia

Aleluia, aleluia, o Señor resucitouAleluia, aleluia, Cristo vive e camiña con nós. Aleluia, aleluia.1. Pola luz da mañá, polo amor dos irmáns e pola paz,por tódolos que van xuntos de cara a Ti, quero cantar Aleluia.

2. Pola verdade que nos amosaches Ti, polo perdón, polo pan que nos dás e que nos xunta a Ti, quero cantar Aleluia.

3. Polos nenos que rin ao bicalos súa nai, por tanto amor,polos homes que están o mundo a construír, quero cantar Aleluia.

107.- AleluiaAleluia, aleluia, aleluia (bis).

A Palabra por amor fíxose carnee connosco veu morar sen importarlle.

108.- Vinde todos ao altar (Entrada / Comuñón))

1. Vinde todos ó altar, vinde á mesa do Señor recibir o Pan do ceo e a súa bendición (bis).

O Señor, recibamos ao Señor, Pan de vida verdadeiro e viño bo que dá vigor (bis).

2. Vinde todos ó altar, vinde á festa do Señor gorentar os dons do alto, e a súa salvación.

109.- Deus nos convoca (Entrada)

Deus nos convoca á Eucaristía, memorial da pascua e festa da vida.Somos o pobo da nova alianza, somos asemblea santa.

1. Cristo vén connosco para conversar;

51

Page 52: Cancioneiro galego

as súas palabras son verbas de amor que nos van quentando o noso corazón. El, sentado á mesa pártenos o pan:é o alimento que nos fai crecer no amor, na esperanza e tamén na fe.

2. En comunidade vimos onda ti, en fraternidade temos que vivir se o teu Corpo e Sangue imos recibir. Fainos xenerosos para compartir cos irmáns máis pobres os bens que nos dás e espallar no mundo o ben que Ti fas.

110.- A Cristo cantamos

A Cristo cantamos na luz que alumea,a Cristo cantamos co lume da fe.

1.-A esperanza é unha fonteque está ao final do camiñosede é a forza que nos move,Deus nos manteña sedentos!Deus nos manteña sedentos!romeiros, a camiñará procura dunha terraque deite o viño da paz.

2.- Imos rematar as tebrasque a noite abondo durou,e se o sol non quer saíralumeamos todos nós,alumeamos todos nós,co facho dunha esperanzalimpa, quente, fonda e rexacomo a cantiga das augas.

111.- Bendito ti, Xesús resucitado

Bendito ti, Xesús resucitado,coas feridas da lanza e máis dos cravos.

52

Page 53: Cancioneiro galego

Bendito, para sempre ti es loado.Bendito ti, Xesús, resucitado-

1.- Bendito no aire fresco da mañá,e no cantar do paxaro ao espertar.Bendito na auga fresca e rebuldeiraque dá vida aos prados e ás leiras.

2.- Bendito sexas sempre na terra que agradeceo duro traballar coa súa anada,bendito na esperanza que se esforzapor chegar a outra terra mellorada.

14.-VARIOS

112.- Ergo os meus ollos

Ergo os meus ollos cara os montes; de onde me vai vir axuda?Vaime vir do Señor Deus que fixo o ceo e mais a terra (bis).

1. Non deixará que escorreguen os teus pés,o que te coida non se adurmiñará.Non teñas medo, non vai topenearo que de sempre foi garda de Israel.

2. El hache dar coma a sombra protección,coma un amigo irá contigo ó par;de noite a lúa non che ha de facer mal nin polo día te vai queimar o sol.

3. El tornará do teu lado todo mala túa vida terá de che soster;saias ou entres, alí estará El, hoxe e por sempre o Señor te coidará.

113.- As túas palabras, Señor (Salmo 18)

As túas palabras, Señor, son espírito e vida (bis).

1. A lei do Señor é perfecta: reconforta a alma;a declaración do Señor é firme: fai sabio ó inxenuo.

53

Page 54: Cancioneiro galego

2. Os mandatos do Señor son rectos: aledan o corazón;o precepto do Señor é limpo: ilumina os ollos.

3. A vontade do Señor é pura: permanece sempre;as decisións do Señor son verdadeiras, enteiramente xustas.

4. Dígnate aceptar a palabra da miña boca e o sentir do meu corazón: Señor, ti es a miña rocha, o meu redentor.

114.- Señor, noso Señor (Salmo 8)

Señor, noso Señor, ¡que grande é o teu nome en toda a terra!1. Señor, noso Señor, que grande é o teu nome en toda a terra!A túa maxestade érguese por enriba do ceo.

2. Cando contemplo o ceo, feitura da túa man, a lúa e as estrelas que nel dispuxeches,que é o home pra que te lembres del, o fillo do home pra que o veñas visitar?

3. Fixéchelo pouco menos ca un anxo, coroáchelo de honor e de dignidade;décheslle mando sobre as obras das túas mans, todo o sometiches baixo os seus pés.

115.- Misioneiro

1.- Dise entre a xente que este mundo é moi raro e o que hai que facer é pasar... pero non lles fagas caso, pois non levan razón no falar. Ese don que ignoran en ti o han de encontrar. Se cho descobren, misioneiro serás.

Misioneiro serás, misioneiro serás, misioneiro dos teus irmáns, misioneiro que búscala ledicia en axudar (bis)

54

Page 55: Cancioneiro galego

116.- Grazas, Señor, pola túa bondade

1.- Grazas, Señor, por toda a túa bondade.Grazas, Señor, por toda a túa fe.Grazas, Señor, por darme a vida.Grazas, Señor, ledo ti es.Grazas, grazas, Señor, por tódolosConsellos. Grazas, Señor de todo corazón,Dicirche quero:dicirche quero:grazas, Señor.

2.- Grazas, Señor, por toda a túa ledicia,Grazas, Señor, por toda a túa ilusión,Grazas, Señor, por darme a graza,Grazas, Señor, que feliz son. Grazas, Señor, por tódolos consellos,Grazas, Señor, de todo corazón.Dicirche eu quero: grazas, Señor.

117.- Grazas, Señor na mañá

1.- Grazas, Señor, na mañá:grazas polo novo día:grazas, Señor polo pan,que nos das na Eucaristía.Grazas por nosa Señora,pola paz de cada hora.Grazas por nosa Señora. Eternamente. Amén.

2.- Grazas, Señor, polo amorque mantén ao peleriño,don que compartes, Señor,facendo o noso camiño;gloria ao Pai, gloria ao Fillo,gloria ao Espírito Santo,eternamente.Amén.

118.- Salve, Santo Sacramento

1.- Salve, Santo Sacramento,

55

Page 56: Cancioneiro galego

medicina e alimento,corpo e sangue non finxidosque a Palabra en si tomou,de María recibidos,e na cruz nos entregou..

2.- En ti temos a alianzasen igual nin semellanzaque nos une en amizadeestreitísima con Deuse sustenta a irmandadedos que fixo fillos seus.

3.- Es a vida para o homeque na paz de Deus te come;es promesa de futurogrande banquete, e fiel peñor;es sinal certo e seguroda presenza do Señor. 4.- Es misterio saudable,

portentoso e admirable:don de si que, en pan e viño,Xesucristo ós crentes faipara andármo-lo camiñocara ó Reino de Deus Pai.

5.- Gloria, bendición e loaao Pai que este don nos doa;ao seu Fillo benqueridobendición, gloria e honor,e parello honor cumpridoao Espírito de amor.

119.- Benaventurados

Benaventurados, benaventurados,benaventurados os que saben amar.

1.-Felices os que son sinxelos,felices os que son sufridos,felices os que cando choranviran para Deus o corazón.

56

Page 57: Cancioneiro galego

2.- Felices os que compadecen,felices os de limpos ollos,felices os que ven a vida con ilusión.

3.- Felices son tamén os pobres,felices os que son valentes,felices os que nunca perdena liberdade e o valor.

4.- Felices son os ben pensados,felices son os que comprenden,felices os que buscan sempre un mundo mellor.

120.- O amor é o meirande

Acharte presente na vida,fiarme de Ti sen te ver,levar unha luz acendida,querer e deixarse querer.

1.- Andar canda ti o camiño,vibrar ó sentirte falar,tomar o teu pan e o teu viño,doerme de verte marchar.

2.- Prender no teu lume unha tea, saber acoller a quen vén,doar a quen nada me dea,partir co irmán que non ten.

3.- Abrirche se petas na porta,deixarte sentar no meu lar,saber o que oírte me aporta,quedarme contigo a velar121.- Onda Ti, Noso Pai

Onda Ti, noso Pai, á tardiña,onda Ti que nos levas da man,axuntámonos para agradecerchea ledicia do día que cae.

57

Page 58: Cancioneiro galego

1.- Como van co pastor as ovellas, á tardiña durmir ao redil; cando a noite cae sobor do mundo, nas túas mans nós deixámonos ir.

2.- Como axunta a galiña aos pitiños, cando a tarde se vai indo ao sol, ao calor das túas ás, moi quentiños, na túa paz nos acollas, Señor.

3.- As estrelas e a lúa bendicen, o teu nome en silencio e en paz, e as tebras da noite pregoan, moi quediño, o fogar de mañá.

4.- Onda Ti achegámonos cansos, do traballo do día, Señor,o traballo que vai construíndo, nesta terra a cidade do amor.

5.- O universo adormece rendido, nos teus brazos que o gardan do mal, na túa paz nós durmimos tranquilos: boas noites, Pai, ata mañá.

Xoves Santo.-

Nesta tarde de gloria e de festa, recordamos ao amigo Xesús, na súa cea cos seus compañeiros, pouco antes de morrer por nós.

Cos seus feitos, coas súas palabras, ensinounos a todos Xesús,que servindo a amando aos veciños, faise aquí a vontade de Deus.

Día de Pascua.-

Baixo a luz deste día glorioso, onda Ti vimos xuntos, Señor,a pedir polos pobres que sofren, polos orfos de pan e de amor.

Que a túa man farturenta derrame, sobre as brasas da fera dolor,auga santa que apague as fogueiras,da inxustiza na terra, Señor.

122.- Ten piedade

Ten piedade, Señor,ten piedade de nós,ten piedade de nós. (bis)

58

Page 59: Cancioneiro galego

Ten piedade de nóspola túa bondade borra as nosas culpase dáno-lo teu perdón.

Cristo ten compaixóndos que en ti confiamos,sanda o noso pecadoe dáno-la salvación.

123.- A beira da nosa esperanza

Á beira da nosa esperanza,Sentímola man de Xesús,palabras de vida e bondade que abren camiños de luz.

1.- Se as tebras da vida te deixan a escuras, sen luz e calor,Non te quedes tristeiro e covarde,Solitario nun mundo sen sol.

3.-Se ves moi cegado o horizontePolas néboas escuras do mal,Non te encollas e perdas a esperanza,Pois a luz chegará sen tardar.

4.-Se o mal deste vida te empuxa, a perder a esperanza e a fe, ten en conta que a vida é loita, ti es xove non podes perder.

124.- A Cristo cantantamos

A Cristo cantamos na luz que alumea,A Cristo cantamos co lume de fe.

1.- Lumiño de lúa clara, lume novo da alborada,ti aluméa-la noite, ai a noite das nosas casas!

2.- Na noite triste poñemos a ledicia dun luceiro, non temos medo da noite, que xa hai luz nos nosos carreiros.

3.- A noite fíxose día e dentro de nós temos festa,

59

2.- Se a xente non premia o teu triunfo,por envexa ou calquer mal querer; segue adiante, non quedes agoado, que o premio máis grande é a fe.

Page 60: Cancioneiro galego

témo-la man dun Amigo, e no ceo un Pai que nos queira.

125.- A Auga do Señor

A auga do Señor, cambioume o corazón,a auga do Señor Xesús. (bis)

1.-O que queira e teña sede, que veña e beba gratis.O que queira e teña sede, beba a auga que é a vida.

2.-Sobre ti verterei a auga da miña vida,e o teu corazón de pedra en amor transformarei.

3.-O que beba desta auga, xamais terá sede.O que beba desta auga, xamais terá sede.

126.- Manda o teu Espírito

Manda o teu Espírito.Manda o teu Espírito;manda o teu Espíritoe renova a faciana da terra.

1.- A miña alma bendice ao Señor,meu Deus, que grande es.

2.- Vestícheste de inmenso poder,o sol que escuro é.3.-Erguíchesme do abismo, meu Deus; por sempre te amarei.

127.- Ven, Espírito Santo

Ven Espírito Santo, dánolo teu amor. Ven Espírito Santo,dáno-lo teu amor. (bis)

128.- Xurdirá

Xurdirá, xurdirá, sabemos que está alí,detrás do noso esforzo, o teu Reinode amor, de liberdade e paz.Chegará, chegará, ollamos cara ela,unha alborada nova, que traia a luz do día, da vitoria final.

129.- Canta Aleluia

60

Page 61: Cancioneiro galego

Canta aleluia ao Señor,canta aleluia ao Señor.Canta aleluia, canta aleluia,canta aleluia ao Señor.130. - Os bautizados

Os bautizados levamos,Unha branca vestiduraPara dicirnos que somos,Unha nova criatura. (bis)

1.- Somos o sal desta terra,Deus quere velo salgar:Non é sal para guindaloNin para deixalo estragar.ÍNDICE NUMÉRICO

1.- Fagamos da misa unha festa2.- Con ledicia vamos todos ao altar

3.- Con ledicia vimos

4.- Que ledicia a miña

5.-Que ledos hoxe estamos

6.- Temos una festa

7.- Unha xuntanza de amor

8.- Ei, meus irmáns

9.- Camiñando pola vida

10.- Vinde axiña

11.- Andarei na presenza

12.- Camiñarei na presenza do Señor

13.- Arrepentido

14.- Gloria a Deus

15.- Escoita ao Señor

16.- Xesús é Señor

17.- Aleluia o Señor resucitou

18.- Douvos un mandato novo

19.- Ditosos os que temen ao Señor

20.- Amóstrame, Señor

21.- Canta, aleluia

22.- Canta o sol

23.- Cantade ao Señor

24.- Contade as marabillas

25.- A Túa Palabra

26.- Escoita ti27.- O Señor é o meu Pastor

61

Page 62: Cancioneiro galego

28.- Como che cantarei ?

29.- Salvador do mundo

30.- Credo dos nenos (Credo / catequese)

31.- Recibe, Señor

32.- Eiquí están

33.- Cantádelle ao Señor

34.- Gracias, Señor

35.- Loade, servos do Señor

36.- Na nosa terra

37.- Velaqui, Señor, o viño

38.- O Señor noso Deus

39.- Santo es Ti, Señor da vida40.- Hosanna Hei

41.- Os ceos e a terra

42.- Santo

43.- No camiño

44.- Pai do ceo

45.- Que veña a paz

46.- Fagamos a paz

47.- Téndeme a túa man

48.- Démonos todos a man

49.- No colo da miña nai

50.- Gracias, Señor

51.- Acharte presente

52.- Señor Xesús

53.- Pan do ceo

54.- Ti es o pan do ceo

55.- Ide e pregoade

56.- Todos xuntos

57.- Ti es camiño e verdade

58.- Eu soñei

59.- Xa nos dixo Xesús

60.- Non vou só

61.- Déixate querer

62.- Oh, Señor, escólleme

63.- Quédate, Señor,

64.- Eu sei de quen me fiei

65.- Onde hai caridade

66.- Cristo é quen convida

67.- Virxe María68.- Camiñar, sen Xesús

69.- Coa nosa Naiciña do ceo

62

Page 63: Cancioneiro galego

70.- Boas noites

71.- Xa nos tés aquí

72.- Esa é María

73.- Salve, Raíña

74.- Noraboa, María

75.- Para ti este canto, María

76.- Saúde, clara estrela

77.- Adeus, irmán

78.-Cando a morte

79.- Preto de ti

80.- Acolle, Señor, esta vida

81.- Na tardiña baixa da vida

82.- Dálle o descanso

83.- Velaquí, Señor, unha vida

84.- Lévame cara o ceo

85.- Acólleo no teu colo

86.- Ven axiña visitarnos

87.- Que miras na noite

88.- Veña o teu Reino

89.- Xesús chamado Amigo

90.- Volve, Señor 91.- Durme meniño

92.- Gloria ao Señor nas alturas

93.- Vinde nenos e rapaces

94.- Vinde ve-lo neno

95.- Con un sombreiro de palla

96.- Cantade ben baixo

97.- Noite de paz

98.- Vinde galeguiños, vinde

99.- Alegría meus amigos

100.- Por entre as silveiras

101.- Cantade ben baixo

102.- Canta, cantade pastores

103.- Seguirei os teus pasos

104.- Na noite escura

105.- Santa Pascua inmolada

106.- Aleluia

107.- Aleluia

108.- Vinde todos ao altar

63

Page 64: Cancioneiro galego

109.- Deus nos convoca

110.- A Cristo cantamos

111.- Bendito ti, Xesús resucitado

112.- Ergo os meus ollos

113.- As túas palabras, Señor

114.- Señor, noso Señor

115.- Misioneiro 116.- Grazas, Señor, pola túa bondade

117.- Grazas, Señor na mañá

118.- Salve, Santo Sacramento

119.- Benaventurados

120.- O amor é o meirande

121.- Onda Ti, Noso Pai

122.- Ten piedade

123.- A beira da nosa esperanza

64

127.- Ven, Espírito Santo

128.- Xurdirá

129.- Canta Aleluia

130.-Os bautizados

Page 65: Cancioneiro galego

124.- A Cristo cantamos

125.- A Auga do Señor

126.- Manda o teu Espírito

Page 66: Cancioneiro galego

.- Loade, servos do Señor

Page 67: Cancioneiro galego

Loade, servos, do Señor, loade o nome do Señor. Aleluia, aleluia.

1.- Bendito sexa o nome do Señor, agora e por sempre, dende a saída do sol ó solpor, loado sexa o nome do Señor.

2.- Sobre tódolos pobos é excelso o Señor, sobre o ceo a súa gloria. Quen coma o Señor o noso Deus, que elevado no seu trono mira ó ceo, e a terra.

3.- El ergue do po aos indixentes, levanta da varredura aos pobres, para darlles asento cos príncipes. Os príncipes do seu pobo.

Ti es camiño e verdade

Ti es camiño e verdade.Ti es a vida ,Señor, a carón teu encontramos luz, agarimo e calor.

Aquí vimos confiados, aquí chegamos, Señor.Aquí comemos teu corpo, sinal de agarimo e amor.

Ti coidas dos paxariños, das ás flores linda cor, da túa man agardamos canto nós temos, Señor. Aquí...

Ti acaricias os nenos, na praia escolles a Xoán.Deixa, Señor, que a túa beira sempre poidamos estar.

Polos camiños da vida quen queira seguro andar, veña beber deste viño, veña comer deste pan

.- Ditosos os que temen ao Señor

Ditoso os que temen ao Señor, e van polos seus camiños.

1.- Ditosos os que temen ao Señor, os que seguen os seus camiños, comerás do traballo das túas mans. Serás ditoso, serás afortunado.

2.- A túa muller coma parra fecunda, no interior da túa casa, os teus fillos coma gromos de oliveira, arredor da túa mesa.

3.- Así será bendito o home que tema ao Señor, que o Señor te bendiga desde Sión, e goces coa prosperidade de Xerusalén, tódolos os días da túa vida.

Page 68: Cancioneiro galego

Camiñarei na presenza do Señor

Camiñarei na presenza do Señor, camiñarei na presenza do Señor.

1.- Amo ao Señor porque escoita a miña voz suplicante, porque achega a min o seu oído, no día que o invoco. Amo ao Señor, porque escoita a miña voz.

2.- Envolvíanme lazos de morte, atopeime en apuro e aflición, invoquei o nome do Señor, Señor, salva a miña vida.

3.- Amo ao Señor, porque escoita a miña voz.

Page 69: Cancioneiro galego