buzón rebelde, 19 publicación de cgt correos a coruña verán 2017

4
Na Foto: Compañeir@s postais en defensa do correo público e dos dereitos laboráis, no bloque postal das Marchas da Dignidade do 27M, onde centos de traballadores/as postais marchamos xuntas reclamando os nosos dereitos 19 ÓRGANO DE DIFUSIÓN DA CGT CORREOS –A CORUÑA Un verán máis, e xa van tres, e a pesar das reiteradas denuncias e san- cións da inspección de traballo da Coruña, aparecen nos centros ducias de persoas que non están en ninguna bolsa e que non teñen formación Volvemos a inspección de traballo a denunciar, unha vez máis, estos feitos e volvemos a esixir que se abran dunha vez as bolsas de contrata- ción á sociedade, que se cubran as prazas vacantes con persoal fixo e a xornada completa (tamén nas tardes) e que, se hai perto de 6000 supostos aprobados no exame anterior (Correos non nos deu esa lista, unha nova boa mostra máis de escuransmo) que NON se faga un novo exame, que simplemente se vaian dando prazas as persoas aprobadas. Non queremos que pasedes unha vez máis polas academias-sindicais-estafa, que o único que buscan é o seu propio lucro, e que xa volven estar en marcha.

Upload: cgt-correos-a-coruna

Post on 22-Jan-2018

101 views

Category:

Government & Nonprofit


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017

Na Foto: Compañeir@s postais

en defensa do correo público e

dos dereitos laboráis, no

bloque postal das Marchas da

Dignidade do 27M, onde

centos de traballadores/as

postais marchamos xuntas

reclamando os nosos dereitos

19

Ó R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A

Un verán máis, e xa van tres, e a pesar das reiteradas denuncias e san-cións da inspección de traballo da Coruña, aparecen nos centros ducias de persoas que non están en ninguna bolsa e que non teñen formación

Volvemos a inspección de traballo a denunciar, unha vez máis, estos feitos e volvemos a esixir que se abran dunha vez as bolsas de contrata-

ción á sociedade, que se cubran as prazas vacantes con persoal fixo e a xornada completa (tamén nas tardes) e que, se hai perto de 6000 supostos aprobados no exame anterior (Correos non nos deu esa lista, unha nova boa mostra máis de escurantismo) que NON se faga un novo exame, que simplemente se vaian dando prazas as persoas aprobadas. Non queremos que pasedes unha vez máis polas academias-sindicais-estafa, que o único que buscan é o seu propio lucro, e que xa volven estar en marcha.

Page 2: Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017

A CGT da Coruña, nun acto

coordenado co resto das

provincias da Zona 1, levamos a

c a b o u n h a a c c i ó n o n d e

pretendiamos deixar constancia da

falta grave de seguridade e de

control do produto “mochila”.

Para elo fixemos un envío de dúas

mochilas, a primeira cun sobre peso

evidente, pois viña cargada de

pedras, e a segunda contiña no seu

interior un machado de grandes

dimensións e outros obxectos que

simulaban ser produtos con

prohibición de circular na rede

postal.

Desde a CGT temos advertido en

numerosas ocasións das graves

eivas que ten este servizo, un

servizo onde unha persoa marca un

nome (que pode ser ficticio) en

internet, deixa un contedor

(chamado “mochila”, pero que

moitas veces son maletas, bolsas....)

e por 4 euros se lle leva, sen ter

pasado proceso algún de admisión,

a outro punto que escolle,

xeralmente un albergue, hotel...

Vemos obvios problemas de

seguridade e control neste proceso, non se garante

o estado orixinal do paquete e non se controla o

peso, co que se vulnera claramente a seguridade :

En ningunha oficina admitirían este envío

Desde o noso sindicato dirixímonos en reiteradas

ocasións a dirección para propoñer melloras na

seguridade e na saúde das persoas que levan

adiante este traballo.

Propuxemos sacas plásticas transparentes e

precintadas reutilizables, para que quede clara

a responsabilidade da persoa que envía, e non

da que traslada o envío.

Propuxemos dotar ás persoas que traballan

coas mochilas con pesas de man electrónicas,

para que comproben o peso e que non exceda

do máximo permitido e que o peso na entrega

coincide co da ammisión.

Desde a CGT vemos que a contratación non é

dabondo, porque moitas veces teñen tamén

zonas de reparto ordinario!.

Por outra parte desde a

nosa organización queremos

denunciar o feito de que,

aínda que se fixeron

contratacións, estas non son

suficientes e son moitas as

veces nas que nos

denuncian que o persoal

adicado ás mochilas non é

capaz de facer tamén a zona

de reparto, co que a

veciñanza vese prexudicada

por un produto postal con un

valor de 4 euros (!)

A d e m a i s , p o l a s

circunstancias do propio

camiño, estamos a ver que

son as zonas rurais as que

se ven máis afectadas por

estas problemáticas.

PÁXIN A 2

Solicitamos a Co-

rreos máis segurida-

de nas mochilas e

control do seu peso

Aconteceu na “Xornada de recoñece-

mento de empregados”-13 de Xuño de

2017-, organizada por Correos na Real

Casa de Tapices de Madrid.

Nese mesmo día, desde a CGT respondi-

mos á directiva nas redes sociais co

código #CorreosNoMeRespeta, para

tentar mostrar a nosa situación real

como traballadores/as

Tamén se levou a cabo un acto simbóli-

co tanto de delegados como de empre-

gados que pertencen a recentes plata-

formas da nosa empresa.

RESULTADO:

#CorreosNoMeRespeta

NOVO TRENDING TOPIC

ESTATAL DURANTE HORAS.

Desde CGT contribuímos a unha

loita que sexa de todxs e para todxs,

porque queremos dar a coñecer

nosa actual precariedade laboral

entre todo o noso persoal.

Page 3: Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017

N ÚMER O 19, VER ÁN 2017

Cada ano a xefatura de Correos repite a

mesma historia. En realidade non a

repite: empeora a historia!!. Cada verao,

en xullo, comezan os recargos e fican

barrios descubertos, sen persoal fixo que

os clasifique e os reparta. Eses barrios

son “descuartizados” e asignados a

carteiras e carteiros que non teñen

experiencia no seu reparto. Moi lonxe da

cortesía de un horario de verao un chisco

reducido (habitual en outras entidades

da administración) ás carteiras e

carteiros increméntanselles as súas

responsabilidades e a cantidade de

traballo diario.

Verao: cada ano contrátase persoal para

cubrir as vacacións e as necesidades de

persoal. As persoas contratadas son en

moitas ocasións ceibadas na rúa sen

apenas formación, sen a acollida

necesaria e obrigatoria e en grande

número de casos suxíreselles que

pasen un par de días antes a

"aprender o barrio". “Aprender o

barrio” co@ carteir@ titular que fará

esa formación sen que lle

corresponda, extraoficialmente sen

ter a calificación de formador/a,

sen percibir asignación algunha por

concepto de esta tarefa extra no

seu traballo. A persoa contratada,

i r á , p o r s u p o s t o ,

PÁXIN A 3

tamén extraoficialmente, sen contrato en

período de formación ou o que correspondese,

ao seu risco en conta se algo pasa porque vai

por vontade propia.

Todas estas cousas son un sen sentido. Para

comezar non debería existir o concepto de

recargo, ningún barrio debería quedar

descuberto nin incrementar o traballo das

carteiras con este plus, pois hai persoal nas

listas de contratación para cubrir as vacacións e

en moitas veces os cambios feitos orixinan un

maior agobio no persoal, andar con presas e por

tanto maior porcentaxe de erros (o que remata

sendo unha pior situación para todas e todos;

para a traballadora, e para quen recibe o correo)

Correos debe formar ás persoas novas e facilitar

as condicións de todos os traballadores para

poder ubicarse nas novas zonas de reparto; a

formación debe impartirse por persoal

preparado e que sexa remunerado por iso.

Xa son 34 os distritos de Madrid que

teñen convocada folga de xornada

parcial indefinida, encontrando nestas a

solución aos recargos e á falta de

persoal.

Outras moitas unidades non chegaron a

convocar a folga, pois unicamente coa

ameaza da mesma Correos cubriu as

ausencias. Logo o que vemos é

unicamente a ponta do iceberg desta

loita que se está a producir nesa Zona.

A ilegalización da escravitude obrigou

ás clases dirixentes, desde o mesmo

momento da súa entrada en vigor, a

buscar novas formas para a súa

continuación de facto; e ese moderno

escravismo foise refinando,

adaptándose ás circunstancias

cambiantes da economía e a

sociedade.

É un fenómeno amplamente estudado.

A gratitude que parece que debemos

mostrar os traballadores tras a

obtención dun posto de traballo,

independentemente das súas

condicións (incluíndo aqueles en os

que non se gaña o mínimo para cubrir

as necesidades máis básicas), supón a

penúltima mostra desta triste

condición...

Pero sempre se pode ser algo máis

creativo, e ir máis aló: E Correos, como

entidade líder en innovación, dá

exemplo diso. Oiamos o que nos

propoñía o noso presidente, Javier

Cuesta, nunha das súas primeiras

entrevistas no Abrecartas: “Cando

vos propoñan novas actividades,

non vos preguntedes porqué

tedes que facelas, senón por que

non?”.

Vexamos. Xa non se trata dunha

falta de respecto aos seus

empregados/as (“a súa primeira

preocupación”, como repite

constantemente nas súas

intervencións) en canto

traballadores, como sucedeu

cando subiu o soldo dos directivos

desta Casa -o seu incluído- un

18%, en plena crise económica,

mentres se conxelaba o dos seus

traballadores (motivo principal

dos seus desvelos), ou se lles

retiraba a paga extra.

Trátase dun desprezo en toda

regra cara aos seus

(queridísimos) traballadores en

calidade de seres humanos

propiamente ditos, aos que se lles

comina a obedecer cos ollos pechados,

a non preguntarse polo porqué das súas

actuacións, a non pensar, en definitiva,

lanzándose alegremente (“por que

non?”) a cumprir ordes, fosen estas as

que fosen.

Si, a escravitude triunfará

definitivamente cando se transforme en

domesticación aceptada polo gracioso

animaliño que lambe agradecido a man

benemérita do seu amo.

O punto máis álxido desta loita

produciuse o pasado día 12 (un

día despois do Prime-Day de

Amazon, onde até 11 distritos

simultaneamente coordinaron os

seus paros.

Nas últimas semanas tamén

tivemos noticias do distrito 9 de

Valencia, que anunciou que

plantexaria esta fórmula para

tentar deter a destrución de

persoal e os recargos!

A Formación débea dar Correos

dentro da xornada laboral e

lembra que se che obrigan a

formar a alguén debes cobrar

por elo, contacta coa CGT !

Page 4: Buzón Rebelde, 19 publicación de CGT Correos A Coruña verán 2017

Comité de Empresa e Xunta Persoal

Non sexas @ ultim@ en enterarte!

Séguenos no noso facebook

#Cgtcorreosacorunha ou

Facémosvos un resume das accións levadas a cabo desde o comité de empresa e a xunta de persoal.

Acción social 2017.

Informádevos das axudas en

cgtcorreosfederal.es

Falta grave de persoal na USE

da Coruña, con orde de aviso

ao 1º intento, denunciada por

CGT. Queremos máis persoal!!!

CGT forza a Correos,

cunha demanda na AN,

a negociar os permisos

a parellas de feito.

Delegadxs do comité e da Xunta levaron adiante esa

acción na praza do Obelisco da Coruña, con unha

simulada axencia de colocación na rúa, ofrecendo á

cidadanía que pasaba contratos en Correos, sen

control nen publicidade...

Ficción?

A realidade, por desgraza, sempre a supera...

A moción, que busca unha mellor cobertura do reparto

postal e a defensa do Servizo Postal Universal na cida-

de, foi presentada Por Ferrol en Común e BNG e acadou

o apoio de todos os grupos agás a abstención do PP.

Esta moción únese ás xa aprobadas na Coruña, Vedra e

Boqueixón, e tamén á aprobada na Deputación.

O informe foi elaborado polo persoal, durante os

primeiros 3 meses logo do recorte. No mesmo

indícase que o servizo viuse afectado pola

reestruturación, a pesar do compromiso de

Correos de substituir ao persoal de baixa AP.

Todo indica que estes datos empeorarán, pois

desde comezos de Xullo xa se indicou ao persoal

que terían que recargar as seccións, que xa máis

grandes tras do dimensionamento.

A Asociación de veciños/as trasladou a súa

preocupación polos retrasos e a súa solidariade e

apoio en defensa do servizo postal diario.

Pírrico, escaso… pero NOSO

Onde está o 1% de subida salarial

que se asinou no resto das admi-

nistración públicas????