busca de pfcs no catálogo da biblioteca

4
1 UNIVERSIDADE DA CORUÑA LOCALIZACIÓN DE PROXECTOS FIN DE CARREIRA no Catálogo da Biblioteca Para buscar soamente traballos fin de carreira pertencentes á Escola cómpre limitar a busca á Biblioteca da EUP. Busca polo autor do proxecto (o alumno/a que o realizou): Introduciremos os apelidos do alumno/a que presentou o traballo no campo AUTOR. Busca polo título do proxecto Ignorando os artigos, introduciremos o título do traballo (ou as primeiras palabras deste) no campo TÍTULO.

Upload: biblioteca-e-u-politecnica

Post on 25-Jul-2015

804 views

Category:

Documents


7 download

TRANSCRIPT

1

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

LOCALIZACIÓN DE PROXECTOS FIN DE CARREIRA no Catálogo da Biblioteca

Para buscar soamente traballos fin de carreira pertencentes á Escola cómpre limitar a busca á Biblioteca da EUP.

Busca polo autor do proxecto (o alumno/a que o realizou): Introduciremos os apelidos do alumno/a que presentou o traballo no campo AUTOR.

Busca polo título do proxecto Ignorando os artigos, introduciremos o título do traballo (ou as primeiras palabras deste) no campo TÍTULO.

2

Busca polo profesor/a que dirixiu o traballo: Introduciremos os apelidos no campo AUTOR, recuperando (1) os documentos escritos por ese profesor/a e (2) os proxectos nos que figura como titor (dir.).

Busca por palabra clave O catálogo ofrece unha ligazón específica para localizar proxectos fin de carreira mediante palabra clave (do título, materia, autor, titor…), pero debemos ter en conta que realizará a busca en todas as bibliotecas da UDC.

3

Podemos modificar a busca para limitar os resultados á EUP, especificar unha data…

Busca pola materia (asignatura) do proxecto Debe introducirse a materia no campo COLECCIÓN para recuperar os traballos relacionados con esta (aparece no rexistro bibliográfico coma se fose unha serie).

Limitar a busca a exemplares dispoñibles Malia que na biblioteca recibimos todos os proxectos presentados na EUP, só se poden consultar os que acadan unha puntuación igual ou superior a 7,5. Para limitar calquera busca de PFC aos que si se poden consultar marcaremos a opción “Limitar a busca a exemplares dispoñibles” (os de menos de 7,5 figuran como NON DISPOÑIBLES no catálogo).

4

Busca pola signatura topográfica dos traballos: Escollemos no desplegable o campo de busca “Signatura” e a introducimos da seguinte forma:

1. Traballos en CD-Rom: TCD.nº (por exemplo: TCD.350…).

Buscando por signatura tamén podemos ordenar os proxectos polo ano de presentación. Debemos buscar na Biblioteca da EUP a signatura “TCD” (para que nos recupere todos os proxectos) e ordear os resultados por “Data (máis recentes)”, para ver primeiro os máis recentes (este criterio de ordenación pode utilizarse tamén buscando proxectos por palabra clave, materia…).

Outra forma de “navegar” polos proxectos para ollar o que hai (se non buscamos ningún en concreto) é buscar por “palabra clave - trabajo fin de carrera” e limitar a busca á EUP:

Ademáis do catálogo, poden consultarse varios listados dos PFC da EUP na web da biblioteca. Normativa vixente para a realización do Proxecto Fin de Carreira (web da Escola):

¿TES ALGUNHA DÚBIDA? ¿NON ATOPAS O QUE BUSCAS? PREGÚNTALLE AO PERSOAL DA BIBLIOTECA