buzón rebelde xaneiro 2015

5
. Denunciada por CGT a acumulación de centos de miles de paquetes no CTI de Barajas. A CGT-CORREOS DE TODO O ESTADO REUNÍMONOS EN COMPOSTELA Máis de 200000 envíos atrasados da campaña de Nadal no CTI e noutros centros de tratamento de todo o estado. CGT pedirá responsabilidades e dimisións das persoas responsables destes feitos. Vemos con tristura e preocupación a falta de interese en dar un servizo postal de calidade á cidadanía. Esta noticia foi trending topic no xornal El País e afectou gravemente á imaxe de Correos. Varios centos de persoas expuxeron na rede que non recibiran a tempo os envíos de agasallos de Nadal mercados por internet. ESTA É A MARCA CORREOS??? Os próximos días 6 e 7 de Febreiro seccións de CGT de todo o Estado xuntarémonos en Compostela, no C.S. A Gentalha do Pichel, para analizar o estado actual de Correos SAE e as diferentes propostas e estratexias de loita para os seguintes meses. Como non pode ser doutra maneira nun sindicato horizontal e asembleario as propostas saen directamente da afiliación que as escrebe con total liberdade. TODAS as propostas son tidas en conta en igualdade e debatidas. Neste días as diferentes seccións en todo o estado están a debater cales das propostas presentadas por compañeir@s son as aceitadas. E ese será o camiño que tome a CGT. TI TRABALLAS, TI DECIDES ÚNETE A CGT!

Upload: cgt-correos-a-coruna

Post on 29-Jul-2015

75 views

Category:

Government & Nonprofit


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: Buzón rebelde xaneiro 2015

.

Denunciada por CGT a acumulación de centos de miles de paquetes no CTI de Barajas.

A CGT-CORREOS DE TODO O ESTADO REUNÍMONOS EN COMPOSTELA

Máis de 200000 envíos atrasados da campaña de Nadal no CTI e noutros centros de tratamento de todo o estado. CGT pedirá responsabilidades e dimisións das persoas responsables destes feitos. Vemos con tristura e preocupación a falta de interese en dar un servizo postal de calidade á cidadanía. Esta noticia foi trending topic no xornal El País e afectou gravemente á imaxe de Correos. Varios centos de persoas expuxeron na rede que non recibiran a tempo os envíos de agasallos de Nadal mercados por internet.

ESTA É A MARCA CORREOS???

Os próximos días 6 e 7 de Febreiro seccións de CGT de todo o Estado xuntarémonos en Compostela, no C.S. A Gentalha do Pichel, para analizar o estado actual de Correos SAE e as diferentes propostas e estratexias de loita para os seguintes meses. Como non pode ser doutra maneira nun sindicato horizontal e asembleario as propostas saen directamente da afiliación que as escrebe con total liberdade. TODAS as propostas son tidas en conta en igualdade e debatidas. Neste días as diferentes seccións en todo o estado están a debater cales das propostas presentadas por compañeir@s son as aceitadas. E ese será o camiño que tome a CGT.

TI TRABALLAS, TI DECIDES ÚNETE A CGT!

Page 2: Buzón rebelde xaneiro 2015

DEVOLUCIÓN DUNHA PARTE DA PAGA EXTRA NA NÓMINA DE XANEIRO

Tivemos que agardar a que unha parte da xefatura vólvese das vacacións de Nadal o día 11 ou 12 de Xaneiro (así o afirmaron na unidade central de negociación a pregunta de CGT 07/01) para enterarnos como se ia cobrar a parte proporcional da paga extra que o goberno decidiu devolvernos vendo que estaban a perder todos os xuízos. Na comisión paritaria do día 15/01 Correos informou a algúns sindicatos (sabedes que a CGT, a pesar de contar con un 12% de representación estatal non podemos estar nesa comisión por non ceder ao chantaxe de asinar o anterior convenio) que a paga extra será pagada a TODO O MUNDO, TEÑA OU NON CONTRATO CON CORREOS NO MES DE XANEIRO, DO QUE CORREOS DISPOÑA DOS SEUS DADOS DE PAGAMENTO (MÁIS CONCRETAMENTE O IBAM) SEN FACER NEN PRESENTAR ESCRITO NINGÚN De todo isto dedúcese que só terán que facer a petición de pagamento, as persoas xubiladas ou que foran trasladadas de ministerio. De todos os xeitos Correos comprométese a amañar nos seguintes meses os máis que posibles problemas que haberá para cobrar esta parte da paga.

NO CASO DE NON COBRAR ESTA PARTE NA NÓMINA DE XANEIRO CONTACTA CON NOS!

NOVAS DO COMITÉ DE EMPRESA E DA XUNTA DE PERSOAL Decidíronse levar adiante as seguintes protestas: Día 27 Xaneiro 17:30, CTA, en defensa da “táboa reivindicativa”

Día 30 Xaneiro 09:00 na UR1 de Compostela, contra os recortes

Día 10 Febreiro 09:00 na UR2 de Compostela contra os recortes

Día 11 Febreiro 09:30 Na UR2 de Coruña, contra os recortes.

PARTICIPA NAS CONCENTRACIÓNS UNITARIAS!

SEGUNDA XUNTANZA PARA CREAR UNHA FRONTE DO SINDICALISMO ALTERNATIVO EN CORREOS.

O día 13 de Xaneiro tivemos a segunda xuntanza do sindicalismo alternativo en Correos. Nela tomouse a decisión de facer un comunicado conxunto para ser presentado diante de Correos SAE, mostrando as opinións das organizacións minoritarias que son inxustamente excluídas das mesas de negociación estatais.

Podes ler este comunicado “polo traballo digno” en calquer medio de difusión dos sindicatos seguintes:

ENTREGADAS 6100 SINATURAS RECLAMANDO UN REFERENDUM EN CORREOS.

400 desas sinaturas foran recollidas nos meses de Setembro e Outubro na provincia da Coruña. Podes ver os vídeos das entregas das sinaturas no noso Facebook.

Page 3: Buzón rebelde xaneiro 2015

El ideal Gallego

MARTES DÍA 23 DE DECEMBRO, ROLDA DE PRENSA NO LOCAL DE CGT

VENRES 26, PRESENTACIÓN DA DENUNCIA A FOMENTO E Á COMISIÓN NACIONAL DOS MERCADOS E DA COMPETENCIA DOS INCUMPRIMENTOS DA LEI POSTAL NA NOSA

CIDADE ACOMPAÑADAS DE 412 PARTES DE PENDENTES REXISTRADOS

26 DECEMBRO: FOLGA DE 3 HORAS NA QUENDA DA TARDE (SEGUIMENTO DO 95 %) E CONCENTRACIÓN NO CTA PARA

PEDIR MELLORAS LABORAIS NESE CENTRO E UN REFERENDUM ANTES DA SINATURA DO NOVO CONVENIO

El Ideal Gallego

O DÍA 26 DE DECEMBRO PRESENTAMOS UNHA

DENUNCIA POR INCUMPRIMENTO DE SERVIZO

DIANTE DO MINISTERIO DE FOMENTO E DA

CNMC, ACOMPAÑADA POR MAÍS DE 400

PARTES REXISTRADOS DE PENDENTES DE

REPARTO

A SEMANA DE LOITA COMEZOU O 23 DE DECEMBRO CUNHA ROLDA DE PRENSA NO LOCAL DA CGT FACENDO UN CHAMAMENTO Á CIDADANÍA A APOIAR A LOITA POSTAL. DESDE O NOSO SINDICATO ENTENDEMOS QUE A ÚNICA MANEIRA DE FACER QUE O SERVIZO POSTAL PÚBLICO SOBREVIVA É CONTANDO CO APOIO DA SOCIEDADE. POR ISO ENTENDEMOS QUE TEMOS QUE FACER UNHA DENUNCIA CONSTANTE E MANTIDA DA PERDA DE CALIDADE DO SERVIZO E DOS GRAVES INCUMPRIMENTOS QUE ESTÁ A COMETER CORREOS SAE COMO PRESTADOR DO SPU.

Page 4: Buzón rebelde xaneiro 2015

2299 DDEE DDEECCEEMMBBRROO.. MMAANNIIFFEESSTTAACCIIÓÓNN PPOORR UUNN CCOORRRREEOO

PPÚÚBBLLIICCOO EE DDIIGGNNOO PPOOLLAASS RRÚÚAASS DDOO CCEENNTTRROO DDAA CCOORRUUÑÑAA..

REPERCUSIÓN MEDIÁTICA

RADIO GALEGA, RADIO NACIONAL, COPE, SER,

RADIO OBRADOIRO, DIARIO LIBERDADE, LA

VOZ DE GALICIA, EL CORREO GALLEGO…

La opinión

El ideal gallego

Page 5: Buzón rebelde xaneiro 2015