cadáveres exquisitos
DESCRIPTION
Cadáveres exquisitos inspirados en DragalTRANSCRIPT
DRAGÓNS E CADÁVERES DRAGÓNS E CADÁVERES EXQUISITOS IEXQUISITOS I
DRAGÓNS E CADÁVERES DRAGÓNS E CADÁVERES EXQUISITOS IEXQUISITOS I
A continuación transcribimos os resultados dun CADÁVER
EXQUISITO feito cos alumnos do IES DE MOS: a partir de palabras
soltas inspiradas polo libro de Dragal formamos frases que
serviron de inspiración para os seguintes relatos.
Esperamos que vos gusten...
A BOLBORETA CONDUCÍA O SEU COCHE CARA O CASTELO MENTRES COMÍA
PATACAS FRITIDAS E DRAGÓN COCIDO...
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido...
Un anaco do dragón cocido caeu do coche e acabou nun pozo de residuos nucleares e... o dragón cobrou vida. Mentras que o dragón voaba cara un lugar onde séculos atrás todos ían morrer a bolboreta chegaba ao castelo desexando mirar os seus debuxos animados favoritos: Doraemon.
O dragón chegou ao Val da Morte onde soían morrer tódolos dragóns. Como el revivira grazas aos residuos nucleares, aparte de botar lume pola boca tamén podía resucitar a dez dragóns, e todos xuntos dirixíronse ao castelo da bolboreta.
Furacroias, un amigo da bolboreta, enterouse do próximo ataque dos dragóns e llo fixo saber.
A bolboreta sabía que algo así podía pasar e tiña unha pócema que si a bebía morrerían tódolos dragóns. Cando chegaron os dragón a bolboreta meteu a pócema nunha pistola de auga e disparouna cara o primeiro deles, que a bebeu e nese meso intre todos quedaron mortos.
A bolboreta e os seus amigos viviron felices para sempre.
Rubén González, 1º ESO . IES Mos.
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido...
En realidade o dragón era de doce cocido, a comida preferida da bolboreta. Ela ía cara un castelo que tiña dragóns cocidos e patacas fritidas. Cando chegou dixo:
-Quero uns dragóns cocidos e unha ración de patacas fritidas.E o do castelo dixo:-Vale, agora mesmo cho preparo.Bolboreta mentras sentouse nun cómodo sofá que había a
carón do lume a descansar. Pasaron as horas e cando xa estaba lista a comida, a bolboreta púxose a saltar de alegría, e de tan feliz que estaba deulle un parrús e o señor do castelos chamou de contado á Bechi ambulancia. Cando chegou xa era demasiado tarde e bolboreta xa morrera.
O señor do castelo decidíu prepararlle unha cerimonia con todas as súas amigas as bechi-mariposas.
Estaban moi tristes e para animarse comezaron a tirarse patacas fritidas unhas as outras.
Nerea Carballido, 1º ESO. IES Mos.
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido... Era un día soleado. A metade do camiño atopouse cun vello pastor e a bolboreta díxolle:
-Bos e bonitos días!.-Ola que tal, vexo que estás comendo dragón.-Si, atopeino tirado na estrada e collino para comer.O pastor quedou abraiado co que estaba vendo. Este
preguntoulle dende cando ela comía dragóns e a bolboreta díxolle:-Eu non son unha bolboreta das que andan voando polo
campo.O pastor quedou asustado. O pastor pedíulle que cando
pasara por alí non lle comera as ovellas e ela lle dixo que nunca ía facer iso. O pastor dixo que si quería dragóns el sabía onde os podía atopar e ademais recheos de carne e graxa como á bolboreta lle gustaban. Despois das indicacions a bolboreta dixo:
-Moitas grazas señor pastor.E marchou co seu Subaru ante o asombro do pastor.
David Novas, 1º ESO. IES Mos
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido...
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido. Cando entraron no castelo atopouse cun bufón, que estaba a esperar pola bolboreta. Cando a bolboreta saíu pola xanela do seu catro por catro (todoterreo), díxolle ao bufón:
-¿Estou no castelo da princesa chicle?.-Si. Díxolle o bufón.Despois de decirlle á bolboreta que estaba no castelo da
princesa chicle, acompañouna mentras ela seguía comendo patacas fritidas e dragón cocido.
Cando chegaron aos aposentos da princesa chicle, oiron que a princesa estaba rompendo cousas como tola, e era porque a bolboreta chegaba tarde á súa cita.
Cinthya Viña Tellado, 1º ESO. IES Mos
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido...
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido. Entón apareceu a alma do dragón cocido que lle quitou a alma á bolboreta e a levou ao seu castelo e a torturou por cocelo só por ter fame. O dragón, ao ser tan malvado, rematou de comer as patacas fritidas e colleu o coche da bolboreta e se foi conducindo coa radio a todo volume. Cantando coma un tolo e desafinando, mentras conducía ata a cidade. Alí, pedíulle axuda aos seus amigos para que lle axudasen a torturar á bolboreta e lle fixeron de todo: A hincharon de helio, a intentaron afogar, lle quitaron un pulmón, un riñón e o apéndice. A bolboreta, ao sufrir esta tortura, contoulle ao dragón o seu segredo máis preciado, ela era unha axente das que custodiaban un rico tesouro agochado nunha cova.
O dragón ao saber esto amenazouna con quitarlle as tripas si non lle contaba o xeito de chegar a ela. A bolboreta negouse por non defraudar aos seus compañeiros de traballo. O dragón enfadouse tanto, que botou fogo pola boca, queimando toda a súa merenda. Ao día seguinte a bolboreta xa non estaba. Os seus amigos a rescataran, pero o dragón
observou a zona e descubriu un chip que levaba a bolboreta, que lles servira aos seus amigos a dar con ela.
O dragón ao ter tan bo olfato e vista, seguíu as pegadas da bolboreta e as do coche no que fuxira. Pero ao cabo dun intre perdeuse e estaba a carón dun río moi estrano, porque saía dunha gruta sen fin. O dragón meteuse nela e atopouse cun pozo de petróleo que usou para prender lume e iluminar a cova. Cando abriu os ollos quedou abraiado pola beleza, había estalactitas e estalagmitas de todas as cores. Tamén tiña diante del dous camiños, colleu o da esquerda onde o esperaba un paraiso cheo de ouro, auga e comida onde quedou a vivir para sempre ao pecharse a cova.
Federico Cuevas Lorenzo,1º ESO. IES Mos.
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido...
O sarxento pataca fritida e a súa lexión ían atacar á bolboreta Rul e coa axuda do dragón Drul conseguirían matala. Ían camiño do castelo pero atacáronlles unha xoaniñas moi perigosas. Conseguiron derrotalas e chegaron ao castelo onde había un cartel na porta: Son a mariposa Rul, vou facer a compra. Volvo ás 19:35.
Esperaron á bolboreta horas e horas e horas ata que as 19:35 apareceu a bolboreta de regreso. Entrou no castelo e díxolles:
-Esperade que teño que colocar a compra.-Ten un morro que se o pisa!, dixo Drul.- Levamos dúas horas aquí esperando, dixo o sarxento.Comezou a pelexa e case ao comezo o dragón tropezou e caeu
sobre as patacas. Morreron todos.A bolboreta fixo patacas fritidas e estofado de dragón e
marchouse no coche. Decatouse de súpeto de que esquencera unha cousa e a bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido.
Anxo Davila, 1º ESO. IES Mos.
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido...
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido. Todo comezou unha mañá como calquera outra. Ruliña, a bolboreta espertouse e ía facerse o almorzo soñando con vivir nun castelo.
Cando saíu afora viu un exército de patacas asasinas que levaban nas súas mans espadas e pistolas feitas con gominolas.
Ruliña, ao velas, relameuse, porque a súa comida favorita eran as patacas fritidas. E sen pensalo dúas veces tirouse sobre elas e as cortou en anacos. As cociñou e as comeu todas excepto unha.
Ruliña correu cara aquela pataca e cando a mirou lle dixo:
-¿Curmá?.
Entón a pataca lle dixo que non. Pero Ruliña vía algo nel que lle parecía familiar e namorouse. Entón raptou á pataca. Pasados uns días quedouse preñada e deuse conta que a casa era moi pequena, entón decidíu buscar o castelo dos seus soños.
Entón matou ao dragón que vivía nel e o cociñou.
Alba Iglesias, 1º ESO. IES Mos.
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido...
A bolboreta conducía o seu coche cara o castelo mentres comía patacas fritidas e dragón cocido. Esta bolboreta tiña debilidade polas patacas fritidas e o dragón cocido.
Tamén lle gustaban os xeados os bombóns e os doces. Pero ese día só levaba no seu coche, que era un Saxo 16 válvulas, unhas poucas de patacas fritidas e de dragón cocido.
A bolboreta dirixíase cara o castelo dun amigo que casualmente era un dragón. Ela, intentara en varias ocasións matalo, pero nunca o conseguira. Hoxe ía intentalo de novo acompañada por outras amigas bolboretas que ían nun coche detrás do seu.
Cando chegaron ao castelo entraron polo portal e petaron na porta. Abriulles o dragón e díxolles:
-Ola¡.
-Ola, como estás meu amigo?. Respostou a bolboreta.
-Moi ben. Contestou o dragón. ¿Pero quen é toda esa xente?.
-Son amigas miñas.
-E que fan aquí, si o podo saber?
-Si home, o saberás ao tempo. Bueno nos deixas pasar ou non?.
-Si, si, claro pasade. Pero si queredes tomar algo debedes dicirllo á miña asistenta.
-Vale, xa sabemos o que queremos.
-O que?. Preguntou o dragón.
-A ti. Contestou a bolboreta.
Fátima González, 1º ESO. IES Mos.