campeonato ibÉrico de raids de aventura 2014€¦ · 4ª prova da taça de portugal de corridas de...
TRANSCRIPT
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 1
CAMPEONATO IBÉRICO DE RAIDS DE AVENTURA 2014
Raid de Aventura en Pontevedra: 13 e 14 Setembro de 2014
4ª Proba da X Liga Galega de Raids de Aventura – 4ª proba L.E.R.A. –
4ª Prova da Taça de Portugal de Corridas de Aventura
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 2
ORGANIZAN:
PATROCINAN:
COLABORAN:
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 3
CHEGADA ó CHAN DURO e SAÍDA da PROBA. 125 km dende Ourense (1h25´).
120 km dende A Coruña (1h20´)
50 km dende Santiago (50´)
40 km dende Vigo (40´)
Dende a autopista AP-9 collémola saída 119, saímos pola AG-41 dirección
Pontevedra pola estrada C-531, axiña collemos desvío a esquerda, cruzando por riba da
autoestrada e a N-550, hacia PO-224 dirección Encoro do Pontillón de Castro, enlace
http://goo.gl/maps/jKNf5, lugar de Chan Duro – Recepción e duchas, nas Instalacións de
Piragüismo (gps: 42.495572, - 8.616521), abertas durante o sábado e pernocta para a
etapa do domingo.
Para máis información de aloxamentos preto de Pontevedra podedes visitalas
seguintes ligazóns: www.concellopontevedra.es/ e www.visit-pontevedra.com/
Haberá servizo de almorzo desde ás 7:00 no Pontillón de Castro o sábado e o
domingo, non incluído no prezo de inscrición.
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 4
PROGRAMACIÓN da PROBA. Martes 9 setembro
ás 22:00 h Peche da inscrición
Mércores 10 setembro
Publicación EQUIPOS inscritos
Xoves 11 setembro
ás 12:30 h Presentación do V PontevedRAID en rolda de prensa no
CONCELLO de PONTEVEDRA - rúa Michelena 30
Venres 12 setembro
21:00 a 24:00 h
Chan duro, recepción, entrega de documentación e pulseiras de
seguridade no Pontillón de Castro
Sábado 13 setembro
8:00 a 9:00 h Recepción, entrega de documentación e pulseiras de seguridade
no Pontillón de Castro
9:15 h Reunión técnica cos equipos
10:00 h SAÍDA en MASA no Pontillón de Castro
21:00 h Hora de Peche de META ETAPA 1
22:00 h SAÍDA en MASA ETAPA 2 (nocturna)
Domingo 14 setembro
1:00 h PECHE de META ETAPA 2 (nocturna)
9:00 h SAÍDA en MASA ETAPA 3
12:30 h PECHE de META
14:00 h Entrega de Trofeos e comida de despedida do V PontevedRAID no
MULTIUSOS da XUNQUEIRA
TROFEOS. Terán trofeo os 3 primeiros clasificados de cada categoría Élite, Aventura Mixta e
Aventura Masculina.
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 5
Para o ranking galego o equipo puntuará como mixto sempre que a muller corra 5
ou mais seccións do raid.
RAID de ESTRATEXIA. O Raid terá 3 ETAPAS, e 9 seccións de diferente duración e diferentes disciplinas
deportivas: Orientación, Carreira, BTT, Kaiak, Escalada, Rápel e Natación. Haberá
DISTINTAS zonas de TRANSICIÓN, por tratarse dun Raid liñal (Saída-T1 + T2 + T3 + T4 e T5 +
Meta etapa 1-Saída e Meta etapa 2 + Saída etapa 3 + T8-META), estas zonas de
transición estarán sinalizadas debidamente na estrada, a maiores dos mapas de
asistencia que se entregarán coa documentación e colgados na web www.aromon.es o
día da proba. NECESARIO COMPOÑENTE – ASISTENCIA PARA TÓDOLOS EQUIPOS.
ATENCIÓN AOS DESPRAZAMENTOS DAS ASISTENCIAS, SERÁN DE APROXIMADAMENTE 30
MIN.
O tempo máximo para rematar o raid será de 17 horas e media.
Destacamos que se trata dun Raid de estratexia. Co gallo de potencialo lado
aventureiro dos Raids, deseñamos dándolle mais importancia á estratexia dos equipos,
ademais da esixencia física xa implícita. Isto ven significar que os equipos que compitan
terán que tomar decisións en canto ás balizas que teñen que rexeitar tendo en conta as
puntuacións que éstas posúan para cumprir os tempos de corte xa que completalo Raid
enteiro estará o alcance de poucos equipos, pero é posible ¿Será éste o primeiro no que
se consiga?
O raid disputarase en modalidade score, segundo se especifique no libro de ruta.
NORMAS e REGULAMENTO. As normas que rexerán o V PontevedRAID son as recollidas no regulamento de
Raids da Federación Española De Orientación (FEDO), -
http://www.fedo.org/raids/docs12/normativa12/ReglamentoRaid2011definitivo.pdf
http://www.fedo.org/raids/docs12/normativa12/ADVENTURE%20RACING%20RULES_FINAL_15-7-11.pdf (ENG), tendo
en conta os cambios nesta normativa para a actual LERA 2014, -
http://www.fedo.org/raids/docs14/normativa14/Cambios-LERA-2014.pdf
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 6
e as normas específicas do Campeonato Ibérico de Raids 2014, -
http://www.fedo.org/raids/docs14/normativa14/NormasLERA2014.pdf
Será obrigado firmalo Apéndice I do Regulamento FEDO, Declaración coas
Condicións de participación na LERA que se entregará no momento da acreditación de
equipos na recepción da proba (poderedes atopalo ó final deste boletín).
A acreditación dos participantes farase mediante documento acreditativo ou
licenza de Raid en vigor. Para iso, deberán acudir á recepción tódolos compoñentes do
equipo xuntos.
SISTEMA SPORT IDENT (S.I.) Utilizarémolo sistema S.I. para o control de paso por baliza polo que cada
PARTICIPANTE terá que levar unha pinza electrónica SI- card modelos 6 (fora de venda),
10 ou 11 (non SI AIR), caso de non indicalo número de pinza na inscrición, asignarase
unha de aluguer a recoller na recepción (custo aluguer 6€), non admitindo
modificacións despois do peche da inscrición.
Os participantes que traian pinza S.I. propia (o modelo está escrito nela), terán que
presentarse na recepción sen gomas de suxeición para facilitalo precintado da mesma
ao pulso, mediante unha pulseira de seguridade. Caso de ruptura da pulseira en
carreira, haina que repoñer informando a organización, no menor tempo posible.
MATERIAL OBRIGADO
Material Obrigado por Equipo sempre en carreira
1 Asubío por compoñente e coñecelo Código Morse de SOS (...---...)
1 Manta térmica por compoñente (sg)
1 Teléfono móbil por equipo co nº PIN (caso de telo) pegado por fora e en
bolsa estanca, que non se poderá utilizar máis que en caso de emerxencia, o
seu uso suporá a descalificación da proba.
GPS por equipo para seguimento a tempo real en www.tracktherace.com
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 7
Material Obrigado por disciplina
Natación.- Levar un traxe de neopreno homologado posto por compoñente
(sg).
BTT.- Bicicleta e casco (sg) por compoñente e cámara de reposto.
Kaiak.- Facilitado pola organización: chaleco salvavidas por compoñente (sg),
pala e kaiak.
Escalada.- Arnés, pés de gato e mosquetón de seguro, para o compoñente
que escale (1 por equipo élite).
Rápel.- Arnés, casco (sirve BTT), cinta cosida de 120 cm, 2 mosquetóns de
seguro e descensor, para tódolos compoñente en carreira élite.
PROBAS DE CORDAS (escalada + rápel).- EN ÉLITE É OBRIGADO TRAER O
MATERIAL. OS EQUIPOS AVENTURA QUE NON TEÑAN O MATERIAL
PROPORCIONARALLO A ORGANIZACIÓN.
Posta de sol ás 20:28.- Obrigatorio dispositivos de alta visibilidade por
compoñente (sg) a partir de dita hora e para a etapa 2 NOCTURNA: prendas
reflectores, frontal e luz traseira (BTT).
SEGUEMENTO EN TEMPO REAL CON
Contaremos co seguimento en tempo real vía web, en www.tracktherace.com.
O dispositivo GPS terá que ser portado en todo momento por un compoñente do
equipo que estea en carreira (en caso de Aventura será obrigación do equipo que
sempre estea en carreira).
Para asegurala duración da batería e poder seguir todo o evento, lembrarase aos
equipos que despois da etapa 2 apaguen o dispositivo, e o volvan acender antes da
saída en masa do domingo.
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 8
SECCIÓNS, DISCIPLINAS e VALOR dos PUNTOS de CONTROL
SECCIÓNS nº PCs PUNTOS Distancia Desnivel + Mellor tempo SAÍDA en MASA - 10:00 horas
S1 – Natación/ Carreira 5 8 1,1 km 1m 0h15 min
S2 – BTT/ O-BTT
17 22
24 33
40,6 km 19,2 km
1110 m 455 m
2h25min 1h05min
Peche de S2 - 14:00 h Hora de CORTE - 14:30 h
Hora de APERTURA Kaiak (S3) - 13:30 h
S3 - Kaiak 6 18 10 km 1 m 1h30min
Peche de S3 - 16:00 h
Hora de CORTE - 16:30 h
DESCARGA TARXETAS SPORTIDENT. Clasificación provisional da ETAPA 1. Hora de APERTURA BTT (S4) - 15:00 h
S4 - BTT 10 20 23 km 1130 m 2h S5 – O-Pé individual 21 31 4,6 km 240 m 0h45min S6 - BTT 12 19 24 km 770 m 1h45min
Peche de META ETAPA 1 - 21:00 h DESCARGA TARXETAS SPORTIDENT. Clasificación da ETAPA 1.
SAÍDA en MASA ETAPA 2 – 22:00 h S7 – O-Pé nocturna/ Escalada
25 1
35 3
8,1 km 15 m
270 m 15 m
2h 0h15min
Peche de ESCALADA - 00:30 h
Peche de META ETAPA 2 - 01:00 h
DESCARGA TARXETAS SPORTIDENT. Clasificación provisional do Raid. SAÍDA en MASA ETAPA 3 – 09:00 h
S8 – BTT/ Rápel
19 1
28 4
39,5 km
900 m
2h 0h15min
S9 – O-Pé urbana 18 19 5,2 km 35 m 0h45 min Peche de META ETAPA 3 e RAID - 12:30 h
DESCARGA TARXETAS SPORTIDENT. Clasificación provisional do Raid. TOTAIS 157 PCs 242 ptos 175,3 km 4927 m 15 h 00min
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 9
Sección 1- Natación e carreira. Modalidade score. Mapa de memoria, escala
1:5.000. En categoría Élite nadan os 3 compoñentes, en categoría Aventura nadan
os dous en carreira. Non se permitirá o uso de aletas.
Sección 2- BTT + O-BTT. Modalidade score. Mapa escala1:20.000 para a BTT. Na
O-BTT o mapa será a escala 1:15.000. Hai un peche de sección ás 14:00 horas (hora
de corte 14:30)
Sección 3- Kaiak. Hora de APERTURA da SECCIÓN ás 13:30 h. Modalidade score.
Ortofoto. Palean 2 compoñentes. Hai un peche de sección ás 16:00 horas (hora de
corte 16:30). DESCARGA DE TARXETAS.
Sección 4- BTT. Hora de APERTURA da SECCIÓN ás 15:00 h. Modalidade score
Mapa escala1:20.000. ¡OLLO, PASOS OBRIGADOS!
Sección 5- O-Pé individual. Modalidade score. Mapa escala1:10.000. Os
compoñentes – asistencia de Aventura poderán saír a realizar esta sección de O-
Pé, os puntos que acaden sumarán para o total do equipo. No mapa haberá un
total de 20 puntos de control, teranse que repartir entre os compoñentes, non
podendo visitar dous compoñentes un mesmo control.
Sección 6- BTT. Modalidade score. Mapa escala 1:20.000. Despois desta sección
hai un peche ás 21:00. ¡OLLO, PASOS OBRIGADOS! A posta de sol está prevista
para ás 20:28, a partir desa hora será obrigatorio levar dispositivos de alta
visibilidade en BTT, xa que se transita por estradas (luces frontal branca e traseira
vermella e chaleco reflector). DESCARGA DE TARXETAS.
Sección 7- O-Pé nocturna e escalada. SAIDA EN MASA ÁS 22:00. Modalidade
score. Mapa 1:10.000. Na escalada o tempo será neutralizado para todos unha vez
equipados si tiveran que esperar vía libre, é unha proba de bonificación en puntos.
Consiste nunha escalada en TOP, onde escalará un compoñente por equipo unha
única vía con distintos graos de dificultade: o IV bonifica 1 punto, o IV+ 2 puntos e
o V bonifica 3 puntos. Haberá 4 vías equipadas. Obrígase ó uso de reflectores e
frontal.
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 10
Sección 8- BTT e rápel. Modalidade score. Mapa escala 1:20.000. O rápel será
neutralizado para todos unha vez equipados e si tiveran que esperar, rapelan
tódolos compoñentes do equipo. Unha liña de Élite vai a auga.
Sección 9- O-Pé urbana. Modalidade score. Mapa escala 1:7.500
Saída: EN MASA, categoría ÉLITE 3 nadadores – Categoría AVENTURA 2 nadadores.
Sport Ident: Tódolos compoñentes do equipo teñen a obriga de pasar por tódolos PCs
que visiten (haberá controis físicos nalgunhas balizas, non se permite picar ao equipo que
non se presente completo a dito control). É responsabilidade do equipo limpar e
comprobala pinza electrónica antes da saída e tras cada descarga de datos.
DESCARGARANSE as pinzas só nas transicións indicadas. Ao final de cada sección
picarase unha baliza Transición (T-). Ao final de cada etapa picarase unha baliza FINAL.
O corredor de Aventura que descansa na última sección antes da descarga, non pica
na baliza FINAL de ETAPA nin META do Raid, só descarga datos co resto do equipo
despois de que os 2 compañeiros piquen a baliza FINAL de ETAPA (ou META) do raid(final
da última sección de etapa).
Dorsais: Cada equipo terá 2 dorsais por corredor (mochila ou camiseta e bici).
Pasos obrigados e estradas prohibidas: Hai varios pasos obrigados (incluso PC
obrigados) e estradas prohibidas ¡¡ATENCIÓN!! Haberá persoal visible tomando nota do
paso dos equipos, os que non pasen por eles perderán tódolos puntos da sección
correspondente.
PECHE de SECCIÓN.- Significa que tódalas balizas picadas na sección antes de dita hora
serán validas, aínda que non se chegara ao final da sección, sempre que o final da
sección sexa picado antes da Hora de Corte. A neutralización aumenta a hora de fin de
ETAPA, non de sección.
HORA de CORTE.- Sobrepasar este horario, significa perder tódalas balizas picadas na
sección anterior e non saír a sección seguinte. A neutralización aumenta a hora de fin de
etapa, non de sección.
PECHE de META será ás 12:30 h do domingo (PRORROGABLE se o equipo ten
neutralización na ETAPA 3). Os EQUIPOS que excedan 1 segundo ou máis dita hora,
PERDERÁN a PUNTUACIÓN das BALIZAS da ULTIMA SECCIÓN.
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 11
NEUTRALIZACIÓNS.- Aumentan as horas de fora de control de etapa, é dicir, os peches
de meta de ETAPA 1, 2 e 3 do equipo, non varía en ningún caso as horas de apertura, os
peches de sección nin horas de corte. Segundo o art. 144.1 do Regulamento FEDO, é
responsabilidade dos equipos “coñecer e ter controlado en todo momento o seu tempo efectivo de
carreira (preguntando ó controlador sobre cada neutralización, utilizando seus propios cronómetros, etc.)”
INFORMACIÓN e INSCRICIÓNS. www.aromon.es
Entrar na web, descargar formulario de inscrición e seguilas instrucións.
CUSTO da INSCRICIÓN:
100 € por equipo participante ata o 31 de Agosto.
130 € por equipo participante ata o 9 de setembro.
Os participantes que teñan licenza de Raid expedida pola FEDO terán que
reflexalo seu número no formulario de inscrición, caso de non indicalo no intre da
inscrición tramitaráselle por defecto unha licenza de raid de fin de semana: cobrando o
custo de 12 €, non se admiten modificacións posteriores.
Os participantes que teñan pinza Sport Ident terán que indicalo seu número no
formulario de inscrición. Caso de non reflexalo no intre da inscrición asignaráselle por
defecto unha de aluguer: cobrando o custo de 6 €, non se admiten modificacións
posteriores.
Unha vez cuberto o formulario de inscrición, e feito o ingreso da cota
correspondente, incluíndo cota do equipo + licenzas de día + aluguer de pinzas S.I.,
enviar e-mail co arquivo axunto a [email protected] . Confirmarémola inscrición
cando recibámolo xustificante de ingreso en conta.
Prazas ata 60 equipos, a partir de aquí abriremos listaxe de espera.
PECHE INSCRICIÓNS o martes día 9 de setembro ás 22:00 h.
Máis Información do Raid:
http://www.fegado.es
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 12
ORGANIZACIÓN. Director de carreira: Manolo Beloso
Director técnico: Ángel A. Serto
Xuíz Controlador FEDO: Francisco Gómez Cobas
Técnicos SportIdent: Adri, Ali, Fran e Mónica
Coordinador de seguridade náutica: Jovino González
Coordinador seguridade viaria: Javi Alvelo
Trazadores: Beloso, Serto, Gonzalo, Fariña e Manu Varela
Transicións: Jovino, Josico e Ana Crespo
Nas cordas e a súa seguridade: Uxío, Jose Juan, Carla, Lalo, Dani, Rubén e Ricardo
Gráficos e deseños: Carlos RGB, Adri e Ali
Permisos, montaxes e transicións: Javi Alvelo, Moncho e Javi Fernández
AROMONS no campo (e o que faga falla): Rosado, Tania, Omar, Toucido, Joaquín,
More, Txof, Alex, Saba, Roberto, Juan Gutierrez, Noel, Carmiña, Esther, David Pérez,
Alberto Pérez, David Araujo, Antonio Domínguez e algún máis.
A organización reservase o dereito a suspender a proba por causas alleas a mesma.
AGARDÁMOSVOS en PONTEVEDRA!!!
Boletín 3
PontevedRAID 2014
www.aromon.es 13
Apéndice I. Declaración coas Condicións de participación na LERA. Compromiso coa Organización
Coñecemos e aceptamos integramente o Regulamento do Raid de Aventura da Federación Española de Orientación, as Normas de LERA da Tempada 2014 e o Regulamento Particular do V PontevedRAID.
Somos conscientes que este tipo de competicións, ó desenrolarse no medio natural, en lugares de difícil con-trol e acceso, leva implícito un risco adicional para os participantes. En virtude disto, asistimos a vontade e ini-ciativa propias, sendo conscientes e asumindo os riscos e consecuencias inherentes á nosa participación nesta proba.
Acudimos coa preparación que require a competición, gozamos de boa saúde xeral, sen padecer enfermi-dade, defecto físico ou lesión que poda agravarse coa nosa participación. Si durante a proba, sufríramos al-gún tipo de incidencia que puidese prexudicar gravemente a nosa saúde ou supoñer un alto risco para a no-sa integridade física, poñerémolo en coñecemento da organización o antes posible.
Temos unha variedade suficiente de capacidades físicas, destrezas técnicas e recursos de supervivencia co-mo para garantir a nosa propia seguridade nas distintas disciplinas e probas especiais deste evento, baixo as condicións de autonomía nas que se desenrolan. Igualmente, dispomos do material deportivo e de segurida-de esixido para as distintas modalidades en que interviremos; atópase en bo estado, está homologado e sa-bemos utilizalo con propiedade.
Coñecemos e dominámolos protocolos de seguridade estipulados para cada disciplina na que vamos a inter-vir, comprometéndonos a cumprilas normas de seguridade establecidas; así como, a manter un comporta-mento responsable que non aumente excesivamente os riscos para a nosa integridade física.
Comprometémonos a seguilas pautas xerais de respecto ao medio ambiente que se relacionan. Autorizamos á Federación Española de Orientación e, por extensión, á organización a utilizar calquera fotogra-
fía, filmación ou gravación que tomen sempre que estea exclusivamente relacionada coa nosa participación neste evento.
Compromiso de Respecto ó Medio Ambiente Utilizalo número mínimo de vehículos posible e aparcar en lugares autorizados. Circular con prudencia por pistas e estradas abertas ao tráfico. Circular amodo en presenza de persoas, animais ou outros vehículos. Non producir alteracións nos procesos e o funcionamento natural dos ecosistemas. Non deterioralos recursos bióticos, xeolóxicos, culturais ou, en xeral, da paisaxe. Sortear ou evitalas zonas medioambiantalmente sensibles. Evitala marcha polos ríos cando ésta poida facerse pola beira. Nadar alí onde sexa posible para non removelos fondo dos canles. Realizalas necesidades fisiolóxicas nos lugares axeitados ou, en todo caso, fóra da auga e lonxe de puntos de
paso ou reunión de persoas, nin en lugares rochosos. Non utilizar xabóns nin deterxentes nas fontes ou nas canles con auga. Non prender lume nin provocar situacións de risco de incendio. Non utilizar ou instalar ningún tipo de estrutura ou elemento que deixe pegada permanente no medio. Non verter nin abandonar obxectos ou residuos sólidos ou líquidos fóra dos lugares habilitados. Retirar e trasladar tódolos elementos e residuos producidos nas zonas de asistencia, saída ou meta. Non abandonar restos de materiais, envoltorios ou alimentos utilizados durante a competición. Realizalo percorrido producindo o menor ruído posible. Non perturbala tranquilidade do espazo ou á fauna doméstica ou salvaxe. Respectalo mundo rural, os dereitos e costumes locais. Deixalas cancelas, verxas, cadeas ou similares na mesma situación que se atoparon. Non invadir propiedades privadas ou prohibidas ó longo do percorrido. Limitalo uso de iluminación artificial e do son ás necesidades básicas de organización, progresión, seguridade
e emerxencia, especialmente no interior de espazos naturais protexidos. NOME EQUIPO: DNI. DNI. DNI. COMPOÑENTE 1 COMPOÑENTE 2 COMPOÑENTE 3