boletin junio 2016

2
BOLETÍN PARROQUIAL Nº 191 - Xuño 2016 PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS TEMPOS DE AVALIACIÓN Remata un novo curso; curso académico para os estudantes; curso de avalia- ción e programación para todos, tamén para os cristiáns. Este ano os mem- bros da Igrexa tiñamos e temos unha proposta moi importante, feita polo Papa Francisco; unha proposta, feita cruz, pois abrangue a nosa relación de Deus connosco e a nosa con Deus −é unha proposta vertical− e, ao mesmo tempo, é unha proposta horizontal, pois abrangue as relacións cos irmáns, especialmente cos máis desfavorecidos. Esta dobre proposta ten moito de cruz porque se leva ás costas pero tamén porque é liberadora. Ao longo deste curso, invitóusenos e segue invitándosenos no que queda de Ano Santo a seguir as obras de misericordia. Ata aquí a tarefa e, a partir de aquí, a avaliación: - Notouse na miña vida que é Ano de Misericordia? - Fun ou son quen de recoñecer que necesito da misericordia do Señor? - Fun ou son quen de recoñecer que preciso da misericordia dos irmáns? - Repasando as obras de misericordia, entran todas nos meus compromisos e actitudes de seguidor de Xesús? Deus, noso Pai, é misericordioso pero gustalle ver que “o fillo volve á casa” e que “o fillo que está na casa acolle con misericordia ao irmán”. Ao longo do verán e ata o vinte de novembro, en que remata o Ano Santo da Misericordia, temos a oportunidade de “exercer a misericordia” e, unha vez superada a avaliación, levala integramente nas nosa vidas. REMATA O CAMIÑO, PERO CHEGAMOS Á META? O próximo día 18 remataremos o percorrido do Camiño Portugués. Cantos pasiños!, que son indicativos de que con pequenas cousas se acadan grandes obxectivos. Cantas escenas da beleza da natureza galega!, que son retratos da obra da creación. Cantos momentos e espazos para a reflexión!, oportunida- de para poñer a nosa vida onde se merece. Remata o camiño, pero... aínda que chegamos á Porta do Perdón, na Catedral, para acadar as metas dos diferentes ámbitos da vida temos que seguir loitan- do, pasiño a pasiño. Ao mellor, rematado o percorrido do Camiño Portugués, sería bo que indivi- dualmente ou como parellas, pensaramos que retos nos quedan abertos cara ao futuro inmediato. O día 18 sairemos ás 9 dos Tilos e comezaremos a mini etapa do Milladoiro- Santiago na capela da Madalena ás 9:30 da mañá. Xuntarémonos na praza da Quintana para entrar na Catedral pola Porta Santa. Situarémonos na nave da Acibechería agás os nenos/as, que terán un lugar especial. Co noso coro parroquial, xunto con todos os presentes, animaremos a celebración eucarís- tica mediante os nosos cantos. Teremos a invocación ao Apóstolo Santiago e repartiremos a todos os presen- tes un signo de amor e compromiso no Ano Santo da Misericordia. Tras rematar a Eucaristía, faremos a foto do grupo na praza da Acibechería. Logo, cadaquén pode facer o seu programa: comer en Santiago, volver á casa, etc.

Upload: parroquiadostilos

Post on 22-Feb-2017

325 views

Category:

Spiritual


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Boletin junio 2016

BOLETÍN PARROQUIALNº 191 - Xuño 2016

PARROQUIA SAN FRANCISCO DE ASÍS DOS TILOS

TEMPOS DE AVALIACIÓN

Remata un novo curso; curso académico para os estudantes; curso de avalia-ción e programación para todos, tamén para os cristiáns. Este ano os mem-bros da Igrexa tiñamos e temos unha proposta moi importante, feita poloPapa Francisco; unha proposta, feita cruz, pois abrangue a nosa relación deDeus connosco e a nosa con Deus −é unha proposta vertical− e, ao mesmotempo, é unha proposta horizontal, pois abrangue as relacións cos irmáns,especialmente cos máis desfavorecidos. Esta dobre proposta ten moito decruz porque se leva ás costas pero tamén porque é liberadora. Ao longo destecurso, invitóusenos e segue invitándosenos no que queda de Ano Santo aseguir as obras de misericordia.

Ata aquí a tarefa e, a partir de aquí, a avaliación:

- Notouse na miña vida que é Ano de Misericordia?

- Fun ou son quen de recoñecer que necesito da misericordia do Señor?

- Fun ou son quen de recoñecer que preciso da misericordia dos irmáns?

- Repasando as obras de misericordia, entran todas nos meus compromisos eactitudes de seguidor de Xesús?

Deus, noso Pai, é misericordioso pero gustalle ver que “o fillo volve á casa”e que “o fillo que está na casa acolle con misericordia ao irmán”.

Ao longo do verán e ata o vinte de novembro, en que remata o Ano Santo daMisericordia, temos a oportunidade de “exercer a misericordia” e, unha vezsuperada a avaliación, levala integramente nas nosa vidas.

REMATA O CAMIÑO, PERO CHEGAMOS Á META?

O próximo día 18 remataremos o percorrido do Camiño Portugués. Cantospasiños!, que son indicativos de que con pequenas cousas se acadan grandesobxectivos. Cantas escenas da beleza da natureza galega!, que son retratos daobra da creación. Cantos momentos e espazos para a reflexión!, oportunida-de para poñer a nosa vida onde se merece.

Remata o camiño, pero... aínda que chegamos á Porta do Perdón, na Catedral,para acadar as metas dos diferentes ámbitos da vida temos que seguir loitan-do, pasiño a pasiño.

Ao mellor, rematado o percorrido do Camiño Portugués, sería bo que indivi-dualmente ou como parellas, pensaramos que retos nos quedan abertos caraao futuro inmediato.

O día 18 sairemos ás 9 dos Tilos e comezaremos a mini etapa do Milladoiro-Santiago na capela da Madalena ás 9:30 da mañá. Xuntarémonos na prazada Quintana para entrar na Catedral pola Porta Santa. Situarémonos na naveda Acibechería agás os nenos/as, que terán un lugar especial. Co noso coroparroquial, xunto con todos os presentes, animaremos a celebración eucarís-tica mediante os nosos cantos.

Teremos a invocación ao Apóstolo Santiago e repartiremos a todos os presen-tes un signo de amor e compromiso no Ano Santo da Misericordia. Trasrematar a Eucaristía, faremos a foto do grupo na praza da Acibechería. Logo,cadaquén pode facer o seu programa: comer en Santiago, volver á casa, etc.

Page 2: Boletin junio 2016

• A escuridade dunha vida senDeus, que me impide experimentar averdadeira paz ou seguir un camiñoatraente cara á verdadeira luz, quesae sempre con misericordia ao nosoencontro.

Ti moves o noso corazón á miseri-cordia e ao amor.

Limpa, Señor, o noso barro, acendeas nosas lámpadas, énchenos deesperanza e sálvanos.

Fainos caer na conta do importanteque é que sexamos misericordiosospara acadar a túa misericordia.

Perdóanos, Señor, como perdoamosnós de corazón.

Danos a túa luz para poder ver e ilu-minar aos que van polo noso mesmocamiño.

PARROQUIA VIVA

3.- Pleno do Consello pastoral parro-quial, ás 20:30 h.

4.- Sábado. 6ª etapa do CamiñoPortugués: Padrón-O Milladoiro.Saída ás 8:30 h. Viremos xantar ácasa.

5.- XX Aniversario da bendición einauguración do templo parroquial.Logo da misa de 12, teremos o com-partir, no salón de actos daAsociación.

13.- Comeza a preparación intensivapara os nenos/as que van a recibir osSacramentos da Penitencia eEucaristía, ás 19 horas.

18.- Última etapa do CamiñoPortugués: O Milladoiro-A Catedral.Saída dos Tilos, ás 9 h. Logo partici-pación, despois de entrar pola PortaSanta, na misa de 12.

25.- Celebración comunitaria do per-dón, ás 18 h.

26.- Primeiras Comuñóns, ás 12 h.

29.- Reunión do grupo de Cáritas, ás20:30 h.

XULLO

2.- Primeiras Comuñóns, ás 5 datarde.

3.- Primeiras Comuñóns, ás 12 damañá (en galego).

SETEMBRO

20.- Asemblea parroquial preparato-ria para o novo curso.

SODES A LUZ DO MUNDO…

Ao noso redor hai moita escuridadeque tería que ser iluminada polos queestamos convidados a sermos luz.

• A escuridade de familias endificultade por mor dunha crise queprovoca dor, impotencia, insegurida-de e ameaza dun futuro incerto.

• A escuridade da pobreza,fame e subdesenvolvemento: case900 millóns de persoas desnutridas emáis do 8% dos nenos dos países endesenvolvemento que morren antesdos 5 anos.

• A escuridade dos inmigrantese refuxiados que foxen da fame e daguerra, que tanto arriscan no camiñopara chegar a non saben onde.

• A escuridade de pais e naisanguriados polo drama dun fillo queconvive coa droga ou co alcohol.

• A escuridade de moitas fami-lias que non teñen suficiente pararematar o mes ou para poder seguirvivindo.

• A escuridade da miña vidachea de dificultades e egoísmos,incapaz de conectar coa mensaxe doEvanxeo.

• A escuridade das miñas con-tradicións, mentiras e enganos queme impiden ser lámpada.

ACONTECEMENTOS

Bautismos:

Mónica Omorodión, de Samuel eLucy (15-05-2016)

Marcos Seoane Hortas, de JuanCarlos e Eva María (22-05-2016)

David García Rossi, de Sergio eMaría Jimena (05-06-2016)

Confirmacións: (15-05-2016)

Carla Lobato BandínMilagros Souto CotónCarlos Parrado CasasMónica OmorodiónLucía Ordás LópezLucía García RamónMarcos Pérez LajosClara Baliñas VidalSamuel Baliñas VidalBlanca Fraga CimadevilaPablo Ferradás RodríguezAdriana Lea SánchezJuan Pérez AvilésDolores Mouriño FerreiroAlicia Aceituno CarbajoEncarnación Emilia Romero Calvo

Defuncións:

José Luis Pallares Rodríguez (Trav.de Montouto 7, Baixo B) (24-05-2016)