buzón rebelde 12 definitivo cor

4
CAPA Titulares 2º PÁXINA Non hai presa polo convenio Reaxuste local 3º PÁXINA Éxito plataforma Ferrol Breves CONTRACAPA Como solicitar que se recoñeza un accidente laboral. Guía práctica ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA DE CARTEIR@S DE FERROL: A REDUCCIÓN QUEDA EN 5 SECCIÓNS MENOS. (AÍNDA ASÍ NON NOS CONFORMAMOS) Consulta a pseudo-negociación do teu Convenio en Facebook ou na nosa WEB! NOVAS DA NEGOCIACIÓN DO IV CONVENIO COLECTIVO: Tivemos a II xuntanza no día 18 de Setembro. Por outra banda, e logo da denuncia de CGT, Molina (máximo dirixente de CSIF) declara 3 veces na Audiencia Nacional que MINTE á afiliación, coa incredulidade de toda a sala. En marcha un novo reaxuste local. Especial: se non nos recoñecen accidente no traballo. Guía práctica EXTRACTO DA SENTENZA 157/2014 DA AUDIENCIA NACIONAL: Non temos presa para asinar o novo convenio colectivo. E non o faremos sen un referéndum previo! Editorial no interior...

Upload: cgt-correos-a-coruna

Post on 19-Jun-2015

80 views

Category:

News & Politics


4 download

DESCRIPTION

Buzón Rebelde da CGT Correos a Coruña.

TRANSCRIPT

Page 1: Buzón rebelde 12 definitivo cor

.

CAPA

Titulares

2º PÁXINA

Non hai presa polo

convenio

Reaxuste local

3º PÁXINA

Éxito plataforma

Ferrol

Breves

CONTRACAPA

Como solicitar que

se recoñeza un

accidente laboral. Guía práctica

ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA DE CARTEIR@S DE FERROL: A REDUCCIÓN QUEDA EN 5

SECCIÓNS MENOS. (AÍNDA ASÍ NON NOS CONFORMAMOS)

Ilustración 1 A Manifestación de mais de 500 persoas que percorreu as rúas de Ferrol

Consulta a pseudo-negociación do teu Convenio en Facebook ou na nosa WEB!

NOVAS DA NEGOCIACIÓN DO IV CONVENIO COLECTIVO: Tivemos a II xuntanza no día 18 de Setembro. Por outra banda, e logo da denuncia de CGT, Molina (máximo dirixente de CSIF) declara 3 veces na

Audiencia Nacional que MINTE á afiliación, coa incredulidade de toda a sala.

En marcha un novo reaxuste

local.

Especial: se non nos recoñecen accidente no traballo. Guía práctica

EXTRACTO DA SENTENZA 157/2014 DA AUDIENCIA NACIONAL:

Non temos presa para asinar o novo convenio colectivo. E non o faremos sen un referéndum previo! Editorial no interior...

Page 2: Buzón rebelde 12 definitivo cor

EDITORIAL. IV CONVENIO COLECTIVO: NON TEMOS PRESA POR ASINAR!! Logo da II xuntanza do pasado 18 de Setembro vemos que o panorama é realmente moi delicado. Por unha banda temos a un Correos que parece non pintar nada nestas negociacións, atrapado entre o control da SEPI e o control total do ministerio de Facenda por medio das súas pautas de negociación no sector público que impide calquera avance positivo cara o colectivo en materia salarial ou de dereitos. Por outra banda temos a uns sindicatos “oficiais” claramente desprestixiados logo de demostrarse nesta crise que non serven, que son un niño constante de corrupción e que están moi ocupados, simplemente, en sobrevivir como “estrutura”. Estes sindicatos levan 3 anos sen pegar golpe vivindo do conto e mirando para outro lado mentres o persoal sufríamos os recortes, os recargos, os tribunais médicos, os descontos do CPA por ir ao médico... Agora ameazan á empresa con mobilizacións e nós preguntámonos: Logo de tantos anos falando só na orella dos “seus”, de pasar polos centros dicindo que “non pasa nada, que cumpramos o horario, que non nos podemos queixar porque, total, para 4 cartas que hai”... realmente, insistimos, logo de anos DESMOBILIZANDO e tentando desactivar todo tipo de loitas desde as carterías, actuando de bombeiros apaga-lumes (ver os casos da UR1 e Ur2 da Coruña, de Compostela e de Ferrol) COMO SE PODE TER TANTA CARA DE FALAR DE MOBILIZACIÓNS??!! No ano 2015 hai eleccións sindicais e todo parece indicar que eses sindicatos xogaron todo o seu futuro de permanencia nas poltronas a un regaliño de última hora que puideran vender ao colectivo como mostra da súa “forza” diante da empresa (tal como acontecera no II convenio con aqueles “atrasos-esmola” e no III co tema de librar os sábados). As eleccións achéganse e o canguele de non haber convenio-esmola-agasallo para sobrevivir liberad@s sen repartir 4 anos mais fai que algún/has se poñan nervios@s. Correos, entre o lamento por non poder facer nada (“non me deixan”) e as mal disimuladas ganas de asinar un convenio que nos sitúe definitivamente como masa laboral preparada para competir dunha maneira flexible e competitiva (léase: salario de 800 euros vinculados (aínda máis) ao absentismo, flexibilidade horaria total, aumento de contratos parciais, redución drástica de permisos...). Agora ameaza con deixar sen efecto a ultraactividade do noso convenio, aínda sabendo que non ten nada que facer pois a duración sen límite está garantida porque temos unha cláusula que declara que “este convenio estará en vigor até que se asine outro”. Desde CGT entendemos que a cuestión postal é unha cuestión política e social. Por iso queremos levar a nosa loita máis alá da parte meramente sindical interna. Mais tamén sabedes que non confiamos nos partidos que nos gobernan por consideralos cómplices da crise-estafa que vivimos. Por iso insistimos que a nosa loita (como a do 15M ou a das hipotecas, por pór dous exemplos) debe estar vinculada e respaldada directamente pola cidadanía e non pol@s súas representantes. Non basta unha moción no concello do noso “partido amigo” (sexa da cor que sexa)para cubrir o expediente. Temos que denuncia-lo desmantelamento do servizo postal en todas partes: AAVV, creando plataformas cidadás de apoio ao servizo postal, denunciando en todo tipo de foros públicos, aproveitando as asembleas abertas que se están a producir nas rúas, etc. Ademais no ano 2015 pode haber grandes sorpresas para o bipartidismo nas eleccións xerais. Non perdemos nada con agardar uns meses máis...

O CONVENIO ACTUAL É PÉSIMO, PERO ESTÁ CLARO QUE NESTE MOMENTO, CO COLECTIVO DESMOBILIZADO LOGO DE ANOS DE DISCURSO ANTISINDICAL, SEN A SOCIEDADE AO NOSO CARÓN E CON ESTE GOVERNO DAS TESOIRAS É MELLOR (COMO NO CHISTE) QUEDARSE, DE MOMENTO, CO SUSTO ANTES QUE COA MORTE!

PRÓXIMO REAXUSTE LOCAL Neste mes de outubro temos un proceso aberto de reaxuste local. No cadro da dereita podedes ver moi resumidas as datas nas que podedes solicitar as prazas da vosa unidade/localidade (se as houber e a Correos lle dera a gana de sacalas). Unha vez máis un proceso sen apenas información, onde non saen todas as prazas que hai, onde se penaliza @s compañeir@s dos CTA e dos servizos rurais ao non consideralos da mesma localidade.

Se tes dúbidas contacta con CGT!

Entre o 17 e o 30 de Outubro: Procesos de cambios de quenda na mesma unidade. Os modelos serán proporcionados por RRHH.

Entre o 3 e o 14 de Novembro. Apertura solicitudes para cambios de centro/unidade. 21 Novembro Asignación provisional 28 Novembro: Resolución definitiva Xaneiro de 2015: Cambio efectivo de centro/unidade

Os únicos sobres que interesan no PPSOE...

Page 3: Buzón rebelde 12 definitivo cor

ÉXITO DAS MOBILIZACIÓNS DA PLATAFORMA DE TRABALLADORES/AS DE CORREOS DE FERROL

O 23 de Setembro coñecemos as decisións definitivas de Correos ao respecto da redución de seccións de reparto en Ferrol: A redución quedou en 5 seccións, que estaban vacantes, quedando a UR1 en 24 reparto a pé e 8 reparto en moto. Menos do 9 por cento, cando o habitual estaba sendo entre o 15 e o 25 por cento. Non nos conformamos, porque entendemos que nesta casa non sobra ninguén, pero é un primeiro paso e unha boa lección aprendida para outras seccións que se ven e viron recortadas. Nesta plataforma de Ferrol demostrouse que só a loita constante e mantida no tempo serve para algo. Correos só se reprantexou rebaixar a redución de seccións logo de concentracións, manifestacións, recollidas de sinaturas, traslado da loita á cidadanía... Na foto podemos ver a manifestación de compañeir@s (apoiada por CGT e CIG) que percorreu as rúas de Ferrol denunciando o desmantelamento e os recortes do servizo postal. Aínda así quedan cousas pendentes, entre elas:

Reforzo da USE que ten que asumir o polígono da Gándara de Narón.

Remodelación e aumento do distrito que serve Caranza

Chegada de correspondencia mellor clasificada por seccións desde o CTA.

Presentada no CTA unha táboa reivindicativa común.

O pasado 6 de Outubro levamos a cabo o primeiro paso dunha reivindicación histórica de CGT.

Presentar dunha forma conxunta desde o comité de empresa e a xunta de persoal unha táboa de 36

puntos comúns.

Concentración do comité e da Xunta de persoal. No 30 de setembro realizamos unha concentración conxunta diante da dirección de zona en Compostela destes órganos que teñen que servir para representarnos a todo o mundo. O obxecto da concentración: Protestar contra a falta de contratación e a perda de postos de traballo.

Na UR1 da Coruña cúmprense 6 meses desde que comezamos a recoller os partes de pendentes diarios.

¿¿Perigo de un novo Alcatraz na UR4 da Coruña??

Aumentan as queixas sobre a arbitrariedade e a desorganización de traballo nesta

unidade. Desde CGT queremos deixar claro que non permitiremos que ese centro volva ser coñecido en todas partes polo seu mal

ambiente no traballo!

Page 4: Buzón rebelde 12 definitivo cor

1º.- Arquivar toda a documenta-ción dende o inicio, orixinais, fotocopias e/ou fotos, para previr unha posible denegación por parte da Mutua ou da empresa. 2º.- Acudir á medic@ da Mutua para solicitar:

2.1- Ao/á xef@ da Unidade Médica: o Volante de Asistencia. 2.2- Ao/á médic@: o Parte de accidente (tríptico verde) e o Informe d@ médic@ (artigo 11 do Código Médico Deontolóxico).

No caso de que NON nolos queiran dar pediremos o seu nº de Colexiado (están obrigados, art. 10.2 do Código Deontolóxico) e solicitaremos a Folla de Reclamacións (art. 12.6 R/D 38/2010). De negarse teremos que chamar á Policía Local. Na Folla de Reclamacións reflectiremos o noso desacordo e o trato recibido, mostrando como foi o accidente (lugar, hora, etc.). É moi importante que tanto no parte médico como na Folla de Reclamacións expoñamos

as tarefas que realizamos no traballo (movementos repetitivos e posturas forzadas), especialmente en clasificación e reparto. 3º.- A Mutua está obrigada a recoñecer as lesións cando ocorren por realizar as tarefas dentro da xornada laboral (R/D 1/1994, de 20 de junio, Ley General S.S.). Será RRHH de CORREOS, por medio dun burofax da Mutua, quen nos informará que NON fora consideradas Accidente de Traballo. Neste caso haberá que:

3.1- Facer una escrita a RRHH da túa provincia ou zona pedindo explicacións de por qué non se considera Accidente de Traballo, baseándonos no R/D 1/1994 del 20 de junio, nos seus puntos 1 e 3.

De contado faremos unha SOLICITUDE DE DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIA:

4º.- Para facer unha SOLICITUDE DE DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIA ante a denegación de Accidente de Traballo:

4.1- Iremos ao/á nos@ propi@ médic@ de cabeceira a explicarlle a situación para solicitarlle a baixa (moi importante) comunicándolle que queremos realizar unha SOLICITUDE DE DETERMINA-CIÓN DE CONTINXENCIA.

Ademais debemos: 4.2- Solicitar o informe médico do SAS para que quede reflectida a patoloxía que padecemos. 4.3- Poñer unha Reclamación á Mutua a través de telefone do INSS: 902112651 ou a través da páxina: www.ovrmatepss.es/virtual

Na Reclamación á Mutua proporcionaremos os nosos datos encheremos un informe do feito. Como nela podemos aportar até 3 documentos aconsellamos:

- O Informe médico da Mutua. - O Informe médico do SAS. - E o burofax da Mutua.

5.- Se, a pesares de todo, o médico de cabeceira segue a denegarnos a baixa, e a consideramos necesaria, podemos pornos en contacto coa Inspección Médica da nosa provincia para que o evalúen.

5.1- Solicitaremos cita en INSS da zona máis próxima (na web: www.seg_social.es, ou no telefone 901166565). O INSS faranos saber que documentos solicitar e presentar. 5.2- RRHH de CORREOS deberá proporcionarnos o informe da empresa no que se detallan: a actividade a que se dedica, número de traballadores/as, horarios, a súa versión dos feitos, etc.

Toda esta documentación aportarase o día da cita no INSS, onde realizaremos a DETERMINACIÓN DE CONTINXENCIA.

Se tiveras calquera dúbida: 901166565

-telefone de información do INSS-

Sindicato Provincial de Correos de A Coruña 2º Andar Edificio Xefatura Provincial de Correos . 15080 A Coruña Tlfes: 981.223.496. Rico: 83230. Móbil: 609381811 Mail: [email protected] Web: http://cgtcorreosacorunha-hayalternativa.blogspot.com